Seres humanos e animais

Torrado Silvente, Carlos Brais & Vidal Fiuza, Ántar

Este ano, no Observatorio Cidadán de Comunicación, temos como proposta tratar as relacións entre os seres humanos e os animais que se dan nos diferentes ámbitos da sociedade. É un feito que as persoas non tratamos por igual aos animais nas cidades ou nos pobos, así como tampouco lle damos o mesmo agarimo ao noso can ca unha vaca que utilizamos para producir leite ou carne.

Así, a nosa idea é intentar visibilizar que nós, como seres humanos, non lle damos o mesmo trato ao resto dos animais, caendo no especismo. Pero, que é o especismo? Según o biólogo Richard Dawkins, é o pensamento no que nós asumimos de maneira automática que hai un criterio para tratar ao homo sapiens e outro criterio completamente diferente para o resto de de animais. A nosa pregunta entón é: onde poñemos a línea? Temos que deixar de consumir carne e produtos animais para non caer no especismo? Estas e moitas outras preguntas serán as que tentaremos resolver ao longo deste curso.

Desta maneira, trataremos de analizar a diferenza entre a relación cos animais nun entorno urbano e nun entorno rural. No primeiro caso, predomina a concepción dos animais como mascotas, sendo asmáis habituais os cans e os gatos. Con respecto a estas mascotas, hai casos de ata humanización delas, isto é, que as tratamos como seres humanos. Non é de extrañar ver cans pola rúa con roupa e complementos, ou que case lle damos o mesmo trato ca os nosos fillos. Esta situación non se da no rural, senón todo o contrario: os animais están entendidos como medios de traballo que nos producirán beneficios económicos. Como se conciben os sentimentos destes animais? Téñense en conta? Neste punto, tamén será importante a opinión de persoas con discapacidade física e/ou mental, que utilizan aos animais para axudalos no seu día a día ou como parte das súas terapias.

Estes son os temas que dos queimos falar a nivel xeral, dunha forma regular e continua ao longo do curso, pero estas cuestións tamén vanos dar lugar a unha serie de subtemas, como poden ser o abandono, o maltrato ou o veganismo. Estes subtemas derivan en outras preguntas: se temos ás mascotas tan humanizadas, que nos leva a abandoalas? Según a fundación Affinity en 2016 foron recollidas unhas 137.000 mascotas que foran abandonadas polos seus donos. Entender o porqué destes abandonos pode axudarnos a paliar esta lacra. Fóra dos animais de compañía, tamén nos interesa o papel que teñen os animais da granxa na nosa vida. Pode derivar en maltrato animal a produción de carne ou leite? É o veganismo a vía para rematar con este maltrato? Desde Igualdade Animal cren que esta é a única maneira de tratar con respeto e dignidade aos animais, o que non deixa de ser o obxectivo deste proxecto.

Para resolver estas cuestións contactaremos con diferentes expertos e traballadores do sector, como diferentes asociacións animais, veterinarios, granxeiros e inclusive simples donos de mascotas. Grazas a eles, conseguiremos dar visibilidade a un dos grandes problemas que sofre a nosa sociedade, pero que degraciadamente facemos como que non estivese aí. Aunque é certo que cada vez estamos máis concienciados polo benestar animal, como indican os datos do CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas) reflexados no último informe de PACMA sobre os estado dos animales en España en 2017. Esperamos que o noso traballo axude a mellorar aínda máis estes datos.

Un comentario en “Seres humanos e animais

  1. Ántar, revise os criterios de edición. falta ao texto enlaces vivos a outras páxinas ou audiovisuais para referenciar e amplificar o texto. Mude, por favor. Grazas

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s