Mobilidade

Trillo Sendón

Santiago de Compostela, a capital da nosa comunidade autónoma, cada vez medra máis, non só polo número de turistas que chegan cada día, senón pola cantidade de novos habitantes que se asentan tanto no núcleo urbano da cidade como nas proximidades do rural. Pero, ata que punto estas persoas poden suplir as súas necesidades? Contan con todos os servizos necesarios? Existen boas comunicacións?

O proxecto que pretendemos levar a cabo posúe como principal obxectivo o tratamento do tema da mobilidade, un concepto que entendemos dende dúas perspectivas. Por un lado, a viabilidade, é dicir, o referido á circulación (estradas, accesos, tráfico, transporte público), e por outra parte, o punto de vista da viabilidade cidadá. Un concepto máis humano mediante o que descubriremos se os lugares nos que viven as persoas da nosa zona contan cos servizos, accesos e comunicacións necesarias para ser considerados bos á hora de vivir.

De non cumprir os requisitos explicados anteriormente, pretendemos estudar por que motivo se desprazan as persoas, se se producen colapsos por xente que chega en busca de necesidades que non pode suplir na zona na que vive e se contan con boas conexións de transporte urbano.

Para acadar dito obxectivo levaremos a cabo a creación dun círculo. Para isto, estableceremos contacto con diversas asociacións e centros socioculturais vinculados ao tema, co propósito de que nos poidan proporcionar un achegamento a persoas capaces de compartir experiencias en primeira persoa sobre a materia a tratar, traballando directamente sobre a  problemática, para deste xeito poder valorala e interpretala co propósito da obtención duns bos resultados. Perfís que sexan capaces de reflectir a constante e continua necesidade de desprazamento, os transportes e a circulación na nosa zona (facendo fincapé en aspectos do servizo público e os seus principais problemas). Tampouco nos esqueceremos de todo o relacionado coa accesibilidade, centrándonos no seu entendemento como facilidade que teñen as persoas para levar a cabo un uso eficiente, eficaz e satisfactorio dun produto, servicio ou entorno, e para acceder a un lugar, unha persoa ou unha cousa.

Ademais do núcleo central do noso traballo, tamén pretendemos dar certa visibilidade e analizar dende un punto de vista humano e crítico outros aspectos relevantes que non adoitan ter repercusión nos medios de comunicación, entre os que se atopa a inadaptación dos medios de transporte para as persoas que presentan discapacidades físicas, unha das problemáticas máis relevantes que impide a moitos habitantes da zona desenvolverse con normalidade no seu día a día. Do mesmo modo, a deficiencia das comunicacións co medio rural e os conflitos que isto pode xerar á hora das conexións de autobuses destes lugares no servizo de transporte escolar. Ademais, trataremos a viabilidade enfocada a intereses comerciais polo que as persoas adaptan os seus desprazamentos, e por último, a falta de carrís e espazo de circulación en diversos puntos da cidade que dificultan notablemente o fluxo do tráfico.

Materiais en rede e referencias:

Un comentario en “Mobilidade

  1. Olá,
    falta foto ou ilustración de entrada co titular. Lean o libro de estilo, xa que todo texto debe ir acompañado de citas ou referencias ao través de enlaces vivas ( a páxinas, videos,….) que amplifiquen o seu texto e o relaciones na rede. Muden.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s