Unha ollada ecolóxica á beira do Sarela

Como xa falamos nos nosos anteriores posts, a concienciación é o factor máis importante á hora de loitar contra a contaminación dos ríos. Para axudar ao noso Círculo a ter voz no panorama da comunicación, o pasado martes catro de abril participamos nunha saída educativa para somerxernos nesta realidade, a raíz da cal realizamos un vídeo para visibilizar o que está a suceder.

A saída estaba programada polo Proxecto Ríos, e desta vez, xunto con membros de Greenpeace Galicia, inspeccionamos un tramo do Sarela, recollendo a fauna existente nas distintas zonas do río e calificando a calidade da súa auga mediante distintos parámetros.

Educación, concienciación, formación, divulgación, respeto. Estas son as chaves principais para paliar a situación na que nos atopamos. A auga dos ríos ten un uso circular: o punto de orixe e o destino son os mesmos. Por iso é tan importante decatarnos da gran responsabilidade que temos cada un de nós coma cidadáns, sen olvidar a das administracións como conxunto que representa á sociedade.

IMG_0286.JPG
Participantes atendendo ás explicación de Paco, guía da actividade.

Relacionado coa responsabilidade do Estado, unha das cuestións que se leva mantendo en vilo dende hai moitos anos é o sistema de depuración. Ese foi o punto de partida da nosa última reunión, que tivo lugar este luns 17 de abril. As últimas noticias non son esperanzadoras e a incertidume mantense, a pesar de ser outro dos aspectos esenciais no que se precisa unha rápida actuación. Por iso, tentamos buscar solucións a corto prazo para comezar a tratar o problema dende xa.

Os ríos como persoas xurídicas

Iniciouse o debate cunha noticia sobre a mesa: hai apenas un mes tomouse unha medida pioneira no mundo, dotar a un río de Nueva Zelanda de personalidade xurídica. A idea foi ben acollida por tódolos membros. “Identificamos ao río como persoa xurídica e somos nós os actores que actuamos na súa defensa”, comentaba Luis, convencido de presentar esa proposta na súa Plataforma, a da recuperación do Sar.

Por outra parte, María tamén amosou interés, xa que na noticia reflíctese que se dotou dun orzamento para o cuidado do río. “Tamén é importante ter un plan de conservación para mellorar a saúde dos ríos, porque o que está a pasar é que agora hai un montón deles pero non teñen contidos económicos, quédase nun papel”.

No ámbito da educación

A cuestión educativa foi un tema recurrente ao longo de tódalas reunións. O Proxecto Ríos está dentro do Plan Proxecta, e como resalta María “xa non de denuncia, senon en positivo, educación medioambiental e de conciencia”. Aínda así, engadiu que “non podemos esperar que os pequenos o solucionen, a educación tamén debe ser para os adultos”.

Manuel ten outra perspectiva arredor do tema. “Eu penso que os nenos son unha boa policía, porque sancionan os nosos malos actos”. Tamén nos fixo reflexionar: “Botar mondas de plátano  parece normal, pero detrás vén a bolsa de gusanitos, pensamos que é unha papelera. Se non queda nin a monda, córtaste máis”.

Tamén se falou dos humedais artificiais, que son a solución que máis respeta o medioambiente e permiten que “a auga quede depurada e sirva para regadío, ou para voltala ao río directamente”, como nos explica María. “Na Silvouta hai unha proba que fixemos coa Universidade da Coruña, e funcionan ben, o único problema que ten é que se precisa moito espazo, aínda que a tecnoloxía é moi barata condiciónate o custe do chan”. Para unha vila coma Santiago, non sería posible por falta de espazo, aínda que si é unha das mellores opcións para pequenas vilas e zonas dispersas.

Como vemos o futuro?

Todos estivemos de acordo en que as administracións teñen que porse a traballar en serio. “O ecoloxismo non vende, estamos de capa caída. Contaminar non custa cartos”, apuntaba María. Outro dato importante é que coa escaseza de chuvia, a contaminación notarase máis canto menos auga leven os ríos e a situación empeorará, polo que non se poderá seguir ignorando o problema.

No tocante ás multas polos distintos verquidos das empresas, María sosten que a lei ten que estar por enriba, ser máis restrictiva e pechar as industrias que o fagan: “¿o que contamina paga? non”. Por outra banda, isto acarrexaría a eliminación de postos de traballo, polo que non é sinxelo. Aínda así, os recursos esgótanse, polo que hai que coidalos. Luis concluía con que “cada un ten que contribuír á súa maneira, sensibilizando dende os distintos ámbitos da vida cotiá”.

Advertisements

15 comentarios en “Unha ollada ecolóxica á beira do Sarela

  1. Un dos problemas que vexo no tocante a xestión e limpeza dos ríos galegos é, como ben dicides, as grandes empresas.
    Basándome na propia experiencia da miña zona, as fábricas e plantas industriais proporcionan un gran beneficio económico a comunidades e comarcas, polo que ao verse ameazadas por unha lei medioambiental restrictiva, ameazan con cambiar a súa localización. Isto levaría por suposto, a un descenso na economía da zona.
    Na miña opinión este é o problema mais complexo. Ninguén quere ver os seus ríos contaminados, pero tampouco perder a rendabilidade económica.
    É o estado e a Xunta o máximo responsable disto, deben promoverse plans que impidan as empresas seguir vertendo residuos tóxicos e que ao mesmo tempo, lles impidan desloaclizarse. Un exemplo podería ser unha hipotética expropiación estatal.

    Adxunto un artigo onde se fala do impacto medioambiental das empresas pizarreras na comarca de Valdeorras.
    http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/19/galicia/1374260284_781328.html

    Gústame

    1. Ola Víctor. A cuestión da que estamos a falar, como ben dis, é bastante complexa. As empresas e industrias teñen a obriga de non contaminar, e polo tanto, non deberían poder facelo en ningunha das localizacións posibles. Está claro que se as leis medioambientais restrictivas non son homoxéneas en tódalas zonas, as empresas sempre tirarán cara onde lles esté permitido contaminar máis para aumentar a súa rendibilidade. Polo tanto, a solución máis clara sería ser totalemente impasibles ante calquera tipo de práctica perxudicial para o medio natural, e iso está nas mans da administración. Por outra parte, é claro que os intereses económicos están por enriba de calquera tipo de valor cara o medioambiente.

      En canto á noticia adxuntada, é un exemplo máis das barbaridades que se chegan a facer sen ter o máis mínimo reparo no dano que se está a facer a natureza.

      Gústame

      1. Citei esa noticia por proximidade, pero é un dos moitos exemplos do dano ao medio ambiente que se producen en favor do progreso e o futuro. Podo tamén falar da controvertida A-76 (Ponferrada-Ourense) que a pesares do que di Ana Pastor (http://www.lavanguardia.com/vida/20160509/401678133549/pastor-defiende-la-construccion-de-la-a-76-con-respeto-al-medio-ambiente.html) danará irremediablemente o espazo protexido da Serra da Enciña da Lastra, entre Valdeorras e o Bierzo. Disculpa os localismos, pero son simples exemplos dunha cuestión transversal a criterios xeográficos.

        Gústame

      2. Resulta interesante como Ana Pastor compara a riqueza que aportará a construcción da A-76 ao sector da pizarra, mencionado anteriormente. Comentario pouco axeitado neste debate, xa que defende este proxecto polo impulso económico que dará á zona, deixando entrever, unha vez máis, que o interese reside nos cartos e non na conservación da natureza nin nos valores medioambientais.

        Ademais, como se comproba nesta noticia, Fomento viuse obrigado a cambialo proxecto pola multitude de alegacións que recibiu, en boa medida polo coste medioambiental. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/04/13/marea-podemos-vota-contra-autovia-ourense-ponferrada-congreso/00031460559464763941236.htm

        Penso que ata que a propia administración non cambie de valores, vai ser compricado que se deixen de superpoñer os intereses económicos á cuestións medioambientais. Ti que opinas?

        Liked by 1 person

  2. Paréceme unha idea interesantísima o de nomear persoa xurídica a un río. É unha boa maneira de defendelo e protexelo.

    Eu creo que o problema que temos co ecoloxismo e a preservación do noso entorno é que hasta que non nos afecta directamente non nos damos conta do realmente grave que é. Por desgracia, al igual que no teu primeiro post, deixoche aquí unha noticia sobre o río do meu pobo:
    http://www.laregion.es/articulo/ourense/rio-limia-mas-contaminados-galicia/20130204074002234280.html

    O río Limia foi o río co peor caudal de toda Galiza, e a foto da noticia é xusto na altura de Xinzo de Limia, o meu pobo. Un río que nace en Galiza e morre en Portugal, ten o 50% do seu tramo en situación “deficiente”. É unha pena porque unha das festas culturais que se realizan en Xinzo é o Esquecemento, que rememora o relato romano do cruce do río Lethes ou río do olvido basando nas lendas latinas. Un río con historia totalmente destrozado. No artigo tamén se menciona o río Sar de Santiago, que por desgracia tamén o vemos directamente.

    A xente ten que recapacitar e darse de conta de que o ecoloxísmo non é un partido político, non é “unha forma de vida”, é un compromiso co noso planeta e a única obriga real que temos con el: protexelo e coidalo. E non o estamos cumprindo.

    Gustaríame que me deras a tua opinión acerca do tratamento que ves nos medios cando se fala de ecoloxismo, porque ao meu parecer deixa moito que desexar. É un tema no que hai que tomar partido.

    Gústame

  3. Penso que o principal problema é que vivimos alleos á problemática, coma se non fose cousa nosa, cando en realidade temos que comprender que, por exemplo, se a auga é un dereito, a conservación do medioambiente é un deber. Nin máis nin menos.

    Unha verdadeira pena o estado de deficiencia no que se atopan algúns dos nosos ríos. Como falas sobre as festas culturais, que durante moitos anos se celebraron neste tipo de entornos, aproveito para mencionar as palabras dun dos nosos membros, Luis: “recuperar os ríos é recuperar parte das nosas vidas en contacto coa natureza”.

    En canto á miña opinión sobre como se trata o ecoloxismo nos medios de comunicación, penso que en xeral soen ser bastante oportunistas, escollendo só os acontecementos que poden quedar “bonitos” na prensa, como as limpezas dos ríos, onde a tónica soen ser fotografías de grupos de persoas felices recollendo a basura das augas. Hai moito máis detrás diso. Por outra banda, tamén se ten unha idea preconcebida sobre os ecoloxistas, con multitude de estereotipos cara o colectivo.

    Gústame

    1. “Se a auga é un dereito, a conservación dos ríos é un deber”, se todo o mundo tivese esa mentalidade aforraríamos moito en disgustos e desastres ecolóxicos, pero como xa falábamos no teu anterior post, o peso económico da contaminación é maior que o da preservación do medioambiente. E creo que nesto todos debíamos estar máis concienciados en que o consumo irresponsable non só contamina, se non que axuda a financiar a industria que deteriora o noso planeta.

      Falando deses estereotipos que mencionas, a gran culpa de que perduren son os mass media que siempre encasillan con eses clichés típicos: un hippie recollendo basura, mercadillos ecolóxicos, protestas.. pero non ensina todo o traballo que hai detrás e a poboación quédase co superficial. É importante concienciar que ser ecoloxico non conleva unha radicalización dos teus hábitos, que poden ser máis ou menos nocivos, senón ser consciente dos teus actos e responsable deles.

      Déixoche por aquí unha noticia sobre dez desastres ambientales, onde se ve perfectamente como en moitos casos é a ambición humana a causa do desastre: https://www.veoverde.com/2014/10/los-10-peores-desastres-ambientales-del-mundo/

      Gústame

      1. Está claro que a concienciación é o paso máis grande e importante para tentar paliar esta problemática.

        Moi dacordo cos estereotipos que mencionas: encasíllanse aos ecoloxistas nese grupo minoritario de “hippies” que non teñen nada máis que facer que preocuparse polo medioambiente, cando en realidade é o deber de todos e cada un de nós. Non se trata de ser radical ou non, senon de ter conciencia acerca do que está a pasar arredor, e ser capaces de tomar a responsabilidade que nos corresponde a cada un.

        O enlace que aportar reafirma unha cuestión moi importante, cada paso cara adiante da sociedade implica un paso cara atrás da natureza. Que pensas acerca disto? Pode existir progreso á vez que se conserva o noso planeta ou avanzar cara o futuro implica destrozar pouco a pouco o que temos?

        Gústame

  4. Sendo as grandes empresas o primeiro problema no tocante á contaminación dos ríos, entendo e comparto a opinión de María cando di que é preciso ser máis restrictivos con elas e as multas e ata pechar as industrias que o fagan.
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2010/07/31/multa-750-euros-promotora-200-pisos-contaminan-sar/0003_8641591.htm
    Atopei esta noticia na que se lle esixe a unha promotora de vivendas 750 euros por verter sustancias ás beiras do Sar. 750 euros para unha promotora de 200 pisos, que é o mesmo que lle poden chegar a cobrar a alguén por facer ruido na casa de noite. Un pouco desacorde penso eu… Como di na noticia “la cantidad de 750 euros es la menor cuantía aplicable de las contenidas en el texto legal por este tipo de infracciones. Y se impone esta sanción mínima pese a «tratarse de feitos continuados no tempo e a existencia de intencionalidade», dado que los requerimientos hechos a los promotores no han surtido efecto.” Semella que canto máis pasan, menos responsabilidades se lles piden.
    Esta noticia é só un exemplo de moitos. O máis importante para que isto mellore é a concienciación, reaprender a vivir doutro xeito integrando novos comportamentos á nosa rutina, pero mentres iso non ocorra haberá que sancionar na súa xusta medida, e non como ata agora, a quenes contribuan a empeorar este desastre.

    Gústame

    1. Gracias polo teu comentario, Rita. Estou dacordo co que comentas, as sancións por este tipo de malas prácticas levadas a cabo conscientemente son bastante ridículas. Parece que dende a administración se lle brinda unha certa impunidade aos que en realidade están contaminando dun xeito brutal ao noso medioambiente.

      En canto a como se debería actuar, penso que as sancións debería ser igual de restrictivas de xeito homoxéneo. Deixoche aquí un enlace sobre unha noticia que fala do tema, e das areas máis ou menos restrictivas de Galicia, destacando a seguinte frase: “Lo que no tiene mucho sentido, tampoco, es que unos lleguen a tener un mayor margen para hacerlo que los vecinos del municipio de al lado”. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2016/12/01/mitad-concellos-carecen-normativa-contra-vertidos-ilegales/0003_201612B1C1992.htm

      Liked by 1 person

  5. Efectivamente Paula, a normativa é moito máis restrictiva coa xente de a pé que coas grandes empresas, ou quen a impón é máis rotundo cos “vecinos del municipio de al lado” que con elas. Semella que xa hai quenes non están conformes con isto e así estanse a crear ordenanzas propias que axuden a cumplir as pautas que non conseguen coas lexislacións superiores, como se fala na noticia que me deixaches.

    Hai outra noticia que se está a tratar agora e que me chamou a atención. Ten que ver coa madereira de Betanzos que está no punto de mira dende hai anos por verquidos á ría de Betanzos e denuncias por queimas de residuos perigosos e o seu almacenamiento en balsas de lodos. Un dos traballadores da empresa relatou que unha das balsas nas que mesturaban augas residuais e produtos químicos chegou a romperse debido á cantidade de lodos que soportaba e que pasou aos rexistros de pluviais acadando o dominio público. Fronte a isto, o Goberno non fai moito, tanto PP como PSOE seguen sen poñerse de acordo con escasas medidas que non atinan para erradicar o verdadeiro problema. O BNG, pola contra, xa esixiu hai anos e en reiteradas ocasións, medidas tras as queixas veciñais cara as emisións.
    Déixoche aquí a información con respecto ao tema.

    http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2017/04/25/xunta-abrio-expediente-infraccion-ambiental/1174656.html

    http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2017/04/06/bloque-urge-medidas-xunta-maderera/1169039.html

    Gústame

    1. Isto non son máis que exemplos de como a Administración pasa por alto os delitos medioambientais das empresas. Ademais, neste caso, continúa ofrecendolle subvencións, xa que é unha das industrias máis importantes a nivel económico e de emprego en Betanzos. Deben comprender que iso non lles outorga máis dereito a contaminar, sexa cal sexa o beneficio que dita empresa poida xerar.

      A protección do medioambiente é un deber, e como tal, ten que cumplirse, nin máis nin menos. Son os que teñen a posibilidade e responsabilidade de cambiar as normas os que deben comezar a actuar ao respecto.

      Liked by 1 person

  6. “Cada paso cara adiante da sociedade implica un paso cara atrás da natureza” Esta é unha frase sobre a que persoalmente levo reflexionando moito tempo. Hasta que punto cada vez que nos modernizamos botamos a perder a natureza?

    Eu vexoo da siguiente forma: Cada vez que progresamos e lle facemos mal a natureza é como se nos quitaramos un cacho da terra que nos sostén. Se o progreso e o respeto pola natureza son directamente proporcionais, eu creo que debería haber un equilibrio. Pode ser que avancemos máis amodo ou que non se xenere tanto beneficio económico, pero ao fin e ao cabo tanto o progreso como os cartos son invecións humanas, e antes dos humanos a terra xa estaba. Sen terra non existiríamos, nin nós nin todas as especies que habitan este mundo e o fan habitable para nós.

    O ser humano está cambiando as estructuras sociais baseandose no progreso informático, médico, político… Pero non cambia os patros de respeto polo medio ambiente. Por que? Porque o progreso humano ven acompañado do deterioro do planeta. Non sabemos progresar como raza sin realizar avances materiais, cando os avances que necesitamos están na nosa consciencia. Non necesito un robot doméstico para que me faga a cama se para construir ese robot temos que destrozar media África para extraer grafeno. Eu por o menos non o vexo así. Creo que existe unha diferencia entre progreso útil e o progreso para a nosa comodidade, que é o que para que nós avancemos teñamos que hasta explotar a nosa mesma raza.

    Gústame

    1. Unha moi boa reflexión, ao meu parecer. Estamos falando de que, en resumo, moitas veces os avances tan perxudiciais para a natureza carecen de verdadeira utilidade, simplemente se empregan como producto para obter un beneficio económico.

      A importancia reside entón en ser conscientes de como acabaremos co noso planeta se non comezamos a plantexarnos un cambio no modelo de producción.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s