A realidade dos ríos de Santiago de Compostela

 

S2D

Un dos aspectos que a poboación coida habitualmente é a súa saúde. Todo o mundo desexa estar san e poder vivir moitos anos. Non obstante, moitas veces non nos damos conta de que nós mesmos estamos acabando co planeta.

18_713292_0x0_izda

Fonte: elCorreoGallego.es

 


Se alguén nos preguntase se coidamos do noso benestar, todos -salvo raras excepcións-responderíamos que si, pero coidarnos a nós mesmos non se resume só en visitas rutineiras ao centro de saúde. O medio ambiente no que vivimos pode ser causante do deterioro do noso organismo. Que beneficio ten estar ben interiormente cando non coidamos do noso arredor? A nosa misión como xornalistas é achegar á sociedade este problema real que salvo momentos puntuais non ten cabida na actualidade informativa.

Moi probablemente preto de onde calquera de vostedes viva haxa un río. Párense a pensar nas súas augas. Como as recordan? Limpas e cristalinas? O máis seguro é que a resposta sexa non. Agora formúlamoslles outra cuestión: Cantas veces oíron tratar o problema por algún medio de comunicación? Contadas, non si? Este é o punto de actuación do noso traballo. O noso proxecto como estudantes de xornalismo na Universidade de Santiago é achegar á sociedade a un problema co que convivimos día tras día e ao que esquecemos prestar a atención que merece: A contaminación dos ríos de Santiago de Compostela.

A pesar de tratarse da capital galega, as noticias relegadas ao ámbito ecolóxico non ocupan unha parte moi relevante nos xornais actuais. Soamente son tratadas polos xornais locais e de maneira moi reducida, sendo noticias importantes, pero que non ocupan máis de media páxina. Podémolo comprobar nas noticias de El Correo Gallego, por exemplo: Sin noticias concretas del proyecto para la depuradora . As problemáticas que arrastran consigo os ríos de Santiago de Compostela parecen non importarlle á sociedade, e moito menos aos políticos que soamente se implican para conseguir os seus obxectivos electorais máis próximos.

O noso obxectivo principal é mostrar á poboación a importancia que ten o coidado do medio ambiente e, concretamente, o coidado dos nosos ríos. Buscamos concienciar á sociedade sobre dita situación e para conseguilo intentaremos valorar o risco que teñen as augas dos ríos da comarca de Santiago. Segundo un estudo no que colaborou a Universidade de Santiago de Compostela recollido nunha noticia de La Voz de Galicia, o Sar é un dos ríos máis contaminados de toda Galicia. Contén deposicións de materias orgánicas, como vertidos fecais, domésticos ou de industrias alimentarias, a situación é preocupante polos compoñentes químicos que nel se poden atopar.

O Concello de Santiago de Compostela conta cunha das depuradoras máis antigas de Galicia. A raíz desta cuestión comezan a desenrolarse iniciativas para a chegada dunha nova, aínda en espera de realización. Prevese que o proxecto non estará rematado ata dentro de cinco anos, momento no que vence a subvención dos fondos europeos os cales pagarán a maior parte da infraestrutura. Este será un dos nosos focos de máxima atención: os ríos Sar e Sarela precisan esta nova depuradora para por fin as augas fecais e rexenerar a súa contorna natural. 

Deste xeito, a nosa tarefa como xornalistas vaise centrar en investigar a problemática e as consecuencias que supoñen o mal uso dos recursos naturais por parte da poboación. Prima denunciar esta situación e o abandono por parte das institucións e os medios da problemática que carece de interese económico. Falaremos da contaminación e da súa relación coa saúde, coa paisaxe, coa industria, etc. En definitiva, indagaremos sobre como afecta a contaminación dos ríos á sociedade en xeral.  

Para levar a cabo esta iniciativa crearemos un círculo co que manteremos reunións periódicas e grazas ao cal conseguiremos recadar a máxima información sobre esta problemática. Con este grupo de traballo intentaremos reunirnos un mínimo de tres veces ao longo do proxecto, co obxectivo de debater as cuestións máis relevante acerca da contaminación hídrica. A meta destas xuntanzas é conseguir motivar ao coidado do medio ambiente por parte da cidadanía.

 

Un comentario en “A realidade dos ríos de Santiago de Compostela

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s