Consellos para evitar a precariedade

Como foi comentado no anterior post  Unha acción fronte ao silencio, dende o noso equipo e coa colaboración directa dos nosos círculos, decidimos crear a modo de acción un código deontolóxico que axude aos xornalistas a previrse da precarización, máis alá do clásico que estamos acostumados a ler todos os que exercemos ou imos exercer esta profesión.

O xornalismo atópase cada vez máis perseguido e o noso obxectivo a través da creación destas premisas e favorecer a creación dun clima que dificulte os acosos e trabas impostas tanto de xeito interno coma externo .


post codi


CODIGO DEONTOLÓXICO PARA EVITAR QUE O TEU TRABALLO COMO XORNALISTA SE PRECARICE

-Non aceptarás traballar de balde

Sen dúbida, algo que a maior parte de nós estaríamos dispostos a facer por estrar no “mundiño” ou facernos  un nome dentro do xornalismo. O clásico “fágoo de balde que así polo menos aparece o meu nome no xornal”. Se aceptas facer de balde algo que outros fan cobrando estás  favorecendo á precarización .

-Farás o traballo que debes, nin máis nin menos

Outro punto común a todo xornalista, especialmente no período de prácticas, é o de cargar cunha responsabilidade e traballo superior ao que o seu salario reflicte. Isto non debe ser así, e debemos traballar para que non o sexa.

-Non temas protestar cando hai motivos

Denuncia. Non te autocensures ao falar túa propia situación. Que o medo a perder o posto de traballo non te leve a alimentar a bola da precariedade. Se a mensaxe de non calar ante as ameazas mora nos xornalistas, o dono do medio terá dúas opcións: quedar sen traballadores ou ter que aceptar as liberdades que estes reclaman, (e merecen).

“Cada tres meses, cando a xente comezaba a queixarse e había risco de manifestación o director enviaba unha carta aos traballadores falando do esforzo que se estaba a facer desde  a empresa e do agradecidos que estaban, contos chinos. Teño moitas desas eu na casa” – Nicolás Navaza

-Os teus compañeiros son compañeiros, non rivais

Como afirmaba Nicolás Navaza en declaracións recollidas no anterior post , bótase en falta un maior sentimento de pertenza a un colectivo  entre os colegas do gremio.  Ás veces, podemos ver esta profesión coma unha especie de guerra na que sobrevive o máis forte. Unha maior comunicación levará a obter mellores recursos para acadar uns maiores dereitos. A unión fai a forza.

-Non permitas estar sen comité de empresa

O comité de empresa ou comisión interna axuda a resolver os problemas que poidan suceder e fai de ponte entre traballadores e donos da empresa. Baixo a a ausencia deste, os empregados quedan desprotexidos e non saben o que está a pasar dentro da empresa. Aínda que a súa utilidade tamén depende de como sexa a xente que o forma:

“No meu caso depende moito do comité de empresa que teñas: hai xente que está no comité de empresa claramente para protexer o seu posto de traballo, se estás no comité non poden botarte, pero de preocuparse polos traballadores cero. Tamén tiven o caso contrario no Faro de Vigo, onde si que traballaba moi ben e chegou a conseguir contrato para máis de 20 xornalistas” – Gonzalo Brocos

-As mulleres igual ca os homes

Non permitas que unha muller cobre menos ca un home por desempeñar o mesmo traballo. Se es muller denúnciao e se es home axuda ás túas compañeiras na súa loita, elas son o colectivo máis ameazado.

-Todo por escrito

Non te fíes das palabras dos teus xefes, esixe todo por escrito: ¿novas condicións? Por escrito. ¿Que non é preciso que volvas por alí ? Por escrito.

Ademais de todas estas premisas, lembra as túas obrigas e compromisos máis primarios coa profesión ao tempo que loitas polos teus dereitos e liberdades. Non debes deixarte caer na espiral dos intereses .

Advertisements

31 comentarios en “Consellos para evitar a precariedade

  1. O primeiro de todo, Carlos, gustaríame felicitarte a ti e o teu grupo por achegarnos este código que pode ser moi útil e relevante para os que pretendemos adicarnos ao xornalismo nas nosas vidas laborais.
    Penso que é importante concienciar contra a precariedade, e non deixar que un colectivo como o periodístico permaneza silenciado ante prácticas que non por levar “toda a vida” facéndose, son correctas.
    Neste senso, penso que concieciar á sociedade da función dos medios fará que se coñeza mellor a súa posición de relevancia que debería ocupar na mesma sociedade para así mellorar as condicións do traballador do sector. Esta noticia, de fai relativamente pouco, (http://www.lavanguardia.com/vida/20170422/421950876996/la-fape-pedira-esta-semana-a-mendez-de-vigo-que-los-alumnos-de-eso-estudien-la-funcion-de-los-medios-de-comunicacion.html) penso que é importante neste tema que abordamos. Que opinas ti de que se concience aos máis novos do papel do periodismo responsable nas nosas vidas?

    Liked by 1 person

    1. Moitas grazas polo comentario Lucas, dende o meu grupo estamos satisfeitos pois o noso obxectivo é que este traballo acabara sendo útil, en especial para os que estudades xornalismo.
      Respecto ao enlace que adxuntas, a proposta da FAPE para levar a unha concienciación dos nenos sobre a importancia do xornalismo e o bo xornalismo mediante a implantación dunha materia que estude a función dos medios de comunicación.
      Haberá voces críticas que poden defender a idea de que esta materia só tería sentido no grao de xornalismo, pero seguramente esas voces sexan as mesmas que opinan que calquera pode ser xornalista aínda que non teña os pertinentes estudos. É importante a concienciación tanto nos xornalistas coma nos consumidores, facer un consumo responsable e crítico potenciará a mellora da situación, tantas veces criticada, do xornalismo.
      O xornalismo vai máis alá de ler un periódico para ver como quedou o teu equipo no último partido o creer todo o que aparece nel. É unha ferramenta necesaria para preservar a libertad de expresión http://www.europapress.es/extremadura/noticia-blanca-martin-destaca-importancia-periodismo-obligacion-preservar-libertad-expresion-20170421192142.html . Ti que opinas ao respecto?

      Gústame

      1. Eu son dos que creo que a educación dos máis xóvenes nun pensamento crítico nunca está de máis, e cada vez tentan que sexa de menos. Con casos como o nefasto trato que se lle fai a asignaturas como a Filosofía ou a Literatura Universal, a cal deixará de cursarse en 2º de Bacharelato, creo que non se lle fai un favor na procura dun pensamento independente, crítico e con fundamento da xente máis nova. Nisto tamén falo, como non, do papel da prensa na sociedade. Moita xente, xoven ou maior, convive co pensamento de que “a prensa minte”, como opinión establecida do noso sistema de comunicación. É hai casos de medios que axudan a manchar esta imaxe do xornalismo, cando se debería inculcar que o papel é outro: achegar a verdade, mudar conciencias e servir á poboación.
        Sobre o que mencionei antes das asignaturas que suprimirán horas cos novos plans de estudos, déixoche dous artigos interesantes para reflexionar:
        http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2017/04/21/profesores-reclaman-xunta-filosofia-sea/1173425.html
        http://cultura.elpais.com/cultura/2017/04/21/actualidad/1492782903_418507.html?id_externo_rsoc=FB_CC

        Liked by 1 person

      2. Boas noites Lucas,
        Respecto ao tema da supresión de determinadas asignaturas de letras, dita supresión é un síntoma da mala reputación que teñen as asignaturas de letras, especialmente a filosofía, no noso país. Costa crer que os políticos non queiran fomentar un pensamento único cando eliminan a que seguramente sexa única asignatura que fai aos nenos pensar. Un claro retroceso en lugar de ir cara diante, parece que nos achegamos cada vez máis a aqueles réximes políticos nos que se queimaban libros. Este é un interesante debate que dará moito máis que hablar aínda e no que importantes persoeiros da cultura xa manifestaron a súa opinión http://www.eldiario.es/sociedad/Filosofia-LOMCE_0_185832126.html .
        O da falta de credibilidade dos medios da que falas, tamén e un grave problema. Hai que loitar por devolver este factor a prensa, senón estaremos a dar a razón a xente coma Trump http://internacional.elpais.com/internacional/2017/03/08/america/1488987421_515355.html

        Gústame

      3. Esa noticia que adxuntas de Trump mostra unha práctica cara a prensa de completo desprestixio e un afán por facer caer a liberdade de prensa. Creo que ambos temas que comentamos, o da supresión de asignaturas que fomenten o pensamento crítico, e os comentarios de líderes mundiais como o que mencionas de Trump, van da man. E non fai falta ir ata os Estados Unidos para ver comportamentos realmente desalentadores coa prensa. En Turquía, país que aspira a converterse en membro da UE, desde o golpe de estado, pecháronse 160 medios de comunicación e o presidente Erdogan controla moitas televisións e contidos. Tamén se da o caso de Rusia, país no que Putin decreta aos presentadores que comentar e apróbanse leis que restrinxen a liberdade de prensa en internet. Neste artigo se resumen, entre outros, os casos que menciono: http://elpais.com/elpais/2017/04/19/opinion/1492590368_239023.html
        Sen dúbida, é un debate que da para moito, pero aplaudo a vosa iniciativa para tentar aportar a vosa visión no campo do xornalismo.

        Gústame

      4. Mais non temos que saír de España para atopar este tipo de casos, se en España non existiran esas prácticas non sería preciso este “código deontolóxico” realizado polo meu grupo. O desprestixio social da prensa, de non facer nada ao respecto, continuará a aumentar http://elpais.com/elpais/2012/05/01/opinion/1335873229_575115.html .O problema, ademais da perda de presitixio é a perda de valores característicos dentro do xornalismo http://politica.elpais.com/politica/2017/04/07/actualidad/1491550320_585852.html .

        Gústame

  2. Paréceme unha ideo moi orixinal a de realizar un propio código deontolóxico basado no aprendido tras a reunión co círculo.
    No primeiro punto, sobre traballar de balde, é algo casi inevitable na nosa profesión. Moitas veces temos que buscar medios nos que traballar e escribir de balde para así obter algo de experiencia e acercarte ao mundo laboral. Aparecerá o teu nome no medio, pero estarás realizando algo que te sirve como exercicio para o traballo do futuro e te prepara. Por exemplo, a web http://www.spherasports.com/, na que traballan algúns dos nosos compañeiros, da a oportunidade de escribir artigos sobre deporte e publicalos. A pesar de non recibir un soldo, estás obtendo experiencia e facendo algo útil.
    O tema das protestas e o abuso de traballo van collidos da man, xa que é algo que ocorre día a día. Os estudantes que acabamos a carreira somos explotados como becarios traballando máis horas do debido e cun soldo menor.
    Outro punto destacable é o da igualdade de xénero no sector laboral. Paréceme algo crucial e que debería ser real, non só no ámbito xornalístico, senón en todos. O problema reside en que se trata dunha realidade a que xa estamos acostumados e da que pouco se fala.
    http://www.huffingtonpost.es/2017/03/31/islandia-obliga-a-las-empresas-a-demostrar-la-igualdad-salarial_a_22020349/
    https://www.trendencias.com/feminismo/un-gran-paso-en-la-igualdad-salarial-en-el-cine-felicity-jones-es-el-miembro-del-reparto-mejor-pagado-de-rogue-one

    Liked by 1 person

    1. Ola Laura, moitas grazas polo comentario.
      Respecto á labor de medios coma Sphera, creo que non se pode comparar con medios máis grandes aos que apuntamos co noso código. Sphera é unha plataforma da que ninguén pretende vivir, non tes contrato nin apenas condicións. Sphera é, dende o meu punto de vista, unha plataforma onde afeccionados ao deporte poden expresar as súas opinións de xeito bastante libre, ao igual que noutras plataformas coma http://www.ecosdelbalon.com . O problema chega cando o traballo gratis ofrécese a un medio que ten recursos suficientes como para pagar un soldo digno, o un soldo sen máis (porque ás veces nin eso). Igual non tes nin contrato pero recibes presións como se o tiveras. Se traballas de xeito gratis para unha empresa que obtén beneficios á túa costa é cando favoreces a alimentar a espiral do xornalismo, como comenta a xornalista Azahara Cano http://sociedad.elpais.com/sociedad/2011/12/13/actualidad/1323800984_733367.html , que opinas ao respecto?

      Gústame

      1. Está claro que non se pode comparar unha páxina web como Sphera cun medio de gran nivel nacional, o que si se pode é empezar por aí como práctica para coller soltura e experiencia, para que posteriormente os grandes medios vexan que fixeches algo útil antes. Diso non podes vivir, pero te da vantaxe e experiencia. Claro que nun medio de éxito e de masas non podes utilizar aos teus traballadores nin explotados, merecen un soldo digno e teñen os seus propios dereitos. Creo que as empresas deberían estar máis controladas nese aspecto, no sentido de que, cando comezas a traballar por primeiras veces, case sempre como becario, todo o traballo recae sobre ti, explotan aos novos e cun salario inferior aos demais. O mesmo sucede cos estudantes en practicas, e isto non me parece xusto. Penso que debería estar mellor regulado e que os soldos deberían estar acorde co traballo realizado independentemente do posto ou xénero do traballador.
        http://fape.es/la-fape-reitera-que-defiende-unas-practicas-en-medios-que-no-exploten-laboralmente-a-los-becarios/

        Liked by 1 person

    2. Boas tardes Laura, respondoche aquí ao último comentaario porque houbo un problema en non me deixa responder directamente no comentario.
      Estou dacordo totalmente co que falas agora de Sphera, é unha sorte que existan este tipo de plataformas para comezar a “practicar” neste mundo. Espero que o desexo da FAPE dunhas mellores condicións para os becarios cheguen a algo finalmente, e que non tengamos que continuar lendo cousas coma esta http://generaciondospuntocero.com/becarios-precarios/ . A nosa labor coma futuros xornalistas será a de loitar, seguindo as “instruccións” deste artigo para lograr unha mellora nas nosas condicións. O verdadeiro problema, en moitos casos, é que a nosa carreira, ben por ser de letras ou ben pola ” deformación ” e descenso da calidade que está a vivir o xornalismo, non é apreciada coma noutros tempos. Ás veces enténdese o xornalismo coma un traballo ” de segunda ” ao que calquera pode acceder, aí atópase o verdadeiro problema, na baixa valoración que se fai.

      Liked by 1 person

      1. Páxinas como esta, ou mesmo outras como Vavel (https://www.vavel.com/es/) axuda á xuventude a iniciarse neste mundo e obter algo de exteriencia. Vexo totalmente necesario que esta situación relacionado cos becarios e a súa explotación nos medios remate, xa que o noso camiño ao mundo laboral está bastante preto e dudo bastante que ninguén queira pasar polo que está a pasar moita xente agora.
        O problema é de ambas, porque tanto a carreira como os propios medios, os cales so velan polos intereses económicos, perxudican ao xornalismo de forma directa, que, a súa vez, nos perxudica a nós.
        http://www.fundacionmelior.org/content/tema/la-decadencia-del-periodismo

        Gústame

      2. Ola Laura ,
        claro que esta situación ten que cambiar e ten que facelo rápido pero, para iso precisamos a axuda de toda a sociedade. Non só os xornalistas, ou futuros xornalistas, estamos implicados. Realmente, como falan grandes xornalistas coma Iñaki Gabilondo ou Ignacio Escolar, o verdadeiro problema non é do xornalismo, senon das súas estructuras http://www.eldiario.es/sociedad/periodismo-debate-crisis-medios_0_223278626.html . Ademais, eu sinalaría como culpable da nosa situación tamén ás universidades, pois na miña opinión moitos dos contidos que estudamos ou sobre os que traballamos non teñen moito en común co xornalismo, mentres que outros de grande importancia adoitan ser esquecidos.

        Gústame

  3. Antes de nada, moi bo artigo á hora de informarnos a todos sobre necesidades básicas na nosa profesión.
    En numerosas ocasións, como ti señalas, moitos de nós rematamos traballando de balde, por un salario que sería a metada (coma mínimo) do dun empregado normal ou aceptando condicións laborais precarias (máis horas, traballos non mandados nun principio, etc.). Todo isto facémolo coa excusa de ”encher currículum” ou ”gañar experiencia”, mais non debe ser así, o traballo debe ser pagado polo que vale. A nosa forza de traballo e man de obra é a mesma que a dun empregado de máis anos de experiencia. O xornalismo vive momentos de decadencia, entre moitas das causas están as malas condicións laborais nas que vivimos. http://www.ifj.org/es/temas/derechos-laborales/
    Se realmente nos motivaran, nos ensinaran e nos valoraran coma merecemos a todos, o xornalismo non tería tantas cadencias coma ten.
    Todos os xornalistas deberíamos facerlle caso ao pé da letra a este código deontolóxico, xa que no momento que un o incumpre, dalle a razón ao empresario que simplemente quere o noso traballo polo menor custe posible, para así acadar maiores beneficios.
    Raúl Novoa González, S3D3

    Liked by 1 person

    1. Moitas grazas polo comentario e valoración do meu post Raúl.
      É unha mágoa pero, tes razón cando falas de que non valoran ao xornalista como merece,aí está o verdadeiro problema da cuestión. Nin os propietarios dos medios, nin os consumidores, e as veces nin nós mesmos valoramos o traballo xornalístico como deberiamos. Cando nin nós mesmos somos quen de valorar o que facemos e xuntarnos para reclamar unhas condicións dignas non chegaremos lonxe como colectivo. O xornalismo é fundamental para soster a liberdade de expresión nunha sociedade, e máis nos tempos que corren nos que é fundamental preservar o xornalismo e non caer na farsa das falsas informacións inmediatas que aparecen en redes sociais. O menosprecio á nosa profesión, é cada vez máis habitual http://www.colegioperiodistascyl.es/noticias1.asp?cod=75&page=1&sec=9&v=1

      Gústame

      1. Así é, o noso traballo é fundamental para o funcionamento da democracia, xa que somos os educadores da sociedade e quenes dicimos o que está a acontecer no mundo.
        A nosa profesión, tal e como se indica no libro ”Periodismo y lucha de clases” de Camilo Taufic, estase desprestixiando cada vez máis porque se usa coma unha ferramenta de alienación da sociedade e non coma transmisor de información de interese para audiencia. Os propietarios dos medios, interesados en seguir na súa burbulla de poder, queren sempre que isto siga así, que o xornalismo se use coma desinformador en contra da sociedade, non coma un órgano expresor dos intereses das masas.
        Xa o dicía Malcolm X, que nestes tempos ”Hai que ter coidado cos medios de comunicación ou te farán odiar ao oprimido e amar ao opresor”.

        Liked by 1 person

      2. Boas referenzas ás cales aludes amigo Raúl. Non ía desencaminado Malcom X con iso de que “Hai que ter coidado cos medios de comunicación ou te farán odiar ao oprimido e amar ao opresor” algo que cada vez é máis ha bitual na prensa española. Un dos mellores exemplos de este tipo de prácticas é a forma de “informar” da TVE. Concretamente esta semana, tras os altercados nos Campos Eliseos en París, unha reporteira dos informativos da 1 fixo un comentario pouco afortunado e claramente racista https://www.google.es/amp/amp.elplural.com/node/102388

        Gústame

      3. Moi interesante o artigo que compartes Carlos, ademais destes comentarios racistas, a nivel político pódese ver como as noticias sempre responden á ideoloxía do medio.
        Así, a nosa axenda mediática está plagada de noticias sobre Venezuela, Cuba ou Corea do Norte, tódolos días. Non me meto no debate de se a ideoloxía destes países é a mellor ou non, pero o que é un feito é que son anticapitalistas, polo tanto sofren do bombardeo informativo.
        Logo, cando por exemplo hai bombas en Siria, tómanse de forma moi distinta a cando hainas en Francia, isto é porque ninguén nos di que a Siria se vai para sacar petróleo.
        Nestas dúas noticias podes ver o de Venezuela e o de Siria:
        http://elpais.com/elpais/2017/04/27/opinion/1493313765_034983.html
        http://cnnespanol.cnn.com/2017/04/15/al-menos-100-muertos-por-explosion-de-coche-bomba-durante-evacuacion-en-siria/

        Liked by 1 person

      4. Así é Raúl, desgraciadamente as novas que chegan a nós moitas veces ocultan un trasfondo ou “tapan” a verdadeira noticia. Máis non creo que a culpa sea exclusivamente dos medios, pensó que a sociedade en xeral tamén ten parte de culpa. Os medios, realmente, non son máis que empresas que buscan obter o maior beneficio posible, se ti reclamas maiores información sobre Oriente , por exemplo, pero segues mercando ese xornal o xornal continuara falando do que adoita falar porque ti o vas mercar. Na miña opinión, todos somos libres para consumir unha información ou outra, especialmente hoxe en día grazas a Internet. Como conclusión, penso que igual que debemos esixir responsabilidades aos medios, os consumidores deben facer tamén un consumo responsable.
        Un saúdo

        Gústame

  4. Ola Carlos,
    Paréceme realmente interesante o punto de vista que ofrecedes neste artigo, unha boa forma de reivindicar o noso papel na sociedade, que á fin e ao cabo debe ter un gran peso.
    Con todo, estou en certo xeito, en desacordo co primeiro deles. Evidentemente, cando xa obtivemos o noso título universitario podemos esixir que renumeren o noso traballo, pois damos proba de que estamos cualificado para iso. En cambio, cando aínda estamos a cursar a carreira, como no noso caso, considero que o feito de que os medios cheguen a ofrecernos traballo (aínda que non nos paguen por iso) é unha gran oportunidade para practicar e afacernos ao mundo real da nosa profesión nun futuro. Ademais, tamén o vexo como unha forma de introducirnos no mercado laboral, coñecer a xente que se considere importante no noso ámbito, etc. Iso si, a condición de que o podamos considerar como unha colaboración, que non robe tempo doutras actividades ás que tamén deberiamos prestar atención.

    Liked by 1 person

    1. Ola Lucía!
      Moitas grazas polo teu comentario, alégrame que penses que este post é interesante. O obxectivo do meu grupo foi, dende o primeiro momento, servir de axuda tanto para xornalistas como para futuros xornalistas, pero ademáis, concienciar ao resto da sociedade da actual situación do xornalismo. Discrepo contigo no tema de comezar no “mundiño”, penso que de non esixir uns mínimos, estamos axudando a menospreciar a profesión. O primeiro é ter en conta onde se publicaría o noso traballo: de facerse nunha plataforma coma Sphera Sports, por exemplo, a facelo para u xornal coma o Correo Gallego. O primeiro é unha plataforma online que non xera beneficios mentres que o segundo é unha empresa que utilizará o que ti escribas para facer negocio con ela.Ademais, se nós non damos valor ao que estamos a facer, ninguén o vai facer. Colaboraremos deste xeito a un fenómeno social extendido de infravalorar as carreiras de letras, da que a nosa é un exemplo. Gustaríame que botaras unha ollada a este artigo que denuncia precisamente este tipo de ideas http://cultura.elpais.com/cultura/2017/04/21/actualidad/1492782903_418507.html

      Gústame

      1. Entendo o que queres dicir, e as nosas perspectivas non van ser similares pois vemos o feito de entrar no “mundo” de forma diferente. Se eu escribo algo, o que máis ilusion faime é que se publique. O beneficio económico por outra banda e por desgraza, non é de gran valor na nosa profesión e moito menos sen ter a carreira terminada. Ademais, para nada penso que isto favoreza a que a nosa profesión teña unha mala imaxe. En cambio, o que si que vexo nesta cuestión como un factor de peso, son os programas e xornalistas da prensa rosa, que só xeran danos a terceiros: Estar sentados nun estudio, criticando, comendo, sen respectar unha actividade tan importante como é o xornalismo. O curioso? os seus grandes niveis de audiencia. Tal vez quen diga que a nosa carreira é de parvos, é porque só limitáronse a ver programas deste tipo…

        Gústame

      2. Boas noites Lucía,
        Non podo estar máis de acordo coas túas críticas á “telebasura” ,pero para min o problema aí é da audiencia non dos que fan o programa. Se os programas non acadarán as incribles audiencias que acadan, non seguirían en antena. A televisión converteuse, se é que algún día non o foi, nun auténtico negocio. As cadeas emiten os programas que saben que van asegurarlles audiencia: a maior audiencia, maiores beneficios. Xa hai anos que falamos de “telebasura” e que todos a criticamos pero, se observas as seguintes ligazóns, verás que a crítica quédase en palabras que leva o vento, pois a situación en 2017 semella aínda peor ca o que era en 2011. En definitiva, moito falar, pero ao final, a maioría da xente consume o que nega consumir
        http://ecodiario.eleconomista.es/television/noticias/2727396/01/11/La-television-la-telebasura-y-las-audiencias.html
        http://www.periodistadigital.com/periodismo/tv/2017/04/28/los-frikies-de-supervivientes-24-1-se-comen-toda-la-audiencia.shtml

        Gústame

      3. Claro que si. E non só a “Tele basura”, senón tamén os programa de entretemento. É evidentente que a xente consome o que quere, e teñen a opción de escoller un documental a un programa de “cotilleo”.
        Isto lévame a pensar se realmente a sociedade é consciente do que escoita, ve ou le ou simplemente, por tradición e rutina, céntranse en ver eses shows e encasillar a todos os xornalistas no mesmo ambito… Xa me dirás o que opinas. Saúdos!
        https://elespejodelatele.wordpress.com/2016/12/11/la-prensa-rosa-cual-es-el-secreto-de-su-exito/

        Gústame

      4. Boas tardes Lucía
        Exacto, non podemos prohibir tampouco á xente consumir o que quere. O que debemos facer é contido informativo e cultural que sexa atractivo para o espectdor/lector. Copiar determinados mecanismos que levan á prensa rosa por exemplo,ao éxito. Pero repito, para un consumo responsable é preciso unha producción de contidos tamén responsable e comprometida por parte tanto de xornalistas coma de traballadores no sector audiovisual.
        Saúdos

        Gústame

  5. Antes de todo, Carlos, me gustaría felicitarte tanto a ti como a tu grupo por la originalidad y trabajo que hay tras este decálogo. El post da muchas claves de lo que podría ser un código deontológico contra la precariedad. Sin embargo, y a pesar de que el análisis acierta prácticamente en todo, creo que las soluciones, en muchos casos, no están en manos de los propios periodistas, lo que dificultaría enormemente el que se pudiera llevar a buen puerto este trabajo.
    Al respecto de la importancia que tienen los propios comités de empresa, para bien o para mal, traigo este artículo de El Mundo, donde se explica con gran claridad, como se produjo la , ya famosa, liquidación de Canal Nou y RTVV, con la complicidad del 70% de los trabajadores http://www.elmundo.es/comunidad-valenciana/2014/03/22/532de6a6e2704e273d8b4576.html. Por ello, y como muy bien expones en el post, la clave está en hacer ver a los comités de empresa como aliados, y así vayan ganando fuerza en un sector como el de los medios de comunicación; el cual rara vez se ha caracterizado por la solidaridad y la lucha sindical.

    Gústame

    1. Ola Diego,
      En primeiro lugar, grazas tanto polo comentario como pola túa valoración do post. O noso obxectivo era crear unha ferramenta útil para os xornalistas e alégrame que lle vexas a utilidade. Tes razón Diego, ao afirmar que a solucións non está totalmente en mans dos xornalistas, desgraciadamente, senón sería todo moito máis sinxelo. Este é o resultado, na meirande parte dos casos, dunha mala xestión económica por parte dos directivos dos grandes grupos de prensa do noso país. A consecuencia deste problema é a venda de parte destes grupos a entidades como BBVA ou Santander, o que leva a un maior número de intereses creados dentro do xornal, que xerará unha maior dependencia de factores externos ao xornalismo, como sinala a seguinte ligazón: http://www.periodistadigital.com/opinion/columnistas/2017/03/31/periodicos-de-papel-2017-ocaso-a-pesar-del-olor-a-tinta-fresca.shtml .

      Liked by 1 person

      1. Sin duda alguna, comparto totalmente tu diagnóstico sobre la propiedad de los medios de comunicación y los factores externos (económicos, ideológicos etc) que se entrelazan a la hora de decidir la agenda informativa. Abarcando un poco más este tema, me gustaría compartir contigo una web (que probablemente conozcas) como es CTXT, la cual apuesta por el crowdfunding de los propios suscriptores y lectores de la publicación para sostenerse en la “jungla” de los mass media: http://ctxt.es/.
        A esta disyuntiva, se enfrenta a día de hoy el periodismo, el cual, bajo mi punto de vista, por culpa de estos factores externos, se podría dividir en medios generalistas, que llegan al grueso de la población y cuyas informaciones están impregnadas de sensacionalismo e intereses hegemónicos; mientras que por otro lado, encontraríamos medios como el mencionado CTXT, que se sufraga mediante los propios suscriptores, pero que también tiene el peligro de caer en una información sesgada hacia los intereses de los lectores, lo que podría llegar a desembocar, incluso, en falta de honestidad hacia el ejercicio

        Gústame

      2. Falar de CTXT abre un novo debate bastante interesante. O de pagar por contidos. Nestes días que vivimos estase a poñer de moda o pagar polos contidos que queres, abandonando así a cultura do gratis. Plataformas como Netflix, fixeron baixar por primeira vez en máis dunha década as descargas ilegais. No fondo, todos estamos a favor de pagar si o que nos ofrecen é un produto de calidade. Outro exemplo, máis próximo ao do xornalismo é o da revista Panenka http://www.panenka.org/ que oferta unha visión máis ampla do fútbol, tocando os ámbitos da política e da cultura, nunha revista innovadora tamén en imaxe. Quizá aí estea o futuro, en pagar por todo, pero sabendo que aquilo polo que pagas será de calidade e valerá o desembolso económico. Só o tempo e aos comportamentos desta imprevisible sociedade acadarán o resultado.

        Gústame

  6. Boas Carlos!
    Parécenme moi interesantes tanto este decálogo coma os feitos que o motivan. Supoño que sería tema para outro post, pero gustaríame resaltar os eidos aos que pertencen as máis das ofertas de emprego non remunerado: ao da información e ao da imaxe e o deseño principalmente. Gustaríame saber se os mesmos empregadores chamarían a un dentista para traballar gratis se no canto dun xornal tivesen unha clínica…
    Por outra banda, tamén me parecería digna de estudo a competitividade en profesións que están sendo tan acribilladas ultimamente. As veces ( pese a que desde fora o poñan difícil) se fai incluso máis dano a unha profesión desde dentro. Que os xornalistas, tan (de)pendentes da palabra, non esquezades nunca o verdadeiro significado do termo “compañeir@”

    Liked by 1 person

    1. Boas Olaya!
      En primeiro lugar grazas polo teu comentario. O exemplo que utilizas do dentista paréceme moi axeitado. Eu penso que tanto o xornalismo coma os bens citados deseñadores, comunicadores audiovisuais ou publicistas, merecen o mesmo respecto e recoñecemento que calquera outra carreira. Non creo que a ninguén se lle ocorrerá chamar a un dentista, por moi recién saído da facultade que estivera, para traballar de balde.
      Respecto ao compañerismo, é u serio problema na profesión. Moita xente ve a súa profesión coma una competición na que ten que gañar ao que está ao seu lado. As cousas non son así, sen unha maior unión entre traballadores, non acadaremos avance algún. Precisamente, sobre esta falta de compañerismo podes atopar algún exemplo na seguinte ligazón https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/03/24/unha-accion-fronte-ao-silencio/ .

      Gústame

  7. Bo día, Carlos:
    Neste código deontolóxico contra a precariedade eu engadiría un punto referido especificamente ás e os xornalistas en prácticas: o dereito a recibir unha titorización adecuada por parte dalgunha persoa que forme parte do cadro de persoal da/s empresa/s na que realicedes a/s vosa/s formación/s. É case utópico nos tempos que corren, pero coido que é preciso reivindicalo.

    Sobre a remuneración do persoal en prácticas, se realmente existise tal titorización, podería chegar a entender que para certos niveis non existise unha remuneración como tal, senón unha pequena axuda para transporte ou manutención como existen para as formacións en centro de traballo dos ciclos de FP. Quero dicir que non é o mesmo facer prácticas cando estás en primeiro de carreira (eu nese nivel fíxenas de balde nunha radio e asegúroche que era máis un traballo engadido para xs compañeirxs que man de obra barata) que nos últimos cursos ou acabada de licenciar, cando con doses extra de esforzo podes sacar adiante o traballo en ocasións igual de ben que redactores e redactoras con máis experiencia, polo menos o traballo cotián de menor complexidade. Neste último caso coido que hai que esixir unha remuneración, e tamén que continúe esa orientación-titorización, porque non só se aprende observando.

    Ben, insisto, isto é a situación que debera ser ideal. Pero como o que ides atopar en case o 100% dos casos son propostas para que fagades prácticas traballando arreo como redactoras/es con experiencia e resolvendo pola vosa conta os problemas que vos atopedes, subscribo sen matices o punto primeiro deste código deontolóxico.

    Saúdos e bo final de curso!
    Iolanda

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s