Límites á accesibilidade física e cognitiva en Santiago de Compostela

Pérez Fieiras, Vilariño García

Este ano, no Observatorio Cidadán de Comunicación, decidimos centrar a nosa atención nun grupo da sociedade invisibilizado pola maioría dominante e, en certas ocasións, considerado como inferior. Decantámonos así polo tratamento de todas aquelas barreiras e límites á accesibilidade tanto física como cognitiva á que están sometidos as persoas con discapacidade intelectual. Neste caso falaremos non só dun grupo invisible a nivel mediático, senón tamén descoidado pola sociedade. As persoas con discapacidade foron, e seguen sendo, consideradas como inferiores ao resto e quizáis por iso a súa voz se viu sempre silenciada por outros temas de actualidade ou preocupacións sociais prioritarias para esa “maioría invulnerable” da que falabamos anteriormente. Deste xeito convertéronse nunha minoría que non pon fin a unha loita incansable polos seus dereitos e por unha posición digna na sociedade.

As barreiras arquitectónicas son unha das principais reivindicacións deste grupo que ve afectada a súa autonomía á hora de saír á rúa e vivir unha vida normal. Esas barreiras supoñen un problema de accesibilidade urbana que afecta sobre todo a aqueles que precisan dunha cadeira de rodas para desprazarse. De todos xeitos estes non son os únicos prexudicados, unha alta porcentaxe da poboación sofre deficiencias que lle dificultan o desprazamento, a visión e o oído, é dicir, a comunicación. As melloras no ámbito arquitectónico suporían unha garantía de dereitos das persoas con diversidade funcional e un incremento da súa calidade de vida.

Cabe mencionar a existencia de diversas leis desenvoltas en España co fin de promover esta accesibilidade; non obstante, non todas son levadas á práctica. É por isto que, co tratamento deste tema, pretendemos xa non só visibilizar senón escoitar, como xornalistas e como parte da sociedade, a un grupo tan descoidado coma este, dando así a coñecer as súas demandas de primeira man e indagando en qué aparece realmente nos medios para dar alternativas aos enfoques que se dan desta problemática.

Por todo isto decidimos poñernos en contacto con unha serie de organizacións que constituirán o noso círculo de reunións. Este círculo estará conformado por membros de dúas asociación cuxas sedes se atopan en Santiago de Compostela: a Asociación Compostelana de Esclerosis Múltiple (ACEM) e a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (FADEMGA).


Acudimos a ACEM co propósito de incluír no noso traballo unha discapacidade concreta como é a esclerose múltiple. Consideramos relevante a aportación de persoas afectadas á hora de tratar a accesibilidade física e as barreiras arquitectónicas. Serán tres os afectados que acudirán ás xuntanzas para aportar a perspectiva do afectado polas barreiras arquitectónicas. Por outra banda, apoiámonos en FADEMGA para obter unha visión máis xeral da accesibilidade, pois a súa acción percorre tanto a accesibilidade física, como a sensorial ou a cognitiva. Serán dous os membros que se reúnan connosco: un profesional da asociación e unha persoa con discapacidade intelectual.

Un comentario en “Límites á accesibilidade física e cognitiva en Santiago de Compostela

  1. Que @ autor@ asine tamén tra-lo titular. Ilustren o texto con documentos (enlaces vivos, até tres) para probar, amplificar e darlle volume de conexión ao texto. Lean por favor o Libro de estilo.e os criterios técnicos antes de publicar.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s