Colaboración: Non se pode pretender arranxar a situación machista dende só un ámbito

Rebeca Chaves Pérez, estudante de filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, fala hoxe no OCC. Unha vez vista a nosa participación e a dos nosos compañeiros no blogue, decidiu colaborar con nós debido a que a presencia e o tratamento dos medios ás mulleres aféctalle, como muller, en primeira persoa. Desta maneira, non quixo quedarse de brazos cruzados e, como ela di: “Quero facer coma vós e darlle voz a quenes non a teñen“. De seguido, a súa colaboración con nós no blogue.

Nos tempos que corren o machismo é unha realidade e pesadelo tan arraigado na nosa sociedade que non resulta sorprendente que teña ocupados tódolos ámbitos.

Moitos homes, dende o seu privilexio masculino, tratan de desacreditalo mediante o comentario: “vedes o machismo en todas partes” ao que lles respondemos que é porque está en todas partes e o xornalismo non ía ser unha excepción.

Aparezas no xornal ou sexas a propia reporteira non te podes librar disto. Por exemplo, cada vez que se da un caso de violencia machista os titulares din “muller aparece morta” en vez de “muller asasinada”. Por que esa constante necesidade de cubrir sempre ao home?

Este artigo reflicte á perfección parte desta realidade que xa denunciara a xornalista Carmen Rico-Godoy no seu libro “Cómo ser mujer y no morir en el intento“, o cal trata este tema dende dentro. Así, denuncia a brecha salarial entre ela e os seus compañeiros que cobran moito máis por menos traballo, tamén mostran o día a día da muller e todo o que conleva isto.

Mais, e voltando ao tema principal, para eliminar este problema o que hai que facer é concienciar á sociedade e cambiala, non podemos pretender arranxar esta situación dende só un ámbito senón atacalo dende a súa raíz. As mulleres, sobre todo, temos que unirnos moito máis, reivindicarnos e facernos oír o máximo posible.

Espero que cambie pronto a situación e que isto axude un pouco máis na loita das mulleres.

Advertisements

8 comentarios en “Colaboración: Non se pode pretender arranxar a situación machista dende só un ámbito

  1. Como ti dis, o machismo é algo que esta en todos os ámbitos da nosa sociedade. É así. Haberá moita xente que diga que esta inxustiza á que se enfrontan as mulleres mellorou, e teñen razón, pero non estamos nin preto de acabar con ela.
    Un dos temas que tratas no teu post é o tratamento dos medios de comunicación da violencia de xénero. É certo que moitas veces úsanse expresións un tanto ambiguas que parecen que, de algún xeito, lle quitan culpabilidade ao agresor, facendo suxeito a muller, cargando nela o peso da acción.Quizáis este tratamento veña do intento dos xornalistas por sero máis subxectivos posibles, ou quizáis esta forma de falar sexa un reflexo do moito que lle falta por cambiar á nosa sociedade, como expón este artigo https://www.diagonalperiodico.net/la-plaza/cartas/29318-medios-comunicacion-y-machismo.html . Sen embargo, eu creo que nalgúns temas, sobre todo en temas tan serios e importantes como o é o asasinato de mulleres, non podemos despersonalizar o contido, débese mostrar a maldade destes actos, facer saber que estos feitos non teñen cabida na actualidade e que traen consecuencias.
    Como xa dixen antes, esta claro que este problema mellorou nas últimas décadas, as mulleres xa non calan e saben que non deben facelo, que no están soas. A sociedade tense que manter unida ante esta violencia que no que vai de ano asasinou a 24 mulleres.

    Gústame

    1. Moitas grazas por este comentario Jesús. E non che falta razón. O tratamento dos medios de comunicación á violencia de xénero en moitos casos é moi ambiguo, xa que, como se expuxo aí, en vez de dicir que as mulleres están sendo asasinadas, escriben (ou din) que morreron. Como podes ver perfectamente nestes enlaces http://www.elmundo.es/madrid/2017/01/01/586906bde5fdeab3368b4585.html
      http://elpais.com/elpais/2017/03/03/media/1488565128_697938.html
      E, a propósito, quería matizar unha cousa que dixeches. Entendo que foi un erro ao escribir, e quería dicirche que onde me dis que “os xornalistas intentan ser o máis subxectivos posible”, entendo que aí querrías dicir obxectivos. Xa que é iso o que che ensinan no primeiro ano de carreira, a ser o máis obxectivos posible.

      Gústame

      1. Nun primeiro lugar, quero desculparme. Tes toda a razón. Trabuqueime nesa expresión, como ti dis, quería dicir “obxecticos”. E sobre este tema, quería dicir que creo que é un erro que no primeiro ano intenten ensinarnos a ser obxectivo. Perdón, un erro non, debemos tentar tratar os temas sen dar a nosa opinión, pero eso é imposible, todos temos unha forma de pensar, e sobre todo ante temas tan difíciles coma este. Creo qe debían centrarse máis na lenguaxe inclusiva e a tratar os temas con respeto, e non entrar tanto no tema da obxectividade.
        Cres ti que no primeiro ano de carreira debería ter máis presenza este tipo de ensinanzas?

        Gústame

      2. Penso que si, que fan ben en ensinarnos a obxectividade. Pero tamén penso que é necesario ata certo punto, é dicir, hai veces que les unha noticia e daste conta de que o xornalista quere ser tan obxectivo que o fai mal, e escribe continuamente empregando expresións como “suposto asasino”, “suposto acoso”, etc. Penso que si, hai que ser obxectivo na medida do posible, pero tamén hai que ser realista, e se hai un asasino, dise; se hai un acosador, tamén, se hai un ladrón, o mesmo. Non si, Jesús?

        Gústame

      3. Evidentemente é necesario que se ensine a non posicinarse dunha forma excesiva, porque eso causaría que a información se terxiversase en beneficio do punto de vista do xornalista, pero existen temas nos que é necesaria un psoicionamento, como o é a violencia de xénero.
        No tocamente ao tema dos “supostos”, supoño que non é que os xornalistas non o queiran dicir ou estén ocutando a verdade, son temas xudiciais nos que ata que un xuez non faga unha sentencia sobre o acontecido, non se pode afirmar que alguen realizou un delito.

        Liked by 1 person

      4. Refírome a supostos en canto a o medo que ten a prensa para mostrar con claridade o que é un asasinato de xénero. Ou tamén me refiro a cando hai algún roubo ou un suceso deste estilo, que sempre se di “suposto roubo”. Esa linguaxe que cada vez é máis esaxerada e cada vez os lectores/espectadores/oíntes dos medios nos damos máis de conta.

        Gústame

      5. Tes razón, ultimamente é tan esaxerado o intento por tratar todo dunha forma neutral que a información comeza a carecer de sentido. Hai casos nos que, como ti dis, o suceso é tan obvio que non cabe a posibilidade de utilizar ese tipo de expresión para dar unha visión de obxectividade innecesaria.

        Liked by 1 person

      6. Pois si, e penso que como estudantes de xornalismo deberían centrarse tamén en tratar cousas así, é dicir, a obxectividade é necesaria, pero ata certo punto, xa me entendes. Esperemos que a situación nesto mellore, porque ás veces incluso parece que se perde credibilidade do que se publica ante a sociedade

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s