Colaboración: SDC, son desta cidade

Fago a miña vida nesta cidade. Santiago é o lugar no que estudo, no que practico deporte e no que cal coñecín a maioría das miñas amizades. A cidade  gústame, conta con un ambiente moi apropiado para desenvolvernos academicamente: a cantidade de facultades, as bibliotecas… pero creo que neste ámbito sempre se poden mellorar as condicións para que a vida daqueles que serán o futuro sexa o máis doada posible.

O mellor de Santiago é a diversidade: as persoas de aquí, os turistas, os parques, as prazas, os bares… creo que en conxunto a variedade é co que me quedaría da cidade. E por outra banda o peor de Santiago son as rúas e a cantidade de tráfico. Para ser máis concreto, as rúas do ensanche están sempre en constante arranxo, o que dificulta que se poida desfrutar desta parte da cidade, e creo que é unha gran diferenza coa zona vella da mesma. Tamén o tráfico, xa que ás veces custa moitísimo chegar puntual aos lugares de reunión por mor deste factor:  deberían mellorar os transportes públicos.

Hai moitas máis cousas que mellorar, pero sempre dende un punto de vista construtivo e beneficioso para todas as persoas que queremos gozar da cidade. Melloraría, ou gustaría que se intentaran evitar as obras (xa ben sexa de edificios, rúas, etc) moi preto das bibliotecas dado que isto dificulta moito a concentración; melloraría o sistema de autobuses de Santiago, así como habilitaría un maior número de marquesiñas nas paradas nas que, ou ben non hai ningunha, ou nas que hai só unha e o número de persoas que agardan nesa parada é moi elevado.

Se tratamos o tema da participación dos adolescentes nas decisións políticas, considero que se debería fomentar máis, dado que Santiago en canto a poboación é xente nova, que ten ideas innovadoras e emprendedoras, e moitas veces por mor da desinformación ou a falta de involucración por parte dos altos cargos políticos quedan nun segundo plano, desaproveitando oportunidades.

Para concluír, dicir que Santiago para min conta historia; non so do pasado, senón que está a escribir a súa historia cada día, por iso debemos mellorala, non criticala e logo quedar de brazos cruzados, debemos pór o noso grao de area por facer nosa esta cidade que temos.

AUTORA

MARIÑA RODRÍGUEZ ARRIZABALAGAalumna de 1º de Bacharelato Internacional no IES Rosalía de Castro. 

WhatsApp Image 2017-04-20 at 14.59.16

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s