O mal facer dos medios

García Vivero

González Figueroa

Se nos paramos a cavilar na información da que somos consumidores nos medios de comunicación, vemos como na maioría das ocasións o que  atopamos é unha clara preponderancia dos organismos oficiais por enriba das voces de a pé. Co fin de comprobar a presencia destes últimos nos medios, propuxémonos analizar algunhas novas que se publicaron en Santiago de Compostela con respecto ao tema que estamos a tratar: a seguridade viaria.

El Correo Gallego publicaba a pasada semana esta noticia con información procedente da axencia EFE. O seu titular di “Galicia lidera el descenso de mortalidad en carretera y es referencia en seguridad vial”. No seu corpo tropezámonos con declaracións como: “Vamos por buen camino, pero no hay que bajar la guardia.” realizadas por Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Vivenda da Xunta, ou “la seguridad vial es prioritaria para la Xunta”, palabras do delegado do Goberno.

Na noticia atopamos  algo que acostumamos a ver sempre nos medios, sen poñer en dúbida a súa presenza ou o papel que xogan: os organismos oficiais e a información que proporcionan. Pola contra, rara vez  se menciona ou se lle cede a palabra a todos aqueles que loitan contra as carencias que persisten neste asunto social, que queren obter verdadeiras melloras e que non se conforman con simples datos, todo isto sen ningún tipo de interese.

foto 2 segundo postFonte: Instituto de Formación e Innovación Comercial

As voces que buscamos escoitar

A Asociación Cívica Composcleta ou a autoescola Santa Eulalia  son un exemplo claro do que estamos a falar. Composcleta defende dende a súa paxina web a promoción da bicicleta como medio de transporte urbano: “cada bicicleta na rúa significa unha praza de aparcamento máis para os coches e unha menor saturación das vías urbanas”.

En Composcleta cren na mobilidade sostible, na súa promoción e difusión. Dende alí reúnen iniciativas, buscan melloras e elaboran propostas para conseguir unha mobilidade equilibrada, amosándose “sensibles ante as solucións de tráfico que se adoptan en Santiago de Compostela”. Defenden unha política de mobilidade baseada na solución dos problemas de seguridade viaria coherente e intuitiva e sen límites á accesibilidade de vehículos e persoas con discapacidade.

Dende a autoescola Santa Eulalia tamén se analizan moitos dos erros na señalización  viaria de Santiago e alertan ós usuarios das trabas coas que se poden atopar. Consideran a existencia de espazos da cidade nas que a señalización non cumpre coa sua finalidade de conseguir a máxima seguridade e eficacia do uso das vías públicas. Para eles a seguridade viaria debe lograr alcanzar tres obxectivos: aumentar a seguridade na circulación, a eficacia da circulación e a comodidade de todos.

O mesmo labor que tamén leva a cabo día tras día a asociación Stop Accidentes Galicia, dende onde reivindican medidas necesariascambios de normativa e lexislativos. O seu claro obxectivo é conseguir que o número de vítimas de tráfico se vexa reducido a cero, traballando continuamente en novos programas innovadores e eficaces.

Máis exemplos da actuación dos medios

Outra ollada cara ás últimas novas relacionadas co asunto serven para que nos cercioremos do mesmo.  A Voz de Galicia publicaba a pasada semana un artigo referente ao avance positivo que tivo lugar no ámbito da seguridade viaria, debido a un descenso do número de  atropelos. A noticia exalta o bo traballo realizado pola policía e dálle voz cunha pequena entrevista na que se fala dos principais motivos dos accidentes de tráfico. Novamente nin os datos oficiais, nin a fonte informativa que buscan para tratar o tema, nos parecen suficientes á hora de enfocar a nova.

A Opinión publicaba tamén a pasada semana unha noticia sobre a porcentaxe de falecidos que viaxaban sen cinto, e cita na noticia as declaracións do delegado do goberno en Galicia e da conselleira de infraestruturas.  En ambas nos atopamos coa xa comentada xerarquización de fontes. Os medios recorren a fontes oficiais obviando a todos os axentes anteriormente comentados que coñecen o tema e reivindican constantemente cambios.

Demandas aos medios

Novamente, mediante asociacións como Stop Accidentes vemos como se intenta atopar unha solución a esta mala actuación dos medios e ao tratamento inadecuado que fan da información. A asociación, dende o seu código deontolóxico para periodistas solicita como punto fundamental a concienciación. Os medios limítanse a dar información puntual sobre vítimas e atropelos sen asumir un rol que podería facer que estes diminuísen, como é o caso da concienciación social.  Tamén é importante outro punto que recalcan no seu código deontolóxico: a contextualización.  Dende a asociación recordan que España posúe unha das peores estatísticas de Europa. Calquera redución do número de mortos a causa da violencia viaria debe valorarse tendo en conta este dato. A descontextualización de datos leva á desinformación e a unha visión deformada do problema. Estas son algunhas das actuacións  que os medios, nun mal proceso da información, acostuman a facer; por non falar da pouca frecuencia coa que  tratan esta problemática ou do pouco espazo que lle ceden en comparación con outros temas.

A nosa loita é darlles voz

Todo isto non son máis que exemplos da pouca visibilidade que existen destes axentes nos medios. A pouca voz que teñen provoca que un non  sexa consciente dos problemas que existen e daqueles puntos que non funcionan correctamente, como é o caso do ineficaz pacto de mobilidade ou a necesidade urxente de melloras con novas  propostas e demandas.

Seguridad vial.JPG

Fonte: Elaboración Propia

 

Por todo isto nos propuxemos achegarnos a eles e unirnos así ós que loitan dende abaixo. Trataremos de mellorar a súa posición e facer que, tanto a súa labor social como as súas propostas, sexan aquí recoñecidas e escoitadas e poidan levarse a cabo nun futuro. Igualmente intentaremos levar a cabo todas aquelas funcións relacionadas coa labor ineficaz dos medios como é o caso da concienciación ou a plasmación das carencias que existen na cidade mediante información clara e contextualizada.

Na seguinte entrada do blogue comezaremos a tratar xa máis a fondo cales son as principais problemáticas que os usuarios das vías santiaguesas atopan día tras día na cidade, así como que opinión lles merece a actuación que desempeñan os medios neste aspecto.

BIBLIOGRAFÍA:

AUTOESCUELA SANTA EULALIA. (2016). ¿Quiénes somos? Autoescuela Santa Eulalia. Recuperado de https://www.aesantaeulalia.com/quienes-somos/

COMPOSCLETA. Quen somos? Asociación Cívica Composcleta. Recuperado de http://www.composcleta.org/

EFE. (2018, 27 de Febreiro). Galicia lidera el descenso de mortalidad en carretera y es referencia en seguridad vial. El Correo Gallego. Recuperado de www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/galicia-lidera-descenso-mortalidad-carretera-es-referencia-seguridad-vial/idEdicion-2018-02-27/idNoticia-1102134/

MELCHOR, X. (2018, 5 de Marzo). Los atropellos bajan a la tercera parte en el arranque del año. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/03/01/atropellos-bajan-tercera-parte-arranque-ano/0003_201803S1C1992.htm

R.P. (2018, 28 de Febreiro). Casi el 40% de los fallecidos en accidentes de tráfico viajaba sin cinturón de seguridad. La Opinión A Coruña. Recuperado de http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2018/02/28/40-fallecidos-accidentes-trafico-viajaba/1267555.html

STOP ACCIDENTES. (2008, 3 de junio). Código deontológico para los Medios de Comunicación. STOP Accidentes. Recuperado de https://stopaccidentes.org/uploads/REIVINDICACIONES/codigo_deontologico.pdf

STOP ACCIDENTES. Asociación de Ayuda y Orientación a los Afectados por Accidentes de Tráfico. Quienes somos. STOP Accidentes. Recuperado de https://stopaccidentes.org/conocenos/asociacion-de-victimas-de-accidentes-de-trafico/gmx-niv15.htm 

SaveSave

25 comentarios en “O mal facer dos medios

  1. As cabeceiras dos diarios aos que aluden non son as reais (El Correo Gallego, La Voz de Galicia,…), mesmo din que a información procede, nalgún caso, dises diarios cando é información de axencia. Na análisedesde un Observatorio estas diferencias contan se queremos criticar con precisión e axeitadamente. Hai erros de dixitación que o editor debera solventar denantes de publicar e hai frases de balde no texto. Ollo aos pés de foto e á hora de cita-las fontes. Grazas.

    Gústame

  2. Comparto convosco a idea de que as fontes institucionais e organismos están máis centrados en dar cifras que exemplifiquen os seus esforzos que en analizar os posibles efectos positivos e negativos das medidas que poñen en funcionamento. Deberían profundizar un pouco máis e non só mostrar as cifras, porque se as cifras son positivas probablemente teñan un traballo detrás que tamén pode interesar á comunidade.
    Vexo que entre os obxectivos se atopa, sobre todo, o de lograr unha maior concienciación ante a seguridade vial. A Policía Local presenta na súa páxina un plan de educación vial (http://policialocal.santiagodecompostela.gal/info.php?sec=14&idioma=es) , pero polo que leo non debe ser todo o efectivo que debería ser, non? Eles deberían, ao impartir estes proxectos, saber que a señalización en Santiago non cumpre a súa función, ben para tentar remediar o problema ou ben para ter en conta á hora de poñer en marcha os plans de educación vial.
    Tamén lin recentemente que Composcleta demanda políticas de fomento de seguridade para peóns e ciclistas, pero ao mesmo tempo, non reclaman un carril bici porque explican que o espazo de Compostela, non estaba feito para o automóbil e que se adaptou. http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/composcleta-denuncia-un-aumento-do-70-dos-atropelos-santiago/idEdicion-2018-03-02/idNoticia-1102695/
    Pero, ata que punto se pode considerar “seguro” andar en bici por un mesmo lugar onde van tamén peatóns e bicis tendo en conta a pouca sensibilidade social que existe?

    Gústame

    1. Polo seu interese, na reflexión, o primeiro parágrafo debera seren argumentado co apoio dun enlace que ratificara a súa aseveración. No segundo parágrafo establece unha distancia non doada de satisfacer por parte da quen lle atribue: hai un actor que non aparece (quen goberna sobre a Policía local).

      Gústame

    2. É interesante a reflexión que fas sobre que á cidadanía lle pode interesar o traballo que se fai ao obter resultados supostamente positivos. Porén, cremos que moitas destas cifras positivas non teñen en conta a raíz dos problemas. Ademais, a pesares destes resultados, séguense producindo accidentes que se cobran vidas, e habería que traballar moito máis profundamente e non conformarse con dous sinistros menos ao ano, por exemplo. Nesta noticia publicada pola Voz de Galicia https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/12/30/2017-cierra-atropello-seis-dias/0003_201712S30C1996.htm vese que, por exemplo, os atropelos seguen sendo un grande problema.
      En canto ao tema dos ciclistas, considero que habería que reflexionar bastante sobre este caso en concreto, sempre buscando unha solución na que se consiga unha mellora para os ciclistas e para os peóns. Ti mesma falas da falta de sensibilidade social que existe, e a cal é un dos principais problemas, sobre todo neste país: a falta de educación vial. Quizais, neste caso, implementar na cidade zonas 30 sería unha solución?

      Gústame

      1. Claro Mónica, normalmente só interesa sacar á luz os resultados positivos porque ao fin e ao cabo, son a mostra de que o traballo, feito do modo no que sexa, está dando os froitos que s e esperaban. De feito, na seguinte noticia https://blogs.elconfidencial.com/motor/automaniacos/2017-07-03/siniestralidad-vial_1408292/ explícase como os responsables da DXT se sinten orgullosos de que a taxa de siniestralidade nas carreteiras sexa máis baixa aludindo sobre todo á política de radares. Se seguimos lendo na noticia, vemos que en realidade, en 15 anos non se fixo nada importante pola seguridade vial. Se isto fose así, tería que repercutir en que os conductores están máis sensibilizados, non?
        E isto, tamén o podo enlazar co que falas da zona 30. En Santiago houbo recentemente obras polo centro, e agora algunhas desas rúas son de preferencia peonil, o cal quere decir que os coches por esas rúas teñen que circular cunha velocidade máis baixa. Tamén as hai dun único sentido, con coches aparcados a ambos lados e logo as beirarrúas polas cal andan os peóns, co cal tampouco habería moito espazo para que puidesen circular as bicicletas. Creo que é unha boa medida, claro, pero lendo neste enlace https://www.race.es/seguridadvial/movilidad/zonas-30 os casos nos que se recomenda a zona 30, non creo que en Santiago acabe de encaixar. A ciclovía igual era unha mellor opción, a pesar de que requira obras, pero en canto seguridade… cada un iría polo seu sitio, sen perigo.

        Gústame

        1. Ana, tes razón no de que só interesa exaltar os aspectos positivos e, nin tan sequera así, se profundiza en explicar as medidas tomadas para conseguir melloras. Respecto á noticia que mencionas, e contestando á pregunta que fas, os condutores non están tan sensibilizados como deberían. Por iso cremos que unha boa educación viaria é necesaria. Por exemplo, nesta noticia publicada na Voz de Galicia https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/11/18/20-conductores-muertos-accidente-mezclaron-alcohol-cocaina/0003_201711G18P7992.htm vemos como os problemas relacionados co alcohol e outras drogas seguen estando moi presentes nos sinistros de tráfico, así que quizais necesitamos mellorar a sensibilización dos condutores neste tema, non?
          Por outra banda, é certo que quizais unha zona 30 non encaixaría moi ben na cidade de Santiago, ao igual que unha ciclovía. En ambos casos habería que realizar cambios estruturais e facer obras, polo tanto, sería cuestión de valorar que opción é mellor. Como ben ti dis, se se implanta un carril bici non debería haber perigos, xa que cada un iría polo seu sitio. Nesta noticia https://www.20minutos.es/noticia/3105494/0/ventajas-desventajas-carril-bicicleta/ podemos ver as vantaxes e os inconvenientes deste. Está claro que é unha boa opción para os ciclistas, mais moitas veces os peatóns ignoran a existencia deles e camiñan polas ciclovías. Quizais tanto a implantación dunha zona 30 como a dun carril bici sexan boas opcións para Santiago, a pesar dos problemas xerais de concienciación á hora de respectar as sinais.

          Gústame

          1. Evidentemente Mónica. Nesa noticia podemos ver que seguen estando moi vinculados os accidentes e as drogas, pero eu creo que dentro deste tema, iriamos máis alá. Xa non só hai que concienciar dunha seguridade viaria e o tan coñecido “se bebes, non conduzas”, senón que hai que incidir na problemática que isto ten na sociedade pois na seguinte noticia de El País https://elpais.com/ccaa/2018/03/28/madrid/1522244585_838055.html vemos como os adolescentes, a pesar de que comezan máis tarde, parece que o consumo aumentou, e os adolescentes ao volante aínda teñen menos responsabilidade que igual un adulto.
            E respecto ao que falas de último, ao carril bici e a zona 30, creo que a implantación de ambas sería unha mellor opción que querer arriesgar con unha soa.

            Gústame

            1. Boas Ana. É certo que o problema de alcohol e drogas é un problema que afecta á sociedade en xeral, non só á hora de conducir cando estás baixo os efectos destas substancias, mais si é unha parte importante, que ao final causa continuos sinistros que, á súa vez, provocan falecementos. Aquí comparto unha noticia que analiza este asunto https://www.elconfidencial.com/espana/2017-01-04/trafico-siniestralidad-accidente-carretera-drogas-alcohol_1311951/
              Un dato curioso respecto a este tema, que soubemos por un dos profesores da autoescola Santa Eulalia, Jesús Vilariño, é que a maior parte das persoas que perden os puntos do carnet e que deben ir aos cursos de recuperación dos mesmos son persoas entre 35 e 60 anos, aproximadamente. A xente máis nova cada vez é máis consciente do perigo que supón estar ao volante baixo os efectos do alcohol, mentres que as persoas máis maiores pensan que teñen o control. Quizais tamén sería importante reeducar á cidadanía dentro desta franxa de idade.

              Gústame

  3. Concha Caneiro Losada. Mobilidad (S1C).
    A seguridade viaria non está todo o garantida que debería e isto é un grave problema que está a acontecer por moito que se queira obviar. Esta gran problemática das vías santiaguesas intenta ser ocultada polos grandes medios de comunicación e as súas amigas, as institucións públicas. Entre tanto, asociacións como Composcleta ou Stop Accidentes dan outra visión do tocante que, polo menos, fai reflexionar a quen ten conciencia social.
    Que acontecería se os medios deixasen de basearse nas fontes institucionais e lle desen voz a asociacións como as que se mencionan na entrada anterior? Dende o noso punto de vista, consideramos que a manipulación da que somos vítimas é moi grande. E non só en temas de seguridade viaria, senón a todos niveis, nos que sufrimos o engano dos grandes medios de comunicación, cando deberían ser estes os que nos amosasen a verdade.
    Moitos son os exemplos de noticias nas que as fontes son organismos oficiais, como explicaban as nosas compañeiras. En cambio, son escasas as noticias que tratan este mesmo tema con declaracións de fontes non institucionais, ou da xente de a pé, é dicir, con un enfoque diferente ao que se ve maioritariamente. Para contrastar un pouco cos exemplos que ofreceron as compañeiras, buscamos na internet noticias que falasen de asociacións cuns obxectivos máis humanos, e tan só atopei unha noticia (http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/asociacion-composcleta-pedira-apoyo-ayuntamiento-santiago/idEdicion-2018-02-01/idNoticia-1097572/) “recente” de El Correo Gallego, de fai un mes, na que Composcleta facíalle unha petición ao Concello co obxectivo de que as súas ideas fosen apoiadas. Composcleta conseguiría un soporte real por parte do Concello de Santiago? Esta noticia nin sequera mostra unha vitoria ou un avance na concienciación das institucións públicas acerca da problemática da seguridade viaria. Dende a nosa humilde opinión, dubidamos que Composcleta, por pór un exemplo, consiga algún día os seus obxectivos ao 100%, pois a sociedade non amosa interese por cambiar as deficiencias, as inxustizas. A sociedade acomodouse nun mundo de ignorancia en moitos casos.
    Por outra banda, as compañeiras din que “a nosa loita é darlles voz”. Non estamos de acordo coa expresión “darlles voz”. Voz a quen? Consideramos que voz deberíamos ter todos, as asociacións que loitan sen descanso por acadar unha seguridade viaria real e tamén calquera persoa de a pé, pois esas persoas son as que realmente sofren esta deficiente política viaria. Non nos podemos esquecer dun neno ou nena que xoga no parque co balón, dunha persoa anciá que cruza un paso de peóns, e mesmo de quen vai con apuro a todas partes.
    Para rematar, se de verdade queremos que isto cambie, deben ser os medios de comunicación os que cambien o enfoque da súa información. E, como facelo? Ben é certo que é un asunto complicado e que require tempo, esforzo e insistencia, e non se asegura o éxito. Pero se asociacións, as persoas e os colectivos de diversa índole loitan xuntos por concienciar e por seren escoitados, coidamos que se pode acadar un avance na resolución da problemática que existe respecto á seguridade viaria.

    Gústame

    1. Máis que “dárlles voz” que é moi paternalista (ainda que así o expresamos nas aulas, certo é) é construir a voz xunto con elas. En todo caso, advirto, un comentario debe seguir as pautas de rigorosidade (crítica), non é un simple exercicio de opinión á contra, senón de aportación e análise ben argumentada.

      Gústame

    2. Iglesias Saá

      Boas Concha, tes razón no relativo a que a seguridade viaria non está tan garantida como debería estar.
      Respostando ás túas preguntas, se lles desen voz ás asociacións en lugar das fontes institucionais, consideramos que sería unha boa alternativa á manipulación á que estamos expostos por parte das institucións públicas, tal e como ti apuntas no teu comentario. Un exemplo desta manipulación da que falas, poderíamos atopala nesta nova (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/oroso/2018/03/10/diputacion-adjudica-tramo-700-metros-senda-sigueiro-san-mauro/0003_201803S10C6991.htm). Nesta noticia cóntase como a Xunta subvenciona unha senda peatonal en Oroso. Como estas noticias podemos atopar moitas, pois os medios prefiren alabar á Xunta en lugar de criticar os seus fallos. Por que? Para que lles dean unha maior subvención. Volvendo ao tema da noticia, só se fala dos beneficios que esta vía ofrecerá aos viandantes; pero nunca se menciona os erros que esta obra pode ter, que obviamente ten que ter, pois nada é perfecto. Por que non se citan? Polo dito anteriormente, polos intereses da Xunta. Isto mesmo ocorre coa Rotonda de Conxo; por iso decidimos incorporar ao noso círculo a un membro da organización de Conxo, para darlle voz aos problemas que a prensa ten que ocultar sobre as obras que a Xunta subvenciona.
      No relativo á segunda pregunta, como acabo de dicir, temos que darlle voz ás asociacións de veciños, asociacións como Composcleta, afectados por accidentes… Por que? Porque os medios de comunicación influenciamos máis ca unha mera asociación; pois chegamos a máis xente. Por iso temos que darlles voz, para loitar conxuntamente con esas asociacións para que logren os seus obxectivos.
      Por último, respostando á terceira pregunta, os medios debemos mudar a nosa forma de expoñer a información contrastando mellor as fontes; non debemos esquecernos das asociacións, do punto de vista cidadán; é decir, non debemos únicamente fixarnos na opinión das institucións públicas, se non na de todos os cidadáns que transitan esas vías. Non debemos centrarnos unicamente nunha soa fonte, hai que tratar a todas por igual.

      Gústame

      1. Concha Caneiro Losada. Mobilidade (S1C):
        Ben é certo o que dis Mónica, os medios de comunicación queren ter satisfeitos ás institucións públicas, para así beneficiarse das súas subvencións. Respecto á noticia da que falas, consideramos que non sempre se obvia a parte mala das historias co obxectivo de beneficiarse dos intereses da Xunta, senón que tamén se pode realizar polo simple feito de que é máis fácil ter á sociedade contenta que mostrar os defectos que pode carrexar unha construción viaria. Unha construción que se intúe que ten que amosar beneficios dende o principio.
        É interesante saber que opina unha persoa desvinculada das institucións públicas, neste caso un membro da organización de Conxo. Atopamos unha noticia (http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/criticas-diseno-rotonda-conxo/idEdicion-2018-01-16/idNoticia-1094412/) na que a oposición á Xunta recalca a problemática que está traendo á circulación esta obra. ¿Cal é a opinión do membro do voso círculo respecto á información que se dá nesta noticia?
        Tes toda a razón no relacionado coa loita conxunta; asociacións de veciños e outros colectivos xunto cos medios de comunicación, pero para isto é necesario que a sociedade conciencie aos medios, da problemática que está a ter lugar no referente á seguridade viaria. Os medios de comunicación deberían empregar; á hora de cubrir un acontecemento, os criterios básicos do bo xornalismo (contrastar as fontes, veracidade, honestidade, empregar a máxima obxectividade posible, etc). É preciso mobilizarnos para mudar esta situación que estamos a vivir.

        Gústame

        1. Iglesias Saá

          Boas Concha, tras consultar a túa pregunta con Luís Matos, da asociación de veciños de Conxo, respondeunos o seguinte: “Con relación á rotonda de Conxo, a AVV Dr. Maceira, sempre se manifestou contraria á reforma levada a cabo, pois desde o primeiro momento púxose de manifesto a importante brecha que supón para a mobilidade do barrio, ao dividilo en dúas partes sen posibilidades de comunicación real. Desde o principio defendimos unha proposta que facilitase a comunicación e a mobilidade dos residentes aproveitando o espazo resultante como punto de encontro no que desenvolver diversas actividades de ocio e tempo libre, así como un espazo interxeracional e de participación social. A proposta á que no seu momento fora receptivo o concello consistía nun falso túnel que, ademais intercomunicar o barrio, permitiría dispoñer dunha praza cunha extensión aproximada de cinco mil metros cadrados na que realizar actividades de todo tipo.
          En canto ao deseño estrutural da actual rotonda e á ordenación de tráfico, calquera persoa, aínda sen formación específica, pode entender que é un auténtico despropósito, e que se os incidentes non son máis numerosos ou con maiores danos persoais é por pura sorte”.
          Buscando exemplos dos diferentes accidentes que se producen nesta rotonda, atopei o seguinte (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/03/25/aparatosa-colision-conxo/0003_201803S25C6994.htm), nel pódese observar o que ben di el: nesta rotonda ningún dos accidentes que se producen teñen graves repercusións de danos persoais para os afectados.

          Gústame

          1. Concha Caneiro Losada. Mobilidade (S1C).
            Ben é certo o que di Luís Matos, María. A rotonda está a causar moitos incidentes e queixas debido a súa mala situación. Como a noticia que compartiches, podemos atopar outras da mesma índole, como é o caso destas dúas noticias publicadas en La Voz de Galicia (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2017/04/10/chocan-cuatro-vehiculos-rotonda-conxo/00031491842603682188823.htm) (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/padron/2017/04/25/accidente-tunel-conxo-corto-media-hora-trafico-salida-sur-ciudad/0003_201704S25C3993.htm). Son moitos os accidentes que se producen neste tramo, e en cambio, son moi poucas as voces que escoitamos queixarse. Dende os medios de comunicación deberían deseñalo de tal xeito que se poida amosar como unha problemática seria para que as institucións públicas se concienciasen do despropósito, como dicía Luís Matos, que se construíu en Conxo para así, poñerlle solución dunha vez.
            A maioría dos accidentes que acontecen en Conxo son sen feridos, pero, que pasará o día que se perda algunha vida? Hai que poñerlle remedio xa.

            Gústame

            1. Ben é certo o que dis Concha, neste tramo prodúcense moitos accidentes; pero, como ben dis, nunca se fai nada por solucionar o problema desta rotonda. Iso si, cando ocorren tres ou catro mortes, xa a catalogan como punto negro. Pero ata entón, parece ser que todas as protestas son nulas. Isto mesmo acontece noutros puntos de Galicia, nos que xa se produciron mortes, pero non chegaron a ser un número suficiente para a DXT. Un exemplo disto é esta noticia de La Voz de Galicia (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/04/05/joven-22-anos-murio-chocar-coche-viajaba-pasajero-calle-lugo/0003_201804G5P8994.htm ). Estou de acordo contigo en que hai que poñerlle remedio a isto xa; pero deben ser os medios de comunicación os primeiros que teñen que alzar a voz ante estos casos, e non esperar a que ninguén o faiga por eles.

              Gústame

              1. Concha Caneiro Losada. Mobilidade (S1C):
                Non é só a rotonda, son todos os puntos perigosos que existen na cidade de Santiago, como xa sabedes e amosastes noutro dos vosos post. Ás protestas deberíaselle facer caso no momento no que se ve un risco que poida por en perigo a vida das persoas e non cando xa hai mortos. Este funcionamento debería ser mudado decotío polas institucións públicas, é dicir, tanto pola DXT como polo Concello.
                Ben é certo que os medios de comunicación teñen un peso fundamental nestas protestas e, se funcionaran de forma correcta, moitos destes problemas que estamos a observar teríanse solucionado fai tempo. O problema é que os únicos que se queixan a diario son as asociacións e colectivos. Colectivos que non teñen o mesmo poder que os medios de comunicación sobre a sociedade. Por exemplo, unha noticia do xornal El Correo Gallego publicou en febreiro unha noticia dunha Asociación de veciños queixándose da falta de seguridade viaria en San Lourenzo (http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/sensacion-olvido-parte-concello-barrio-san-lourenzo/idEdicion-2018-02-08/idNoticia-1098858/). Se día a día se insistise nestes asuntos, poderíase chegar a lograr algo. Debería crearse unha voz conxunta por parte de asociacións, colectivos e medios de comunicación. Deste xeito, seguramente conseguiríamos que as institucións públicas lle puxeran punto final a este senfín de desaxustes e problemas.

                Gústame

  4. Paula Rodríguez Valderrey. Barreiras Arquitectónicas (S3B)
    Eu considero normal que as institución públicas falen de datos, doutro xeito non se podería ver o duro traballo que están a facer dende hai uns anos (https://www.20minutos.es/noticia/3218409/0/seguridad-vial-colegios/). Considero que a mellora na educación vial da cidadanía é notable, e dende os citados organismos oficiais preocúpanse de dar voz e luz a este tema. Os medios deben realmente ser educadores ou só divulgadores da actualidade e a realidade?
    Doutra banda, non considero que os medios dean pouca información, de feito existen tags nalgúns medios para facilitar a búsqueda de noticias deste tema. (https://elpais.com/tag/accidentes_trafico/a)

    Gústame

    1. Boas Paula. Neste post non criticamos exactamente que as institucións públicas falen unicamente de datos (que tamén é un tema a tratar), se non que en especial denunciamos como os medios de comunicación só dan voz a fontes institucionais obviando e deixando a un lado as voces cidadáns, que en moitas ocasións tamén teñen moito que dicir sobre o tema. Porén, tamén cremos que uso de cifras sen máis é algo que vemos de maneira habitual nos medios e que ao final non resulta para nada produtivo no tema que nos ocupa. Ti dis que é unha maneira de reflexar o seu labor nos últimos anos, pero realmente, que beneficio aporta este tipo de información á hora de mellorar a seguridade viaria en Santiago de Compostela? https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/12/30/2017-cierra-atropello-seis-dias/0003_201712S30C1996.htm Poñendo esta noticia de exemplo, de que serve realmente, dicir que existe un atropelo cada seis días se non explicamos cales son as súas principais causas e demandamos posibles solucións para que estes se reduzan? Por todo isto cremos que os medios non desenvolven o seu traballo correctamente xa que con este tipo de novas non se está nin informando nin formando correctamente á poboación. Por suposto que cremos que os medios non deben ser meros divulgadores nestes casos, e xustamente como comentas ti a educación viaria é un factor chave neste aspecto, polo que os propios medios deberían estar traballando para fomentar esta. Con respecto ao que dis de que se da bastante información sobre o tema, non tes máis que falar con calquera dos prexudicados e veras como moitas das súas demandas non teñen cabida nos medios. Polo tanto, aínda que poida haber moita información sobre o tema (o cal tampouco é de todo certo) volvemos a insistir no contido da que hai, simples datos que non aportan nada e que deixan de lado todas as demandas e retos que continúan a existir en relación coa temática.

      Gústame

  5. Adriano Ferreiro Rodríguez

    En relación coa falta de concienciación en materia de seguridade vial, nos últimos meses apareceron novas como esta no xornal El País que falan sobre o aumento de persoas mortas por siniestros nas autoestradas españolas.

    https://politica.elpais.com/politica/2017/07/14/actualidad/1500028122_232851.html

    Nos medios acostumamos a ver únicamente datos sobre os accidentes en carretera e moitos estudos e comparacións con anos anteriores. Faise unha crítica pero moi suave da falta de competencias que ten hoxe en día o noso sistema de circulación. Hai moi pouca regulación con respecto aos ciclistas ou os peatóns que son tamén figuras importantes no mundo da seguridade vial. Con estas noticias habituais, non se mellora en seguridade vial xa que os medios olvidan unha das funcións máis importantes que teñen: formar á sociedade.

    As campañas que se fan para evitar os accidentes en carretera están poucos actualizados e soamente céntranse en evitar o alcohol e as drogas cando se colle o coche. Está ben pero non é suficiente.

    A formación nas autoescolas, que debería actualizarse individualmente cada certo tempo para renovar conceptos, non é suficiente para entender ben as normas de circulación. Fanse poucas referencias a todos os elementos que conforman a seguridade vial e as ensinanzas teóricas non se axustan despois ás ensinanzas prácticas.

    Gústame

  6. Está claro que os medios non son quen de tratar como é debido o tema da seguridade viaria e é moi doado atoparnos con noticias nas que casos desta temática non sexan transmitidos dun xeito adecuado. Esquécense por completo do seu papel formativo centrándose tan só en informar e nin tan sequera convenientemente. Por isto é que, como comentamos na nosa seguinte entrada, asociacións como Stop Accidentes propuxeron no 2008 a creación dun código deontolóxico para os medios de comunicación en materia de seguridade viaria. Como ben din, “un tratamento periodístico ben orientado do tema da seguridade viaria é un paso previo imprescindible para solucionar o problema”. Moitos dos grandes medios deberían tomar nota desta iniciativa
    (https://stopaccidentes.org/uploads/REIVINDICACIONES/codigo_deontologico.pdf)

    Respecto á formación nas autoescolas, si é verdade que en moitos casos non é a axeitada. Na nosa primeira reunión de círculos, mesmo o director da autoescola Santa Eulalia, Xesús Vilariño, admitiu que “hai que facer autocrítica” e que “todos temos culpa, incluídas as autoescolas. Non formamos nada ben ós condutores”.

    De todos os xeitos pode que, con un pouco de optimismo, isto vaia cambiando. A finais do ano pasado comezaban a aparecer noticias sobre cambios na Lei de Tráfico buscando unha mellor formación dos condutores. Gregorio Serrano, responsable da Dirección Xeral de Tráfico, explicaba que: “É evidente que hai que cambiar o xeito de examinar, hai que introducir novo material, como vídeos, onde haxa situacións reais de tráfico e non so contestar ‘a, b e c’ nun test”. O mesmo comparte o presidente da Confederación Nacional de Autoescolas, José Miguel Báez (http://www.abc.es/sociedad/abci-5-grandes-cambios-para-sacarse-carne-conducir-2018-201802141411_noticia.html)
    Esperemos que as melloras sexan notables canto antes.

    Gústame

    1. Elaborar un código deontolóxico para que os medios informen correctamente en materia seguridade vial resulta unha iniciativa por parte de Stop Accidentes moi interesante xa que axudaría moito a formar á sociedade. Puntos que se tratan neste código como o punto 9 que fala de “transmitir valores cívicos á xente xoven e outros colectivos de risco” son imprescindibles para concienciar a todas as persoas que interveñen no desenvolvemento da seguridade vial a un mellor exercicio da mesma.

      A idea principal sería que os medios deixen de abrir cada luns xeralmente con información dos mortos en carretera o fin de semana, como esta que atopamos en 20 minutos https://www.20minutos.es/noticia/3234417/0/muertos-carretera-fin-de-semana/. Os medios deberían achegar o por qué do sinistro e como poderían evitarse esas situacións. Ademais, os usuarios das autoestradas, serán os primeiros que coñecerán en primeira persoa os perigos dunha conducción temeraria. Estarán anticipados do que poida pasar se non conducen con precaución, con clases como a de concienciación ou como di Gregorio Serrano, previamente a practicar, enfrontarse a situacións reais e saber solucionalas.

      Gústame

      1. Si é certo que nos medios de comunicación, como neste post apuntamos, unicamente se preocupan por amosar datos básicos respecto a aspectos da seguridade viaria. Deste xeito esquécense por completo da labor formativa que terían que desempeñar.

        Como ben dis, nos medios deberíase explicar cal foi o elemento causante dunha incidencia viaria, concienciando á sociedade. Se buscamos noticias sobre este tema é moi doado atoparnos con claros exemplos disto que che estou a comentar.

        (https://www.lavozdegalicia.é/noticia/santiago/2018/01/10/aparatoso-accidente-avenida-lugo/00031515583790764482727.htm e http://www.elcorreogallego.é/santiago/ecg/ferida-acode-envorcar-coche-ag-56/idEdicion-2018-03-10/idNoticia-1104191/)

        Na primeira noticia da Voz de Galicia, por exemplo, vemos como se trata un accidente de autobuses acontecido na Avenida de Lugo. A nova, ademais de ser pouco extensa, non nos ofrece ningún tipo de información relevante. Explícanos que o autobús máis afectado sufriu enormes destrozos no seu frontal, si, pero nada máis aló do que simplemente podemos observar na fotografía do feito.

        Na segunda, do Correo Galego, vemos como unha muller resultou ferida á altura de Conxo ao envorcar o seu vehículo. De novo a causa é descoñecida, a diferenza doutros datos irrelevantes como é a idade desta. Estou segura de que a moitos, igual que a min, gustaríanos coñecer que foi o que pasou para que estes accidentes acontecesen, tanto se foi responsabilidade do condutor ou doutro factor externo. Se nos explican que isto ocurriu porque o condutor ía distraído ou bébedo concienciarémonos do que nos pode pasar se imitamos esta conduta irresponsable, e se nos explican que a causante foi a mala sinalización ou ou mal estado da vía, ó transitar por esas zonas, seremos conscientes dos perigos ós que nos exporemos.

        É por isto polo que criticamos o que acontece nos medios e polo que, no seguinte post, adicarémonos a falar sobre os puntos conflitivos respecto á seguridade viaria en Compostela. As dúas zonas nas que tiveron lugar os accidentes dos que se fala nas noticias citadas trátanse de lugares arriscados e problemáticos para a condución, pero é algo do que, como vemos, non se informa e moitos descoñecen. Por este motivo encargarémonos de ser nós quenes informen, e ademais formen, sobre isto.

        Gústame

        1. As noticias que amosas son un claro exemplo da falta de formación que fan os medios sobre os accidentes de circulación. Como ben dis, sería necesario coñecer os factores do acontecemento xa que, como explicas, se foi debido a unha mala señalización, a xente estaría avisada con previsión do perigo ao que se expón.
          Cos casos de alcohol e drogas acontece un pouco o mesmo. O Goberno alerta da perigosidade que ten poñerse ao volante estando bébedo pero seguimos atopando cada fin de semana casos de conductores ebrios ao volante
          https://www.burgosconecta.es/provincia/positivos-drogas-alcohol-20180416134040-nt.html
          . Atopamos noticias en relación a un maoir control sobre drogas e alcoholismo e sobre as penas que estas acarrean (http://www.laverdad.es/murcia/trafico-aumentara-test-20180419011912-ntvo.html)
          pero, son poucas as novas que atopamos para falar sobre o perigo que ten sobre todo para conciencias aos novos conductores que somos os mais propensos a coller o volante sen ter en conta as consecuencias

          Gústame

          1. Correcto, facer isto sería o propio. Con este tipo de noticias non forman á cidadanía e nin sequera informan debidamente. Mudar esta situación é necesaria canto antes e nos, como futuros xornalistas, temos a posibilidade de pouco a pouco ir conseguíndoo.

            O alcohol e as drogas está claro que son dous dos principais factores que causan ó volante un risco imimaxinable, aínda que moitos nono queiran ver. Esta nova fálanos dun dos casos máis recentes e fatais respecto a esta problemática en Santiago e, como era de esperar, a información é de novo a mínima posible. (http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/un-conductor-ebrio-drogado-derriba-farola-ensanche/idEdicion-2018-02-13/idNoticia-1099667/)

            Nos conductores noveis é típico atoparnos cunha sobreconfianza, por iso é que é preciso formalos e informalos das consecuencias. Parécenme interesantes artículos como este cos que aconsellalos, con recomendacións e advertencias que deberíamos ver tamén nas noticias. (https://www.motor.mapfre.es/consejos-practicos/consejos-de-conduccion/7241/conductor-novel-te-interesa-4-errores-tipicos)

            Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s