Colaboración: As dúas vertentes da migración

A emigración en Galicia durante o século XX podía dicirse que era algo totalmente cotiá. A maioría da poboación se viu na obrigación de marchar é iso non foi ningún segredo. Con isto, hai persoas que tenden a considerar que a migración foi proveitosa para a cidadanía e pola contra outras que tenden a pensar que foi mala, posto que ninguén marchou porque que quixera, se non simplemente porque “non lles quedou outra.”

Na miña opinión, marcada polas experiencias que coñezo, a emigración pode ser comprendida desde dúas vertentes. Por un lado os bós recordos e vivencias que conservan os retornados dos países que os recibiron, e por outro lado problemas que xurdiron derivados da migración, como por exemplo os casos de racismo.

Os meus avós emigraron a Uruguay. Como a gran maoría de persoas que durante o transcurso do século XX marcharon a diversos lugares de sudamérica recibiron unha acollida estupenda, sentironse como en casa, non recibiron ningunha discriminación que si recibiran noutros lugares de España, podería dicirse que estiveron moi felices. Hasta o punto de que despois de oito anos vivindo en Montevideo, decidiron regresar posto que ela estaba embarazada e querían que o seu fillo nácese en España. Viñan nun barco, a miña avoa estaba a piques de saír de contas e ambos tomaron a decisión de que se o seu fillo nacía antes de chegar ao seu destino poñerianlle de nome Uruguay.

A pesar de isto, que deixa claro o amor que desarrollaron por esta terra de acollida, non todo foi tan bonito. A miña avóa traballaba como asistenta para unha familia de xudeus, e desgraciadamente non recibiu un bo trato por parte deles, chegou a dicir que “a explotaban”, durante todo o tempo que traballou para eles, que foron tres largos anos custaballe bastante ver con bós ollos o país no que residían naquel momento. Sen embargo cando atopou outro emprego no cal estaba a diario con persoas uruguaias de nacemento deixou de culpar a todo o país posto que, neste caso a relación foi completamente oposta. Isto provocou que xurdira nela un gran antisemitismo, xerado problemente tamén por un extendido descoñecemento de culturas alleas e quizais incluso a tendencia que existía, e que lamentablemente aínda existe nalgúns casos, a xeneralizar nun colectivo completo o comportamento de un dos integrantes co que tomaches contacto.

O meu avó correu unha sorte completamente distinta, atopou traballo de pizzeiro e asegura que nunca lle trataron tan ben nun emprego como alí. Estas situacións penso que son claras referencias ás vertentes das que falaba. Para unha persoa emigrar pode traer consecuencias moi distintas, ás veces moi boas e outras pola contra considerablemente malas, que como no caso relatado, non so traen malos recordos senon tamén provocan unhas crenzas equivocadas que levan cara a desigualdade.

Por outra banda, considero que á hora de falar dos emigrantes retornados, e do xeralmente ben que falan dos seus anos fora hai que ter en conta moitas cuestións ademais das suas propias viviencias. Por exemplo a situación política e social que estaba tendo lugar nesos momentos e nos distintos territorios que tiveron máis afluencia de galegos emigrados, que principalmente foron gran parte de Europa e Sudamérica.

Quizais o primeiro punto a destacar é que daquela tiñan moitas máis facilidades, por extraño que pareza, das que temos actualmente. Non so por razóns puramente burocráticas, dado que en ocasións marchaban xa con contrato de traballo, se non polo simple feito que non eran considerados terroristas e non eran perseguidos por razóns infundadas. Polo xeral recibían un trato tolerante, por non dicir amigable. Cando agora, tendemos a estigmatizar a inmigrantes , en terroristas, ladróns, ou simples maleantes, segundo a súa procedencia, a parece que non existe a posibilidade de que exista unha persoa que non teña esas características.

Todo isto tal vez sirva para realizar unha profunda reflexión sobre hasta que punto o comportamento actual é axeitado. Aínda que isto non signifique que no século pasado fose perfecto, ou nin sequera mellor como xa se viu. Pero si que se podería tomar todo como exemplo, tanto do malo coma do bo para, cando menos, comezar a avanzar cara unha igualdade, e cara a axuda a apoio aos inmigrantes da misma forma que nos gustaría obtener este trato se tiveramos que emigrar.

Escrito por Carlos M. Rodríguez Botana, neto de emigrantes retornados.

 carolus

Advertisements

4 comentarios en “Colaboración: As dúas vertentes da migración

  1. O que di Carlos neste post é totalmente certo. Ninguén marchaba da casa gusto. Nunha terra desfeita pola fame, a miseria e máis tarde pola guerra e dictadura, moitos homes e mulleres non tiveron outra opción que a de deixar os seus fogares e buscarse a vida noutro páis, e moitas veces, noutro continente tamén.
    Por outra banda, creo que os seus avos, dentro das súas circunstacias, tiveron sorte. Se ben todos temos na mente a figura do indiano, ese home gordo e vestido de branco e con sombreiro que voltaba á terra cheo de cartos e construía unha fermosa casa inspirada nas que recordaba na súa viaxe por Suramérica, tamén está no noso maxín outra imaxe, a dunha persoa fraca, enferma e moribunda que vendeu todo o que tiña nas terras do Sur para poder voltar xunto á sua familia, ainda que fose para morrer xunto a eles. A emigración foi un dos temas mási importantes das primeiras décadas do século XX, tratado por autores como Castelao, que o convertiu nunha das súas principais temáticas. Aquí deixo un fragmento de Sempre en Galiza, onde Castelao expresa a súa forma de ver este fenómeno http://emigracion.xunta.gal/files/biografias_fich/11892_doc18006.pdf
    Como se pode ver, a emigración, como todo na vida, tiña dúas caras, pero ás persoas non lles importaba, ou non tiñan outra opción, que arriscar todo o que tiñan para poder ter a posibilidade dunha vida mellor.

    Gústame

    1. Moi interesante o que dis Jesús. Con respecto á túa afirmación, Carlos sostén que máis ben non tiñan outra opción, como ben afirmas o país estaba sembrado pola fame e a pobreza, e atopar un traballo digno era unha odisea, por isto a conclusión remataba a miúdo, por ser a marcha en busca dunha situación máis favorecedora.

      Castelao e un dos moitos escritores e artistas galegos que introduciron este tema nas súas obras de arte, posto que este foi un problema que afectou a toda á poboación e que foi moi resaltado, especialmente por artistas galegos que senten saudade e morriña pola súa terra como o resto dos cidadáns. Aquí te deixo un enlace de Crónicas de Emigración sobre Mauel Rodríguez López, poeta e emigrante galego: http://www.cronicasdelaemigracion.com/articulo/galicia/muestra-manuel-rodriguez-lopez-emigrante-galego-poeta-obreiro-llega-casa-galicia-madrid/20150305143433064718.html

      Gústame

      1. Eran tempos moi difíciles para os galegos e a falta de traballo facía que moitos tiveran que emigrar. Unha das causas desta viaxe forzosa moitas veces era a separación das familias. Moitas veces era o home o que marchaba xa que a viaxe era cara e non se podían permitir irse todos, polo que a muller quedaba cos fillos esperando a que o marido volvese, qeudando nunha situación de sesamparo e inseguridade.
        Outra consecuencia, contraria a esta, é cando marcha unha parella e crían a familia alí. Os fillos síntense do país onde naceron, pero os pais seguen sentíndose galegos, polo que as veces volven, xa de maiores, é atópanse sós nunha terra que xa non coñecen. Existen casos e casos de emigración, que pensas ti de isto, Sara?

        Gústame

  2. Desde logo hai casos moi dispares de emigrantes, cada un con distintas consecuencias. Por unha banda como dis estan os casos do home que marcha, e queda a muller cos fillos, isto moitas veces provocaba un gran distanciamento das familias, xa que en numerosas ocasións cando emigrabas sabías cando marchabas pero non cando ías volver. E por outro lado estan as familias que marchaban xuntas, como por exemplo os avós de Carlos, que marcharon xuntos, cando ían ter un fillo decidiron volver para formar a familia no seu país de orixe, e efectivamente como ti afirmas, atoparonse cun lugar completamente cambiado, e soprendemente cunha acollida peor da que tiveran en Uruguay, o seu país receptor. Isto fai reflexionar sobre o trato recibido a miúdo no exterior, e recibido no propio país que as veces era moito máis distante, levando as persoas a desarrollar un maior cariño polo extranxeiro. Estas de acordo con isto, Jesús?

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s