Colaboración: Camiños escolares na Pontepedriña

A Asociación de Veciños Pontepedriña, preocupada polos nenos e nenasdo barrio,  levou a cabo un traballo conxunto con outras entidades  para dar a coñecer as deficiencias máis graves atopadas nas rutas propostas para a posta en marcha dos camiños escolares no CEIP Ramón Cabanillas, facendo un percorrido visual pola mesma e pondo de manifesto as suxestións achegadas polas diferentes asociacións que participan neste proxecto.

Dito traballo está recollido nun documento elaborado en Santiago de Compostela, no mes de maio de 2016, coa colaboración de:  CEIP Ramón Cabanillas, ANPA CEIP Ramón Cabanillas,  ANPA IES Pontepedriña, Asociación de Veciños SandraPrego, Asociación de Veciños do Sar, Plataforma Queremos unha Compostela sen Barreiras, e a Asociación de Veciños de Pontepedriña.

Participamos neste traballo porque queremos darlles os nosos nenos e nenas a oportunidade de desenvolver as súas capacidades físicas e mentais camiñando ata a escola (exercicio físico, falar con outros rapaces, estar en contacto co medio, etc.). Estas rutas escolares teñen como obxectivo final que os rapaces acudan sós á escola, e a partires de aí, a outros lugares; aínda que sabemos que para chegar a esa meta teremos que ir superando chanzos.

Entendemos que os pequenos son o lique do medio urbano: a súa presenza nas rúas, fálanos dunha contorna amigable, saudable, accesible. A súa ausencia fálanos de tráfico agresivo, trabas para as persoas con dificultades de mobilidade, de audición ou visión…. Se facemos o posible para que os nenos e nenas tomen as rúas, estaremos a facelo para que as tomen tamén os seus avós, as persoas que necesitan cadeira de rodas… .

Para que os pequenos poidan gozar da rúa teremos que enfrontar dificultades materiais e dificultades de control social:

Por un lado, hai zonas da cidade, ás veces rúas específicas, que requiren dunha actuación do concello para pacificar ou diminuír o tráfico, impedir a invasión das beirarrúas por parte dos coches ou sinalizar de maneira clara e redundante a presenza de nenos (e peóns en xeral). Por outra banda, é necesario tranquilizar as familias e analizar con elas cales son riscos reais e cales chegamos a asimilar como reais por efecto do medio.

No documento analizamos as rutas actuais e alternativas, destacando  as seguintes puntos a mellorar:

  • Sinalización adecuadada contorna do centro escolar, onde se debe reforzar ao máximo a sinalización de advertencia da presenza de nenosnos tramos de tráfico mais próximos
  • Posible corte no  tráfico: ou ben de maneira definitiva ou ben á hora de entrada e saída á escola. Serán as autoridades competentes as que determinen a mellor maneira de resolver este aspecto facendo un estudo do tráfico e propoñendo alternativas tanto á circulación coma ao estacionamento dos vehículos afectados.
  • Eliminación das barreiras arquitectónicas que existen nas inmediacións do colexio, co agravante de que se trata de unha zona de recente urbanización; e facendo fincapé na necesidade de que calquera actuación se faga utilizando adecuadamente o criterio de ACCESIBILIDADE UNIVERSAL.
  • Integración  do sendeiro peonil polas Brañas do Sar nunha variante para a temporada sen chuvias. Este sendeiro recénestreado, e que nos parece tan atractivo por estar en contacto coa natureza e alonxada do tráfico, presenta tamén algúns aspectos que deberían ser corrixidos.

Pensamos que o Concello ten un papel fundamental neste cambio e por iso solicitamos a súa colaboración activa tanto na intervención física e/ou legal nas rúas como no apoio (a través da policía e outros actores) nas accións destinadas a tranquilizar as familias e animalas a participar neste ilusionante cambio.

AUTORA

MARIÉN DELGADO MARTÍNEZ, presidenta da AV Pontepedriña.

Marién.PNG

 

Advertisements

4 comentarios en “Colaboración: Camiños escolares na Pontepedriña

  1. Interesante e necesaria proposta. No noso último post, falamos xustamente do imprescindible que resulta crear unha cidade para os máis cativos (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/04/20/as-persoas-primeiro/) . A situación actual dos camiños que chegan ós colexios urbanos de Santiago impide que pais e nais deixen ir andando ós seus rapaces. Isto implica na maioría dos casos o uso do vehículo privado para levar e ir a buscar ós nenos ó colexio. Ademais de cargar as rúas máis próximas de tráfico e perigo para os peóns, están dando un exemplo ós seus fillos que non queremos nun futuro. O interés por mellorar estas cuestións debe chegar tanto das administracións como dos pais e nais. O famoso “Colecamiños” foi un fracaso que non se pode repetir http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/10/18/plan-colecaminos-estrella-falta-interes-padres/0003_201610S18C5991.htm

    Liked by 1 person

    1. Alédame saber que tratades este tema Anaïs! Sen dúbida, Marién pon enriba da mesa un tema de enorme interese cando falamos de modelo de cidade e de mobilidade. Algo tan simple como o camiño dos cativos á escola define o que tipo de cidade se está a construír. Verdadeiramente interesante a vosa publicación, na que incorporades a perspectiva de Francesco Tonucci, que non só pensa unha cidade para os cativos, senón unha cidade na que os cativos contan en todos os eidos (http://www.farodevigo.es/galicia/2017/04/23/francesco-tonucci-propuestas-ninos-son/1665518.html).

      Se o Colecamiños (unha iniciativa a priori orientada neste senso) fracasou, parece que por falta de implicación dos pais dos cativos, que alternativas podemos pór enriba da mesa?

      Agardo a túa resposta!

      Gústame

      1. Unha alternativa que se pode aplicar é a educación. Con educación refírome tanto á dos colexios coma a recibida na casa. Debemos facerlles ver ós máis novos o insostenible que resulta o noso modo de vida e que eles son os que van heredar o que hacemos nós hoxe. Temos que conseguir que os nenos e as nenas queiran ir andando ó colexio cos seus amigos e non en coche (ademais, está demostrado que os alumnos chegan moito máis espabilado se van andando entre outros numerosos beneficios: http://www.granadahoy.com/vivir/camino-cole-BecologicoB_0_1128187224.html ), temos que conseguir que eles saiban que non está ben que os deixen diante da porta do colexio se eles poden ir andando sen perigo algún.

        Temos que educar os máis novos cara un futuro sostible. Un dos problemas que podemos atopar aquí é a negativa dos pais a educar así ós seus fillos, polo que tamén é necesario que eduquemos ó conxunto da cidadadía mediante accións e divulgación mediante os medios de comunicación do que nos espera nun futuro non moi lonxano se non cambiamos os osos costumes abusivos en canto ó vehículo privado.

        Liked by 1 person

      2. Exacto Anaïs! Creo que acertas de cheo ao considerar a educación un piar fundamental para motivar os cambios que precisamos. A policía local vén desenvolvendo dende hai tempo diversos programas sobre a eduación vial (http://policialocal.santiagodecompostela.gal/info.php?sec=14&idioma=es) que resultaron efectivos e que contribúen a mudar a mentalidade de cativos e pais. Creo que esa liña estratéxica é a axeitada, tamén neste tema.

        Como mencionas, un dos maiores problemas, en moitas ocasións, non é o dos cativos, senón o dos pais e nais que non se amosan dispostos a deixar de levar os seus fillos ata a porta do colexio no seu coche particular. Como podemos mudar a súa perspectiva? Está claro que o intentado ata o de agora non funcionou e que habería que abrir novas vías de actuación.

        Agardo a túa resposta!

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s