Colaboración: Alberto Hernández | Contra o noso teito: Violencia lgtbifóbica no propio colectivo

E así, Caín colleu unha mandíbula de burro e con todas a súas forzas. Provocou o impacto na cabeza do seu irmán Abel. Moitos coñecemos este episodio do Xénese, que dunha maneira vén reflectir unha realidade moi común en bastantes ámbitos do ser humano. A violencia contra o propio, contra un mesmo ou contra os semellantes e cercanos. Acontece en numerosos conflitos, na propia familia por temas como a herdanza, ou entre cidadáns dunha nación no transcurso dunha guerra civil.

Porén, neste artigo quero falar dun asunto que me preocupa como activista, que é esa violencia aplicada dentro do propio colectivo LGTBI, ao que pertenzo. Pódese chamar endohomofobia (endós, “propio” en grego), no caso que se dea entre persoas homosexuais, mais este problema pode ter moitas formas. Así, un dos piares fundamentais desta violencia é a apariencia. O físico e os xestos teñen moita importancia e poden ser un asunto moi delicado para bastantes persoas do colectivo. O certo é que o modelo do “mariquita” -home que é insultado con ese termo por non axustarse aos cánones impostos pola sociedade heteropatriarcal- por vestir coma muller, andar feminino, ou cun simple xesto considerado de rebeldía. Trátase dun exemplo moi claro de visibilización e ruptura das normas e, aínda así, e rexeitado por outros membros do colectivo. Cada vez máis, o mascxmasc famoso de redes coma o Grindr impón a súa inútil ideoloxía de homes cachas prototípicos que non se queren identificar con aqueles que máis loitaron porque a súa orientación sexual non estea sometida a castigos de azoutes nin sesións de electroshocks. E así, o sistema de benestar gaypitalista impón unha dictadura de corpos perfectos e belezas homosexuais que, máis que visibilizar, invisibilizan a loita e o movemento por parte do colectivo.

Mais quero deixar claro que non só a violencia se exerce entre homes gais. É que entre as outras identidades e orientacións tamén hai signos claros de intolerancia. principalmente causada pola ignorancia da sociedade. Hai gays e lesbianas que pensan que a súa orientación sexual, xunto coa heterosexual, constitúen un sistema binario antagónico. Pensan que todo é branco ou negro e que non existe unha escala de grises no referente á afectividade ou expresión sexual. Consideran que o demáis ou é vicio ou simplemente alguén que ainda ten que dar máis pasos para unha completa transformación, coma se fosen crisálidas. Estoume referindo á postura fronte ás persoas bisexuais, aquelas que polo simple feito de amar a alguén sen importar o seu xénero, vense expostas a estereotipos e a unha dobre discriminación. O mesmo acontece con persoas de xéneros disidentes -que non se definen por binarismos de home ou muller-e, sobre todo, no referente ás persoas transexuais e transxéneros. Éstas son aquelas que nacen cun determinado sexo bióloxico pero realmente teñen un sexo sentido diferente, sexa home, muller, ou calquera outra categoría que rompe as etiquetas. A transfobia é unha lacra e deixa ás persoas trans nun dos escalóns inferiores da sociedade e do colectivo LGTBI.

Pero aínda hai esperanza, non non enganemos. Avances coma o da aprobación do matrimonio igualitario e de leis contra a discriminación non lograron erradicar estes conflictos. Mais un bo aprendizaxe a tempo e unha convivencia pacífica con profundos diálogos entre membros do colectivo, pode procurar esa anhelada unidade que todos os activistas desexamos para derrotar este sistema heteropatriarcal e alcanzar unha sociedade completamente plural e diversa. Os seus individuos deben estrar libres de complexos e estereotipos. Está nas nosas mans.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s