O acoso laboral en Santiago de Compostela

Araújo Martínez, Cortés Outón

Todo ser humano é un ser social, polo que a saúde do ecosistema no que un vive ou traballa é vital. Todas e todos deberíamos estar sometidas, por lei, a unhas condicións de traballo dignas, o cal leva implícito un trato xusto e igualitario, carente de abusos de ningún tipo, entre os distintos asalariados. A corrupción deste tipo de relación social entre traballadores está estreitamente relacionada co acoso laboral, un problema que trataremos na nosa proposta, co obxectivo de visibilizar as causas que levan aos agresores a actuar de xeito violento e as repercusións de tales actos nas persoas que o sofren.

Problemas principais do acoso laboral

O acoso laboral é un fenómeno social que parte dunha violencia sistemática por parte dun agresor cara a súa víctima no lugar de traballo. Esta violencia pode manifestarse de infintas maneiras e existen a variante psicolóxica e a variante física. Ás veces preséntase dun xeito tan sutil que non se ten en conta ou se normaliza, incluso por parte das persoas que a sofren, polo que resulta moito máis difícil denunciar un caso de abuso e, tanto máis, conseguir que as persoas con capacidade de actuación fagan algo. Porén, os efectos do acoso laboral son devastadores. Algunhas víctimas de mobbing, tras verse sometidas a longos períodos de maltrato, necesitan tratamento psicolóxico, e incluso psiquiátrico, e nalgúns casos deciden abandonar o seu lugar de residencia para desentenderse do seu entorno. Outras toman o rumbo de loitar polos seus dereitos para lograr que estes se respeten e aí é onde entra  en xogo o papel dos medios de comunicación, que deberían ser os encargados de mediar neste tipo de situacións para mostrar á sociedade unha realidade que acontece no ámbito dos traballadores.

Os nosos obxectivos

O noso propósito é achegarnos á realidade social das víctimas de mobbing, descifrar cómo funcionan as relacións entre as víctimas e os seus agresores e as que ambos perfís manteñen co resto de traballadores que puidesen estar involucrados na rede do acoso laboral. É necesario indagar nos casos de acoso laboral denunciados de maneira oficial, sen deixar de tratar os non denunciados, para descubrir aqueles que aínda non se resolveron fixando como contexto a área da capital galega.

Afondaremos nas causas e consecuencias derivadas do mobbing e nas formas en que chama á porta das súas víctimas. Para tal tarefa, será imprescindible analizar as medidas e actuacións das persoas e institucións correspondentes en materia de resolución de conflitos laborais, así como escapar do tratamento informativo outorgado polos medios de comunicación, que se distancia moitas veces da propia realidade.

É preciso destacar a problemática coa que nos atopamos dende o primeiro momento: o acceso á información. A Lei de Protección de Datos non permite acceder a ningunha información que non pasase pola vía xudicial e, no ámbito de institucións como a USC, os datos relativos ao acoso laboral non saen dos seus réximes internos. As persoas que exercen acoso psicolóxico – máis sutil que o físico, pero moito máis agresivo- están amparadas polas institucións (Protocolo de Actuación da USC). As víctimas, unha vez sufrido o acoso, están prácticamente anuladas psicolóxicamente e prefiren non actuar por temor ao que poida suceder. Por este motivo os medios de comunicación non elaboran noticias sobre o mobbing. Eles mesmos, aínda que saiban que existe, non teñen forma de descubrir a verdade dunha forma sinxela e rápida, que é o obxectivo da información de hoxe en día. Tendo en conta a información protexida ou oculta, son outros temas os que ocupan as páxinas dos xornais. Desta forma, nós intentaremos ir máis alá e, a través das diversas fontes que se presten a participar neste proxecto, darlle voz a aqueles que teñen medo e non sinten apoio non só por parte das institucións ou dos medios, senón tamén por parte da sociedade. Ademais, comprobaremos ao longo destes meses a veracidade do cumplimento destes dereitos sobre os que se basa o Protocolo de Actuación da USC, entre outros.

Máis información

 

Un comentario en “O acoso laboral en Santiago de Compostela

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s