Xornalismo e democracia: a outra realidade.

Cando comezamos este proxecto non nos imaxinábamos todo o que cabía detrás das palabras xornalismo e democracia. Nin de lonxe.

Desde o día un, tratamos de explicar que o xornalismo é unha forma de liberdade de expresión e como tal, indispensable nunha democracia representativa como é a nosa. O exercicio do xornalismo responde á misión de garantir a verdade,  de fomentar o diálogo e o espírito crítico, e de formar unha opinión pública libre. Isto non o dicimos nós, o dereito “a comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión” está recollido na Constitución española entre os dereitos fundamentais (Art 20.).

Se entendemos o xornalismo desta maneira, non debería ser este, un instrumento de denuncia para aqueles que o necesitan? Algo que parece tan evidente non se achega nin un pouco á realidade. Os sectores marxinalizados da sociedade, estano tamén nos medios.

Ante este panorama, aparecen os medios comunitarios como referencia en cuestións de democracia. A súa función como medio de comunicación é tan indispensable como utópica: relégaselles económica e xuridicamente, aínda que a actual lei obrigue a conceder radioespectro a estas televisións e radios.

En CuacFm e RadioFilispim abríronnos as portas para explicarnos unha realidade que descoñecíamos e outra maneira de facer as cousas. Integrantes de colectivos marxinados  contáronnos como os medios de masas silencian ou descontextualizan certas problemáticas. Que a cidadanía non ten acceso aos grandes medios de comunicación é unha verdade en maiúsculas, e asusta.

Captura de pantalla 2017-04-20 a las 22.20.27.png

Das nosas andanzas nestos meses sacamos moitas conclusión. O problema é un modelo mediático  que está a anos luz de moitos outros en Europa. Segundo o Media Pluralism Monitor da Unión Europea estamos en “alto risco”, en canto a propiedade cruzada dos medios. “Definitivamente o interese económico si prima sobre o democrático. Ao final todo depende de tres ou catro grupos que son os que manexan os medios de comunicación grandes”  comentaba Laura facendo referencia os grupos PRISA ,Planeta ou Mediaset, propietarios de case a totalidade de medios de masas onde prevalece o sentido empresarial sobre as realidades de moita xente. Os “mass media” adoitan contribuír a disimular esas realidades, habitualmente prestan máis atención ao novo que ao común,  e por iso todo.

Dicíanos Esperanza que coas nosas visitas a RadioFilispim “tratamos de dar  unha visibilidade ao Terceiro sector que ás veces non se ten en contra”  e resulta irónico que os medios que máis visibilidade ofrecen a quen o necesita, sexan ao final os menos visibles. É canso loitar contra isto dinos Roberto estamos convencidos de que o produto é bo e necesario pero é moi cansado loitar continuamente contra o mainstream social que determina que case todo o mundo fai isto ou outro”. 

A experiencia pola nosa banda é máis que positiva, sentimos interese e ilusión dos membros do Círculo polo que representa o proxecto do OCC. “Resultoume moi interesante, é unha maneira de darlle valor ao que facemos nós e ao que facedes vós, creo que é moi positivo” comentábanos Consuelo de RadioFilispim que definiu con bastante acerto o que estamos a intentar conseguir, “é unha forma de conectarse coa auténtica realidade, e con toda a comunidade de verdade”.

DSC_0208.JPG

Toño, calificaba a nosa labor de “moi necesaria para cambiar a situación do xornalismo, sodes xóvenes”. Non pensamos como Toño nin seremos tan egocéntricos de pensar que estamos a achegar algo ao “cambio”,  pero si aprendendo polo camiño.

A nosa aprendizaxe conxunta, culminará o vindeiro martes 25 coa realización dun programa cos compañeiros de CUACFm. Trataremos de mostrar iso do que levamos un tempo fallando: como a cidadanía accede libremente aos medios, nun sistema democrático.

Dicía Roberto, colaborador en CUACFm, que “cando entra pola porta xente coma vós que esperta en nós moitas esperanzas, porque cremos que ides conectar facilmente coa idea, poñémonos en plan vendedor de enciclopedias para convencervos de que os medios comunitarios son a ostia.” Pola nosa parte, Roberto, compramos a enciclopedia.

Autores: Paula Avendaño Liste, Laura Ledo Fontán, Diego Gómez García , Lucía Cancela Martínez.

Advertisements

15 comentarios en “Xornalismo e democracia: a outra realidade.

  1. Boas Paula, lendo o teu post apréciase que o contacto co asunto (xornalismo-democracia) foi tan enriquecedor para vós, como para tódolos membros do voso círculo. Resúltame moi esperanzador que xente como Roberto deposite a confianza en grupos como vós, como todos nós, nun momento que se presenta duro e crítico para o que coñecemos como xornalismo de calidade.
    En canto á proposta de participar nun programa de radio como CUAC FM, engadir que é unha das mellores alternativas que tendes a vosa disposición xa que vos permite chegar a un número importante de oíntes. Canta máis concienciación exista sobre a crise que vive a nosa profesión na actualidade, máis xente decidirá sobre que medios ou no invirte o seu diñeiro. Aprender a distinguir entre un medio obxetivo e con novas de relevancia e outro banal e sensacionalista, é o primeiro paso a dar.
    Moi iteresante https://cuacfm.org/.

    Gústame

    1. Grazas polas túas palabras Patri, como ben dis, a concienciación é moi importante.
      No día de onte, tivemos a sorte de participar nun programa cos compañeiros de CUAC Fm, onde falamos precisamente do que comentas: a crise que vive o noso sector.
      Non só como futuros profesionais, senón como cidadáns dun sistema democrático, debemos prestar atención ás circunstancias. Ese é precisamente o problema, as cousas están tan mal, que xa nos parece o normal. Un exemplo? O escándalo protagonizado a semana pasada polo director da Razón, Francisco Marhuenda. De todos. http://cadenaser.com/ser/2017/04/19/tribunales/1492632090_795607.html

      Gústame

      1. Ola Paula, lendo a túa nova sorprende ata qué punto chega a situación do xornalismo actual. É triste ver como ésto acontece todos xiramos a vista. De todos modos, parece que fai falta que a realidade nos dé un golpe na cara e non teñamos como comunicalo (ex: desafiuzamentos) para que fagamos algo por cambiar este asunto. Mentras…seguiremos así, dando a espalda a situación e tragándonos programas da prensa do corazón. Cuestión de tempo, cambio e concienciación, sobre todo concienciación. Grazas pola vosa aportación e por querer cambiar as cousas.

        Gústame

  2. Boas Paula.

    Soábame o caso de CUAC FM pero nunca cheguei a profundizar. Como se financian e qué alcance teñen por término medio? A radio paréceme un dos medios máis interesantes para facer este xornalismo cercano, xa que o seu custo é menor que o da televisión e probablemente o seu alcance moito maior que os xornais dixitais.

    A outra radio que coñecía era a coñecida como “Radio Carmena” ( http://www.elconfidencial.com/espana/madrid/2016-07-21/m21-radio-ayuntamiento-de-madrid_1236472/ ) pero non creo que sexan modelos comparables

    Gústame

    1. Ola Víctor,
      O financiamento no caso dos medios comunitarios é sinxelo: se autofinancian a través de ridículas cotas que pagan os usuarios da radio, ou a través de iniciativas culturais ou festivas que organizan para obter fondos. Os custos son fundamentalmente de equipo e de local. Coas licenzas segue habendo problemas:
      http://www.observacom.org/clipping/espana-medios-comunitarios-exigen-no-quedar-fuera-de-los-concursos-de-licencias-de-tv-y-radio/
      Hai numerosas iniciativas como estas en España que superarán mesmo a centena, aquí déixoche unha lista con algunhas: http://medioscomunitarios.net/nuestras-asociadas/

      Gústame

  3. Buen día Paula. En primer lugar enhorabuena por el post. Es evidente que esta situación debería de mulitplicarse de manera importante. Es una gran iniciativa. Además, lo más curioso de todo es la importante participación de vuestro círculo en el asunto. La radio es uno de los medios que a dia de hoy, está callendo en desuso y siempre es un buen medio para expandir información. Te dejo aquí un link en el que se desarrolla la teoría de utilizar la radio para fines de erradicación de la exclusión social. http://www.europapress.es/murcia/noticia-carm-financia-244000-euros-programas-inclusion-laboral-personas-etnia-gitana-20170408132117.html

    Gústame

    1. Hola Luis, efectivamente la radio es el medio idóneo para estas iniciativas. Cuenta con la cercanía de la que carece la prensa escrita y a la vez impone una “barrera” que no existe en la televisión. Para colectivos marginalizados que muchas veces solo están dispuestos a poner voz, pero no cara, es perfecto.
      Además de esto, tiene mucho que ver la libertad con la que cuentan los usuarios de estas radios a la hora de crear su propio contenido. Todo se decide en asambleas, no hay propietarios, ni jefes, ni intereses malintencionados. Te imaginas esto en un medio de masas?

      Gústame

      1. Buenas tardes, toda la razón. Sería increíble que la radio fuera un medio para que estas personas que están en peligro de exclusión social

        Gústame

      2. Buenas tardes Paula. Sería increíble. Estaría genial que se creara en medio de masas, una radio con fines de combatir el peligro de exclusión social de algunos colectivos. Con ello, se podría errradicar algunos de estos problemas.

        Gústame

  4. Noraboa Paula. Dende o grupo de Modelo de Cidade seguimos de preto as vosas achegas e podemos dicir, sen dubidar, que fixestes un gran traballo. As radios comunitarias, como medios contrahexemónicos, son unha pequena pedra no zapato das elites e dos seus medios. Para comezar, recoméndovos consultar a análise da realidade dos medios de masa que fai Noa Chomsky en “Los guardianes de la libertad”. Atoparedes chaves para entender os porqués da realidade mediática.

    Con todo, ao falarmos de radios comunitarias, traspasamos a barreira da análise e entramos de cheo na acción de cambio. Por iso xorden novas preguntas: son unha ferramenta útil? é eficaz este camiño? Coido que a clave se atopa en ser capaces de xerar un espazo comunicativo propio, un universo de acción que trascenda a propia radio como medio e que poida abrirse á comunidade, que mesmo pase a ser comunidade. Isto implica un traballo en asembleas, formulando e reformulando os contidos e os protagonistas, sempre ao servizo dunha filosofía de horizontalidade e fuxindo das xerarquías. Para iso será preciso unha autoconciencia maior da que existe (e a veces trascende aos medios de masas: http://www.que.es/ultimas-noticias/espana/201312030800-radios-libres-comunitarias-treinta-anos.html). Unha vontade de cambio social fronte ao sistema neoliberal e as súas repercusións mediáticas (http://www.eepsys.com/es/neoliberalismo-medios-de-comunicacion-y-democracia/).

    Agardo a túa resposta!

    Gústame

  5. Grazas polas túas palabras Pablo, moi pertinente o artigo de Ricardo Forster “Neoliberalismo, medios de comunicación e democracia”, explica en poucas palabras porqué os medios libres deben ameazar a hexemonía dos grandes poderes.
    Respondendo as túas preguntas, os medios comunitarios comezan a ser útiles cando hai realidades que se deixan fóra. Colectivos marxinados que non se teñen en conta, atopan nas radios libres unha xanela de participación cidadá. Esta liberdade de acceso pode parecer banal, mais tórnase en case utopía cando pensas en que calquera persoa pode contar con espazo propio nun medio de difusión. Saberías dicirme dalgún medio de masas que permita iso?
    Para acabar, a estas alternativas, séguenselle poñendo pedras no camiño: http://www.eldiario.es/aragon/elprismatico/Interferencias-PP-PSOE-VS-Radios_6_637696238.html

    Liked by 1 person

    1. Acertas de cheo Paula! Existe unha realidade que é allea aos mass media e que ten cabida nas radios comunitarias. Deste xeito, estas convértense en plataformas de expresión e convivencia da comunidade organizada, en busca do seu dereito á existencia. Sen lugar a dúbidas, sería moi difícil para calquera persoa (e moito menos para aqueles que defenden unha causa contrahexemónica) atopar un oco nos medios de masas, que moitas veces cargan as súas tintas contra eses colectivos.

      Xórdeme unha nova pregunta: en base a toda a túa experiencia de traballo con Cuac FM e RadioFilispim, cres posible artellar unha plataforma de radiodifusión comunitaria a partires de Observatorio Cidadán de Comunicación? Cres que sería útil para o traballo que realizamos? Poderiamos contar coa equipación técnica precisa (https://radioslibres.net/article/capitulo-10-que-necesito-para-instalar-una-emisora/)?

      Déixoche un enlace no que verás que os medios comunitarios chegan a todas as partes do mundo como plataforma de acción transformadora:https://upcommons.upc.edu/bitstream/handle/2099.1/6990/PROYECTO%20FINAL%20DE%20CARRERA.pdf

      Agardo a túa resposta!

      Gústame

      1. Claro que o OCC podería converterse en radio comunitaria. De feito, somos o perfecto exemplo de medio comunitario: liberdade de contidos, sen ánimo de lucro, servizo da comunidade e para a comunidade…etc. O da ausencia de organización xerárquica xa é outro tema…
        A radio, como ti ben saberás Pablo, dota dunha proximidade coa que a prensa escrita non conta. Elimina barreiras, todo máis directo, máis efémero. Por iso a radio, é perfecta para ser vehículo destas iniciativas.
        Non é tanto problema de financiamento e equipamento, como de concesión de licenzas:
        http://www.observacom.org/clipping/espana-medios-comunitarios-exigen-no-quedar-fuera-de-los-concursos-de-licencias-de-tv-y-radio/

        Liked by 1 person

      2. Concordo ao 100% Paula! O OCC é unha plataforma perfectamente válida para crearmos unha radio comunitaria. De feito, o seguirmos a filosofía das mesmas podería levarnos a mudar certas eivas nas dinámicas de taballo que nos permitisen superar os vestixios da organización xerárquica e especializada, derivada do fordismo, que as veces padecemos.

        Sen dúbida o impacto da radio é moi importante (http://www.diamundialradio.org/2016/es/theme/la-radio-tiene-un-impacto-social-y-proporciona-acceso-a-la-informacion/) e as súas características técnicas, que a definen, son en moitas ocasións idóneas para levar a cabo un traballo de comunidade. Con todo, debe preocuparnos o tema das licencias que mencionas. Que vías poderiamos abrir no OCC para implantar unha plataforma de difusión?

        Por outra banda, a radio podería complementarse con outros medios. Sería posible acompañala dunha revista ou xornal, por exemplo. Que pensas?

        Agardo a túa resposta!

        Gústame

      3. Con respecto ao problema das licencias. As administracións das diferentes autonomías do Estado néganse a permitir que colectivos sen ánimo de lucro exerzan o seu dereito para comunicar, xa que consideran ao espectro radioeléctrico (finito) como un espazo para levar a cabo un negocio, non como un lugar onde exercer o dereito para comunicar. De feito, moitas radios comunitarias están nun limbo legal.

        Podería ser unha alternativa a prensa escrita. A pesar de que a difusión neste sentido, é quizais menos complicada pero tamén menos directa.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s