A taxa turística en Santiago de Compostela

González Fungueiriño, López Otero

A taxa turística tratase dun imposto establecido por lei, que grava ós viaxeiros cando estes visitan unha localidade ou país determinados. O imposto soe cobrarse no aloxamento ou ó reservar un billete de avión. Esta taxa turística é aplicada polos gobernos e concellos co fin de teren un fondo destinado a medidas de conservación, desenvolvemento e promoción das infraestruturas e as actividades turísticas, así como ó financiamento para garantir a protección do entorno natural.

A taxa turística habitual é a de pernoctación. Supón que cada persoa que se aloxe nun hotel, albergue ou hostal dunha cidade na que se aplica a taxa, aboe unha cantidade fixa por cada noite que permaneza na localidade. Este imposto soe estar ligado ó tipo de aloxamento, xa que o turista non paga o mesmo, por exemplo, por aloxarse nun albergue que nun hotel.

A continuación algúns dos exemplos das cidades con taxa turística en Europa:

la-tasa-turistica-en-los-hoteles-de-europa
Fonte: Travel. Explore. Live. El Blog de experiencias de InterMundial

No caso que abrangue, a aplicación desta taxa está xerando polémica. A proposición foi impulsada por participantes da Mesa de Turismo e segundo o alcalde da cidade, Martiño Noriega, o concello solicitou que a Xunta de Galicia active unha taxa turística por pernoctación. Esta proposta foi rexeitada polo goberno autonómico, polo que cre que é lóxico que o consistorio faga algo similar no marco das competencias municipais. No caso de ser aplicada, non superaría os dous euros por viaxeiro e noite. Por outro lado, a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, cre que non é lícito comparar o modelo turístico dunha grande cidade, como pode ser Barcelona, con Santiago, cuxo fluxo de visitantes se concentra entre os meses de verán, sendo o resto de meses de baixa ocupación hoteleira.

O debate que está medrando supuxo que, trala negativa da Xunta e co apoio dun estudo realizado polo catedrático en Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Luís Caramés, o Concello de Santiago de Compostela estea estudando a posibilidade de introducir unha taxa turística municipal. O estudo conclúe que a instauración dunha taxa turística na cidade supoñería o ingreso de un millón de euros ás arcas municipais. Segundo o mesmo, a cifra aplicada deberá ser moderada e proporcional tanto á época do ano como ó tipo de aloxamento. Trataríase dun gravame entre 0’25 e 2 euros por viaxeiro e noite. Cómpre recordar que o pasado mes de marzo Compostela tivo os prezos medios por habitación máis baixos de España.

Polo tanto, non conformes coa decisión da Xunta, dende o concello, a concelleira de Turismo, Marta Lois, e a xerente de Turismo, Flavia Ramil, expoñen a posibilidade de introducir un gravame ós excursionistas, é dicir, os visitantes que pasan na cidade menos de vinte e catro horas, para contribuír ó seu mantemento. Dentro do debate cómpre ter en conta que dita taxa aportaría ganancias a un fondo destinado ó turismo na capital, non só nos picos de maior afluencia, senón tamén en temporada media e baixa.

As principais liñas de actuación do Plan Estratéxico de Turismo de Santiago 2017-2022 foron presentadas no mes de febreiro. Segundo a concelleira de Turismo, búscase consolidar a capital galega como un destino sostible en tres niveis: social, económico e medioambiental. Porén, non se concretou nada respecto á aplicación de dita taxa. 

A chegada de turistas non deixa de bater récords cada ano na capital galega polo que dende o concello entenden que no ámbito social é fundamental o entendemento entre veciños e visitantes. Espérase que este crecemento do fluxo turístico aumente ata o 2021. Resulta necesario propoñer políticas de mobilidade que permitan que o uso turístico se compatibilice cotián para evitar a masificación e favorecer a que a experiencia turística sexa mellor tanto para os visitantes como para os residentes, sobre todo na zona vella da cidade que soporta maior carga turística.

Como viamos na infografía incluída neste artigo, a taxa turística que revirte na mellora da conservación dos puntos turísticos, así como no desenvolvemento e a promoción de infraestruturas e actividades turísticas, é habitual en moitas cidades de Europa; estando presente en numerosas urbes, que como no caso de Compostela contan con grande tradición histórica, como París, Lisboa, Roma, Berlín, Praga ou Budapest. Este tipo de taxa aplícase tamén fóra do continente, en países como Estados Unidos, Xapón, Marrocos, Malaisia e Filipinas.

A aplicación desta taxa segue sendo unha incógnita no caso da capital galega. O concello apoia a decisión de aplicar este pequeno imposto aos visitantes, pero o goberno autonómico considera que non sería bo para o turismo porque non é equiparable con outras localizacións cunha concentración turística maior como no caso doutras grandes cidades europeas. De momento, os visitantes non pagarán a maiores, pero é incerto que nun futuro si teñan que facer unha aportación se pretenden pernoctar na cidade. O que non sabemos é se esta medida repercutirá no número de visitantes, que se vería reflectido na economía, especialmente nos sectores da hostalería e cultura.

Por último, desde os medios o posicionamento é nulo, xa que utilizan a información da axencia de noticias EFE sen facer destacamento, polo que non xera debate e a información difúndese sen ningún tipo de especialización ao respecto.

Bibliografía:

Alberto Rubio.Travel.Explore.Live. El blog de experiencias de InterMundial. La tasa turística a través de 5 preguntas. Recuperado de:

https://www.intermundial.es/blog/la-tasa-turistica-a-traves-de-5-preguntas/

J.CAPEÁNS/ S. LUAÑA. La Voz de Galicia. La Xunta no ve necesaria la tasa turística en Santiago y apuesta por llenar los hoteles todo el año. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/10/10/xunta-ve-necesaria-tasa-turistica-santiago-apuesta-llenar-hoteles-ano/0003_201710G10P16993.htm

EFE. 20 minutos. Santiago de Compostela estudia introducir una tasa municipal a los excursionistas. Recuperado de:

https://www.20minutos.es/noticia/3259730/0/santiago-compostela-estudia-introducir-tasa-municipal-a-excursionistas/

EUROPA PRESS. Epturismo. Un estudio apoya la aplicación de una tasa turística en Santiago. Recuperado de:

http://www.europapress.es/turismo/destino-espana/espana-verde/noticia-estudio-apoya-creacion-tasa-turistica-santiago-20171005143113.html

LM/Agencias. LIBREMERCADO. Santiago quiere cobrar a los visitantes que pasen menos de 24 horas en la ciudad. Recuperado:

https://www.libremercado.com/2018-02-12/santiago-quiere-cobrar-una-tasa-a-los-visitantes-que-pasen-menos-de-24-horas-en-la-ciudad-1276613723/

Redacción. Faro de Vigo. Un estudio avala la implantación de la tasa turística, que la Xunta rechaza. Recuperado de:

http://www.farodevigo.es/galicia/2017/10/06/estudio-avala-implantacion-santiago-tasa/1762

Redacción. Hosteltur. Santiago de Compostela se plantea una tasa turística para excursionistas. Recuperado de:

https://www.hosteltur.com/124863_santiago-compostela-se-plantea-tasa-turistica-excursionistas.html

SaveSave

10 comentarios en “A taxa turística en Santiago de Compostela

  1. Neste primeiro post deberan incorporar ao debate aos medios e a información que xeran sobre este asunto, pois non se trata tanto da divulgación dun tema ( xa está na proposta)-ou dun aspecto en concreto, como é o caso- senon de ver como os medios falan do tema, e partir de aí para analisar experiencias e explorar modelos posibles. Grazas.

    Gústame

  2. Como comentáis en este post, se está planteando la posibilidad de introducir una tasa turística municipal; ya se sabe los beneficios que esto supondría para las arcas municipales, pero ¿cómo afectaría a los sectores de la hostelería y cultura? No estaría de más saber la opinión que tienen estos últimos en lo referente a la tasa, ya que parece que no están muy de acuerdo: http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/hoteles-apenas-facturan-invierno-ven-absurda-tasa-turistica-santiago/idEdicion-2017-03-03/idNoticia-1043966/
    Podríais comentar al mismo tiempo en qué consisten brevemente las políticas de movilidad y/o qué enfoque se les da en los medios.

    Por lo general, aportaría un enfoque contrastando los lados positivos (de los que están a favor de la aplicación de la tasa) y los lados malos (opinión de los hoteles o sectores que les repercute negativamente) para contrastar las dos caras que ofrece esta implantación. Asimismo, serviría para ver cómo afectaría esta tasa turística tanto al concello, a los sectores turísticos y hosteleros, como a los propios turistas o la población compostelana, si es que les afecta de algún modo.

    Liked by 1 person

    1. Efectivamente Laia, desde os servizos hostaleiros non hai un apoio á taxa turística porque consideran innecesaria a aplicación da mesma, tendo en conta, como comentamos no post, que Santiago de Compostela non ten unha chegada masiva e continua de turistas como outras cidades europeas, sen ir máis lonxe Barcelona, por exemplo. Polo tanto, é comprensible que non apoien a medida porque verían reducida a súa actividade, como expón no artigo que aportas. Porén, e aínda que nos resulta interesante a nivel persoal o tema das políticas de mobilidade, cremos que está máis relacionado co día a día da cidade que o propio turismo en si, como se recolle no documento do Plan de Mobilidade Sostible de Santiago de Compostela:

      http://santiagodecompostela.gal/medi/departamento/atencion_cidadan/Trafico/PMUS_Santiago2.pdf

      Como xa se explica na publicación, desde as Institucións hai contraposicións de ideas entre os favorables e non favorables á aplicación da taxa turística: os que están de acordo coa súa implantación é porque aseguran que achegará ata un millón de euros ás arcas municipais e os que non están de acordo opinan que traerá perdas, xa que tampouco hai un plan detallado dos beneficios da aplicación deste tipo de gravame.

      Gústame

      1. Como tu bien dices Yaiza, al no tener una llegada masiva de turistas sí que es comprensible que los servicios hosteleros no apoyen la aplicación de esta tasa, pero como se muestra en esta noticia, Galicia ha presentado su oferta turística en Irlanda, que viene siendo el segundo mercado extranjero que más creció el año pasado. En esta noticia se comenta que Galicia enseñó a grandes operadores irlandeses los productos que más se adaptan al gusto de los ciudadanos de Irlanda para de este modo, incorporar la oferta gallega a los viajes organizados que parten de esta isla.

        http://www.cronicasdelaemigracion.com/articulo/galicia/galicia-presento-oferta-turistica-irlanda-segundo-mercado-extranjero-mas-crecio-ano-pasado/20180413090123085736.html

        Esto tiene un vínculo directo con el comportamiento positivo del mercado irlandés con respecto al turismo gallego, ya que la cifra de viajeros alojados creció el año pasado un 7,6% y el volumen de noches también subió un 13,7%.

        Con esto me refiero a que la aplicación de la tasa en estos casos puede que no sea tan ‘innecesaria’ ya que como muestra la noticia, Galicia se sitúa en sus máximos históricos con cerca de 53.000 viajeros alojados y casi 77.000 noches en el conjunto de la oferta reglada de la comunidad. Tampoco digo que con esta subida de hospedajes, Santiago se asemeja a alguna de las ciudades que comentabais donde la tasa turística sí que se ve que es necesaria o que está causando efectos positivos como es Barcelona o Berlín; pero sí quizás, que esta subida de turistas puede que vaya incrementando hasta el año 2021 como bien decís en el post, y la medida no quede tan insignificante.

        Gústame

        1. O que pasa en Santiago é que a chegada de turistas se reduce a uns meses determinados do ano e a estacionalidade é moi curta, de feito, adoita a ser só dunha noite. Desde CETUR, fixeron un estudo de caracterización da demanda turística de Santiago de Compostela:
          http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/INFORMEANUAL2017.pdf

          No estudo podemos ver que a afluencia de turistas se reduce aos meses de xuño, xullo, agosto e outubro. Por iso, consideramos que a aplicación da taxa turística sería un erro, a parte de que o volume de turistas, aínda na temporada alta, non é de especial notoriedade. Ademais, temos que ter en conta que un 33,3% dos visitantes que chegan a Santiago son peregrinos que, por veces, non chegan a pernoctar na cidade.

          Aliás, desde a Xunta xa invirten unha cuantía importante destinada á conservación e fomento do Camiño de Santiago e Catedral sen necesidade da implantación dun gravame aos visitantes da cidade.

          É interesante o punto que mostras do mercado irlandés, pero considero que non xustifica a aplicación dun imposto deste tipo. Tería que aumentar considerablemente a afluencia de visitantes para que chegara a ser rendible mentres que o modelo turístico imperante sexa a peregrinaxe e non se lle dea un maior pulo a un modelo alternativo.

          Gústame

  3. Como indicades no post co exemplo da imaxe das cidades con taxa turística en Europa, é importante destacar que todas elas son cidades moi concorridas e visitadas todo o ano. Por exemplo París, Berlín, ou Roma son capitais europeas cunha afluencia de turistas que non se pode comparar coa que pode ter Santiago. Ademais, moito do turismo que se ve por Compostela é relixioso, como podemos ver nesta noticia, onde se fala de que o 20% dos visitantes da cidade son peregrinos: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/11/14/peregrinos-solo-20-visitantes-llegan-compostela/0003_201711S14C2991.htm.
    Isto é moi importante destacalo, xa que este tipo de visitantes non adoitan gastar moito diñeiro na súa estancia aquí, polo que se ademais se lles impón unha taxa turística, é probable que a afluencia destes diminúa. Creo que a variedade de nacionalidades que visitan Compostela é algo moi positivo que debe manterse. Introducir este tipo de impostos podería chegar a ser perxudicial para o sector turístico e cultural da cidade.

    É certo que o millón de euros que se podería ingresar nas arcas municipais se se instaurase esa medida sería moi convinte para mellorar diversos enclaves turísticos da cidade e a apariencia xeral dos lugares aos que acuden os turistas. Sen embargo, é á súa vez moi probable que coa instauración da medida os ingresos se atopen moi lonxe do que se supoñía que se ía ingresar, debido a que supón un gasto a maiores para os turistas.

    Xa non ten que dicir, que en temporada media e baixa, sobre todo nesta última, Compostela non recibe tantos turistas como nos meses de Xullo e Agosto. A implantación deste imposto perxudicaría aínda máis o turismo nas épocas máis “baixas” do ano. Sen embargo, tamén é certo que o turismo está mal regulado por parte do Concello. Non se ten control sobre os pisos que están en aluguer, como ben indica esta noticia publicada en eldiario.es https://www.eldiario.es/galicia/turisticos-ilegales-mueven-Santiago-millones_0_749975839.html
    Se se fixese un control máis estricto sobre os alquileres turísticos, quizais non fora necesario implantar esta taxa turística. Realizar inspeccións e sancións é a solución para poder ter todo máis controlado e que isto non supoña competencia desleal para o sector turístico que sí está cumprindo a lei. Deberían de poñerse nunha balanza os pros e os contras, tendo en conta a opinión do sector, porque ao fin e ao cabo é quen máis vai notar a diferencia no caso de que se aplique esta medida que se está tendo en conta.

    Resposta de: Sara García.

    Gústame

    1. En efecto e tendo en conta que a maior parte do tursimo que recibe Santiago se trata de excursionistas, o principal punto de debate parte de que mentres dende a Xunta consideran que a cidade está lonxe de convertirse nun enclave de visitas de masas que puidera requerir de ingresos extra para mitigar a presión que podería conlevar dito turismo, o goberno local defende que o principal problema é de feito o excursionismo, que non pernocta na cidade nin consume moito, pero que contibúe ó deterioro do casco histórico e a imaxe da cidade. Sobre todo cando, por exemplo, coinciden varias excursións, visitas de cruceiros, etc. É por isto que dende o concello estudan aplicar una tasa ós excursionistas. De cómo pretenden facer tal cousa ainda non se sabe nada, isto é todo o que se pode atopar sobre o Plan Estratéxico de Turismo de Santiago de Compostela 2017-2022 http://www.santiagoturismo.com/plan-estratexico-de-turismo-2017-2022

      En cando ó tema das vivendas turísticas sen regular, o pasado sábado tivo lugar no ensanche unha reunión promovida pola Asociación de Viviendas Turísticas de Galicia tras, ó que parece ser, a acumulación de queixas recibidas na asociación por parte dos veciños de Santiago, sobre as dificultades interpostas polo concello á hora de regular as súas vivendas para uso turístico
      https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/03/17/duenos-pisos-turisticos-acusan-raxoi-dificultar-regularizacion/0003_201803S17C1992.htm . Da opinión do concello ó respecto non temos máis información pois a pesares das tentativas de contactar con Incolsa, só recibimos resposta de Dimas González vocal da Santiago de Compostela Film Commission.

      Gústame

      1. Entón, segundo o que ti explicas, se a maior parte do turismo que recibe a cidade de Santiago son excursionistas, non deberían de estudar se a aplicación desta taxa turística acabaría perxudicando aos pequenos negocios, que ao fin e ao cabo, poderían ver minimizados os seus ingresos debido a que os turistas prefiran visitar outras cidades que non cobren este tipo de impostos? Está ben contar con uns fondos destinados a amañar o casco histórico e evitar o seu deterioro, pero quizáis impoñer un imposto a turistas que non pernoctan na cidade non sería a mellor forma. Coido que se isto se acaba producindo, a cantidade de turistas que visiten Compostela será bastante menor. Como ben indican nesta noticia que adxunto a continuación, os hosteleiros poderían chegar a catalogarse como “recaudadores de impostos”, e non é a imaxe que se desexa dar. O enlace da noticia: http://www.europapress.es/galicia/noticia-sector-duda-acerca-tasa-turistica-pide-aclarar-destino-no-ser-recaudadores-impuestos-20180311124802.html

        Pasando ao segundo tema do que estabamos falando, o das vivendas turísticas, gustaríame recalcar que é deber do concello propoñer unhas condicións aceptables e que non sexan imposibles de cumplir para que así os donos dos pisos que desexan alquilalos a turistas podan facelo de xeito legal. Se continúan poñendo trabas para todo, os propietarios continuarán alquilándoos de xeito ilegal, como se está facendo ata o momento. Non sei ata que punto lle convén ao concello esta economía sumerxida da que non parece preocuparse moito, xa que non están intentando facer máis laxas as medidas para poder regular as vivendas para uso turístico.

        Gústame

        1. O principal erro do Concello é a situación de desinformación que están a xerar sobre este tema. Expresaron reiteradamente a súa intención de implantar dita taxa turística ó que a Xunta mostrou a súa desconformidade. A pesares de que a postura por parte do Concello parece ser a de implantar algún tipo de taxa si ou si, en ningún momento se esclareceu como pensaba levarse a cabo, que gravaría en concreto e quen sería o responsable da recadación da mesma. Estas condicións levaron a unha situación de especulación e medo por parte dos comerciantes e os hostaleiros principalmente debido á incerteza. Dende o concello deberán mostrar as súas cartas sobre a mesa para que así se poida abrir realmente un debate xusto sobre a taxa.

          Quizás tamén esteamos a enfocar mal o problema e a solución ante o deterioro e o pouco gasto, que se argumenta que o excursionismo xera na cidade, non sexa a implantación dunha taxa turística dedicada ós visitantes que non pernocten na cidade, senón a promoción de novos modelos turísticos sostibles. Para isto será necesario que dende a oficina de turismo promovan actividades que convertan a cidade nun destino máis atractivo, onde mereza a pena pasar máis de un día e non só visitar a catedral. De momento parece que dende o concello comezan a sumarse a novos proxecto como por exemplo a Ruta Rosaliana da que xa forman parte Padrón, Ames e Brión http://www.europapress.es/turismo/turismo-verde-noticias/noticia-santiago-compostela-suma-proyecto-huellas-rosalia-20180322182936.html veremos se dende o concello se lle da a proxección que merecen este tipo de propostas ou queda máis ben en algo anecdótico.

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s