Comunicación, Xornalismo e Alternativas

Vázquez Martínez, Andrés

Os medios de comunicación de masas xa non representan a moitos grupos da nosa sociedade. O  xeneralismo dos grandes medios de comunicación impide aos grupos reducidos de persoas manifestarse e verse representados no día a día do que hoxe coñecemos como prensa. É por isto que cada vez son máis os medios de comunicación e expresión alternativos que dan voz a determinados colectivos que non se queren incluír na cultura dominante. Deste xeito, podemos afirmar que os medios de comunicación fai tempo que sobrepasaron as fronteiras do que coñecemos como “prensa”, aínda que é precisamente o avance tecnolóxico froito da cultura dominante o que creou novas ferramentas para que estes grupos se poidan expresar con libertade.

Por estes motivos os medios de comunicación e as comunidades alternativas conectan, pois estamos traballando con medios de comunicación e expresión concretamente creados para esas comunidades alternativas ás que se dirixen. Estas culturas alternativos teñen ademais, a través dos medios, voceiros para chegar a máis xente que non se vexa representada na cultura dominante. Prodúcese entón unha retroalimentación, pois canta máis xente escoita ou le o medio da comunidade alternativa, máis xente desexará unirse a ela. Este novo entramado social é un dos retos aos que se enfronta a prensa do século XXI.

A investigación sobre estas novas correntes pode ser moi interesante para profundizar na crise do xornalismo actual e atopar saídas. Ademais, é importante que grupos alterativos ao modelo imperante atopen a súa vía de expresión e achegamento ao mundo. Normalmente, máis aló dos seus propios medios, estas comunidades non teñen máis contacto co mundo exterior. Por iso, ao darlles voz e capacidade de expresión, podemos facer algo importante para propiciar unha boa situación de multiculturalismo que beneficie a toda a sociedade, ademais de a estos grupos que non participan da forma de vida da maioría.

O noso estudo contará con todo tipo de fontes dentro do mundo alternativo, tanto medios propiamente ditos como de novas formas de expresión que atenden tamén á etiqueta de medios comunicativos. Isto é, contaremos tanto con revistas e xornais como con formas emerxentes e innovadoras, como os mapas do medo, que sen dúbida supoñen un enorme fluxo de aire fresco ao que entendemos como “medios de comunicación”. Un bo exemplo de medio alterntativo son as radios universitarias, unha plataforma ética que asegura a participación de toda a cidadanía, pois os seus micros están abertos para quen os desexe usar.

En definitiva, consideramos moi importante o feito de que estas culturas atopen un altofalante mediante o que conseguir chegar ao mundo exterior, ademais das súas relacións internas. Os debates que temos previstos servirán tamén para que intercambien ideas entre elas, de xeito que a cultura nunca deixe de expandirse e non deixemos nunca de avanzar. Os medios de comunicación convencionais teñen moito que aprender destas formas emexentes e por iso nós nos imos encargar de que a súa voz chegue á cultura dominante de xeito alto e claro.

Bibliografía

Contreras Pulido, Paloma; Aguaded Gómez, J. Ignacio. (2012). Las radios universitarias como medios de comunicación alternativos al servicio de la ciudadanía [archivo PDF]. Recuperado de https://idus.us.es/xmlui/bitstream/handle/11441/35081/cap%2030.pdf?sequence=1

González Marín, Mª Luisa. (1996). Grupos sociales y medios de comunicacion. Las organizaciones autonomas de la sociedad civil [archivo PDF]. Recuperado de http://www.revistas.unam.mx/index.php/pde/article/view/29240

Sala Valdés, Cristina. (2017). Comunicación comunitaria y medios ciudadanos: la voz desde dentro de las comunidades [archivo PDF]. Recuperado de http://janusonline.pt/images/anuario2017/2.3.7_CristinaVald%C3%A9s_Comunicaci%C3%B3nComunitaria.pdf

2 comentarios en “Comunicación, Xornalismo e Alternativas

  1. Bueno, a ver medios “alterativos” (que di nunha ocasión vostede) é un concepto ben atinado de Roncaglia, medios que teñen en conta ao Outro. Non obstante fálase aquí de medios alternativos, que son aqueles que se contrapoñen aos medios de masa dominantes. Por favor, lean o libro de estilo, porque moitas das cousas que din poden probalas mediante enlaces vivos a outras páxinas, que, ademais, amplificarían as referencias e a rede que pode configurar su texto. Muden.

    Gústame

  2. E, por favor, evite as xeralizacións do tipo da primeira fase, se é que non hai argumento, referencia ou enlace que poda interpretarse como argumentado por algunha autoridade no tema.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s