CLC “Estes meses de traballo co Observatorio de Comunicación enriquecéronos notábelmente”.

 

Comezamos esta proposta coa finalidade de analizar o trato dos medios de comunicación cara o colectivo LGTBI+. Tras estos dous meses, tanto os membros do Círculo de Lectura Crítica (CLC) co que traballamos coma nós enriquecímonos de información que non coñecíamos. 

Alberto, membro da asociación Ultreia, que nos acompañaba nas reunións, mostrounos todo o seu apoio dende o comezo e mostrouse moi contento de que se propuxese o tema xa que, coma el mesmo dixo, é complicado que os medios traten estos temas contando cos membros do colectivo.

Tratamento do colectivo LGTBI+ nos medios de comunicación

A conclusión que nos deixaron os membros do Círculo de Lectura Crítica respecto ao tratamento do colectivo LGTBI+ nos medios, é que moitos deles están influenciados pola liña editorial e dos intereses dos mesmos. Para eles medios “menos progresistas” como poden ser La Razón, Okdiario ou ABC discriminan as persoas do seu propio colectivo e esquivan temas dos que deberían falar. 

Un exemplo ao que recurriron moito foi o tratamento recibido por Cassandra Vera -persoa transexual condeada recentemente por facer chistes referentes a Carrero Blanco en Twitter-á que en moitos medios se lle discrimou por formar parte do colectivo.

Outro dos temas que se falou cos membros do CLC é o numero de persoas pertencentes ao colectivo que están traballando nos medios. Sorprendentemente para nós eles ilustráronnos con que sí existen persoas do colectivo traballando nos medios. pero ao igual que se comentaba antes: todo depende dos intereses e condicionantes do medio. Como ben se nos informou, en Galiza aínda non existe ningún medio dedicado exclusivamente a esta temática, sen embargo está en proxecto unha revista denominada Galiza Nación Cuir que encaixaría con estos medios que demandan os membros do colectivo.

O noso labor nas reunións

Cada unha das reunións foi destinada a tratar a temática correspondente a cada unha das siglas LGTBI, idea que concordou moi ben co que tanto os membros coma nós mesmos queríamos obter das reunións. Todos os membros do grupo estiveron dacordo en que as reunións foron o suficientemente amplas e conseguiuse tratar a todas as entidades dun xeito ou de outro. Igual de animados foron os debates que se foron xerando ao longo das reunións. Cantas más se facían, máis solto estaba o CLC, polo que os debates foron progresivamente máis ilustrativos.

Ao longo das reunións utilizamos dous métodoloxías de traballo: o análise de descurso en medios de comunicación co fin de construir un novo a partir das voces do colectivoe o mapeo. Nesta última fixemos especial fincapé porque é o xeito de coñecer de primeira man o parecer do CLC, como ven o mundo e o que pensan sobre certos temas de gran interese para o noso traballo..

O labor do Observatorio para os membros do CLC

En canto ao traballo do Observatorio, as opinións en xeral foron positivas, aínda que existiron propostas para a súa mellora: a presencia dunha figura lesbiana no Círculo ou unha maior expansión e difusión nas redes sociais foron algunhas das propostas faladas para a mellora do blogue. Pese a iso, os membros coma Pablo Francisco afirmaron que aprenderon unha gran cantidade de cousas grazas a nosa labor e que estaba orgulloso de que puidésemos dar voz a xente que normalmente non a ten. Outro pequeno inconvinte que se atopou foi o que comentou Ana Canle, outra dos persoas que formaban o CLC, mostrándose algo incómoda cando tivo que tratar temática intersexual, xa que coma ela non tiña esa determinada experiencia non tiña a seguridade necesaria para facer declaracións, non obstante expresou a súa gratitude por convidala ás reunións das que conseguiu desfrutar.

O CLC tamén dixo que eles estarían dispostos a continuar cas reunións, pois lles parece un traballo moi necesario para a visualización e a mellora da súa situación. Porén, manifestaron que a adecuación dun espazo máis adecuado sería ideal á hora de seguir coas reunións de xeito aínda máis fructífero. En xeral, as opinións respecto ao traballo do Observatorio de Comunicación foron moi positivas e foi unánime a opinión de que agardan que máis medios fagan unha labor similar á nosa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s