Conclusións sobre a Externalización Audiovisual

               Tras varios meses de traballo cerca dos grupos, gravando as súas reunións para darlle unha maior visibilidade no eido do blogue, para que os membros dos Círculos de Lectura Crítica vesen os resultados e por si algunha persoa allea quería colaborar e non sabía como , é hora de facer un balance de todo o traballo feito. Tanto os grupos cos que traballamos como cos que non fixeron unha valoración curta e sincera sobre o traballo desenvolto polo noso grupo de Externalización Audiovisual.

                Desafiuzamentos e desigualdades: dende o noso punto de vista parécenos que fixestes un bo traballo amosando como se levan a cabo as reunións cos Círculos e e como traballan os GT. É interesante ver non só o que se fai diante das cámaras senón todo o que ocorre detrás. Creemos que fai que os lectores do blogue con isto se sintan máis próximos ao traballo realizado por nós e coñezan de xeito máis detallado como realizamos as distintas actividades.       

                Saúde mental: O voso grupo foi un dos máis cercanos a todos os nosos membros. Fixestes unha boa labor tanto á hora de gravar como á de colaborar con nós. Tivestes unha boa relación cos membros do noso círculo de traballo, o que facilitou o achegamento a eles, e fixo máis fluída a conversa. Nada que encomiar ó voso traballo

             Emigración e retorno: Co voso grupo estamos encantados posto que colaborastes asiduamente con nós. Publicastes varios vídeos sobre o noso tema,dándolle voz e visualización.  Ademais,ao asistir as reunións conseguimos material (lease fotos) para as nosas entradas do blogue. Non temos ningunha declaración negativa sobre vós

           Contaminación nos ríos: Un bo traballo, tanto co noso grupo coma co resto. Ao noso grupo gustoulle bastante o vídeo da nosa reunión, e penso que houbo boa comunicación entre nós.

              Muller no eido laboral: Non viñeron a gravar vídeo as nosas reunións. A pesar de que non se cubriu o noso traballo, si que visionamos os vídeos do resto dos GT e gústannos.

              Precariedade laboral no eido do xornalismo: A súa labor para o observatorio foi fundamental debido a que grazas a este grupo móstrase a cara máis realista das reunións cos círculos. Ademais, existe unha boa edición dos vídeos, con diferentes planos e música que os fai moi amenos e fáciles de ver, polo que cremos que existiu un bo traballo pola súa parte.

                Unha pequena crítica ou mellora sería a explicación do proxecto ou traballo que corresponde a dito vídeo, sen que quede como unha simple reunión de persoas para falar sobre un tema. Os vídeos non son memorables, pero quizais o material non se presta moito a iso, xa que contan cos recursos da facultade.

        En xeral fixeron un bo traballo, caracterizado pola boa organización e a profesionalidade. Aínda que sempre se pode mellorar. Con traballos coma o seu, o Observatorio gaña credibilidade e é máis doado difundir os seus contidos.

            Saúde mental – Ludopatía:  A nosa experiencia co grupo de externalización foi boa. A pesar dalgúns problemas á hora de gravar os vídeos, consideramos que o traballo realizado polo grupo foi o correcto e mostraron interese no noso traballo, así como das datas da reunión e os planes que tiñamos para as próximas semanas. A información recompilada polo grupo pensamos que mostra sintetizado a mensaxe principal do tema, polo que estamos contentos co trato que tiveron co noso tema.

            Ademais dos vídeos nos recollíamos nalgúns casos as reunións cos Círculos de Lectura Crítica e noutros as accións realizadas polos grupos de traballo, tamén levamos a cabo unha serie de tres entrevistas con representantes de SEPIU, APS e coa Valedora do Pobo, traballando xunto con tres alumnas que están no programa de Convenio Bilateral.

            No canto de facer unha autoevaluación, nós mesmos opinar sobre o traballo que fixemos, os tres membros do grupo coincidimos en que a clave para que o que fixemos saíse ben foi a compenetración e o compañerismo experimentado dende un primeiro momento; sen esa boa comunicación non houbésemos podido facer todos os vídeos xa que nalgúns momentos solapábanse reunións.

                Conseguimos con certo éxito os obxectivos que tiñamos no momento de comezar este proxecto. Os primeiros vídeos non estaban como nós queríamos que estivesen, tanto dende o punto de vista de imaxe como de son, pero a medida que nos fomos acostumando a empregar os aparatos aportados pola Facultade de Ciencias da Comunicación, fomos mellorando a calidade dos vídeos.

                Pensamos que mostrar a través de vídeos como se desenvolven no seu eido os grupos de traballo é moi necesario, xa que se ve canto esforzo fan para conseguir sacar adiante os seus proxectos . Ademais, o acompañamento audiovisual é algo que dota ao blogue de profesionalidade e chama a atención dos lectores. Algo que non puidemos reflexa ben, ao boa relación que teñen os alumnos cos membros dos Círculos de Lectura Crítica, que facilita as conversas e incluso lle axuda nalgúns casos de xente que está no medio dalgún tipo de tratamento.

                A principal dificultade coa que nós encontramos á hora de realizar o noso traballo foi a dependencia de horarios. Isto é,  como tiñamos que ir gravar reunións, tiñamos que sabelas cun certo tempo de antelación para poder organizarnos e ir ata o lugar, pero como xa afirmamos antes, a boa comunicación cos grupos, co grupo de Axenda e Arquivos e entre nós foi a clave para que isto saíse adiante.

Integrantes do grupo:

Fieiras Ceide S1H1

Guillermo Fonteboa S1H2

Rolán Taboada S1H3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s