A proba de corrección e edición do Observatorio

Inicialmente o modo de traballo sería, tal e como se recolle na proposta inicial, o seguinte: “Cada integrante do grupo e o coordinador adicarase á revisión dos textos publicados no blogue, mediante unha metodoloxía que será o reparto equitativo de temas para cada membro. Deste xeito tamén se estuda a evolución dos contidos de cada grupo”.

A estas alturas do proxecto do OCC a nosa función xa se converteu en algo automático, non é preciso seguir ó pé da letra o libro de estilo porque a maioría dos redactores sábeno utilizar correctamente. A medida que as necesidades dos nosos compañeiros e das nosas compañeiras cambiaban, tamén o facía a nosa función. Comezamos a incluír xuízos de valor e criterio persoal para perfeccionar ó máximo as publicacións no blogue, así como consellos e recomendacións extraídas de correccións por parte do profesor. O noso labor consideramos que segue a ser preciso como o foi dende o arranque, soamente é que nos adaptamos aos cambios no medio. Aceptamos esta evolución de funcións porque é unha sinal de melloría.

Do mesmo xeito, tamén fixemos estudos sobre o avance dos grupos que temos adxudicados. Seguementos sobre a calidade, o nivel e súa capacidade de progresión. Estos informes serán presentados xunto coa memoria final, especificando nos casos pertinentes problemas ou observacións.

Como efecto do noso traballo, cremos que é importante non só facer autoavaliación senón ter coñecemento do que facemos mal e ben dende o punto de vista dos GT. Para iso, os editores adxuntos puxéronse en contacto con cada un dos editores dos GT asignados. As opinións resultantes son as seguintes:

  • Desafiuzamentos S1B: No noso grupo cremos co traballo realizado polo grupo de edición foi moi bo, xa que hai bastante rapidez á hora de facer las correccións pertinentes de cada post. Ademais, estas correccións fanse de forma exhaustiva e moi detallada de maneira que é mais sinxelo para nós poder modificar estes aspectos nos nosos posts e así conseguir melloralos.
  • Diversidade funcional S2B: O labor do Grupo de Apoio de Edición foi bastante boa. No noso caso sempre velaron pola calidade das publicacións e pola coherencia dos seus contidos. En todo momento tentaron adaptar as mesmas ao libro de estilo e informaban inmediatamente de todas as incorreccións. A comunicación foi correcta, posto que non houbo en ningún momento problema de entendemento entre uns e outros.
  • Contaminación dos ríos S2E: Todo o meu grupo está de acordo en que o fixéstelo moi ben. Sempre estivestes atentos e pouco despois de publicar xa falabades para comentarnos o que había que cambiar, así que para nós foi bo traballo. Creo que sodes o único grupo ao que non se lle pode poñer pegas.
  • Emigración e retorno S3A: Perfecto! Co voso grupo estamos todos moi contentos posto que nos explicades perfectamente o que temos que correxir nos nosos posts e estades á nosa disposición ante calquera dúbida. Non temos ningunha crítica nin nada que nos pareza mal do labor que facedes.
  • Ludopatía S1C: Como grupo de saúde mental, centrados na ludopatía, a nosa experiencia como grupo de edición foi boa, posto que non tivemos problemas á hora de comunicarnos. Certo é que nalgunhas publicacións as correccións tardaron varios días, o que facía que a información publicada non estivese tan fresca. A pesar diso, as correccións foron acertadas, sempre intentando mellorar o texto escrito, aínda que no caso das fotografías, era complicado axustarse ao que pedían. En resumo, o labor do grupo de edición dende o noso punto de vista foi o correcto, leron os textos e molestáronse en prestar atención a erros que previamente pasaran desapercibidos para nós.
  • Precariedade laboral nos medios de comunicación S3C: Dentro do noso grupo hai distintos puntos de vista, xa que algúns membros opinan isto, textualmente “no meu caso particular o traballo fíxose deficientemente, xa que por exemplo, o meu último post foi publicado o día 30 de marzo e non foi revisado por este grupo ata o día 17 de abril. As correccións son boas, pero chegan con moito retraso”, ou incluso “cumpriron aínda que nalgúns casos tardaron en dicirme as correccións que tiña que facer (no último post, máis de 10 días). Aínda así, sempre foron moi claros e felicitaban polo traballo ben feito cando era preciso”. Por outra banda, o labor do grupo, en xeral, foi de axuda porque sinaláronnos os erros dos que non fomos conscientes á hora de facer o post, sempre buscando unha maior calidade nas nosas publicacións. Polo tanto, as correccións son boas aínda que poderían mellorar en canto a dinamicidade e tempo de corrección.
  • Enfermidades mentais S3B: Tanto dende a miña parte coma da do meu grupo, non podemos presentar queixas no tocante ó teu labor. Deixando de lado os prazos nos que presentas as túas revisións, que poden ser máis cedo ou máis tarde (todos sabemos a cantidade de traballo á que nos vemos sometidos na materia polo apretado do calendario e dos prazos), estas separan moi ben o que son cuestións de estrutura e fallos gramaticais das suxestións de ámbito estético a título persoal. No meu caso, agradezo que comuniquen as opinións que ten o profesor da materia ao respecto das miñas publicacións, o que moitas veces me pode dar unha idea do que lle agrada e o que non.  O contacto con todos os membros do meu grupo foi cercano e directo, non coma noutros grupos de apoio, os cales se poñen en contacto co delegado/editor do grupo en cuestión e lles deixan o recado para pasarllo ao membro do grupo. Calquera dúbida coa correción foi resolta satisfactoriamente pola súa parte.
  • Desigualdade da muller S2A: Este grupo encargábase de corrixir os nosos post unha vez publicados; en moitos casos esta corrección resultou moi tardía, noutros non. A pesar disto, as correccións eran minuciosas e satisfactorias. Houbo ocasións nas que o que eles nos dicían e as ordes docentes resultaban un pouco contraditorias. Así mesmo, non sabemos o motivo de que isto sucedera, pero só se nos colocou en destacados unha vez e tan só durou un día aí a publicación.

NOTA – GA Edición: (A última frase destacada en cursiva sinala que esta función non corresponde ao noso traballo, senón ós coordinadores)

  • Mobilidade S1A: Durante estes dous últimos meses e medio, dende que comezamos coas publicacións dos post no blog do Observatorio e mentres organizabamos as nosas reunións co Círculo, puidemos ver no noso grupo de traballo como o noso coordinador e editor orientaba as nosas publicacións do mellor xeito posible, xa fora mediante a proposta de temas ou a corrección final destas pezas e sempre apostando polo criterio da mellor calidade e utilidade que puidera beneficiar o traballo conxunto no Observatorio. Do mesmo xeito, sempre nos mantivo ó día das esixencias da materia e todo canto puidera xurdir no camiño e, en definitiva, o seu labor foi unha peza clave no desenvolvemento da nosa formación para a materia.
  • LGTBI+ S2C: Valoramos positivamente o labor do GA de edición. As súas correcións son racionais e a súa figura moi necesaria dentro da estrutura do blogue para un bo funcionamento do mesmo. A principal crítica que podemos facer é que a correccións por parte do GA non teñen a inmediatez que deberían ter. Isto ten como consecuencia que os redactores estén a expensas do GA cando isto non debería ser así.

GRUPO: S1D (Grupo de Apoio ao Blogue)

COORDINADOR: Fuentes Míguez, Gabriel

EDITOR: Carreira Pena, Nicolás; nicocrrpena@gmail.com ; S1D3

VOCEIRO: Carrera Fernández, Uxía; uxiacarrera7@gmail.com ; S1D4

OUTROS MEMBROS DO GRUPO:

Barreiro Álvarez, Sara; sarabarreiro10@gmail.com ; S1D1

Blanco González, Rita; riblagon@hotmail.com ; S1D2

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s