Impresións finais dos compoñentes do Círculo sobre o noso traballo

Nos anteriores posts, o noso grupo decidiu tratar o tema da precariedade laboral no xornalismo, falando ademais da situación laboral da muller ou dos problemas que podía traer o feito de ser freelance.

Para conseguir todo tipo de información segundo as nosas temáticas e publicar periodicamente, contactamos con xornalistas con diversas experiencias laborais no mundo da comunicación, para entender mellor por que o noso futuro oficio é tan precario. Satisfeitos co resultado obtido, agora desexamos saber qué opinan eles sobre o que nós fixemos.

Trátase dun tema realmente importante?

Todos os membros do Círculo coincidiron en que o tema elixido resulta verdadeiramente útil para nós, estudantes de Comunicación, que debemos coñecer o panorama xornalístico actual e o difícil que vai resultar para nós atopar un traballo digno como comunicadores. Ademais de que o resto da sociedade pode saber o inestable que é o oficio. Así, ao xornalista Gonzalo Brocos parécelle que “é bo botar unha ollada ós temas laborais da vosa futura profesión e saber como andan as cousas. Son cuestións “colaterais” da profesión, que non deben ser o foco principal pero tampouco se deben tapar”. Nicolás Navaza cre que tratar o tema da precariedade no xornalismo é tratar un tema silenciado por todos: “paréceme ben o tema que tratades porque é un asunto que non ten voz. O caso das censuras, das presións no xornalismo e a precariedade non sae á luz. Os medios temos a obrigación tamén de facernos eco destas situacións nesta profesión. Eu creo que é un tema interesante ao que hai que darlle máis pulo”.

Como valoran eles a nosa labor?

Sobre o método de traballo e a organización das reunións co Círculo, os membros pensan que houbo coordinación e compromiso por parte nosa, e que o feito de reunirnos en forma de debate resulta máis doado para extraer diferentes versións do asunto. Así o considera Nicolás Navaza: “creo que o método de traballo está ben ó facer un debate e sacar de aí as conclusións, porque a xente debatendo saca máis as cousas, e o que un non di, o di o outro“. Ademais, Gonzalo Brocos pensa que “as mesas estiveron ben coordinadas e os posts que fixestes recolleron e sistematizaron cousas reseñables do que alí se falou“. O xornalista Jesús Silva pensa tamén que no noso traballo a clave foi a coordinación: “dadas as circunstancias (ter que organizar sucesivas reunións con distintos profesionais á vez), fixestes un gran traballo de coordinación e entrevistas”.

GRUPO S3C.jpeg
Compoñentes do grupo S3C

Que mellorarían do noso traballo?

Cando lles preguntamos se pensan que se podería mellorar algún aspecto do traballo, as opinións son diversas. Para Gonzalo Brocos, “quizais faltou explicar un pouco mellor antes da primeira reunión de que queriades que falásemos e o voso obxectivo e tal”. Jesús Silva, en cambio, considera que se debería afondar máis neste tema, probablemente nun futuro: “se tivera que puntualizar algo é que o tema en si pode facerse inabarcable, sobre todo á hora de realizar accións como as que se plantexaban. Quero dicir que, tal vez o feito de enfocarse en profundidade nun dos subtemas (precariedade e muller, coaccións, realidade laboral post-universidade) podería dar lugar a un traballo de investigación máis afinado“. E segundo Nicolás Navaza, “ao traballo faltoulle un pouco máis de difusión”.

En xeral, que pensan do resultado obtido?

Os membros do Círculo non dubidaron en darnos a noraboa polo noso traballo realizado, como Nicolás Navaza, que como valoración “eu vos dou unha nota alta e en xeral paréceme un bo traballo”. Nesta afirmación coincidiu co xornalista Gonzalo Brocos: “en xeral bo traballo. Esta é unha profesión chula que vos gustará”.

INTEGRANTES DO GRUPO:

  • Lede Balado, S3C1
  • Martínez Lorenzo, S3C2
  • Moares Somoza, S3C3
  • Pérez Currás, S3C4
  • Pérez Ramudo, S3C5
  • Rodríguez López, S3C6
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s