Xornalismo e precariedade laboral

O obxectivo principal desta sección do equipo do OCC será profundizar no impacto da precariedade laboral sobre o xornalismo estudando as múltiples manifestacións desta e as súas consecuencias. Dado que o fundamento deste proxecto é o de permitir que os actores tratados polos medios dominantes poidan conformar a súa propia imaxe, recurrirase directamente a profesionais do sector para indagar na temática. Estes aportarán as súas experiencias persoais ó longo de 3 reunións moderadas por membros do Grupo de Traballo. A partir das testemuños rexistrados cos círculos elaboraranse cinco entradas no blog, xunto cun post final.

Un dos temas fundamentais a tratar, que ademais subxace ó resto de cuestións, é ata que punto o Xornalismo actual cumpre co seu fin social; é dicir, se o produto ofrecido polas empresas de información contribúe a un funcionamento adecuado do sistema democrático. O debate acerca desta problemática cobra importancia no contexto de crise económica, que acentúa a dependencia dos profesionais da información. Por iso, na outra cara da moeda, o debate orientarase ás condicións de traballo dos xornalistas: os seus horarios, a súa retribución, etc. Este aspecto da temática centrarase no nacemento da figura do “Xornalista multitarefa”, aquel que debe desenvolver multitude de funcións reservadas, no pasado, para un só profesional. O estudo deste fenómeno irá estreitamente vencellado ó impacto das Novas Tecnoloxías na profesión xornalística por distintas razóns. En primeiro lugar, e á imaxe do que ocorre noutras áreas, a introdución das Novas Tecnoloxías no ámbito laboral provoca unha nova concepción do horario de traballo, que moitas veces se extende máis alá da xornada laboral establecida. Ademais, a entrada dos xornais na rede conlevou un cambio importante nas fontes de financiación das empresas informativas: estas, na maioría dos casos, non cobran polo acceso ós seus contidos, senón que inclúen anuncios publicitarios. O intrusismo destes provoca que, cada vez máis lectores empreguen sistemas de bloqueo de publicidade, abrindo unha nova incógnita con respecto á financiación dos xornais.

Por outra banda, o proxecto centrarase tamén en grupos concretos cunha posición especialmente delicada: entre estes atópanse as mulleres, vítimas neste caso dunha dobre discriminación laboral e salarial, e os becarios, cuxa precaria situación se atopa relacionada coa derradeira Reforma Laboral. Fronte á situación previamente adiantada, o Grupo de Traballo investigará cos profesionais do Círculo a posibilidade de conformar novos esquemas de propiedade e beneficio lonxe dos imperantes na actualidade para garantir tanto a contribución democrática do xornalismo como a supervivencia dos que o practican.

Un comentario en “Xornalismo e precariedade laboral

  1. Iago, por favor, axústense ás normas de estilo e aos criterios de deseño do blog. Eviten no texto identificarse como un grupo de Xornalismo e utilicen a linguaxe corporativa: somos un equipo do OCC que imos tratar tal tema. Grazas.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s