Colaboración: A miña cidade

Compostela é una cidade con moitas caras. Está a universitaria, coa súa  excepcional USC, os colexios maiores, as instalacións deportivas e os seus equipos. Cada curso saen patentes, proxectos premiados e empresas de investigación que reflicten o seu nivel en I +D +i.

Temos a cidade verde e medioambiental con todos os seus parques e sendas  para camiñar. Está a cidade monumental onde a historia vese en cada pedra dos edificios, igrexas e rúas. A parte empresarial e industrial nos polígonos do Tambre e de Costa Vella. Tamén a cultural cos museos, teatro, auditorio, banda de música e a Real Filarmonía. A turística como fin do Camiño de Santiago.

Pero o máis importante é que é unha cidade onde se vive o día a día con colexios, comercios, supermercados, tendas e casas para a veciñanza. Por iso debe seguir un camiño cara a mellorar o transporte,  facer unha política de emprego e de vivenda que permita que a mocidade se quede na cidade e non se traslade a outros concellos porque alí é mais barata a vivenda.

Queremos unha cidade viva, non un parque monotemático como remate do Camiño de Santiago, cheo de tendas de recordos na que ao pechar esas tendas quede unha cidade morta como cando se pechan as portas dos museos.

Queremos unha cidade orgullosa do seu e na que os cidadáns se sintan parte dela. Fai falta recorrer un camiño a medio prazo e ter un proxecto de futuro claro para poder chegar a ese fin onde se melloren os servizos públicos, as comunicacións, a xestión medioambiental e a xeración de proxectos industriais que dean emprego e xeren riqueza para o municipio.

Tamén unha posta en valor da parte rural de Santiago que é moita e moi variada para un maior coñecemento por parte da cidadanía compostelá.

AUTORA

“TESI” BARRAL AMEIGEIRAS, presidenta da AV As Brañas de Andrés, Santiago de Compostela.

Tesi Barral

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s