O colectivo LGTB nos medios

S2B

Nos últimos anos o colectivo LGTB estivo reivindicando a visibilidade dunha realidade coa que levamos séculos convivindo. Lesbianas, gays, transexuais e bisexuais son os grupos máis representativos dun colectivo que crece cada día.  A nosa proposta pretende mostrar todo aquilo que non coñecemos acerca desta comunidade, dándolle máis visibilidade e centrándonos naqueles aspectos que máis lles preocupen.

Problemáticas chave

Eliximos tratar tres problemáticas chave que nos pareceron relevantes:

En primeiro lugar, como xornalistas, interésanos saber en que medida o tratamento dos medios de comunicación non é o correcto, como por exemplo o tratamento que se fai ao colectivo dunha forma discriminante. Isto tamén é de suma importancia para a cidadanía en xeral, pois en gran parte os medios son os que “forman” ou “orientan” as súas opinións e cómpre informar dun xeito responsable e respetuoso. A Federación Estatal de Gays, Lesbianas, Transexuais e Bisexuais (FELGTB) pon á nosa disposición dúas guías para desenvolver un correcto tratamento  da transexualidade e da bisexualidade nos medios de comunicación.

As posibles discriminacións internas dentro do propio colectivo: o papel das lesbianas ou as persoas bisexuais parece non ser “tan importante” e en moitas ocasións a figura destas persoas obviase, centrando o discurso de igualdade noutras identidades do colectivo. Desta forma as lesbianas ou as persoas bisexuais poden sentirse desprezadas e incluso infravaloradas no seu propio colectivo. Intentaremos dárlles voz e visibilidade para que poñan as súas propostas enriba da mesa e consigan gañar o papel igualitario que deben ter dentro do colectivo LGTB.

A terceira problemática que cremos que é necesario tratar, é a discriminación no entorno laboral. Esta discriminación a sofre todo o colectivo pero, especialmente, as persoas transexuais. Moitas veces a sociedade impón barreiras sociais, ideolóxicas, relixiosas ou morais, limitacións que discriminan a persoas LGTB.  A Federación Estatal de Gays, Lesbianas, Transexuais e Bisexuais (FEGLTB) xunto co sindicato Comisiones Obreras (CCOO), fálanos sobre tres situacións nas que é necesaria a protección das persoas trans no eido laboral na actualidade: as que queren ou van a iniciar o proceso de transición e buscan traballo, as que xa teñen un traballo e inician o proceso e as que traballan e se encontran no medio do proceso. A FEGLTB explica este problema  para as persoas trans e ademais fala da lexislación existente acerca dela e de como se desenvolve o proceso de transición no entorno laboral.

Dende o Ministerio de Sanidade , Servizos Sociais e Igualdade, tamén existe un informe sobre a situación do colectivo LGTBI no ámbito de empleo en España e sobre as súas intencións de mellora neste aspecto.

O noso obxectivo

Esperamos poder axudar a sensibilizar e visibilizar a diversidade sexual e de xénero, para o que tentamos formar un círculo o máis representativo posible. Contamos con tres persoas trans, un gay (que ademais colabora coa Asociación Ultreia) e unha lesbiana, polo que poderemos ter varios puntos de vista dentro do colectivo e mostrar distintas preocupacións e dificultades, favorecendo deste modo a diversidade dentro do noso círculo. Así mesmo esperamos realizar entrevistas de diversa índole que actúen como complementos ás reunións previstas co círculo.

Máis información sobre a temática LGTB:

– EFE. (23 de febreiro de 2016) El observatorio de LGTBfobia denuncia “linchamiento mediático” de medios ultraconservadores. Público. Recuperado de http://www.publico.es/sociedad/observatorio-lgtbfobia-denuncia-linchamiento-mediatico.html 

– LÓPEZ FERNÁNDEZ, E. (2017) Discriminación del colectivo LGTBI y sus efectos en el entorno laboral. Universitat Autònoma de Barcelona. Recuperado de https://ddd.uab.cat/pub/tfg/2017/178147/TFG_elopezfernandez.pdf

-SOLDANI, G. e CUENCIA RATTEL, F. (2011) ¿Heteronormatividad o discriminación en los medios de comunicación? Acta Académica. Recuperado de https://www.aacademica.org/000-093/243.pdf 

– VENTURA, A. (2013-2014). La sexualidad mediada: Estudio de la heteronormatividad en los informativos de televisión. Repositori (Repositorio dixital da Universidad Pompeu Fabra). Recuperado de https://repositori.upf.edu/bitstream/handle/10230/23044/TFM_RafaelVentura.pdf

 

 

Un comentario en “O colectivo LGTB nos medios

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s