LGTBI #UnhaSoaVoz

Esta é a acción final por parte de nós, o grupo encargado de tratar o tema do colectivo LGTBI. Vai dirixida ao propio colectivo porque A nosa intención con esta obra audiovisual é facer un chamamento  á unidade dentro do mesmo . Acordouse coa Asociación Ultreia LGTBI a súa difusión e posterior proxección.

A nosa estratexia durante a desenvolvemento do traballo foi a de descubrir as opresións concretas que sofren os grupos que están detrás das siglas LGTBI. Puxemos especial fincapé nas problemáticas que xorden no seo do colectivo. Como consecuencia, nace  #UnhaSoaVoz.

Advertisements

7 comentarios en “LGTBI #UnhaSoaVoz

  1. Bo día Brais. Primeiramente, gustaríame felicitarte, a ti e a o teu grupo de traballo, polo teu post e polo vídeo resultante. A idea que pretende transmitir, a de constituir unha soa voz dentro dun colectivo cheo de voces diversas e que reclaman o seu espazo, é unha pretensión forte e necesaria. Gustariame, unha vez finalizado o voso traballo, saber que foi, en esencia, o aprendido e antes ignorado sobre este colectivo. Cambiou en algo a vosa perspectiva sobre o colectivo LGTB+? Sodes agora conscientes dalgunha das actitudes perxudiciais que puiderades ter cara o seu tratamento nun pasado? Que é, en esencia, o que vos comprometéchedes a cambiar dende a finalización do proxecto?
    Deixote un vídeo elaborado pola youtuber KoalaRabioso xunto a súa moza, a cantante Naty, pois me parece un xeito natural e desenfadado de dar visibilidade ao lesbianismo.

    Gústame

    1. A miña conclusión persoal principal destes meses de traballo co Círculo foi a adquisición de coñecemento a través das súas experiencias. Eu podo ler moitas noticias, moitos libros ou moitos ensaios sobre LGTBI pero considero que mediante a propia vivencia dos suxeitos oprimidos pódese ter unha visión mellor de toda da problemática que acontece.

      Gústame

      1. Está claro, tal e como puidemos comprobar tódolos grupos de traballo a través das nosas experiencias cos círculos, que a interacción cara a cara cos afectados por unha determinada situación é a principal fonte á que debemos recurrir no noso oficio como xornalistas. Máis centrado no tema no que tanto ti como o teu grupo traballastes ao longo do curso, que consellos ou ámbitos a ter en conta darías ti a futuros xornalistas cando teñan que tratar nos seus medios novas nas que estean implicadas persoas do colectivo LGTB+? (no camiño cara o mantemento de actitudes respectuosas e inclusivas cara a integración e normalización dos membros dese colectivo)

        Gústame

      2. Dende o meu punto de vista subxectivo e na liña do que dixen antes paréceme fundamental un traballo coas fontes real. Servir de altofalante para as súas voces e que a comunicación non sexa simplemente un proceso de arriba cara abaixo senon que se revirta de novo cara unha capa superior. Darlle voz aos que non a teñen.

        Gústame

      3. Coido que esa é a reflexión principal que todos puidemos extraer dos nosos respectivos proxectos: que a voz cantante a deben de levar os afectados por diferentes situacións e condicións, sen interferir nin distorsionar as súas testemuñas e sen apropiarnos da súa loita. Debemos procurar en todo momento ser vieiros da comunicación sen monopolizala, xa que non é a nosa voz a que debe escoitarse. Grazas, de novo, por esta acción tan emotiva, que transmite a idea de sermos altofalantes para a diversidade que existe dentro deste colectivo.

        Gústame

  2. Boas tardes Brais, pareceume moi interesante o teu traballo, e parabéns polo resultado. Existen moitos prexuízos entorno ao tema LGTB e co vídeo e todo o traballo que leva de fondo déixase claro todo o camiño que falta por percorrer para poder acadar unha certa igualdade. Do mesmo xeito, tamén se ve o xermolo dunha xeración que quere loitar polos seus dereitos e os dos menos favorecidos pola sociedade actual, dandolle voz aos que non adoitan falar polos impedimentos que se lles impoñen.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s