Conclusións da achega ao mundo da ludopatía

 

Tras varios meses de traballo en grupo e cun círculo formado por diferentes membros ou persoas en rehabilitación dentro da asociación AGAJA de Vigo, cada vez estamos máis preto do final da actividade. Porén, non queremos que isto agora pase ao esquecemento e as nosas vidas continúen coma se fose un traballo máis. Crear conciencia sobre algo é un proceso longo, pero sen dúbida esencial.

Establecer os contactos e crear xornalismo co mundo da ludopatía non foi sinxelo xa que é un problema que aínda que afecta a milleiros de persoas, continúa sendo un tabú para moitos. A principal traba desta enfermidade é que vivimos nunha sociedade que non chega a aceptala como tal, ben polo mal tratamento que se lle fai nos medios, pola falta de información no eido cidadán ou porque o Estado conta con fortes intereses económicos de fondo. Por todos estes motivos, é polo que decidimos embarcarnos nesta aventura para coñecer moito máis a fondo o mundo do xogo e poder mostralo ao mundo mediante palabras e accións.

Grazas a Juan Lamas, presidente da asociación co cal un dos nosos membros xa contactara noutra ocasión para un tema externo, puidemos acudir en dúas ocasións a Vigo para realizar as reunións pertinentes no local onde se realizan as rehabilitacións e que eles nos cederon. As impresións das dúas xuntanzas foron boas: o noso círculo non mostrou ningún tipo de traba á hora de falar e de expresar as súas inquedanzas. Cabe destacar que máis aló desa relación de traballo, o clima e o ambiente chegaron a deixar un pouco de lado a formalidade do asunto, para coñecer ás persoas implicadas. Pois ben, máis aló do tema da enfermidade, estamos tratando con persoas, polo que as relacións humanas son fundamentais para traballar en temas sociais. Entre todos acadamos un clima harmonioso que facilitaba a palabra a todos os membros.

Outra das vantaxes destas reunións foi a facilidade para  a comprensión mutua dos problemas. Mentres que a información que está ao noso alcance, en diarios e informativos de televisión, non perecen ter interés en abordar temáticas como a rehabilitación dos afectados. O círculo axudounos a comprender en que situacións se encontran os seus membros, así como en que consiste a terapia a que acoden en AGAJA. Isto da unha sensación de estar escollendo a fonte correcta para a información e débese a que existe un interés mutuo porque estas opinións e vivencias se coñezan sen especular, sen máis finalidade que a de informar.

Agradecemos á asociación viguesa o trato e a dispoñibilidade que nos ofreceu e sobre todo a axuda á hora de ler e difundir as nosas publicacións nas redes. O propio director de AGAJA, Juan Lamas, compartiu as nosas publicacións no facebook oficial da asociación, facendo aportacións relacionadas con temas cos que traballa habitualmente. Non só el, si non que tamén Carlos aportou o seu gran de area na expansión dos posts a través da mesma rede social, ademáis de entrar no blog e deixar comentarios dende a súa perspectiva como enfermo en rehabilitación.

Toda a información que quitamos en limpo das reunións co círculo plasmámola nas diferentes publicacións que a súa vez foron lidas polos propios membros, pero non só isto é importante senón que tamén nos interesa saber as sensacións que lle transmitimos a eles e que opinan sobre a nosa labor e por suposto que utilidade ten para eles o noso traballo. Carlos, membro do grupo, valora que ademais de plasmar a información recollida souberamos transmitir sentimentos, e sobre todo agradece que escribiramos sen prexuízos e dende o respeto. Tamén nos fixo saber que charlar con nos supuxo para el coñecerse mellor. Como pequena crítica díxonos que notaba una falta de maior información sobre o que é a enfermidade en si, pero que en definitiva os encontros lle resultaron de gran utilidade.

Nicolás, compoñente do círculo, explicounos que os dous encontros que tivo con noso grupo foron moi positivos, xa que dende a súa opinión sentiuse cómodo á hora de falarnos da súa experiencia e mostrarnos a súa opinión sobre a ludopatía e o tratamento desta nos medios de comunicación. Ademais, considera que tratamos o tema con respecto e que amosamos interese no que nos contaban. Nicolás está de acordo con Carlos en que nos faltaba algo de información sobre a enfermidade, pero que nas dúas reunións aportamos moita información e noticias que lle serviron de gran axuda. Un periodismo real e profesional, con un bo trato e sendo cercanos foi como definiu Pablo a súa sensación das nosas reunións.

 

Un traballo que busca un xornalismo diferente

Dende o principio fixemos un traballo intenso de investigación para encontrar diferentes noticias sobre a ludopatía nos medios. Atopamos reportaxes, pequenas noticias, algunha portada de revista, pero nunha cousa coincidían case todas: o enfoque sensacionalista. Os membros do grupo deixaron bastante claro nos nosos encontros que non era iso que querían ver nos medios. Non querían verse reflexados desta forma. Os titulares sempre buscaban o impacto e o morbo, de forma que os enfermos se senten coma unha mercancía, un obxecto, como nos contou Carlos Besada. Relatou a súa experiencia coma entrevistado nun especial sobre a ludopatía dentro do programa “Mañanas de La 1” en RTVE. Dixo que as preguntas sempre eran orientadas a sacar o lado máis oscuro das súas vivencias. Carlos chegou ás lágrimas durante a grabación da entrevista e pediu que esa parte non se emitira. Pasou todo o contrario: ese momento foi ao ar con destaque.

Sen dúbida o contacto cos membros e as súas experiencias, a súa entrega e a súa xenerosidade marcáronnos como persoas e como profesionais. A forma na que se sinceraban en cada reunión fíxonos abrir a mente para os grandes problemas sociais. Cabe agora non esquecer do impacto dos seus relatos e intentar facer un xornalismo diferente, máis implicado e responsable coas causas sociais.

Aínda que resentidos pola forma coma os medios reflexan o seu problema, os membros do grupo recoñeceran que os mesmos necesitan vender xornais, captar a atención dos espectadores mentres fan zapping e superar a cadea que lle fai competencia. É o seu pan de cada día. Eles dixeron que son conscientes que vivimos nunha sociedade que se organiza en base ós números e os indicadores de produtividade e ventas son máis importantes que todo. Un bo reportaxe se non vende chega a pouca xente e a súa mensaxe, por moi importante que sexa, perde sentido, dixeron eles.

Pero como atender as necesidades comerciais dos medios e ser comprometido ao mesmo tempo? Sen dúbida ese é o gran desafío do xornalista, ao que se enfrenta a diario: atender á liña editorial do medio no cal traballa e seguir a súa conciencia e o que ela din que ten que facer. Os intereses económicos dos gobernos á hora de recadar impostos e dos medios de comunicación á hora de vender o contido parecen estar por diante sempre, son coma un muro imposible de traspasar. Todos queremos un mundo máis xusto, revelar grandes causas sociais e contar historias que conmovan. Pero na maioría das veces os relatos xornalísticos só conmoven pero non “moven”. Temos que ser capaces de provocar movemento, provocar cambios, un chamamento á acción no lector. Hai que ser flexibles, innovadores e creativos para atender ós medios e conseguir pasar unha boa mensaxe ó lector, aínda que sexa entreliñas.

Tal coma reflexionamos nos laboratorios de clases prácticas para facer un xornalismo comprometido hai que pasar do mero contacto ás relacións. Hai que pasar dos contactos ás relacións, das relacións ás accións, das accións á política. Esa é a secuencia que hai que cumprir se queremos facer un xornalismo crítico. Ao profundizar coas fontes e as causas somos afectados e acabamos por transferir eses sentimentos ó relato, aínda que esteamos atados á liña editorial do medio no cal traballamos. Sí que se pode adoptar unha linguaxe de acción para mobilizar, xerar movemento, mesmo que entreliñas. Pero primeiro hai que profundar, facer relacións de verdade, deixarse afectar. Hai que buscar relatos verdadeiros e non titulares que un xa imaxina que van ser chamativos. Así faremos xornalismo, faremos política, faremos un discurso.

 

A nosa acción ao círculo

Coñecer a persoas ludópatas é a mellor forma de aprender sobre ludopatía. Deste xeito, eles fixeron posible que nós puidésemos implicarnos na causa. De calquera xeito, pretendemos que a gratificación sexa recíproca e é por isto que decidimos emprender unha acción que a eles lles aporte algo tanto persoal como socialmente.

Dende un primeiro momento, algúns membros en rehabilitación ou xa rehabilitados, comentáronnos que unha das mellores accións que podiamos levar a cabo con eles xa a estabamos a facer. As reunións e as tertulias connosco fanlle máis sinxelo o problema, porque falar sempre é a mellor terapia. Pero nós buscabamos facer a maiores, algo diferente, polo que elaboramos un decálogo sobre dez pautas básicas para tratar a ludopatía nos medios, posto que todos os membros do círculo coincidían en que era necesaria unha modificación na forma de tratar o problema do xogo públicamente.

Respetar a voluntade das persoas afectadas, non caer no morbo para crear un aumento de audiencias ou contrastar fontes para tomar diferentes testemuñas á hora de elaborar pezas informativas, son as primeiras normas que quixemos salientar. A esto sumamos a necesidade de corroborar datos estadísticos, así como explicar desde diferentes perspectivas, non caer en expresións e denominacións xeneralistas que non representen un problema social (como pode ser loco ou demente) e buscar dar un enfoque destinado á comprensión da situación da enfermidade e da súa terapia. Para finalizar pensamos que era importante destacar o papel das familias e achegados aos afectados, fomentar a necesidade de disminuír o número de xogadores adictos e concienciar á sociedade de todos os riscos que conleva esta adicción.

Advertisements

2 comentarios en “Conclusións da achega ao mundo da ludopatía

  1. o mais sincero agradecemento a vosa labora no meu nome e en nome das personas afectads por esta enfermedade,que teñades bo vaixe laboral e que a sociedade non vos arrinque as vosas visions e inquedanzas.
    Remato invitandovos a vir cando queirades a parlar un rato e camiñar xuntos ,desde as nosos posicions,por unha sociedade mais ceibe e con mais saude.
    Bicos a elas,apertas a eles.

    Liked by 4 people

    1. Moitas grazas a ti Juan! Sen a túa colaboración e a dos contactos que nos propocionaches nada disto houbese sido posible. Esperamos que haxa servido de algo a nosa labor con vós e que vos axades sentido o máis cómodos posible. Unha aperta!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s