O rural de Santiago

Con moito percorrido por detrás, as parroquias rurais de Santiago de Compostela afrontan unha situación crítica segundo os seus representantes: esquecemento e desentendemento por parte do goberno local. Esta situación deuse (e dáse) na capital de Galicia “sen importar quen suxeitase o bastón de mando”, din. Por parte da poboación rural, a sensación sempre é a mesma: descoido e indiferenza desde o Concello.

No seu documento de As 13 chaves, Compostela Aberta sintetizaba o seu programa de goberno en campaña electoral. O plan incluía trece liñas estratéxicas para gobernar Santiago. Nalgunhas delas facíase referencia ao rural da capital galega. Prometían, para as súas xentes, un transporte público eficiente que fose de utilidade para toda a veciñanza e un proceso de dinamización económica para os seus barrios. Compostela Aberta leva impulsado unha serie de medidas que os veciños consideran “insuficientes”.

O goberno actual aposta por un reequilibrio territorial para Santiago de Compostela, así como un achegamento desde a cidade ás parroquias rurais. De momento, os representantes das asociacións veciñais do rural manteñen a súa opinión e coinciden en que existe un descoñecemento do espazo no que viven e, por tanto, do seu potencial, por parte das institucións.

Advertisements

22 comentarios en “O rural de Santiago

  1. Chámeme a atención unha frase pronunciada por Cruz Vázquez: “Ao mellor Santiago non pode co rural que ten” (economicamente). É triste pero todo apunta a que, efectivamente, Compostela non está sendo capaz dende hai demasiados anos de ocuparse do rural. Na parroquia de Villestro, por exemplo, acábanse as beirarrúas cando comeza o Concello de Santiago, cando o de Ames si que as ten polo resto da estrada. Se a isto lle sumamos a mala iluminación da carretera, temos como resultado un perigoso escenario mortal para os peóns. Os veciños de Villestro levan anos reclamando beirarrúas, farolas, arreglo de baches, pasos de peóns na AP 543 (Santiago- Noia) e o ancheamento da pista principal da parroquia que xa rexistra un importante número de incidentes: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2015/10/29/heridos-tras-ladearse-autobus-escolar-carretera-villestro/00031446118744355162608.htm
    A día de hoxe, as cousas seguen igual.

    Liked by 1 person

    1. Moi acertado o caso que expós, Anaïs. Aos perigos que entraña o escenario de Ames, derivado do desentendemento por parte do goberno local do que falabamos, súmanselles outros tantos efectos negativos no resto das parroquias rurais.

      Recoméndoche esta colaboración dun dos membros do noso Círculo (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/04/20/colaboracion-caminos-escolares-na-pontepedrina/ ), que expón alternativas a tomar para mellorar os camiños escolares da zona. A pesar de que esteamos a falar dun barrio que non chega a ser considerado rural, demostra que se se tomasen certas medidas desde o Concello, tanto neste caso en Pontepedriña como, especialmente, no rural de Santiago, teriamos unha cidade mellor para os nosos veciños.

      Liked by 1 person

  2. Como se sinala no vídeo, Santiago de Compostela é a capital da Comunidade Autónoma o que provoca que sexa o centro de atención e reciba máis axudas e ventaxas sobre outras cidades ou o rural. O que pasa é que Santiago non é so a ciudad, senón que tamén inclúe o rural e a súa poboación, que, en vista do que se pode escoitar no vídeo, non está contenta coa situación actual.
    O problema do transporte e conexións do rural coa cidade está case sempre presente no país, é unha queixa moi común. En Galicia, o transporte é moi caro e deficitario, sobre todo na zona de Lugo. Pero, sen ir máis lonxe, a periferia compostelá, como pode ser o cemiterio de Boisaca, está bastante mal conectado.
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2016/03/24/psoe-reclama-xunta-lineas-transporte-ambito-rural/0003_201603S24C2995.htm
    Reiteradas son as queixas dos veciños que demandan mellores conexiones, que, a día de hoxe, son inexistentes. Moito peso do problema achácase ao descoñecemento por parte dos gobernantes do rural santiagués, cousa que non é de extrañar.
    Ao final do vídeo fálase de levar estes problemas a outras institucións, cales crees que serían as que atenderan o problema con éxito?

    Liked by 1 person

    1. Efectivamente, Laura, existe un problema coas liñas de transporte que conectan o centro de Santiago coas zonas rurais e cos barrios periféricos. Cando se falou de modificar as liñas de bus urbano, reducindo estas á metade (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/08/24/tres-lineas-radiales-daran-servicio-70-usuarios-bus-urbano/0003_201608S24C1995.htm ), desde o goberno incidiron en tratar de resolver as carencias do rural, mediante a incorporación de ata nove liñas. Tamén se propoñía a opción de aumentar a frecuencia destes buses, xa que do que se queixa a maioría de veciños desta zona é de ter que esperar horas para poder transportarse desde as súas parroquias á cidade e viceversa. Desde logo, máis que un problema de aumentar as liñas, creo que a mellor solución pasa por esta segunda medida de aumentar a frecuencia entre os buses.

      En canto á pregunta que expós, é complicado pensar nalgunha institución máis aló do Concello que poida facerse cargo de solucionar os problemas de transporte que sofren os veciños do rural. Esta responsabilidade é, na súa maior parte, do goberno local, e é a súa función coñecer todos os seus barrios e aos veciños que viven neles, para poder falar de problemas e solucións.

      A medida dos Encontros ao vivo promovida por Compostela Aberta (http://aovivo.santiagodecompostela.gal/ ) igual supón unha boa forma para, despois de reunirse coa vecinanza, escoitar as súas demandas. Especialmente no caso do rural, no que xa sabemos que os veciños non se senten escoitados. Pero, é isto suficiente? De que serve escoitalos se logo non se expoñen solucións reais na práctica? Haberá que esperar a velo

      Gústame

      1. Se existen problemas de comunicación dentro da propia cidade, como pode ser, a conexión entre o Ensanche e o Campus Norte, non me quero imaxinar a deficiencia do transporte público e conexións co rural. Esas medidas das que falas, levouse algunha a cabo ou sigue alguna vixente actualmente?
        Co cal, se o Goberno é o encargado de solucionar os problemas de movilidade, pero non fan nada ao respecto, os veciños están a facer algo por arranxar a situación?
        Penso que o voso círculo e a xente que participa nel está a facer unha gran labor, e que se visualice no blogue é unha forma de gañar puntos cara o avance.

        Gústame

  3. Creo que la cuestión esencial no se encuentra en poder o no poder con el rural del que dispone Santiago como se expone, en parte de manera correcta, en el vídeo. Bajo mi punto de vista, el problema no viene tanto por el lado económico, sino que este, es más bien ideológico. Como bien explica este magnífico artículo de Julio Llamazares, voz, sin duda autorizada para explicar los pormenores del rural en España, http://elpais.com/elpais/2017/01/13/opinion/1484307087_441671.html el problema esencial, por encima incluso del paro en el mundo rural, es sin duda alguna la despoblación; y esta viene dada por la superioridad moral de una sociedad cosmopolita, que ve el contexto rural como un mundo atrasado y alejado de sus estándares de vida.

    Liked by 1 person

    1. Non só os políticos españois descoñecen a dimensión real do problema que existe nestas poboacións esquecidas, senón que esa necesidade de fixar poboación nelas é unha solución insuficiente que parte dun problema de base: descoñecen, tamén, a situación da que parten.

      Con isto refírome a algo que apuntan moi ben os veciños, e é que desde o goberno non se esforzan en mostrar interese polas parroquias rurais. Se isto sucedese, os veciños se sentirían escoitados e os gobernantes chegarían á raíz do problema. Deste xeito, si poderiamos falar de solucións reais.

      Con todo, paréceme que o problema do despoboamento non chega a influír tanto neste tema como a desatención destas zonas por parte do goberno. Na miña opinión, non é tanto unha cuestión de despoboamento, pois nestes pobos seguen vivindo veciños que precisan dos servizos que ofrecen desde o Concello e tamén que velen polos seus intereses. Algúns deles, mentres ven como outros se van, viven unha situación de incerteza na que non saben se hoxe ou mañá deixarán de contar con eses servizos (http://www.laregion.es/articulo/ourense/peor-nos-puede-pasar/20170416082308701381.html )

      Paréceme moi importante o último que nos dis, e é que non só existe esta superioridade moral do urbano sobre o rural, senón que este desprezo impide desde un primeiro momento ter en conta o potencial destas poboacións.

      Liked by 1 person

      1. Gran artículo el de La Región que explica muy bien el problema en el rural de Galicia. Precisamente, en la decisión de suprimir el servicio de autobús en estas poblaciones, encontramos una decisión política e ideológica, que se comparte en todo el espectro político, desde la izquierda a la derecha.
        A lo que me quería referir con la superioridad moral del mundo urbano y el problema ideológico que ello conlleva, es que ningún político de la primera línea en España proviene del mundo rural, como muy bien apuntan los propios vecinos en el vídeo.
        Este desprecio no sólo proviene de la élite política, sino que se extiende por la gran mayoría de medios de comunicación, cualquiera que sea su línea editorial.
        Como podemos ver en este vídeo, Ana Rosa Quintana, comentaba en su espacio televisivo que alguien que dice “el pograma” no se puede sentar en el congreso, en referencia a las palabras de Diego Cañamero. http://www.elplural.com/2016/07/22/ana-rosa-y-sus-lecciones-de-intelectualidad-canamero-no-se-puede-sentar-en-el-congreso

        Gústame

  4. Agradécese a atención que lle prestastes ao rural ao falardes de Santiago. Xeralmente, é esquecido ou relegado a un segundo plano. Os equipos executivos das cidades adoitan gobernar para o ámbito urbano, aquel que se supón que é máis visible ou máis próximo. O rural ten outras necesidades ben distintas á cidade e, polo tanto, as súas problemáticas precisan solucións diferentes. Non só se trata de asfaltar as estradas, construír beirarrúas ou mellorar a frecuencia horaria dos autobuses -que tamén-, senón que a clave está en atopar aqueles baleiros particulares destas zonas: axudas para o agro ou para o emprendemento, actividades para a xuventude que vive na periferia da urbe, potenciación dos espazos…

    Mais este esquecemento non só se dá dende o goberno de turno. Nin sequera os medios de comunicación locais (http://www.elcorreogallego.es/santiago/, por ex.) atenden dabondo as zonas máis rurais. Visibilizar estas áreas nos medios podería chegar a provocar cambios nas políticas do Concello, non cres?

    Liked by 1 person

    1. Como ben dis, Silvia, desde o goberno adoitan poñer especial atención no Ensanche e esquécense, en moitas ocasións, da zona rural. Ademais de ter outras necesidades, os veciños desta zona senten que as súas demandas non son escoitadas e, por tanto, quedan no aire tanto estas como as posibles solucións. É certo que Santiago, como capital autonómica, require unha maior atención. Con todo, desde o goberno desentendéronse, desde sempre, das parroquias rurais que rodean a cidade.

      Esta falta de interese xerou unha situación actual caracterizada por un rural que sente descoidado e uns veciños desencantados co comportamento que reciben desde o Concello. Como dis, non se trata das medidas de sempre, senón de ir máis aló. Os veciños necesitan que os gobernantes os escoiten e acheguen solucións ás súas demandas. Neste sentido, a Federación de Asociacións de Veciños do Rural de Santiago (Ferusa) realiza un labor fundamental. Neste artigo, o seu Presidente fai algún apuntamento que che podería resultar interesante. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/04/24/non-vas-implicarte-na-aldea-e-mellor-non-vir-ao-rural/0003_201704S24C1993.htm Ademais, aquí tes outro exemplo recente que reflicte moi ben a situación da que falamos http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2017/04/07/vecinos-rural-esperan-flexibilidad-catastro-concello-regularizacion/0003_201704S7C2993.htm

      Por outra banda, estás no certo cando afirmas que os medios de comunicación tampouco axudan a mellorar isto. Falouse diso nunha das reunións co noso Círculo, e as conclusións son claras: no discurso xornalístico non se reflicten de forma correcta a situación que viven no rural nin os problemas que padecen. Podes velo aquí https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/04/18/vecinanza-e-accion-institucional-en-compostela-o-papel-dos-medios/

      Gústame

      1. Pode que unha das causas que motive ese esquecemento do rural non sexa outra ca de sempre: non interesa. Si que interesa, pola contra, investir no casco urbano, alí onde están a meirande parte dos comercios, empresas, grandes superficies, etc. Neste punto, entón, non concordo totalmente con Cruz Vázquez, integrante do voso Círculo. E é que, dende o momento no que se discrimina unha zona de Santiago en comparación co resto, pódese falar de falta de respeto e non simplemente de descoñecemento. De seguro que as asociacións de veciños teñen requerido a atención do goberno e expresado as súas necesidades máis dunha vez.

        Liked by 1 person

      2. É certo que en moitas ocasións non interesa apostar polo rural e, á súa vez, toda esa atención desvíase cara ao Ensanche. Tamén é verdade que, como apunta Cruz, Santiago require especial atención como capital autonómica. De todos os xeitos, non me parece razón suficiente como para desentenderse de tal forma do rural, que é precisamente do que se queixan os veciños da zona.

        Tal e como dis, os representantes dos veciños destas parroquias expresaron en numerosas ocasións o seu descontento co trato recibido desde as institucións. Ademais da noticia que che mencionei antes, aquí tes outro claro exemplo diso: http://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/reclaman-saneamiento-traida-varias-casas-amienses-sitas-maguxe/idEdicion-2017-04-27/idNoticia-1052519/

        Gústame

      3. A clave está en compatibilizar os investimentos que respondan ás necesidades da cidade como capital autonómica á vez que se atende á periferia rural. Cómpre dicir, por certo, que sempre é fonte de ingresos, de alimentos e de vida. Estaría ben que o panorama fose mudando pouco a pouco. Esperemos que o voso traballo incitara a reflexión na cidadanía e, sobre todo, no goberno.

        Grazas polas aportacións!

        Gústame

      4. Definitivamente, creo que a solución vai por ese camiño que indicas, Silvia. A clave estaría en equiparar ambos os conxuntos, iso si, tendo en conta que as súas necesidades e intereses son diferentes, e tratar de inclinar a balanza favorecendo a aqueles que nese momento precisen unha maior atención. Igual, desta forma, todos os cidadáns verían satisfeitas as súas necesidades.

        De todos os xeitos, como apuntas, é algo que non pode conseguirse a curto prazo, polo que esperemos que cambien de perspectiva pouco a pouco desde as institucións. Grazas polos teus comentarios e achegas, compañeira!

        Gústame

  5. Ola Xiana,
    En relación ao que nos contas no teu post, gustaríame destacar, xa non só o esquecemento do rural por parte do concello, senón a mala conservación que moitas veces presentan o patrimonio histórico dos pobos galegos.
    Sen ir máis lonxe, céntrome nas igrexas (independentemente da ideoloxía ou posición que podamos ter), son centros de reunión en certas zonas rurais, e aínda así, atopamos multitude delas en situación de abandono. Ademais, non debemos esquecer os anos de historia que encerran os seus muros.
    Déixoche unha ligazón onde podes ver a situación que comento:
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/lugo/2014/05/17/jaque-iglesias-rurales-gallegas/0003_201405G17P16991.htm

    Liked by 1 person

    1. Tes moita razón ao dicir que se descoida o patrimonio histórico destas parroquias, outro problema que se suma ao esquecemento destas por parte das institucións.

      O caso que nos achegas é un de tantos que ocorren non só no noso, senón que tamén se dá no rural de boa parte do territorio nacional, o que provoca unha perda dunha gran porcentaxe do noso patrimonio cultural. Neste artigo (http://cultura.elpais.com/cultura/2017/04/04/actualidad/1491291998_103518.html) ademais, pódese ver como o gasto do Estado en protección do patrimonio histórico en España foi diminuíndo na última década.

      Algúns apuntan que a solución está na repoboación. Como comentaba con algún compañeiro anteriormente, esa necesidade constante por parte do goberno de fixar poboación aleatoriamente nas zonas rurais paréceme unha medida que entra pouco na raíz do problema e non chega a ser solución.
      De novo, parece que o prioritario por parte da institución pasaría por coñecer as súas zonas rurais e o pontencial das mesmas.

      Gústame

      1. Totalmente de acordo co teu último apunte. É dicir, o feito de que exista mais poboación nunha zona xustifica que o concello do lugar destine unha maior suma monetaria para manter en bó estado a localidade? Eu creo que debería ser suficiente para arranxalos o simple feito de ter lugares rurais tan fermosos en Galicia que poidan aportar ao sector turístico.
        Por outra banda, e aplicando a o sentido común, opino que para as institucións sería moito máis convinte manter satisfeitos aos veciños que poden darlle o poder, e non facer que, como indican no teu vídeo, síntanse esquecidos.

        Gústame

      2. É que se os nosos representantes políticos céntranse só en captar a aquelas persoas que poden darlle o poder, non conseguirán atraer a outros sectores da poboación (tamén poderosos) e manterse nas institucións. A longo prazo, a táctica de fidelizar aos de sempre non resultaría útil.

        Existe, creo eu, un problema de prioridades. Priorízase, como apunta Cruz, o Ensanche fronte ao rural. Desvíase a maior parte da atención e dos fondos á zona urbana cando as parroquias rurais tamén teñen demandas e necesitan que se escoite aos seus veciños, segundo apuntan os seus representantes. Cando, ademais, estamos a vivir unha etapa desoladora no panorama rural galego (http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/virus-aldeas-abandonadas-avanza-freno-mapa-gallego/idEdicion-2017-02-20/idNoticia-1042154/ ), non podemos descoidalo. Fronte ás dificultades que sofre, é responsabilidade do equipo executivo prestarlle a atención que merece.

        Gústame

      3. Efectivamente, parece que o goberno local céntrase naqueles que mais achegan economicamente, e non en toda a cidadanía en xeral.
        Para concluír, e como reflexión, opinio que con este blogue estamos a facer un labor moi importante, porque en primeiro lugar falamos de temas dos cales falta información, ou polo menos, xente informada.
        E en segundo, porque conseguimos relacionar a través das diferentes accións, comentarios e sobre todo, as publicacións temas que a primeira ollada parecen ser totalmente distintos. É dicir, os participantes do teu círculo poderán facer perfectamente un programa coas radios comunitarias que traballaron connosco, para así expresar o seu malestar e que o goberno se decate.

        Gústame

      4. Unha observación moi acertada, Lucía. A través da comunicación comunitaria e das experiencias que nos achegan os distintos colectivos cos que traballamos, podemos sacar conclusións moi útiles. Como seres humanos que somos, así son as relacións entre nós, e debemos traballar por reforzalas.

        Sería estupendo poder escoitar aos nosos veciños nun medio comunitario como co que traballastes. Xa é hora de dar voz aos que non se lles escoita.

        Moitas grazas polos teus comentarios e polas túas achegas, sempre interesantes.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s