Contaminación, onde?

Figueroa Rodríguez

Ferreiro Rodríguez

Como xa adiantamos no primeiro post, o noso obxectivo é mostrar á poboación a importancia que ten o coidado do medio ambiente e, concretamente, o coidado dos nosos ríos. Pouca xente está verdadeiramente informada dos contaminantes que existen nos ríos, como é o caso, do río Sar.

O noso deber como xornalistas é primeiro informar e despois educar, pero tamén a poboación tense que preocupar polo estado das augas fluviais. Un gran problema do colectivo que convive en Santiago día a día é o desinterese que mostra por este tipo de accións, xa que esta falta de colaboración repercute posteriormente na nosa vida.

recursos-hídricos-499x372.jpg

Fonte: edit.um.es

Segundo Marcos Pérez Gulin, representante da fundación Galicia Sustentable: “A poboación non está concienciada. A xente separa, que non é o mesmo que reciclar”. Esta afirmación ven dada pola gran desinformación da poboación na actualidade e pola falta de fincapé dos altos cargos nestes temas. “Non se gasta en formación ambiental”, prosegue Marcos. “É necesario ensinar, principalmente aos máis cativos, moitos aspectos sobre o impacto ambiental, incluso explicando isto dende outras materias e medios chegariamos a cambiar moitos comportamentos no futuro.”

Do mesmo xeito, Marcos asegura que as xeracións actuais están perdidas polo que compre centrar a nosa atención na concienciación dos máis pequenos. “Pois só conseguiremos gastar moitos cartos intentando concienciar aos adultos”. Pero, para lograr levar a educación ambiental aos nenos e nenas non é necesario ampliar o plan de estudos con novas materias que traten o tema especificamente. Estas temáticas poden traballarse de maneira transversal a través de outras materias. “Podes ensinar matemáticas ensinando educación ambiental. Por exemplo cando se fai a pregunta: Canto tarda un coche en chegar a outro? Por que un coche e non unha bicicleta?”.

A sensibilidade medioambiental non é un tema moi tratado actualmente na nosa realidade social e manter a poboación informada é moi importante. Desta maneira, se a concienciación chegara a todos nós, que facemos o día a día en Santiago, cambiaría a nosa disposición a botar unha man para arranxar pouco a pouco un importante problema que incumbe a nosa saúde e aos recursos naturais próximos ao río. Unha iniciativa, que foi impulsada polas Nacións Unidas, para conseguir unha maior concienciación sobre a importancia da auga foi a creación do “Día Mundial del Agua”, que se celebra cada 22 de marzo dende 2010 para promover unha xestión sostible dos recursos hídricos.

Igualmente, esta desinformación que tratábamos anteriormente, vén da man da pouca repercusión social que plantexan os medios de comunicación, só dan eco a estas noticias en momentos puntuais, como o acontecido os últimos días có portavoz do Partido Popular de Santiago de Compostela, Agustín Hernández quen, criticou o deterioro natural ao que se enfronta o río Sar botando máis lixo á auga.

Este acontecemento levou a que moitos medios falaran do tema, e despois dun tempo, o río Sar volvese a ser materia central das noticias, pero non dende o punto de vista que debería. Falouse da necesidade dunha actuación inmediata a calquera custe e non se abordou a problemática dende a realidade social, económica e ecolóxica.

Como podemos observar, os medios moitas veces non son quen de amosar a realidade do noso medioambiente. A contaminación non se aborda de xeito obxectivo, xa que se esquecen os intereses da poboación para darlle importancia aos intereses políticos. As institucións non se preocupan por dar visibilidade a este problema porque eles mesmos carecen de solucións e posicións claras.

Os veciños, nós mesmos, somos os principais afectados pola contaminación e, a pesar de convivir con ela día a día, non temos constancia da gravidade da situación do parque fluvial de Santiago. Resulta incomprensible que exista tal descoñecemento.

Para ter un mínimo de consciencia sobre o nivel de contaminación temos que facer unha procura moi minuciosa pola rede, xa que non é doado atopar achegas dos medios sobre esta problemática que afecta de cheo ás persoas, en concreto a unha parte moi importante, a nosa saúde. Os medios teñen como misión na sociedade a de formar á poboación e supoñen unha gran vía de difusión que se debería explotar moito máis.

Se estes medios non forman sobre educación medioambiental, os veciños non saberán cal é o impacto da nosa actuación e, como dixemos, non só prexudicamos o medioambiente, senón que nós mesmos saímos prexudicados. Cando contaminamos o medio estamos a contaminar o noso entorno, en definitiva, a nosa vida.

 

Un comentario en “Contaminación, onde?

  1. Dúas cuestións de estilo: a frase inicial que pretende enganchar co anterior post, debera enganchar, xa que logo, co mesmo. Ou, doutro xeito, eliminar a frase xa que non é efectova cara unha presunta continuidade. Doutra parte, a análise da información (trátase diso, e non se ve) insiste en xeralidades expresadas temerariamente sen apoio argumental. Prégase mellorar nas escritas posteriores, valorando o tema e apoiandoo convenientemente. Grazas.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s