Identificación e formación: a forma de loitar contra o abandono animal

Varela Gestoso

O abandono de animais constitúe o principal problema de benestar dos animais de compañía, tal e como indica o Estudio de Fundación Affinity sobre o abandono, a pérdida e a adopción de animais de compañía en España 2016. A Fundación leva uns 17 anos analizando a problemática do abandono animal no noso país, focalizando nas principais causas e tratando de propor novas solucións para este problema.

Dende o ano 2008, o número de animais que chegan a refuxios ou protectoras levou a cabo un proceso de descenso paulatino case estancándose a un ritmo do 1’83% anual, que xera unha baixada global do 12’16%.  No tocante aos destinos deses animais, o 44’8% deles son adoptados por novas familias. Este dato resulta moi positivo e esperanzador, pero o certo é que non sabemos aínda se é algo excepcional ou non,  polo que teremos que esperar máis tempo para sabelo con certeza. Mentres tanto, o resto de animais abandonados poden chegar a ter outros destinos ou permanecer nos refuxios e, no peor dos casos, morren a través da eutanasia ou mesmo falecen de vellos.

O estudo tamén apunta que unha parte importante dos animais de compañía que chegan aos refuxios non corresponde a un abandono, senón probablemente a unha perda. O principal problema nestes casos, é a imposibilidade de identificar ao animal. Se os animais non están convenientemente identificados a través do microchip (método óptimo) ou, no seu defecto,  a través de colares ou chapas, é imposible poder devolvelos aos seus donos. A importancia deste microchip radica na posibilidade de pasar un lector polo animal e saber rapidamente o dono e o fogar do animal, grazas á REIAC (Rede Española de Identificación de Animais de Compañía) Preocupa que os últimos datos deste ano 2016 indiquen un pequeno descenso na porcentaxe de animais que chegan identificados aos refuxios, sobre todo porque, nos tres anos anteriores, a porcentaxe experimentaba un crecemento máis ou menos sostido.Se temos en conta que a identificación dun animal de compañía é un dos principais indicadores de mantemento responsable, preocupa a maioría de casos de non identificación que están motivados polo fracaso á hora de manter as obrigas e preocupacións que precisa o coidado dos animais.

A proporción total de animais recollidos por entidades protectoras foi do 31’8%, 35’6% e 32’6% respectivamente para cuadrimestre. Estes datos serven para demostrar que o abandono de animais é un fenómeno que ten lugar ao longo de todo o ano a un mesmo ritmo. Información que contrasta coa opinión xeneralizada de que os cans son abandonados xusto antes do verán, que parece ser máis unha lenda urbana sen base algunha. Unha nova mostra da ignorancia e da falta de concienciación que reina na sociedade cando se trata do benestar animal, coma se fose algo secundario na nosa marxe de actuación.

A adopción segue sendo o mellor método á hora de reducir a poboación de animais abandonados. A metade dos animais que chegan aos refuxios teñen como destino familias de adopción e parte desas familias son estranxeiras, un 32% no caso dos cans e 23 % no dos gatos. Un novo dato que demostra que España segue sendo deficitaria en canto á adopción de animais de compañía, non só porque non compensa o número de animais abandonados coas cifras de adopción, senón porque parte das adopcións tramítanse fóra de territorio español.

No caso de Galicia, a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber informaron ao portal 20 Minutos sobre a situación do abandono na nosa comunidade autónoma. Estimaron  en  19.000 o número de abandonos de animais producidos durante o ano 2017, un dato maior ao do ano pasado, o que mostra un aumento na falta de empatía animal na sociedade galega, e sobre todo, que as ventas de carácter ilegal de animais en Internet volven a incrementarse. Este estudo foi realizado a través da análise dos datos que figuran nas publicacións en redes sociais, estatísticas de centros de recollida pertencentes a administracións públicas e cantidade de rescates realizados nos diferentes refuxios galegos. Estes abandonos supoñen un aumento do 31´5% con respecto ao ano 2013 e é a cifra máis elevada dende o comezo destas estimacións.

Como xa comentamos antes, as compras de animais a través de Internet aumentaron,  xerando un mercado concentrado de animais non identificados. Ante esta situación, reclámase un maior intervencionismo da Xunta a través de sancións económicas, feito que axudaría a reducir o número de abandonos e aumentar a recadación da administración. De feito, o papel da Xunta é caracterizado pola Asociación por unha total falta de preocupación e compromiso ante a causa e suxírese que existe unha impunidade total na maioría dos casos. De feito, Oscar Moure, Director do Centro Canino A Cova do Lobo, mostraba a súa preocupación polo tema demandando aos concellos a instauración en toda Galicia dun censo canino en toda a comunidade, facilitando así o seguimento de todos os animais abandonados e mellorando as axudas municipais que reciben as protectoras.

13 comentarios en “Identificación e formación: a forma de loitar contra o abandono animal

  1. Este post exhibe unha pluralidade de fontes (ver a súa xerarquía no texto) que non permite unha análise, sen embargo, do que é o que os medios tratan e, se fora posible, pór de relevo a reacción dos lectores. Os medios que aparecen son colaterais, e case diria que irrelevantes, e constríñese o texto máis unha nova de refritidos que unha revisión acabad para este blog. Grazas.

    Gústame

  2. Son moi reveladoras e preocupantes as cifras que achega do estudo realizado pola Fundación Afinity. Como ben apunta o número de abandonos foise reducindo desde o ano 2008, pero na actualidade as cifras estanse estancando: en 2016 foron recollidos 104.447 cans e 33.335 gatos; cifras moi similares aos 104.501 cans e 33.330 gatos recollidos o ano anterior. Con estes números na man, gustaríame saber se opina que unha solución poida pasar polo financiamento por parte dos distintos concellos de compañas de esterilización. Un exemplo diso, do que adhiro o link, é o Plan Sanitario de esterilización felina asinado en convenio polo Concello e a protectora de Vigo. Considero que é moi importante a implicación e que traballando man a man coas institucións públicas este problema podería chegar a reducirse en gran medida.

    Link do plan de actuación do Concello de Vigo xunto coa Protectora: http://hoxe.vigo.org/movemonos/n_anim_gatos.php?lang=cas#/

    Gústame

    1. Non hai dúbida que a administración pública debería ter un maior protagonismo na problemática do abandono de animais. Parte das dificultades á hora de actuar administrativamente é pouca capacidade de actuación dos concellos que son, maioritariamente, os que actúan para intentar mellorar a situación no seu territorio polo menos. Por exemplo, o caso proposto no comentario sobre o convenio entre a protectotora e o Concello de Vigo. Obviamente non son medidas inútiles as tomadas polos concellos, pero esta problemática tería que ter maior protagonismo no que se refire á lexislación tanto a nivel autonómico como estatal. Por outro lado, tamén hai que ter en conta as diferenzas que existen dentro das regulacións autonómicas, tal e como exemplifica, por exemplo, este artículo da web de PACMA.
      https://pacma.es/legislacion/

      Gústame

      1. Moi interesante e necesario saber cal é a lexislación en España en materia de benestar animal. Chamoume a atención e resultoume moi alarmarte o feito de que ningunha persoa no noso país, sabendo os alarmantes casos de maltrato que frecuentemente saen a luz, non haxa ingresado en prisión, así o denuncia PACMA: http://www.ecoticias.com/naturaleza/181956/Lucha-cuartel-ley-estatal-contra-maltrato-animal

        En canto aos medios de comunicación dicir que se realizamos unha busca en rede, a gran maioría da información sobre maltrato animal proven de blogs ou foros http://www.abogacia.es/actualidad/blogs/blog-de-derecho-de-los-animales/ . Os grandes medios como El País, o El Mundo a penas tratan esta problemática, soamente cando os casos alcanzan unha gran cobertura en redes sociais https://elpais.com/elpais/2018/03/13/mundo_animal/1520930554_775497.html, o que invisibiliza e fai inmunes aos maltratadores.

        Os medios de comunicación teñen un papel importante na sociedade á hora de retratar os temas sociais pois inflúen nas percepcións que podamos ter de moitos asuntos. Os malos tratos a animais é un tema que esta á orde do día e do que tal vez os medios non se fagan tanto eco por crer que hai temas de máis
        sensacionalismo que o feito de que unha animal sexa maltratado. Semella que o que máis impacto ten son as festas ou corridas con touros. Ben pode ser polo balbordo que supuxo a súa prohibición ou a súa procura de prohibición en distintas Comunidades Autónomas, como foi Cataluña, na cal no ano 2012 prohibíronse definitivamente as corridas de touros.

        A concienciación comeza polo coñecemento é a sensibilización: unha labor que os medios deberían realizar.

        Gústame

        1. Como todos sabemos, os medios de comunicación informan sobre os temas que a sociedade demanda, sexa política, cultura, deporte… De esta forma podemos entender a esaxerada presenza do fútbol nun telediario deportivo por exemplo. Non obstante, á crecente preocupación social polos animais e o seu benestar, non lle acompaña un seguemento por parte dos medios de comunicación. Este non é o único caso no que sucede algo parecido: o machismo, a contaminación…

          Por outro lado, cando os casos de violencia animal acadan gran repercusión, os medios tratan as novas son sensacionalismo na maioría das ocasións. Para ter unha visión moito máis amplia sobre o tema, recomendo a lectura do seguinte traballo
          “Tratamiento que los medios de comunicación hacen a las noticias del maltrato animal. Análisis de medios: El País y La Razón” (Bello Afonso, Elena M.) https://riull.ull.es/xmlui/bitstream/handle/915/3772/Tratamiento%20que%20los%20medios%20de%20comunicacion%20hacen%20de%20las%20noticias%20del%20maltrato%20animal.%20Analisis%20de%20medios%20El%20Pais%20y%20La%20Razon..pdf?sequence=1

          (Antón Varela Gestoso)

          Gústame

          1. Como que os medios informan sobre o que a sociedade demanda? Nin moito menos. Os medios de masa informan sobre a súa axenda, non sobre a axenda das persoas, nin de moitas das súas necesidades. Informan das necesidades económicas, políticas ou dos anunciantes, que son os que lles enchen os petos. Mais nada, e nada menos. Non digan cousas que xa deben decartarse nestas alturas que non fan os medios de masa. Precísamente, por se non se decatou vostede, estamos escribindo neste Observatorio. Ou donde está escribindo vostede?

            Gústame

          2. Despoís da lectura deste artigoo que me recomendaches, vexo aínda máis claro que antes o feito de que os medios de comunicación non fan suficiente eco das noticias de maltrata animal, algo que por desgraza ocorre moi frecuentemente e só vemos de maneira esporádica nos xornais. Eu como cidadá non creo obter suficiente información sobre este tema por parte dos medios.

            Un segundo punto, que me gustaría comentar, é o feito de que os medios sempre buscan dar a cara máis tráxica do suceso con contido audiovisual e imaxes duras nas que podemos ver, por exemplo, o maltrato de gatos: https://elpais.com/elpais/2018/04/03/mundo_animal/1522774910_961953.html
            Está ben dar visibilidade para concienciar á sociedade, pero bótanse en falta unha maior investigación acerca de como sucedeu, cales son os dereitos dos animais e os castigos que conleva o feito de non respetalos. Engadir tamén que a cobertura non debía ser só a través das redes sociais, pois a maior parte das noticias de maltrato animal difúndense exclusivamente neste formato.

            Gústame

            1. O artigo proposto no teu comentario é un exemplo máis do tipo de tratamento que os medios dan a esta clase de noticias. O sensacionalismo e a morbosidade son factores recorrentes que se teñen en conta á hora de facer publicacións desta temática. Esquecemos os dereitos e a dignidade do propio animal. Só temos que fixarnos na cantidade de noticias que son publicadas con vídeos de cuestionable “valor informativo”. Poño enlaces das noticias de maltrato animal de diferentes xornais co fin de ilustrar este fenómeno: https://elpais.com/tag/maltrato_animal/a, https://www.larazon.es/etiquetas/noticias/meta/maltrato-animal,

              Outro dos factores que tamén mencionas son as redes sociais. Os medios aproveitan a repercusión de feitos concretos que por circunstancias son as que acadan unha maior transcendencia. Non é algo sistemático, pero sucede, e tampouco é algo exclusivo desta temática animal evidentemente.

              Gústame

  3. Queda claro que el abandono animal es una problemática que hay que erradicar, haciendo que descienda el número de pérdidas o abandonos de los animales e incrementando el número de las adopciones. El microchip es una de las herramientas más útiles que existe en la actualidad para paliar la problemática del abandono animal, ya que permite la identificación del animal y sus propietarios. Me gustaría conocer la eficacia de otras alternativas menos intrusivas en el animal, como por ejemplo el tatuaje permanente. España es un país deficitario en cuanto a la adopción ya que no compensa el ratio abandono-adopción, pero se echa en falta en el post datos de países vecinos pertenecientes a la Unión Europea, como Portugal o Francia, para contextualizar la situación de nuestro país en comparación al resto.

    Por último, observando el aumento de los casos de abandono animal en Galicia, el incremento de animales que llegan al refugio sin identificación, que a pesar de utilizar métodos de prevención como la esterilización y el microchip de identificación el problema sigue persistiendo, hace pensar que existe una falta de concienciación, sensibilización y formación al respecto. Haciendo referencia al título del post, ‘Identificación e formación: a forma de loitar contra o abandono animal’, ¿qué pueden hacer las instituciones y la ciudadanía en el ámbito de la concienciación y formación para luchar contra el abandono animal?

    Enlace a la noticia de La Voz de Galicia ‘La identificación de 410.000 animales con microchip no evita los abandonos’: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/01/12/identificacion-410000-animales-microchip-evita-abandonos/0003_201601G12P24991.htm

    Gústame

  4. Existe variedade métodos parecidos ao microchip que teñen outro grao intrusivo para o animal. A tatuaxe, que mencionas na túa resposta, ten problemas á hora da súa lectura. Loxicamente, o espazo dispoñible é moi limitado, pois colócase nas orellas ou nas patas do animal, pero ten a virtude de ser permanente. Outro exemplo son os aros, que teñen unha vertente con código electrónico evitando calquera tipo tipo de fallo.

    No seguinte enlace hai varias formas de identificación, aínda que amplían a outro tipo de animais.
    https://www.engormix.com/ganaderia-leche/articulos/opciones-actuales-identificacion-animales-t32054.htm

    Por outro lado, o que comentas sobre as institucións ten unha resposta evidente. Deben ser máis protagonistas. No caso de Galicia, os concellos deben actuar para mellorar a situación. O problema chega cando non actúan para solucionalo. Por exempo, no Faro de Vigo coméntase o que ocorre en varios municipios pontevedreses.
    http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2018/02/21/reclamaran-pleno-provincial-medios-politicas/1841904.html

    Gústame

    1. Como se ve en el artículo enlazado sobre los diversos métodos y dispositivos que permiten la identificación de los animales, queda claro que existen muchas alternativas útiles dependiendo de cada animal. Todas ellas con sus pros y contras, por lo que dependerá de cada dueño escoger la más útil y beneficiosas para sus animales.

      En cuanto a la implicación de las instituciones es evidente, como comentas, que existe una déficit de implicación institucional en materia de abandono animal. Más allá de las medidas que tomen las instituciones para erradicar el abandono animal o el presupuesto que dediquen a ello, e insistiendo en el tema de la formación, me gustaría conocer qué puede hacer la ciudadanía al margen de las instituciones o con su colaboración para prevenir el abandono animal. No me refiero a campañas basadas en la concienciación a través de la elabración de vídeo virales (http://www.europapress.es/desconecta/animalparty/noticia-30-millones-amigos-campana-viral-lucha-contra-abandono-animales-20170810143831.html), sino a qué tipo de campañas o acciones que trabajen la prevención de manera directa con la ciudadanía, ya sea en escuelas, asociaciones vecinales, centros culturales u otros espacios públicos, puede llevar a cabo la propia ciudadanía para prevenir el abandono animal.

      (Fabio González Simó)

      Gústame

      1. Está claro que con campañas virais, como a que propós no teu comentario, non conseguimos moitos resultados. Si é posible que nos faga recordar ou ser conscientes do problema do abandono animal pero en ningún caso profúndase o bastante como para chegar á raíz do problema co fin de solucionalo.

        Na sociedade actual aínda sobrevive unha ignorancia xeral respecto á educación no trato dos animais. Bótase en falta unha maior concienciación a modo de políticas educativas nas escolas, por exemplo, ou unha maior implicación dos medios de comunicación que sempre están afastados desta problemática e cando se implican observamos certo grado de sensacionalismo.

        A educación é unha medida preventiva, axudaría a erradicar o problema. As medidas que poidan tomar as administración ou asociación son parches que son favorables, pero non determinantes.

        Recomendo a lectura dun post posterior do noso grupo que no que falamos deste tema https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2018/03/14/tratar-aos-animais-con-respecto-o-obxectivo-que-non-cumpren-todos-os-medios/ e o seguinte artículo/entrevista https://www.enfoques.es/anna-clements-la-solucion-al-maltrato-animal-la-educacion/.

        Gústame

Deixa unha resposta a fgonzalez4 Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.