Xuntos pola nosa natureza

Os problemas medioambientais atópanse nun segundo plano nos principais medios de comunicación, por iso o noso grupo de traballo escolleu unha das vertentes desta tématica, a latente contaminación dos ríos en Santiago de Compostela. A nosa intención é darlle visibilidade a pouca calidade dos ecosistemas da cidade e a falta de concienciación en particular, e a concienciación acerca do coidado dos nosos recursos e medios naturais en xeral. Para iso, contamos co apoio de María, Luis e Manuel, membros de distintas organizacións á vez que afectados pola situación.

Círculo de lectura S2E.jpeg
O Círculo ao completo na nosa 2ª reunión.

María, membro de ADEGA, foi o primeiro contacto que se animou a colaborar con nós, e comentou que é moi importante que haxa xente interesada neste tema, xa que sempre se deixou de lado. “Fíxome moita ilusión que escollerades un tema relacionado co medioambiente”, afirmaba na nosa última reunión.

En canto a Manuel, integrante do Club de Sendeirismo Vía Láctea e afectado, amosou moito interés pola temática e o proxecto que levamos a cabo ao longo destes meses. Finalmente, Luis, veciño e afectado da Plataforma pola Recuperación do Sar, destacou en todo momento a positividade desta experiencia gratificante, tanto para el como para nós: “Mostrastes ter unha gran iniciativa e sensibilidade sobre este tema. Tedes un gran potencial profesional”.

Reunións educativas e de debate

A María, as conversas durante as tres reunións parecéronlle moi interesantes, xa que tivo a oportunidade de ser escoitada e poñer a súa opinión en conxunto con xente involucrada nesta temática. Isto foi enriquecedor tanto para ela como para o resto do círculo. Opina que estiveron moi ben organizadas e ben repartidas no tempo, sempre sendo flexibles cos horarios de todos os membros do círculo.

Manuel destacou a incógnita na que se atopa actualmente a depuradora de Silvouta xa que non lle ve ningunha facilidade para seguir adiante debido á escasa preocupación e implicación da Administración. “Foi moi interesante, seguide adiante con todo o proxecto e moita sorte”. Luis destacou que “a posta en común cos outros membros foi tamén moi positiva, sen dúbida para barallar diferentes puntos de vista nunha temática tan vital como é a recuperación dos ríos”.

María fíxonos conscientes de que en xeral os medios de comunicación sempre buscan sacar información sensacionalista, é dicir, imaxes de ríos con augas marróns, plásticos, catástrofes, etc. cando o que en realidade debería saír á luz é a degradación do bosque de ribeira e de todo o ecosistema en conxunto, que se atopa nunha grave situación.

Por último, Luis destacou da experiencia ao longo destes meses todo o que aprendeu sobre as plantas invasoras e outros temas tratados nas reunións co círculo xa que, segundo dixo, eran charlas moi enriquecedoras. Amosouse moi agradecido con todo o grupo: “Darvos moitas grazas e moitos parabéns, porque foi un gusto traballar con vós”.

Sobre a acción

Manuel quedou moi contento coa nosa labor e resaltou que especialmente aprendeu moito o día que fixemos a saída ao río. María tamén apreciou o noso traballo e a realización do vídeo, que non sería posible sen as actividades que se levan a cabo dentro de Proxecto Ríos, iniciativa que forma parte de ADEGA.

Luis amosou unha gran satisfacción co transcurso do proxecto e sobre todo coa acción que levamos a cabo no tramo do Sarela co círculo, xa que, no seu caso persoal serviulle para replantexarse canta vida había no leito do río e tomar conciencia disto. “Tanto estamos a loitar pola recuperación do Sar pero nunca nos imaxináramos que houbese tanto que conservar e que preservar, porque estabamos máis centrados na contaminación sen ser conscientes de todo o que se agocha nos ríos, tanto animais como plantas.”

portada 2.JPG
Luis e Manuel durante a nosa acción á beira do Sarela.

A modo de conclusión

Rematadas as reunións co círculo e chegados a este punto do proxecto, podemos concluír que  a organización do grupo deu os seus frutos e que lle soubemos sacar o máximo proveito entre todos aos nosos encontros. Estes meses de traballo conxunto servíronnos para aprender das súas experiencias e para conseguir unha retroalimentación, xa que tanto eles coma nós saímos beneficiados.

María tamén apuntou algo moi importante: “Estaría ben que o traballo tivese unha continuidade, que siga habendo unha iniciativa de colaboración. Que se dea a comunicación e publicidade que se necesita e que non remate aquí o proxecto.” Pode que o noso esforzo sexa o xerme necesario para achegar á cidadanía á verdadeira realidade que vive día a día.

Integrantes do grupo:

  • Cives Romar S2E1
  • Dios Suárez S2E2
  • Estévez Casado S2E3
  • Felpeto Uceira S2E4
  • González Álvarez S2E5

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s