A experiencia do equipo de Externalización (en redes sociais e humanas)

O traballo de Externalización consiste en crear redes sólidas de comunicación que permitan difundir o contido do blog nos sitios de interese máis adecuados. A intención non é outra que lograr unha comunicación efectiva, tendo por meta da información ao público, e tamén que os usuarios que valoren ou poidan aportar valor ó contido difundido.

Para alcanzar ese obxectivo constrúense redes sociais dixitais e humanas, posiblemente a parte máis problemática porque implica un estudo detallado de contactos e fontes ata dar con aquelas que conforman o noso target. En externalización é imprescindible non só saber que queremos dicir se non con quen queremos falar. Unha vez que temos diferenciado a esas persoas de interese, abrir unha canle eficiente de comunicación pode representar todo un desafío.

Despois de probar varias estratexias de acercamento erradas, decidimos traballar man a man con cos Grupos de Traballo. Ideamos unha nova estratexia: cada Grupo de Traballo tería a disposición un membro do grupo de externalización. Este membro encargaríase de difundir as labores do grupo, de manter un contacto directo para coñecer a fondo a temática que abordan, de involucrarse cos Círculos de Lectura Crítica, os contactos fundamentais para crear unha rede funcional, e, a partir deles, expandir a rede.

Neste sentido, consideramos que o traballo grupal, que simula o funcionamento das nosas comunidades, é unha oportunidade para axudar e respaldar ao outro, para facer críticas e suxerencias, para aprender e tamén para ensinar. A disposición ten que ir sempre a acadar os mellores resultados conxuntos, posto que todos perseguimos o mesmo obxectivo: dar visibilidade a aquelas realidades sociais que están excluídas ou mal representadas nos mass media.

A nosa experiencia foi, en termos xerais, moi positiva. Como mencionamos antes, a nosa mecánica de traballo cambiou en diversas ocasións. A solución definitiva chegou case un mes despois do inicio das actividades. O contacto directo cos grupos de traballo e a nosa integración nos mesmos foi, por tanto, tardío. Porén, esforzamonos en acoplarnos a pesar de que notamos que nalgúns grupos non fomos moi ben acollidos, quizáia fochanca, @o grupo recibiu a atención e os coidados adecuados para o traballo feito” (Grupo de Mobilidade); e incluso algúns chegan a dicir que “dende ese momento (no que o grupo de externalización se organizou de forma definitiva) o trato que recibimos foi exemplar”, sinala o grupo de Modelo de Cidade.

Unha das críticas máis recorrentes desta sondaxe de opinión apuntaba a unha falta de comunicación. “Non é culpa da preguiza ou o traballo mal feito, se non dunha falta de comunicación importante” (Grupo de Discapacidade laboral). Dende o grupo de externalización consideramos que esta falta de comunicación quixo ser remediada, en liñas xenéricas, pero botamos en falta unha maior conciencia do traballo en equipo por parte de los grupos de traballo, ter en conta que nos somos un membro máis, con outras funcións pero cos mesmos obxectivos. Dito isto, tamén é importante sinalar que dentro do noso grupo houbomembros que tiveron unha maior implicación cós outros. Por este motivo, hai grupos que sinalan que “o traballo grupal está feito pero no particular somos críticos” (Grupo de Contaminación en ríos).

O noso traballo tamén está moi condicionado polo grupo de axenda do observatorio. Nun principio o calendario de publicacións foinos útil xa que así sabíamos qué días e qué grupos publicaban para organizar as nosas funcións. Porén, o calendario foi modificado numerosas veces en pouco tempo ata volverse inútil. Tentamos solventar este problema pedíndolle ós grupos un aviso cada vez que realizaban un post. Por outra parte, había grupos que publicaban con máis frecuencia ca outros ou concentraban a súa actividade nalgunhas semanas concretas, é dicir, houbo un desequilibrio con relación ó número de publicacións semanais correspondentes a cada grupo. Isto causou que algúns grupos comentaran sobre a necesidade de “darlle a mesma importancia a todos os temas cada día, xa que a veces parecía que só había dous favoritos”. Consideramos que de cara ó futuro a axenda debe ser fixa e sufrir modificacións en casos excepcionais para facilitar así a dinámica de traballo de todos.

Como conclusión final, queremos resaltar a importancia do traballo en equipo. É necesario ter conciencia de que a primeira rede comunicacional somos nos mesmos e, nese sentido, a nosa solidez é indispensable. A fragmentación de tarefas é necesaria, si. Pero a consciencia de que hai un obxectivo maior é fundamental para deixar a un lado as actitudes individualistas e entender que axudarnos non só é posible se non necesario.

Entendernos fará a diferencia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s