Muller e Comunicación

 S3A

A día de hoxe, é innegable que vivimos nunha sociedade patriarcal que, dende hai miles de anos, sitúa á muller nunha posición de inferioridade fronte ao home. Imos centrarnos nunha das ramas máis acentuadas e evidentes desta desigualdade: o ámbito laboral, concretamente o mundo da comunicación audiovisual, que é o que nos afecta directamente.

Tamén, os cargos que supoñen máis responsabilidade están reservados para figuras masculinas, excluíndo así a moitas profesionais que forman parte do sector e que poderían desenvolver estas funcións do mesmo xeito. Isto non só se reflexa nas direccións dos medios, senón que son condutas que chegan ata diante das cámaras coa presenza dunha muller perfecta e estilizada, seguindo un patrón de beleza social.

Por outra banda, o cine é un medio de comunicación que ten o poder de chegar a unha gran cantidade de persoas, polo que se debería empregar para focalizar estas problemáticas sociais, e crear conciencia nas novas xeracións. Por desgracia, no sector cinematográfico atopámonos na mesma situación.

Outro aspecto que queremos tratar é o da desigualdade salarial entre homes e mulleres. Esta é unha realidade bastante silenciada nos medios de comunicación, e polo tanto a sociedade a asume como algo natural. O noso obxectivo é poder darlle visibilidade a todo isto que se resume en escasas liñas, pero que realmente é o sistema patriarcal implantado na actualidade.

O principal motivo que nos fixo decantarnos polo tema da discriminación da muller no mundo audiovisual foi que, sendo estudantes de grao de Xornalismo, apreciamos que a gran maioría de mulleres na aula non se corresponde coa realidade que observamos, onde o xénero predominante é o masculino. Segundo soben postos de autoridade, o número de mulleres diminúe: isto lévanos a pensar que a presenza da muller estea sendo silenciada ou reducida.

A través do contacto e interacción entre distintas persoas implicadas no sector da comunicación audiovisual (estudantes en prácticas, xornalistas e traballadoras en produción audiovisual) buscamos aprender, tanto dende dentro como dende fóra, a maneira en que se percibe a figura da muller. Cremos que para entendelo é básico coñecer o punto de vista das persoas que o viven de forma directa.

10 comentarios en “Muller e Comunicación

  1. Olá.
    Non sei se esta etiqueta o este correo están autorizados. Se non é así mude se quere que este texto faiga parte da avaliación. Tamén: por favor, lean o libro de estilo e os criterios de deseño denantes de publicar. Faltan foto ou ilustración de entrada, co título. e tamén enlaces vivos a referencias que amplifiquen ou proben os argumentos do texto. Muden.

    Gústame

  2. O sistema patriarcal instaurado, de xeito non oficial pero si real, no noso país é un dos grandes problemas da sociedade española. Precisamente por isto considérase que debe de erradicarse, e canto antes mellor. O pasado 8 de marzo, miles de mulleres de todas partes do mundo manifestáronse para intentar facer valer uns dereitos que non están a ser respetados como deberían. A brecha salarial existente no noso país é, precisamente, un dos asuntos pendentes de rematar canto antes, para que as xeracións vindeiras non teñan que sufrir o mesmo que acontece hoxe en día. Esta desigualdade laboral é un dos principias temas a tratar neste último texto.
    A realidade está clara: os postos de maior responsabilidade están reservados para o xénero masculino e, aínda que non sexa algo que esté imposto de maneira oficial, o certo é que acontece e que todos o temos interiorizado. Non é algo inventado, hai infinitude de datos que respaldan esa afirmación, a estadística fala por si mesma. De feito, a UNESCO fixo eco desta situación, asegurando que ‘a brecha de xénero nas tasas de empleo e de participación na forza de traballo apenas se reduciu’, e dando cifras que aseguran que ‘o mercado laboral a cifra segue a ser casi 27 puntos porcentuales menor que a dos homes’. E como esos, hai varios exemplos máis que non estaría de máis mencionar, como o que asegura que as mulleres novas teñen un risco maior a quedarse sen empleo. Por suposto, son datos a nivel mundial, non só a nivel nacional.
    No cine, a pesar de que como di o propio texto, sería unha forma perfecta de visibilizar e tratar de terminar coas desigualdades, o certo é que a situación é igual ou, incluso, peor. Precisamente por iso, as actrices decidiron non quedarse caladas e, na pasada edición dos Goya 2018, difundiron o problema nas redes grazas ao hashtag #MASMUJERES, no que se denuncian varios datos númericos, como por exemplo que tan so un 7% dos directores cinematográficos son mulleres ou que so un 28% dos nominados pertencen ao xénero femenino.
    Este ano por fin parece que isto vai cambiar, tanto no ámbito laboral, como no familiar, como na sociedade en xeral. Porén, aínda queda un largo camiño por recorrer que fará que dunha vez as mulleres podan demostrar o que realmente valen, independentemente do seu xénero.
    BIBLIOGRAFÍA
    Las mujeres en el trabajo (2015). UNESCO. Recuperado de: http://www.unesco.org/library/PDF/wcms_457094.pdf
    García Flores, A.B (2018). RTVE. Recuperado de: http://www.rtve.es/noticias/20180202/cineastas-espanolas-igualdad-cine-no-incorpora-punto-vista-mujeres/1671979.shtml

    Gústame

    1. Santomé Seijas
      Por suposto que se amosaron grandes cambios no último ano respecto a unha maior concienciación da poboación coas desigualdades entre xéneros, visto está na grande afluencia das pasadas manifestacións do 8M. Isto non quere dicir que todo mellorase, pois queda moito ao que pór unha solución definitiva.
      En canto ao que apuntas sobre a brecha salarial, estou de acordo con que a situación é alarmante, pois é a diferenza máis alta nos últimos cinco anos. Como podes consultar nesta noticia de La Voz de Galicia, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/03/05/gallegas-cobran-5000-euros/0003_201803G5P2994.htm as galegas cobran 5000 euros menos que os seus compañeiros análogos, e son o que se coñece como traballadoras pobres, é dicir, traballan de forma temporal e a tempo parcial, o que implica unha menor remuneración.
      Mais si é certo que algún cambio ou reacción se fixo sentir, pois fai escasos días tiña cabida en España a primeira sentenza por discriminación salarial, algo histórico, e que implica unha indemnización por danos morais ao estar tres anos cobrando menos que os seus compañeiros. Podes consultar aquí a noticia https://www.elconfidencial.com/espana/andalucia/2018-03-23/sentencia-pionera-contra-la-brecha-salarial-condena-por-pagar-mas-a-los-jefes-varones_1540058/
      Porén, é obvio que lexislando e actuando se consegue avanzar e vemos que pouco a pouco se van acadando logros moi necesarios para eliminar de todos os niveis -social, profesional e familiar-, calquera tipo de desigualdade latente.

      Gústame

      1. É verdade que pouco a pouco vaise cambiando o rumbo da situación pero, é suficiente a velocidade coa que estamos a realizar estes cambios? Parece ser que, a este ritmo, tardaríase de 10 a 20 anos en alcanzar os niveis actuais dos países europeos máis avanzados.
        Precisamente polo peso que o sector do audiovisual adquiere día a día na nosa sociedade e a súa contribución á economía do país, as medidas oficiais necesarias para disipar as desigualdades entre sexos deberían de tomar unha posición máis relevante. Datos do INE apuntan que entre, 2008 e 2017, a industria das telecomunicacións presentou un incremento do 33,3% dentro do PIB, e este é tan só un dos múltiples indicadores da importancia deste sector.
        A representación da muller no laboral non é so recomendable, senon tamén necesaria dende un punto de vista económico. Según un artículo de RRHH Digital, sen o número de mulleres que entraron no mercado na década dos 90, o PIB de 2015 sería un 18% menor. Hai que comezar a acelerar as lexislacións para incrementar o número de mulleres no traballo, xa que son mano de obra igual de válida. Derribar o teito de cristal e acabar coa brecha salarial deberían ser, repito, prioridades na axenda lexislativa.

        BIBLIOGRAFÍA
        Herrero, H. (16 de marzo, 2018) El impacto de la igualdad de género en el crecimiento económico. RRHH Digital. Recuperado de: http://www.rrhhdigital.com/editorial/129713/El-impacto-de-la-igualdad-de-genero-en-el-crecimiento-economico
        Llamas, M. (4 de enero, 2018) 2017: el año que el PIB superó la crisis, pero donde el empleo está aún a medio camino. Libre Mercado. Recuperado de: https://www.libremercado.com/2018-01-04/2017-el-ano-que-el-pib-supero-la-crisis-pero-donde-el-empleo-esta-aun-a-medio-camino-1276611567/

        Gústame

        1. Santomé Seijas
          Estou totalmente de acordo con que os cambios deberían ser inmediatos, pero é moi complicado inverter esta situación. Como ben indicas, é evidente que o papel da muller na economía é fundamental, mais desgraciadamente a súa contribución interesa de xeito distinto á dos homes, porque nos atopamos cunha economía pervertida e completamente sesgada, construída unicamente sobre un dos dous roles: o masculino.

          Partindo da base de que os fogares son o centro de produción, vemos que o rol da muller é clave na denominada economía doméstica. Se elas desaparecen dos coidados familiares, toda a pirámide patriarcal se derriba, o que non interesa ás empresas, que as necesitan para seguir gañando diñeiro e isto reflíctese na brecha salarial, no teito de cristal e en todas as demais desigualdades. A través dos coidados e do traballo non remunerado están sostendo os mercados e están a facer constantemente aportes ao conxunto social sen recibir nada a cambio, e isto agudízase nas épocas de crise como a actual, nas que son as mulleres as que se sacrifican máis. Isto implica que sexan as máis vulnerables en termos de pobreza, como podes consultar nesta noticia https://www.elperiodico.com/es/opinion/20180411/la-pobreza-femenina-no-se-resolvera-con-la-recuperacion-economica-6751092 Por iso nos debemos replantexar como cambiar algo que vive en total simbiose coa sociedade e co noso sistema económico.
          BIBLIOGRAFÍA
          Poveda, C. (2018, 12 de abril). La pobreza femenina no se resolverá con la recuperación económica . elPeriódico. [Consultado el 17 de abril del 2018] Recuperado de: https://www.elperiodico.com/es/opinion/20180411/la-pobreza-femenina-no-se-resolvera-con-la-recuperacion-economica-6751092

          Gústame

          1. Partindo do que dis, habería entón que buscar alternativas para que a muller fora, digamos, “prescindible” en canto ás tarefas do fogar. Un exemplo de que isto é posible é a reforma en canto ao permiso de paternidad que se fixo oficial o pasado 1 de xaneiro do 2017. Este foi extendido ata 30 días, rexistrando un aumento das solicitudes por parte da poboación activa masculina do 93,8% nese ano. Ao mesmo tempo, o número de solicitudes presentadas por mulleres descendeu un 3,6%. Estudos reflectidos nesta noticia: http://www.elmundo.es/espana/2018/03/28/5abaaa6ae5fdea02378b4661.html amosan que canto más largos sexan estes permisos, máis efectivos son para implicar á poboación masculina no coidado dos nenos, unha implicación que non só é unha axuda para a igualdade entre xéneros senón que ten o plus de que tamén desenvolve, como é lóxico, vínculos máis fortes entre padres e fillos.
            Pero non todo son vantaxes: o problema reside en que esta tendencia tan só é visible cando os permisos son remunerados. No caso contrario si que se recorre normalmente ás mulleres para coidar dos recén nados. Claramente, o reparto desta baixa aínda non é igualitario. De feito, está lonxe de selo. Pero si que pode ser un indicador dun cambio de mentalidade moi necesario na sociedade. O único que podemos facer é impulsar medidas deste tipo, apoialas, e esperar a que, pouco a pouco, se produza a disipación de roles de xénero coma este.

            BIBLIOGRAFÍA

            Álvarez, R.J. (28 de marzo, 2018). Permisos de paternidad: una semana más, pero lejos de la igualdad. El Mundo. Recuperado de: http://www.elmundo.es/espana/2018/03/28/5abaaa6ae5fdea02378b4661.html
            Alonso, N.H. (31 de xaneiro, 2018). La ampliación del permiso de paternidad eleva las solicitudes y duplica el gasto. El País. Recuperado de: https://elpais.com/economia/2018/01/30/actualidad/1517311711_697933.html
            López Alonso, E. (6 de marzo, 2017). ¿Cuál es la duración actual del permiso de paternidad? ¿Cómo se solicita? 10 claves. El Periódico. Recuperado de: https://www.elperiodico.com/es/economia/20170306/permiso-paternidad-5873123

            Gústame

  3. RIANDE GARCÍA
    O mundo do audiovisual non deixa de ser un reflexo máis da realidade do noso país. Como xa indicara no seu momento Cristina Cruces, conselleira do Consello Audiovisual de Andalucía, nos medios perpetúanse moitos dos estereotipos tradicionais sobre homes e mulleres. A pesares de que xa se tomaron medidas ao respecto, coma no caso da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual que prohíbe a emisión de comunicacións comerciais que utilicen a muller con carácter discriminatorio, ou a publicidade que use o corpo da muller desvinculado do produto como reclamo, aínda queda moito por facer. De feito, quizais un dos datos máis significativos que se poden aportar é que todavía teña que realizarse o Test de Bechdel para evitar a brecha de xénero. Este sinxelo test, que básicamente consiste en comprobar se na película aparecen dúas mulleres que falen entre elas e non sexa sobre un home, soamente o pasaron o 9% das 250 películas máis taquilleiras do 2012.
    É un reflexo máis da discriminación do xénero feminino no audiovisual, ao que se suman a brecha salarial, a dirección casi exclusivamente masculina…. Só queda agardar e loitar por un futuro moito máis feminista no sector.

    Bibliografía
    La imagen de la mujer en los medios (2011). Consejo Audiovisual de Andalucía. Recuperado de: http://www.consejoaudiovisualdeandalucia.es/actividad/actualidad/articulos/2011/06/la-imagen-de-la-mujer-en-los-medios

    Marcos, N (2013) Las Grandes Películas de Hollywood, suspendidas en el test del sexismo. En El País. Recuperado de:
    https://elpais.com/elpais/2013/11/22/mujeres/1385096400_138509.html

    Martínez, L (s.f.). ¿Qué es el test de Betchdel?. En Muy Interesante. Recuperado de: https://www.muyinteresante.es/cultura/arte-cultura/articulo/que-es-el-test-de-bechdel-771399550662

    Gústame

    1. Pérez Viéitez
      O test de Bechdel resulta máis interesante polo cuestionamiento do test en si que polo seu contido. Ata que punto é valido ou debemos contentarnos, tendo en conta que o cine é un dos sectores onde máis enraizados están os patróns machistas, con que dous mulleres falen entre si sobre un tema que non sexan homes? Ademáis, cómpre recordar que dous é un número moi reducido en relación á cifra habitual do reparto dunha película.
      Este test naceu no ano 1985 a partir dunha viñeta humorística debuxada por Allison Bechdel, e dende aí foi case considerado como o punto de inflexión, a fronteira de “machismo admisible” no cine. Sen embargo, existen outras alternativas que non só analizan as personaxes a un nivel superficial, senón que tratan o tema dunha forma ampla e profunda.
      Un bo exemplo é o test de Uphold, que máis aló das cámaras, indaga sobre a porcentaxe de mulleres que traballan detrás baixo a función de directoras, produtoras, realizadoras, guionistas, etc. Cabe destacar que das 50 películas máis taquilleiras de 2016 que foron analizadas, ningunha pasa este test.
      Outro que resulta interesante é o test de Koeze-Dottle, que en lugar dos papeis protagonistas, centra o seu foco nos papeis secundarios. O seu argumento principal é que a mellor forma de apreciar o tratamento da muller no cine é vendo se a metade de personaxes secundarios (lembremos que as mulleres representan máis da metade da sociedade actual) son mulleres. Desta forma, valórase a contemplación da muller como parte da realidade e do día a día.
      É evidente que o método de Bechdel é máis práctico e inmediato; sen embargo, nun asunto de tal relevancia e trascendencia coma este, debe predominar a eficacia e a profundidade da análise, non a rapidez.

      BIBLIOGRAFÍA:
      – Solà, Pere (2017, 22 de diciembre). ¿El test de Bechdel está pasado de moda? Creadoras proponen otras alternativas. La Vanguardia. Recuperado de http://www.lavanguardia.com/series/20171222/433813779773/test-de-bechdel-feminismo-interseccionalidad-series.html
      – Liao, Shannon (2017, 22 de diciembre). We can do better than The Bechdel Test. The Verge. Recuperado de: https://www.theverge.com/2017/12/22/16807424/alternatives-bechdel-test-bad-moms-lena-waithe

      Gústame

      1. Se argumentas que o test de Bechdel resulta máis interesante polo cuestionamento que polo seu contido en sí, o mesmo pasa co test de Koeze-Dottle. O que sí é máis interesante, é o test de Uphold que mencionas, porque moitas veces a falta de mulleres como personaxes é menos representativa que o teito de cristal que segue estando presente no mundo da comunicación en xeral e tamén no audiovisual. O problema é que este tipo de tests moitas veces non teñen sentido e non se adaptan ás condicións impostas pola trama ou contexto do guión. Por exemplo, o test de Landau rexeita unha película na que calquera personaxe feminina acaba morta, embarazada, ou causa problemas de calquera tipo a un home protagonista. Estas premisas non demostran que o trato á muller non sexa machista ou discriminatorio, unha situación que se extende a todos os ámbitos do audiovisual, tema no que profundiza este informe sobre a situación das mulleres e homes no audiovisual español http://www.cineenvioleta.org/wp-content/uploads/2010/02/1255974265-ARCHIVO.pdf Neste estudio mostrase como os homes son maioritarios nas categorías profesionais que compoñen case todos os grupos, resaltando a súa presencia en ocupacións relacionadas coas función artísticas, directivas e técnicas; mentres que a presencia das mulleres é soamente maioritaria no conxunto de categorías adscritas ao grupo de profesionais adscritos.

        UCM. La situación de las mujeres y los hombres en el audiovisual español. Estudio Sociológico y Legislativo. Recuperado de http://www.cineenvioleta.org/wp-content/uploads/2010/02/1255974265-ARCHIVO.pdf

        Gústame

        1. A diferencia entre o test de Bechdel e o de Koeze-Dottle, máis que o contido, é o sector da poboación ao que pretenden analizar e as conclusións que sacamos dese análise. É obvio que a complexidade do tema fai que ningún test, por amplo e profundo que sexa, poida determinar se unha película é machista ou non. Aínda así, penso que indagar o tratamento de mulleres que pasan “desapercibidas” nunha película é máis produtivo que o tratamento das que saen en primeira plana, precisamente para evitar posibes intentos de disimular comportamentos machistas. En cuanto á ocupación dos postos directivos, é totalmente certo o que dis: o machismo non se atopa só diante das cámaras, senón tamén detrás. A maioría de postos de autoridade están monopolizados por homes, mentres que as mulleres vense relegadas a cargos de perruquería, maquillaxe e aspectos relacionados. Outro aspecto interesante é o dos deportes: neste artículo de El País refíctese que, por cada minuto de deporte feminino emitido, emítense 19 de masculino. Este é tamén un bo reflexo do patrón patriarcal que rixe a televisión.
          Orozco, R. (2008, 23 de outubro). Machismo audiovisual. El País. Recuperado de: https://elpais.com/diario/2008/10/23/andalucia/1224714135_850215.html

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s