Saúde Mental

Estévez Fernández

Non é de recibo que na sociedade actual na que vivimos sigan existindo individuos que teñen a opinión de que a xente con esquizofrenia ou autismo non pode ter os mesmos dereitos ca os demais. Por que alguén que sofre algún destes trastornos non pode optar a un traballo digno, que sexa acorde cos seus gustos propios e no que se garantan as mesmas condicións que ten un traballador calquera?

Para que exista un cambio nestes eidos e na sociedade enteira é moi importante dar a coñecer as problemáticas que sofren día a día os pacientes destas enfermidades, e non hai mellor maneira de difusión que un medio de comunicación de calidade. É nese intre cando intervimos nós, os próximos xornalistas, que debemos dotar os medios de profesionais conscientes do mundo que os rodea.

Analizaremos os contidos que fomentan a estigmatización dos enfermos mentais, que están presentes nos medios de maior calibre do noso país. Actúan dun xeito egoísta con estes colectivos e crean os estereotipos dos que falabamos anteriormente. Para iso imos determinar unha linguaxe alternativa para tratar este tipo de información dun modo máis coidadoso.

Tamén é moi importante que a xente sexa capaz de ver os enfermos mentais como un colectivo que ten as súas demandas propias, conseguindo co paso do tempo cambiar a concepción colectiva. Dende a nosa humilde opinión, o mellor modo é facendo un traballo xornalístico que vaia directo aos sentimentos desta xente, no que a naturalidade xogará un papel fundamental. Canto máis sincero sexa o testemuño dun enfermo de esquizofrenia á hora de contar a súa experiencia propia, maior será a repercusión que teña no peso total do traballo.

O método que imos empregar consiste en falar con enfermos mentais, empatizar coa súa situación. Interactuarán coa realidade cos exercicios que temos previstos, nos que analizaremos noticias de actualidade con eles e compartiremos as súas sensacións, a súa opinión propia sobre como os medios tratan os seus semellantes, a xente que como eles ten que padecer o desprezo que reciben dos grandes medios.

Materiais en rede, referencias e bibliografía inicial:

– Cazzaniga Pesenti, J. & Suso Araico, A. (2015). Salud mental e inclusión social. Situación actual y recomendaciones contra el estigma. Confederación Salud Mental España. Recuperado de https://consaludmental.org/publicaciones/Salud-Mental-inclusion-social-estigma.pdf

– Magallares Sanjuan, A. (2011). El estigma de los trastornos mentales: discriminación y exclusión social. Quaderns de Psicologia, Vol. 13, Nº 2, 7-1. Recuperado de http://www.quadernsdepsicologia.cat/article/view/816/811

– Muñoz, M., Pérez Santos, E., Crespo, M., & Guillén, A. I. (2009). Estigma y enfermedad mental. Madrid: Editorial Complutense. Recuperado de http://biblioteca.ucm.es/ecsa/9788474919806.pdf

Un comentario en “Saúde Mental

  1. Óscar,
    conviría que este post tivera enlaces vivos que amplificaran a información e fundamentaran os argumentos que aí se expoñen. Agradeceriamos que se suxeiten as normas de estilo e aos criterios de deseño do blog. Muden, por favor.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s