Os bolseiros: vítimas da precariedade laboral

Camiño Alvite

Se ben a precariedade laboral é un fenómeno que afecta á ampla maioría dos xornalistas, cabe destacar que esta se concentra especialmente en determinados sectores laborais. Un deles son os bolseiros, que pasaron de ser estudantado que completa a súa formación de maneira práctica a ser man de obra barata. Esta situación de extremaprecariedade desenvólvese no seo dun sistema de produción concreto salvagardado por un determinado marco político, que a permite. Isto deriva nunha redución de postos de traballo. Ademais, no xornalismo en concreto, a precariedade laboral ten como consecuencia a conformación dun novo concepto de “xornalista multitarefa”, é dicir, un profesional que se fai cargo de tarefas que no pasado estaban reservadas a varios traballadores. Esta situación acaba prexudicando á calidade da información: polo tanto, toda a sociedade é vítima das condicións laborais dos xornalistas, xa que dependemos da labor destes profesionais para actividades tan fundamentais como a proceso democrático. Os bolseiros participan na actividade produtiva xunto con estes traballadores xa consolidados cun fin formativo, é dicir, para desenvolverse como profesionais e garantir, nun futuro, un xornalismo de calidade. Porén, cada vez son máis os que denuncian un trato abusivo por parte das empresas dos medios de comunicación.

Neste post centrámonos naquelas persoas que completan os seus estudos de xornalismo nun medio de comunicación a través dunha bolsa, é dicir, un bolseiro. Esta definición vai ser importante á hora de comparar se a realidade laboral se axusta a ela. Analizaremos as causas que levaron ás redaccións a atribuír funcións propias dun empregado ao estudando en prácticas, feito que implica unha contradición coa finalidade do convenio coa universidade, que é a formación do estudante. Segundo o  Informe Anual de la Profesión Periodística do ano 2016, un 93,1% dos estudantado de xornalismo exerce de bolseiro, se ben tan só o 51’9% recibe algún tipo de remuneración.

Coa entrada en vigor do plan Bolonia esíxeselles aos estudantes que realicen prácticas curriculares universitarias. Estas atópanse reguladas polo RD 529/2014 do 11 de xullo. Nel abórdanse as condicións do alumnado en prácticas para garantir a súa formación: afírmase que o estudante deberá estar tutelado e non poderá facer máis de catro horas diarias nin desempeñar tarefas en horario nocturno. Porén, en España existe un extenso baleiro legal neste tema. As empresas da información aprovéitano para abusar dos bolseiros. Sóenlles enconmendar responsabilidades fóra das súas capacidades como cubrir eventos, elaborar a maquetación do xornal ou redactar noticias de gran transcendencia sen supervisión nin axuda por parte profesional formado, prácticas que contrarian directamente o fin das becas.

Estas condicións precarias van estreitamente ligadas á crise económica do 2008. O ámbito da información foi un dos sectores máis afectados por mor da crise interna que o asolagaba dende anos atrás. Esta situación traduciuse nunha notable redución de plantilla e salarios: o obxectivo das empresas pasou a ser o mantemento dunha contención de custes que as levou a prescindir de traballadores de categoría profesional. En moitos casos, compénsalles asumir os riscos que supón outorgar as funcións dun xornalista a membro do estudantado.

Xunto coa crise nomeada crise económica, as respostas de certos gobernos remataron por agravar a situación. A Reforma Laboral do 2012 impulsada polo goberno do PP tamén repercutiu nos contratos de prácticas. A idade máxima para obter un destes ascendeu a 30 anos, se ben se afirmou que esta sería reducida a 25 cando a taxa de desemprego caera ó 15%. Por se fose pouco, eliminouse a regulación que impedía a unha mesma empresa ter a un mesmo traballador nun contrato de formación e, seguidamente, nun de prácticas. Isto supón que toda unha xeración de ata 30 anos poderá estar ata catro anos con este tipo de acordos que contemplan soldos que oscilan entre o 60% e o 80% do salario convencional fixado no convenio. Ademais, as empresas que fagan contratos en prácticas poderán beneficiarse dunha redución da cota á Seguridade Social de ata o 50%.

Como se mencionou anteriormente, o xornalismo é un dos sectores onde os bolseiros se ven máis afectados pola precariedade laboral. Isto débese xa non só por razóns económicas, senón tamén pola infravaloración á que está sometida a profesión. “Ninguén sabe quen é periodista”, afirmou Ramón Espuny, do Sindicat de Periodistes de Catalunya. Este conflito xorde do espallamento da idea de que calquera persoa está capacitada para transmitir información contrastada e comprensible a un público amplo. É por este motivo que, a día de hoxe, o estudo dun grao universitario de xornalismo non é imprescindible para que se asuman responsabilidades propias dun profesional. Isto é aproveitado polas empresas da información, cuxos titulares prefiren, en moitas ocasións, que sexan os bolseiros os que fagan as funcións de redactores, posto que a súa remuneración e os seus dereitos laborais son menores.

Tras unha análise dos datos ofrecidos, queda unha visión desesperanzadora do noso futuro, como xornalistas e cidadáns. A precariedade laboral no xornalismo é unha realidade cuxas consecuencias padece toda a sociedade. En primeiro lugar, aquelas persoas coa titulación de xornalismo que carecen dun posto de traballo porque ás grandes empresas comunicativas compénsalles contratar a estudantes en prácticas cunha mínima remuneración ou, nalgúns casos, sen ela. Por outra parte, o estudantado que firma este convenio con fin de formarse na súa profesión, e cumprir co Plan de Estudos, non o fai porque carece dun profesional que o guíe. Acaban cubrindo horas e tarefas correspondentes ao resto da plantilla esperando por un futuro posto en boas condicións que non chega. E, por último, a propia sociedade, cuxa calidade democrática se degrada lentamente ante a ausencia de profesionais da información que ofrezan contidos contrastados e que permitan crear espíritu crítico. Conscientes desta situación, diversos sectores da poboación levan manifestando a súa indignación nos últimos anos. Un dos proxectos máis soados é unha recollida de firmas levada a cabo polo Foro de Organizacións de Xornalistas, que agrupa á  Federación de Sindicatos de Periodistas , UGT e CC.OO., así como a diferentes asociacións e colexios de xornalistas. O resultado presentouse aos diferentes grupos parlamentarios pero non obtivo respostas por parte de ningún deles.

10 comentarios en “Os bolseiros: vítimas da precariedade laboral

  1. Deberan agardar a que fale co coordenador do seu grupo antes de subir este post. Por favor, xustifíquen correctamente o texto, en todo caso. Grazas.

    Gústame

  2. Piñeiro Maneiro

    O panorama actual no que o xornalismo se atopa inmerso sempre foi algo que chama a atención, non só aos profesionais deste ámbito, senón aos propios estudantes desta ciencia. E é que antes de que a xente teña coñecemento de que alguén quere comezar a carreira de xornalismo, case sempre aparece automaticamente o termo “bolseiro” no seu pensamento. É coma se estivese, por así dicilo, normalizado: o feito de que os xornalistas, unha vez rematada a súa formación, exercen de bolseiros. 

    Non sei se o sabedes pero, nunha noticia de El País do ano 2015 cuxa referencia comparto máis abaixo, España aparece coma o segundo país europeo onde con máis frecuencia se da o fenómeno dos bolseiros (67%) en tódolos sectores laborais. Tamén sinalan que é o primeiro país europeo no que peor remuneración reciben (o 70% afirma non poder subsistir co soldo establecido). Sería interesante coñecer a porcentaxe de bolseiros xornalistas a partir deses datos. Deste xeito, complementaríase a información así coma se determinaría o grao de relevancia que ese feito precisa.

    Falades tamén de que, en España, existe un enorme baleiro legal no tocante ao Real Decreto 529/2014 do 11 de xullo xa que, aínda reguladas as prácticas externas dos estudantes, o marco político existente permite o incumprimento de dita norma. A Federación de Asociaciones de Periodistas de España no 2016 creou unha plataforma denunciando a sustitución de profesionais xornalistas por bolseiros baseándose nese RD. Sinalaron coma imprescindible o apoio cidadán pero, polo visto, quizais isto se trata dunha problemática que merece aínda unha maior visibilidade. Porén, as demandas da FAPE e outros tantos estudantes puideron verse representados cando Unidos Podemos redactou unha proposición de lei  que respondía a tales denuncias. É interesante, ademais, que mencionan a posibilidade de redactar un Estatuto do Bolseiro. Isto podería ser o paso que fai falta dar para rematar con esta actividade que, ademais de inmoral, é inxusta.

    BIBLIOGRAFÍA:
    Delgado, C. (2015). España, un país de becarios. [online] EL PAÍS. Recuperado de: https://elpais.com/economia/2015/05/27/actualidad/1432744127_420313.html
    Rufo, R. (2016). Una plataforma denuncia que se sustituyan periodistas profesionales por becarios. [online] infoLibre.es. Recuperado de: https://www.infolibre.es/noticias/politica/2016/12/01/becarios_58333_1012.html
    infoLibre.es. (2017). El Congreso decidirá si cambia la legislación para becarios: limitar las prácticas gratuitas y buscar una “mínima remuneración”. [online] Recuperado de: https://www.infolibre.es/noticias/economia/2017/11/30/el_congreso_decidira_si_cambia_legislacion_para_becarios_limitar_las_practicas_gratuitas_buscar_una_minima_remuneracion_72559_1011.html

    Gústame

    1. A pasividade por parte da cidadanía, da que falas, ante esta problemática trasládase ao grupos parlamentarios: como informamos no post, no responderon ás peticións dos sindicatos.
      O salario mínimo que pode cobrar un bolseiro en España é sobre 426 euros ( un 80% do IPREM do 2017).
      Un caso curioso é o do medio británico, The Guardian, que durante unha semana cedeulle aos seus bolseiros o poder de decisión, coa responsabilidade que conleva. Según eles, para complementar a súa formación. Descoñecemos se eses dez estudantes pertencen ao 51,9% ( Informe Anual de la Profesión Periodística do ano 2016) que teñen remuneració.

      REFERENCIAS
      Redacción ( 2014). “The Guardian” pone a los becarios al mando. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/03/17/the-guardian-pone-becarios-mando/00031395082189689179565.htm

      Gústame

      1. Piñeiro Maneiro
        Non tiña nin idea do feito que se narra nesa noticia. Que 10 bolseiros teñan durante unha semana o control dos contidos dun xornal paréceme unha boa iniciativa para achegarse ao mundo da dirección. Quizais 7 días non serven de grande experiencia para un futuro completo, pero si contribúe a coñecer en mínimas doses como funciona un posto diferente ao asignado. Paréceme curioso, iso si, que non se mencione se lles proporcionan ou non remuneración. Poden darse varias posibilidades: por un lado, que o medio non llela proporicone; por outro, que se lles asigne a mesma remuneración sen ter en conta o período temporal no que exercen doutro cargo con distinta remuneración; ou que simplemente o medio non considerou relevante mencionar este asunto. Dende o meu punto de vista, como estudante de Xornalismo, é algo que si é relevante e que sí interesa a poboación -cando menos, a unha pequena fracción-.
        Volvendo ao relativo ao proxecto de The Guardian, sería interesante que, en función da posición tomada na xerarquía de cargos dunha empresa de comunicación, reaxustasen os períodos de tempo e fosen rotando polos postos. Así, complementarían a súa formación en distintos eidos do medio.
        Penso que debería establecerse algunha iniciativa para tomar consciencia da productividade que xeran, en ocasións, os bolseiros. Así pois, no momento no que este xera un beneficio para a empresa, é por lei natural que a retribución dese beneficio se fará téndoo en conta. O problema é que as empresas aproveiten os baleiros legais aos que se expoñen os bolseiros para poder beneficiarse de traballo alleo simplemente porque están complementando a súa formación.
        BIBLIOGRAFÍA
        VILLA, Natàlia (2017, 3 de mayo). La justicia prohíbe contratar becarios para hacer trabajos estructurales. [online] ara.cat [Consultado el 12 de abril del 2018] Recuperado de: https://www.ara.cat/es/justicia-contratar-becarios-trabajos-estructurales_0_1789021224.html

        Gústame

        1. Por suposto que a iniciativa de ” The Guardian” é eficaz para achegar aos estudantes á realidade laboral. En canto ao último parágrafo , as empresas son conscientes da importancia dos bolseiros para a súa produtividade polo que cada vez os procesos de selección parécense máis aos que aspiran a un posto de traballo fixo. Esixen ás persoas capacidade de adaptación, currículum, compromiso, coñecemento de idiomas…
          Existen diversos programas de prácticas e un dos empregados relaciónase coa rotativa de postos nun medio que mencionabas ti. Isto é unha das opcións máis enriquecedoras para o bolseiro. Non obstante, recordemos que depende da filosofía de cada empresa. As que contan cun programa máis valorado e adpatado aos estudantes son Facebook, Google e Pepsico. No mundo da comunicación, existen diversas ofertas para completar á formación aos estudantes de Xornalismo ou Comunicación Audiovisual. Deixo por aquí unha enlace para que poidas ver a diferenza de condicións en cada empresa : https://prnoticias.com/comunicacion/prcomunicacion/20154212-practicas-verano-agencia-departamento-comunicacion

          BIBLIOGRAFÍA
          GÓMEZ, jesús ( 26 de junio de 2017). Programas de selección y desarrollo de becarios. [online] cerem.es [ Consultado el 17 de abril de 2018] Recuperado de: https://www.cerem.es/blog/programas-de-seleccion-y-desarrollo-de-becarios

          Gústame

          1. Piñeiro Maneiro
            Paréceme curioso que sinales que as empresas si teñen consciencia da produtividade dos bolseiros e que, por consecuente, apliquen procesos de selección similares aos feitos a aspirantes a un posto fixo. Se os bolseiros son susceptibles de cumprir con ditas esixencias, non o son tamén de recibir un salario digno dun traballador profesional?
            No que concirne ao programa de prácticas do cal acabo de botar unha ollada, paréceme moi interesante xa que estas prácticas están orientadas a estudiantes pero seguen mantendo a remuneración, isto é, valoran ou parecen valorar a produtividade que xerarán. Sen embargo, non se menciona sequera o intervalo entre o que rondará dita remuneración. Sería interesante coñecelos.
            Baseándonos no programa de selección dos becarios así como as esixencias que se lles impón, reitero en que do mesmo modo que se lle aplica o proceso de selección como a calquera persoa que busca tomar un dos postos, deberíaselle aplicar a mesma remuneración. O que fan os empresarios, aplicando estes modelos de selección e posteriormente non reflictíndoo no salario económico, é xerar unha espiral de explotación incrible. E non só iso, senón que tamén establecen unha xerarquía onde os bolseiros se sitúan na posición máis baixa da mesma, tanto que hai un ‘Día do Bolseiro’ -o 8 de maio- apartándoos do ‘Día do Traballador’ -o 1 de maio-.
            Déixoche aquí un enlace a unha guía bastante curiosa para coñecer os dereitos e liberdades dos bolseiros publicada en eldiario.es : https://www.eldiario.es/economia/Derechos-estudiantes-becarios_0_688032072.html
            BIBLIOGRAFÍA
            – Jiménez, S. (2017, 8 de mayo). Becas y prácticas: ¿formación o explotación? Noticias de Navarra. [Consultado el 18 de abril del 2018] Recuperado de: https://www.eldiario.es/economia/Derechos-estudiantes-becarios_0_688032072.html

            Gústame

  3. TATO ARJONA
    Este post non fai outra cousa que reflexar e agardo que facer reflexionar sobre o desolador panorama do xornalismo ao que nos temos, e por suposto teremos que enfrentar en cuestión de tempo. O tema dos bolseiros lémbrame ao que me contaba un coñecido de Pontevedra que por sorte agora xa traballa para un medio xeralista e está ben remunerado; pero que comezou cubrindo as noticias do Frigoríficos Morrazo (equipo de balonmán) por menos de 10€ á crónica tendo que desplazarse dende Pontevedra e pagar a entrada; é dicir, perdendo diñeiro.
    Supoño que esta será só un máis da morea de exemplos de precariedade e explotación laboral aos que se teñen que enfrentar eses estudantes de xornalismo que rematan a titulación. Segundo o informe “La experiencia de los becarios en la Unión Europea”, publicado pola CE, o 58 % dos alumnos en prácticas non ten remuneración, e 7 de cada 10 recoñecen ter unha carga laboral equivalente a dous traballadores. Reflexionando, semella outra tradición máis a nivel nacional arraigada que é moi complicado trocar. As empresas acostumadas a tratar a estes bolseiros tal e como describides e beneficiándose deles e da súa situación, non van contribuír a que esta situación de auténtico abuso que non se pode permitir mellore.

    Bibliografía
    Veiga P. (2017, 7 de Maio). Esta es la realidad de los becarios en España. Faro de Vigo. Recuperado de: http://www.farodevigo.es/economia/2017/05/07/realidad-becarios-espana/1674729.html

    Gústame

    1. Como ben dis, a situación vai ser difícil de mudar. De feito, a partir da crise do 2008, empeorou propiciando a mencionada explotación laboral. O obxectivo das bolsas é complementar a formación do estudantado. Para iso, é preciso un titor. Según o estudo da Comisión Europea, só o 79 % dos bolseiros españois teñen un mentor, a cifra máis baixa de la UE. Estos datos dan a entender que a formación dos futuros xornalistas, non é precisamente o que máis lle preocupa ás empresas de comunicación. Podedes obter máis información neste enlace da Universitat Oberta de Catalunya http://www.uoc.edu/portal/es/news/actualitat/2017/107-becarios.html#.WQnW7LrW1_A.twitter

      Gústame

      1. TATO ARJONA
        É certo que a falta de titor é unha das causas da mala formación dos bolseiros, pero non é a única vía coa que se rompe o convenios que en contadas veces adecúanse á realidade, especialmente no sector xornalístico. O uso masivo de estudantes en práctica en sustitución de redactores ou outro tipo de traballadores é outra das prácticas máis habituais e unha das consecuencias da crisis estructural do sector da comunicación. Estes estudantes, realizan todo tipo de traballos sen ningún tipo de supervisión habitualmente, o que de novo nos remite ao tema da necesidade dun titor ou dunha persoa que supervise as nosas tarefas para completar o proceso de formación, algo que semella obvio pero que na práctica, poucas veces ocorre. Este, e outros tipo de incumprimento do convenio dos bolseiros, foron temas a tratar na última reunión constituínte da “Plataforma en defensa de unas prácticas dignas para los estudiantes de Periodismo y Comunicación Audiovisual” no 2016. http://sindicato-periodistas.es/becarios-o-trabajadores-explotados-sin-derechos/

        Gústame

        1. Considero de moito interese a enlace da túa resposta xa que o artigo está escrito por una avogado polo que, suponse, que aporta unha información máis obxectiva. Tendo en conta o elevado número de incumprimentos de contratos, achego unha nova do xornal “El Diario” e outra de “El País” na que expoñen os dereitos dos bolseiros: https://www.eldiario.es/economia/Derechos-estudiantes-becarios_0_688032072.html.
          https://elpais.com/economia/2017/06/26/mis_derechos/1498481278_849380.html
          Canta máis información, máis preparados estaremos para o futuro próximo que se nos presenta.

          Gústame

Deixa unha resposta a rrrescogitans Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s