Que pensan os membros do Círculo sobre o noso labor?

Esta experiencia serviunos para entender como funciona un colectivo que se dedica a unha actividade en concreto e a explotar as interaccións posibles entre este e mais o noso grupo de traballo. Desta forma puidemos entender mellor que os motiva e obter unha visión máis completa da problemática dos desafiuzamentos e como traballan os activistas para contela.

Dende o principio, Stop Desahucios amosou con nós unha actitude moi aberta e positiva, o cal falicitou enormemente o noso traballo conxunto. “Desde el colectivo valoramos muy positivamente el contacto con futuros periodistas”, dicían. E é que, segundo puidemos descubrir a través da plataforma, os xornalistas que acoden ás situacións derivadas dun desfiuzamento únicamente se ocupan de cubrir o que necesitan para que logo sexa publicado.

A contextualización e profundidade temáticas quedan nun segundo lugar e a realidade distorsiónase ata puntos nos que a veracidade chega a pórse en dúbida. Stop Desahucios explicábanos isto: “en un mundo encorsetado como el que nos toca vivir, los movimientos sociales tenemos serios problemas para encajar. Esto tiene su reflejo en la información transmitida por los medios. Nos suelen tratar como asociaciones, asignándonos roles y cargos que no tienen nada que ver con nuestro trabajo y forma de organización”.

Precisamente este tipo de rutina que amosan os medios de comunicación é o que cremos que ten a culpa da pouca concienciación xeral que hai ao respecto na sociedade: se o problema non lle é explicado con claridade á xente, incluíndo unha contextualización e exhaustividade no relato adecuadas ao necesario, e limítase a únicamente relatar os casos que se dan sen falar dos precedentes ou os motivos detrás deles nunca se acadará a verdadeira concienciación social que buscamos na sociedade.

O primeiro que aprendemos foi que non podíamos ver á plataforma como unha entidade sen máis; detrás dela operan persoas, e isto é algo que hai que ter sempre moi presente. “El grupo de estudiantes lo entendió perfectamente”, comentaban agradados. “Sin buscar representantes y dirigiéndose al colectivo como lo que somos, suma de individualidades con distintos problemas y motivaciones”.

Resultou moi sinxelo relacionarnos cos membros do círculo: todos amosaron unha actitude aberta e moi disposta a axudarnos a comprender a realidade na que traballan. E polo que eles nos dixeron, o noso grupo de trabalo cumpriu coas expectativas que Stop Desahucios tiña de nós. “Supieron empatizar con los afectados e ir al fondo de las cosas, aceptando nuestras sugerencias e interesándose por cuestiones que la prensa no suele tratar. También supieron estar sin estorbar, respetando nuestros tiempos y dando todas las facilidades para coordinar las reuniones que tuvimos”.

Isto último resultou ser especialmente complicado, dadas as frecuentes incompatibilidades de horario e mobilidade que experimentamos e que dificultou a posibilidade dun escenario no que tanto o círculo coma o noso grupo estivesen reunidos nun mesmo lugar. Debido a esta problemática, foinos imposible organizar unha segunda reunión coa plataforma até o de agora (se ben esta reunión quedou finalmente fixada para a tarde de hoxe).

Con respecto ao que pensan sobre a asginatura Carlos cre que a asignatura axúdanos a adentrarnos xa no periodismo de investigación. Que é algo que pode que no futuro non teñamos tanta posibilidade de facer. “Ojalá me equivoque, pero va a ser una de las pocas veces que vais a poder dedicaros a esto”. “El periodismo de investigación no vende”. “Es un momento muy muy bueno para vosotros el hacer este trabajo porque os estáis implicando en algo, profundizando en una problemática”. Carlos refírese con estas palabras a que no xornalismo actual non se adoita profundizar nos temas xa que iso non vende, como xa se falou anteriormente, co cal é unha forma de tomar contacto con esta práctica.  

Ademáis, Jaime puntualiza que os movementos sociais é algo que está á orde dos nosos días e que accións como esta permitennos coñecer o seu funcionamento para nun futuro á hora de ter que contactar con eles ter unha base. A isto engade que “que vayáis conociendo también como es el funcionamiento, como son las peculiaridades de las distintas cosas que somos realidades, que ayudamos y que estamos en la calle, pues de cara al futuro que sepáis relacionaros con los movimientos sociales, como periodistas pienso que también es importante”. Di isto para protestar porque os medios están acostumbrados a que haxa algún tipo de xerarquía dentro das plataformas e organizacións similares e sempre buscan que haxa algún contacto dentro da plataforma que sexa o encargado de transmitir aos medios a opinión de toda a organización.

No caso de Stop Desahucios A Coruña non contan con este tipo de organización. Todo o deciden en conxunto e en asambleas que celebran semanalmente. Os números de contacto de cada un van rotando cada certo tempo. Cando algún medio quere buscar ou coñecer a opinión da plataforma estes sempre contestan que primeiro deben reunirse e logo xa lles responderán a opinión conxunta unha vez reunidos. “Es un trabajo que lleváis avanzado, y que falta en la carrera y es que desde el 15 M han surgido multitud de movimientos sociales y hay que saber tratar con ellos”. Tamén apunta que é necesario coñecer a súa mecánica para así poder denominar e distinguir entre as distintas organizacións e o que é cada unha.

En vista de melloras para o noso blogue, como puntualiza Carlos “se debe ir a la causa, al fondo”.  Buscar o porque de todas as accións. No caso de Stop Desahucios, que foi o que os levou a formar esta plataforma e no caso dos afectados como chegaron á situación que están vivindo, porque eles non son xente marxinal, son persoas que viven segundo as súas posibilidades e que chegado un momento ve que non pode facer fronte aos pagos da súa hipoteca ou do seu aluguer.

Con respecto á nosa acción, os membros do Círculo creen que sería mellor que tratasemos de transmitir que a cidadanía debería preocuparse por parar as situacións de desafiuzamento cando están comezando  a ocorrer e non cando xa non hai case solucións. Que ninguén se atemorice e non deixen pasar o tema. Hai distintas asociacións, entre elas Stop Desahucios que os axudarán en conxunto dende a experiencia de cada unha das persoas que conforman as plataformas a afrontar o problema da mellor maneira posible, buscando por suposto solucións á difícil situación. Moitas veces os problemas non poden ser solucionados por profesionais e teñen que recurrir a solucións rápidas para problemas do tipo “no tengo luz, no tengo agua” e que entre todos axúdanse para poder solucionalos.

Por outra banda, sobre o concepto das titulizacións Antonio pensa que “es complicado explicar el concepto y que en un panfleto se cuente todo lo que sería necesario”. Porén, Carlos puntualiza que aínda que sexa de forma breve si que é necesario que a xente coñeza este tipo de “estafa bancaria”.

O verdadeiro obstáculo resultou ser a petición do grupo de traballo ao círculo de cubrir as cartas avales polo feitoo de ter que proporcionar datos persoales. O colectivo amosouse reacio a cubrir as formalidades durante todo o proceso de traballo, xa que implicaban aportar datos persoais que moitos dos activistas non desexan compartir. Tras explicarllo con detalle acabaron accedendo, pero quixeron comentarnos as súas opinións ao respecto: “Nos molestó la información personal que estuvieron obligados a pedirnos, y proponemos al responsable de la asignatura que valore, siempre que se trate de colectivos sensibles y contestatarios como el nuestro, el relajar esos formularios para evitar que sean cubiertos con datos falsos”, dixeron. “Nos preocupan las “listas negras” aunque sabemos que ya estamos en algunas, y aportar la información que pedís es ofrecer a gente que no conocemos información suficiente para que nos metan en ellas”.

Isto é un tema especialmente delicado en prataformas coma Stop Desahucios, que combaten abertamente contra o sistema en moitas ocasións e compartir este tipo de datos pode resultar nunha situación desfavorable para eles, que acostuman optar por manterse no anonimato a título individual á hora de levar a cabo accións. Eles no seu tratamento cos medios, é habitual que lles pidan nomes e apelidos, mais eles nunca proporcionan esa información. “Yo soy Jaime de Stop Desahucios”. Esa sería a única información á que poden optar e que poden publicar. Moitas veces para non recorrer a esta fórmula utilizan frases como a seguinte: dende fontes de Stop Desahucios. Por esta razón, pareceulles que se podería pedir menos información.

Advertisements

3 comentarios en “Que pensan os membros do Círculo sobre o noso labor?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s