As persoas, primeiro

 

Imagen 1

A Rúa Nova, unha das máis concorridas de Santiago de Compostela | crisintranslation.blogspot.com

Globalización; unha palabra moi empregada e recorrente que define a integración a escala mundial das economías e mercados perante a acción das novas tecnoloxías e os avances na comunicación. Un dos principais efectos deste proceso é o constante crecemento das cidades, cada vez máis poboadas debido ao éxodo rural,  co seu consecuente deterioro e diminución da calidade de vida das persoas. Unha sucesión de présas, estrés e ruídos de vehículos indo e vindo caracterizan os grandes núcleos de poboación dos nosos tempos.

Logo de analizar os problemas e necesidades do transporte e a mobilidade en Santiago de Compostela, así como os acertos e erros do Pacto Local pola Mobilidade Sostible  aprobado polo goberno local, obtense unha conclusión principal: a cidade ten que estar ao servizo dos seus habitantes. A prioridade debe ser a comodidade dos peóns . Nun segundo lugar, as facilidades para ciclistas e transporte público e, en última instancia, o vehículo privado. Só deste xeito se conseguirá unha maior calidade de vida para toda a cidadanía.

Unha cidade para os cativos

Fronte ó fenómeno da globalización e o progresivo deterioro dos núcleos urbanos xorden novas voces críticas que propoñen unha visión alternativa na que prime, por diante de calquera outro interese, a calidade de vida. Un dos modelos máis recoñecidos a nivel mundial é o formulado polo pedagogo italiano Francesco Tonucci. No seu ensaio La città dei bambini , escrito como complemento ó experimento sociolóxico que iniciara anos atrás en Fano —a súa cidade natal—. Tonucci outorga unha grande importancia ás nenas e nenos, algo pouco habitual na política de hogano. Considera que os máis cativos son o futuro da nosa sociedade e, ademais, deben gozar da infancia, unha curta e única fase das súas vidas. Polo tanto, é preciso facilitarlles as cousas, facer as cidades para eles e non para os maiores. Ademais, considera que tódalas accións levadas a cabo polos adultos nas cidades son negativas. A contaminación acústica e medioambiental, o aumento do tráfico de vehículos motorizados e, especialmente, o perigo das rúas.

O principal inconveniente que detecta Tonucci respecto do actual modelo de cidade é a sobreprotección dos proxenitores, que temen que os cativos saian á rúa. Porén, este medo está en gran parte xustificado debido a que, nas urbes de hoxe en día, o neno non atopa o seu sitio. O coche converteuse no actor principal, gañando espazos públicos en detrimento dos peóns. A cidade é unha xungla de asfalto, un lugar temible e hostil no que deben ir en todo momento acompañados, perdendo deste xeito autonomía e aptitudes de sociabilidade.

En consecuencia, o obxectivo principal será «devolver ós cativos ás rúas», que poidan saír solos da casa e vivir experiencias propias. Para logralo, sería precisa a participación activa dos cativos, dándolles a palabra mediante un “Consello de Nenos” en cada cidade, para que as súas propostas e denuncias fosen tidas en conta na elaboración do Plan de Urbanismo. Alén diso, deberíase pensar máis nos nenos e nenas en edificios públicos, parques ou restaurantes. En palabras do sociólogo, «trátase de aceptar a diversidade intrínseca do neno como garantía de tódalas diversidades. Unha cidade apta para os nenos serao tamén para tódalas diversidades».

Compostela debe tomar exemplo

O Pacto aprobado pola corporación municipal semella ser ambicioso pero, polo de agora, non é posible valorar a súa eficacia xa que a súa posta en funcionamento aínda non se efectuou por completo. Son meras especulacións baseadas nunha serie de supostos, pero se cumpre coas expectativas ou non saberase con mirada retrospectiva nos vindeiros anos. Como en todo na vida, é fundamental aprender da experiencia, e o goberno santiagués debería tomar exemplo de modelos coma o de Francesco Tonucci ou os presentados por outras cidades coma Vitoria ou Rivas-Vaciamadrid, premiadas pola Comisión Europea.

O voceiro local do Bloque Nacionalista Galego, Rubén Cela, incide neste punto e advirte que, probablemente, o Pacto pola Mobilidade non sexa suficiente, xa que a seguridade vial e a accesibilidade universal non acostuman a ser algúns dos puntos chave á hora de elaborar unha axenda política. Salienta a proposta de Tonucci, considerando que a prioridade debe ser o peón, logo a bicicleta, os vehículos carentes de motor e o transporte público e, por último, o vehículo privado. Neste aspecto, non dubida en destacar o labor do alcalde de Pontevedra —tamén da formación nacionalista— Miguel Anxo Fernández Lores. O concello pontevedrés foi premiado por numerosos organismos internacionais, incluída a ONU, debido ás súas medidas e plans urbanísticos para construír un modelo de cidade sostible e agradable, cunha maior calidade de vida para as persoas.

Imagen 2

Zona peonil da Rúa Benito Corbal de Pontevedra, claro exemplo de prioridade dos peóns por diante dos vehículos de motor| callesdepontevedra.blogspot.com

Cela considérao un claro exemplo a seguir e asegura que adaptaría moitas das súas propostas para a capital de Galicia. O concelleiro do BNG observa certas deficiencias en materia de seguridade vial, e propón unha serie de medidas coma «corrixir os “puntos negros” da cidade» onde nos últimos anos houbo máis accidentes, moitos deles mortais, tanto por colisións entre vehículos coma atropelos. De feito, o noso grupo de traballo propúxose realizar, coa axuda do noso círculo de lectura crítica, unha acción moi similar a través da ferramenta do “mapeo”.

Alén diso, propón pacificar e limitar o tráfico ou reducir a velocidade permitida no casco urbano a un máximo de 30 km/h, medidas que si aparecen reflectidas como obxectivos do Pacto. Outra das súas propostas, que considera ignorada polo goberno, é levar a cabo unha auditoría de tódolos pasos de peóns da cidade, avaliando o seu deterioro, iluminación e visibilidade e, no caso de ser necesario, intervir para mellorar a súa calidade.

Ao igual que Tonucci, Rubén Cela outorga unha notable importancia ós máis mozos, para os que habería que adaptar a cidade e facela «máis segura». En especial, nun eido que os afecta particularmente: os camiños escolares. Non basta coa iniciativa de Compostela Aberta, os “Correcamiños”, un percorrido sinalizado a través do cal os cativos van á escola acompañados dun axente da Policía Local. É preciso facer estes camiños seguros, ancheando as beirarrúas, sinalizando correctamente os pasos de peóns e concienciando á cidadanía, facendo un traballo previo de contacto con colectivos sociais, comerciantes e, sobre todo, as nais e pais, xa que os nenos van aprender dos seus comportamentos e, se ven a un adulto cruzar a rúa co semáforo pechado, eles o farán tamén. Deste xeito, fomentaranse tamén uns hábitos de vida máis saudables, xa que «aqueles que van andando á escola chegan máis espabilados».

Unha lacra que pesa na cidade compostelá é o alto grao de siniestralidade vial, cuxas cifras de falecementos por accidentes de tráfico e atropelos son demasiado elevadas. «Hai demasiados accidentes en Santiago, o primeiro trimestre do 2017 foi terrorífico», asegura Cela, que propón medidas coma sinalizar dun xeito máis apropiado as rotondas, eliminar os “quitamedos” e reestruturar os pasos de peóns. Ademais, insta á corporación municipal a consideralo un asunto de intervención prioritaria. Neste punto incide tamén Vicente Otero, membro de Composcleta, que advirte da importancia de tomar cartas no asunto .

Deste xeito, a cidadanía santiaguesa gañaría en calidade de vida, seguridade, redución da contaminación, mellora do aire e unha maior accesibilidade e mobilidade para tódalas persoas, algo que a día de hoxe é certamente mellorable . Cela recoñece que desenvolver este tipo de iniciativas peonís non acostuma a sentar ben a moita xente, contraria ós cambios, pero que á larga favorecerían de forma considerable á cidade.

En xeral, a experiencia obtida do noso círculo de lectura crítica foi positiva. Sofía, estudante de Educación Social con mobilidade reducida, considerou a experiencia «moi positiva» e asegurou que lle encantaría poder seguir traballando connosco nun futuro. Pola súa banda Esther, da Asociación Veciñal As Marías, valora a utilidade do Observatorio como ferramenta para visibilizar as súas demandas. Porén, destacou que os asistentes acostumaban a ter o mesmo punto de vista, polo que botou en falta «algunha voz disonante».

 

 

Advertisements

9 comentarios en “As persoas, primeiro

  1. El problema de muchas ciudades españolas fue el crecimiento masivo y desmesurado que trajo consigo el crecimiento económico de la década de los 60 y 70 con la llegada del libre mercado al Estado Español.
    La especulación del terreno y la vivienda, la liberalización del suelo y los pobres proyectos urbanísticos durante los últimos coletazos del franquismo supusieron una aberración arquitectónica en casi todas las ciudades del país, así como el diseño de sus calles.
    Galicia y en especial, Santiago es un claro ejemplo de una ciudad que no supo donde ni cómo crecer, y comenzó a amontonarse. Bloques de hasta 10 pisos, residenciales desprovistos de belleza y sobre todo aparcamientos. La ciudad del automóbil era entonces la urbe del progreso.
    Por culpa de esa mala gestión vemos que, obviando la zona vieja, en Santiago no existe una calle peatonal propiamente dicha en el ensanche. Tampoco hay una calle principal bien delimitada. Todo es un conglomerado de calles dispuestas sin orden.
    Recientemente se hacen esfuerzos por imitar modelos urbanísticos como el Pontevedra, que han intentado eliminar lo máximo posible, esos vestigios del urbanismo setentero (véase la semipeatonalización de Xeneral Pariñas).
    Pero la solución al problema de Santiago es complicada, puesto que se trata de una deficiencia de base.

    Es llamativo el derribo del mítico edificio Castromil, una belleza modernista que fue demolido para construír un aparcamiento al que hoy llamamos Plaza de Galicia.

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2013/05/19/salvajada-plaza-galiciacronica-fracaso/0003_201305S19C5991.htm

    También fue controvertida la peatonalización de Carreira do Conde.

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2014/08/13/carreira-do-conde-peatonalizara-pese-rechazo-conductores/0003_201408S13C3991.htm

    Liked by 1 person

      1. A mi parecer las personas de Santiago de Compostela, siendo éste el único lugar que eh visitado, son muy protestantes, siento que casi todos por no decir todos, conocen de sus derechos y por éso, no se dejan “mirar la cara”, o al menos éso es lo que veo en las manifestaciones que realizan, las cuáles son muy pacíficas, ésos son detalles positivos que rescato.

        Gústame

      2. Dacordo contigo, Miguel. Os políticos polo xeral parecen non reparar nas persoas con algunha discapacidad física ou que por por dunha avanzada idade lles resulta difícil acceder a certos lugares de servizo público. Mesmo ao transporte urbano e interurbano.
        https://www.renfe-sncf.com/es-es/servicios/asistencia-personalizada/Paginas/asistencia-personalizada.aspx
        Esta páxina amosa as ventaxas que ofrece Renfe con respecto as persoas con movilidade reducida, non obstante a realidade é outra e en ocasións a distancia entre o andén e o acceso ao tren é enorme.

        Gústame

      3. Está claro Víctor. Por desgraza é unha dinámica que xa non nos sorprende. Nunha das reunións do círculo de lectura crítica falabamos de mobilidade e Ánxela López recordaba un episodio no que un bus urbano non a recollía por moverse en cadeira de rodas… Se non das crédito, aí deixo a nova.

        https://www.google.es/amp/www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/galicia/2016/03/03/discapacitados-buses/0003_201603G3P15991.htm

        Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s