Coñecendo e corrixindo caso prácticos do machismo

Na última reunión co círculo tanto nós, coma as integrantes do mesmo, buscamos facer algo diferente: ademais de poñer en común coñecementos teóricos e comentar as noticias, as mulleres reescribirían os titulares das mesmas de cara a unha información precisa e afastándonos dos moitos estereotipos que as inundaban. Despois disto, encargáronse de escribir unha guía de como se debe informar e que noticias é impensable que se publiquen.

As integrantes do círculo mostráronse moi animadas durante todo o proceso  e volveron expoñer a súa postura fronte a mentalidade sexista imperante na sociedade e o discurso machista dos medios. Titulares coma “unha muller morre presuntamente a mans do seu marido” deixan entrever o medo que ten a prensa para mostrar con claridade o que é un asasinato de xénero, e lamentábase Pilar Gómez que isto «ocorre con moita frecuencia».

WhatsApp Image 2017-04-19 at 18.56.04
Pilar analizando os titulares.

Varias das noticias que aportaron as nosas compañeiras estiveron moi relacionadas co mundo do deporte. Nel, destacan 3 formas de afrontar as noticias cando a protagonista é unha muller: desviando o seu triunfo a un home, falando do seu físico ou levándoo ao terreo sexual, moitas veces de forma agresiva e primitiva. Tanto Pilar Gómez coma Sandra Rosendo son plenamente conscientes disto e trouxeron unha serie de noticias moi parecidas, nas que se visualizada claramente a problemática. Unha delas e que causou especial enfado no círculo titulábase: Rivas, el hombre que convirtió las rabietas de Carolina Marín en oro. Por que ese empeño en outorgarlle o mérito ao xénero masculino?

“La hija de Figo ya es cancha reglamentaria”, titulaba un xornal de México unha noticia sobre a maioría de idade da filla do exfutbolista. Sandra, que proporcionou esta nova e que viviu en México varios anos, estaba verdadeiramente doída e admitiu que cando escoitou o titular por vez primeira «case cae da cama». Para ela este tipo de novas non deben difundirse na maneira en que se fixo, pois o medio consegue o seu obxectivo: ser coñecido no resto do mundo. A pesar de que a nova estaba firmada por un xornal mexicano, cando lle preguntamos a Sandra se lle sorprendería que a noticia fose publicada nun medio español foi firme na súa resposta: “Desgraciadamente non”.

WhatsApp Image 2017-04-19 at 18.55.50
Sandra reescribindo un dos titulares

Tras unha intensa reunión, con diferentes opinión e puntos de vista, as integrantes do Círculo concluíron da mesma forma ao preguntarlle sobre o volume de este tipo de noticias: «Tristemente, non nos custou nada encontralas».

Nas nosas mans está cambiar o xornalismo machista actual por un machismo obxectivo e igualitario, no que prime a xustiza e informe á cidadanía de forma honesta, veraz e leal.

O Correo Feminista certifica que o problema persiste

Unha das nosas iniciativas foi a de crear un correo feminista  onde toda aquela muller afectada polo machismo no ámbito laboral podería contar a súa vivencia, de xeito anónimo ou non. A idea xurdiu nunha das reunión que tivemos co Círculo e puxémola inmediatamente en marcha.

WhatsApp Image 2017-04-20 at 13.23.38
Unha páxina feminista difundindo o noso cartel

O método utilizado para chegar á cidadanía foi o de colgar carteis polas zonas máis transitadas da cidade, pero non logrou o recibimento esperado polo que a nosa alternativa baseouse en difundir o correo polas redes sociais, axudados de asociacións ou plataformas feministas que compartiron e animaron a participar. Tras a difusión nos medios virtuais non tardaron en chegar correos de mulleres explicando as súas tristes situacións.

En liñas xerais, o machismo laboral sufrido polas mulleres que escribiron ao noso correo baseouse no acoso sexual, no feito de ter ou non fillos e na intención de quedar embarazada. Varias delas sufriron isto ata en traballos de alto nivel, no que se presupón que existen protocolos para axudar e evitar estas situacións.

Captura
Algúns dos correos recibidos

Un dos correos recibidos que máis nos chamou a atención foi o de Edurne. Edurne é traballadora dun hospital de Guipuzkoa e tras 22 semanas de embarazo decidiu pedir a baixa por maternidade. As razóns, ademais das obvias, eran que xa sufrira anteriormente un aborto espontáneo, e a súa función no hospital obrígaa a pasar longas horas en radiación. Cando acudiu á Mutua para xestionar a súa baixa esta foi declinada ata as 30 semanas de xestación, pois alegaban que a radiación recibida polo feto era mínima e podía descansar sentada de cando en vez no seu traballo. Tras semanas de loita coa inspectora correspondente, finalmente conseguiu que lle concederan a baixa. 

Outra das cousas que tiveron en común gran parte dos correos é que apenas ningunha das mulleres acosadas ou discriminadas decidiu denunciar. O medo e a impotencia non lles permitiu buscar xustiza e optaron por calar e reprimirse. A pesar de que, presuntamente, dende os postos dirixentes da sociedade estase a buscar que a muller se integre definitivamente no traballo nas mesmas condicións que os homes, parece que o único avance existente é o aumento de mulleres no mundo laboral, mentres que a súa situación dentro del segue sendo tan precaria coma fai dez anos.

Advertisements

12 comentarios en “Coñecendo e corrixindo caso prácticos do machismo

  1. Boas Gorka! O tema que estás a tratar é de gran interese e merece unha maior atención. Non obstante o meu comentario vai dirixido concretamente cara unha parte do teu post: Cando falas do tratamento que recibe a filla do exfútbolista Luis Figo pónse en evidencia que a imaxe da muller atópase moi dañada especialmente en medios de carácter deportivo. Con motivo dos últimos Xogos Olímpicos, un dos acontecementos deportivos con maior relevancia, o medio El País fixo unha recolecta de titulares machistas que nos deixaron diversos medios deportivos sobre os eventos dos XXOO, adxúntoche a noticia: http://smoda.elpais.com/moda/actualidad/los-8-titulares-mas-machistas-de-los-juegos-olimpicos-de-rio/

    Crees que a sociedade incúlcanos este tipo de pensamento machista e por iso estos titulares ou mais ben crees que é ao reves, son ditos titulares xunto con outros comportamentos que teñen diversos medios os que axudan a crear unha mentalidade machista na sociedade? Saúdos compañeiro!

    Gústame

    1. Boas noites Juan! Paréceme moi interesante o camiño polo que buscas levar a conversa. Respecto ao link que me adxuntas, decirche que xa lle botara un ollo fai un par de semanas, pois foi unha das novas tratadas na reunión co círculo que neste post comento. É impresionante que a polémica formada con este tipo de noticias machistas non sexa superior, xa que realmente son un reflexo da sociedade na que vivimos. Mentres non exista unha conciencia social sobre a problemática, non se solucionará.
      Respecto a túa última reflexiín, baixo a miña humilde opinión é unha mezcla de ambas cousas. A sociedade inculcanos unha visión machista de tódolos aspectos da vida cotiá, e as novas con este tipo de titulares axudan a reafirmala. Deixote aquí unha nova que apoia o que che comento (http://www.laregion.es/articulo/virales/corto-viral-adolescente-frases-machistas-dia-dia/20170418123533701790.html).
      Un saúdo, Juan!

      Gústame

      1. Boas Gorka!
        Ben é certo que trátase dunha mezcla dos 2 aspectos, a visión machista da sociedade é innegable e moitos aspectos da vida cotiá están afectos. Non obstante os medios xogan un papel decisivo posto que son os propietarios da información que consume a xente que moitas veces non está ben orientada e incluso pode ser machista coma ti mostras.

        Buscando máis exemplos encontrei o blogue: Un debate en mi cabeza no que hai publicado un post onde atopamos 60 exemplos de machismo e sexismo nos medios de comunicación, pásocho para que teñas algunha referencia máis: http://undebateenmicabeza.blogspot.com.es/2016/11/60-ejemplos-de-machismo-en-prensa-y.html

        Gústame

    2. Respóstoche aquí o teu segundo comentario, Juan. Vexo que queres levar a conversa á influencia dos medios de comunicación na mentalidade machista da nosa sociedade. Sí, é real. Moi interesante o enlace que proporcionas, unha proba máis de que o que estamos a ver non é ningunha invención, trátase de algo real a solucionar. Tristemente o link que che vou a enviar non é nada esperanzador ca problemática da que falamos (http://www.grazia.es/lifestyle/por-que-los-millennials-son-mas-machistas/), e é que os xóvenes non parecen correxir o machismo predominante, senon que todavía acentúan máis este arcaico pensamento.
      Un saúdo, Juan!

      Gústame

  2. Moi interesante o teu post. Para comezar gustaríame resaltar que o machismo é unha realidade existente actualmente, e moi pouco recoñecida por gran parte da sociedade. Este feito en si mesmo xa me parece un problema, pero cando son os medios de comunicación os que realizan este tipo de cuestións completamente machistas como as que relataban as integrantes do teu círculo, penso que estamos ante algo verdadeiramente grave. Os xornalistas deberíamos analizar a fondo as desigualdades existentes é darlles visibilidade para conseguir un avance e melloras no futuro, en lugar de degradar máis á muller, como ben mostraches en moitas ocasións no xornalismo deportivo. Adxuntoche o análise de Victoria Scarione sobre o tema: http://economiafeminita.com/periodismo-de-taquito-la-mujer-en-el-periodismo-deportivo/

    Doutra banda, a vosa inicitiva de O Correo Feminista paréceme moi orixinal e sobretodo moi proveitosa, ademáis de axudar á visibilización dos casos que sufren a diario moitas mulleres. Chámame moito a atención que mostras que moitas mulleres que sofren discriminacións laborais non se atreven a denunciar. Por que cres que ocorre isto?

    Gústame

    1. Bos días, Sara. Agradézoche moito o teu comentario e valoración do meu post. Directamente vou a contestar ao teu interrogante. Por que moitas das mulleres que sofren discriminacións laborais non se atreven a denunciar? Foi un dos temas tratados nas nosas reunións co círculo. A opinión das integrantes de dito círculo basábanse en que ‘non querían problemas’, ‘preferían que as súas parellas non se enterasen’… Moitas delas incluso pedían tan só o traslado de sección, permitindo aos acosadores permanecer na empresa e facendo o mesmo con novas compañeiras. Ademáis, analizando casos anteriores de denuncias, pódese observar que cara a futuras contratacións as mulleres que denuncian non son tan ben recibidas como poderiamos esperar, pola posibilidade de que creen un conflicto na empresa. Todo o comentado son condicionantes que crean esta situación, e engadiría que en ocasións a xustiza do noso país non chega a actuar nestes problemas (http://sevilla.abc.es/sevilla/sevi-archivan-denuncia-acoso-laboral-contra-exjefe-policia-local-sevilla-201704191203_noticia.html), como che adxunto na noticia.
      Un saúdo Sara, grazas por comentar!

      Gústame

      1. Gracias por lo artigo Gorka! Penso que mostra moi ben unha realidade laboral vivida polas mulleres. No ámbito de traballo a muller sempre se viu dobregada ao home, ou ben sendo colocada en postos inferiores tendo a mesma formación ou incluso máis que outra persoa do sexo contrario, ou ben recibindo salarios considerablemente inferiores realizando o mesmo emprego. Esta cuestión xa é bastante lamentable e digna de ser denunciada e reformada, pero penso que hai que destacar qeu o máis garve non é isto, senon os abusos sexuais que moito máis habitualmente do que podería pensarse.

        Este artigo do xornal El Diario mostra que máis da métade das mulleres europeas sufriron acoso sexual: http://www.eldiario.es/sociedad/millones-europeas-sufrido-violencia-machista_0_235177241.html Sería interesante coñecer cantos destos casos teñen lugar no ámbito laboral.

        Gústame

    2. Boas de novo, Sara! Respecto ao enlace que me proporcionas, descoñecía por completo que o porcentaxe era tan abrumador. É unha vergoña que tendo datos reais tan claros e contundentes aínda non se actúe con maior firmeza. Estamos falando de que a metade das mulleres europeas tiveron que pasar por unha situación de acoso sexual. Un 50% é un porcentaxe tristemente alarmante que debería de pór a traballar a toda a xustiza de cada país europeo, non se pode tolerar que esto se manteña. Aínda que xa se promoven medidas (http://madridpress.com/not/220730/acuerdo-para-proteger-del-acoso-laboral-a-los-empleados-publicos/), non son nin suficientes nin válidas para afrontar tan grave problema que temos diante.
      Un saúdo, Sara.

      Gústame

      1. Non podería estar máis de acordo contigo Gorka. É un porcentaxe máis que abrumador, que deixa moito que desexar do bo funcionamento da xustiza europea ao respecto do tema. Paréceme decepcionante como ti dis, que estando isto tan visibilizado non se actúe en consecuencia para resolvelo. Resulta alentador ver como se levan a cabo iniciativas como a que se mostra no artigo de Madridpress que me adxuntas, pero penso que debería haber moitísimas máis, e non so dirixidas á protección como é o caso desta, senon á concienciación da cidadanía, desde pequenos á igualdade de xéneros. Non sei que opinas ti ao respecto.
        Un saúdo!

        Gústame

    3. Moi certo o que dis, Sara. Suscribo cada unha das túas palabras sobre o tema. Realmente é moi triste o que está a acontecer, pero ao longo da historia sempre houbo duras situacións de discriminación a persoas de todo tipo e foron superadas; estou seguro que esta vez non estamos ante unha excepción. A loita contra a actitude arcaica e os pensamentos ignorante darán os seus froitos tarde ou temprán, así só queda seguir traballando para que as nosas futuras xeracións non sofran o que as nosas contemporáneas tiveron que sofrir.
      Un saúdo, Sara. Grazas polos comentarios.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s