Mobilidade en Santiago de Compostela: Materia pendente?

Trillo Sendón

Santiago de Compostela, capital de Galicia e berce de gran parte da cultura desta comunidade é unha cidade desenvolvida arredor dos ríos Sar e Sarela, que parte dun centro histórico que foi medrando ata chegar ao que hoxe en día podemos apreciar. Unha urbe que precisa atoparse ben comunicada entre as diferentes partes pero, estamos ante unha tarefa pendente? É o sistema de mobilidade o correcto coa maneira na que a cidade está levantada xeograficamente e coas limitacións que presenta?Para a análise deste tema que ás veces resulta tan conflitivo, contamos coa axuda de Rubén Camilo Lois González, doutorado en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela e experto en levantamento urbano. Na súa opinión, o sistema de mobilidade da cidade non se atopa nun bo estado e podería espremerse dunha maneira moito mellor. Ademais, indícanos os puntos máis débiles do mesmo, propoñendo de igual xeito algunhas posibles solucións. Do mesmo modo, tamén analizaremos a visión dos medios de comunicación de diferentes novas relacionadas coa mobilidade na capital galega, así como as opinións de varias persoas vinculadas directamente con elas.

Ao parecer do experto estamos a falar dunha cidade protexida, que conta cun centro histórico moi preservado e un bo sistema de zonas verdes, pero por outra banda posúe uns servizos de mobilidade que se converten na gran materia pendente. O principal problema é o excesivo emprego do automóbil. O máis axeitado sería crear un programa de redución progresiva da utilización do automóbil privado, xa que sendo unha cidade histórica non debería existir o nivel de embotellamento que podemos observar hoxe en día. Teoricamente, isto solucionaríase impulsando máis zonas peonís, elaborando un proceso moito máis suave que o que existe noutros modelos de cidade coma Pontevedra, pero ao mesmo tempo favorecendo o transporte público. Isto poderíase combinar cunha política que se iniciou pero non se materializou ben: estamos a falar do tema dos aparcamentos disuasorios (Park and Ride) nas aforas da cidade, co obxectivo de que se comuniquen co centro mediante autobuses lanzadeira que presenten unha frecuencia moi continua de entre cinco e dez minutos (o que sería o alimento central e fundamental). Trátase de deshabituar á xente do que está acostumada.

Algúns sistemas alternativos interesantes poderían ser o tranvía (que foi introducido en Vilanova da Gaia nos últimos anos, mellorando considerablemente a cidade), algún sistema de pequenos vehículos eléctricos ou unha maior utilización da bicicleta (aínda que en Santiago o emprego da mesma é complicado, debido ás choivas e ao gran número de subidas e elevacións).

AUTOBUSES E TRANSPORTE PÚBLICO ACTUAL

Durante os últimos meses, a TUSSA (empresa de transporte urbano en Santiago de Compostela por excelencia) presentaba o novo modelo de rutas de transporte urbano mediante a modificación das liñas de autobuses, un tema non moi divulgado polos medios ao non tratarse dunha gran reforma. Víctor Santos López, estudante da Universidade de Santiago de Compostela, emprega todos os días da semana o servizo de autobús urbano. A pesares da lentitude dos traxectos que asegura, débese á constitución xeográfica da cidade, está dacordo coa organización do servizo e tan só bota en falla algunha frecuencia a maiores durante as fins de semana. Con todo, observa unha desorganización en canto aos autobuses periféricos.

Segundo o experto en levantamento urbano a reforma foi un proxecto bastante correcto e que non se atopa mal encamiñado, pero pola contra é moi tímido e insuficiente. Á parte da necesaria mellora das liñas, os autobuses de Santiago non se modernizaron demasiado nos últimos tempos. Sería necesario, por exemplo, contar con vehículos máis pequenos e adaptados que xiren mellor nas estreitas rúas do casco histórico. Pequenos axustes como este mellorarían en gran parte a calidade de vida dos habitantes e turistas da cidade.

Urbano
 

Autobús urbano en Santiago de Compostela. Fonte: Santiagoturismo.es

 

OBRAS EN SANTIAGO: FOCO DAS QUEIXAS DA CIDADANÍA

É certo que especialmente durante os últimos anos, a cidade compostelá veuse envolta nun gran número de obras que dificultaron o fluxo tanto peonil como automobilístico. En moitas ocasións, os medios de comunicación intentan dar cobertura ao tema, debido principalmente ás continuas queixas da cidadanía. Podemos observar isto en varias das publicacións de xornais como, por exemplo, La Voz de Galicia. Lois González diferencia as obras necesarias daquelas que non produciron grandes beneficios: unha destas últimas foi a da autoestrada Santiago Norte – Santiago Sur, que a pesares de resultar cómoda á hora de, por exemplo, chegar ata o aeroporto, xerou moito ruído e tivo unha duración demasiado longa para uns resultados tan básicos. Pola contra, si que existen áreas notablemente deterioradas que precisan intervención, como é o caso do Campus Sur.

O NOVO GRAN PROXECTO DE SANTIAGO: A ESTACIÓN INTERMODAL

O pasado ano, o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) impulsaba un novo proxecto co obxectivo de crear unha estación intermodal en Santiago que combinase tren e autobús, convertendo o edificio nun eixo da cidade e mesmo de Galicia. En canto ós medios dáselle bastante cobertura ao tema e mesmo semella que en moitos casos este é apoiado, axudando á difusión do vídeo de presentación realizado por ADIF. Desde o punto de vista de Rubén Camilo Lois González, os grandes proxectos da capital galega adoitan ser axeitados e estar ben formulados, pero realízanse dunha maneira extraordinariamente lenta. De feito, teme non contar coa intermodal ata o ano 2030, xa que o que se contratou foi tan só o proxecto de obra, pero non comezaron as construcións. Aínda así, a estación de tren atópase moi céntrica en Santiago, a diferencia doutras cidades coma A Coruña e Pontevedra, polo que conta con moitas posibilidades de desenvolverse. Outra das súas propostas é vincular dalgún modo este proxecto cunha semipeonización da rúa do Hórreo, algo que aínda que agora pareza un escándalo asegura que resultaría positivo (mesmo coa instalación dun tranvía, ou deixando tan só un dos carrís para automóbiles).

Manuel López Reija, usuario habitual de RENFE, realiza todos os días da semana a ruta A Coruña-Santiago (ida e volta). Ao seu parecer, o feito de unificar as estacións dos servizos de transporte por terra é moi positivo, posto que axilizan e favorecen calquera tipo de transbordo.

Intermodal
 

Proxecto da estación intermodal de Santiago de Compostela. Fonte: La Voz de Galicia

 

MATERIAIS EN REDE E REFERENCIAS

 

SaveSave

24 comentarios en “Mobilidade en Santiago de Compostela: Materia pendente?

  1. Este texto debe ser mudado e contrastado con outras visións de mobilidade, non só as de Ruben Lois, por moi interesantes que sexan. Non é este o propósito do OCC, como saben. O que din os medios non ten relevancia no texto, nin o que poden dicir as persoas que conversen neste tema. Preparen mellor a documentación e non a solten de primeiras: analicen.

    Gústame

  2. Estou moi de acordo co que di Rubén Camilo Lois en canto a existencia dun excesivo emprego do automóbil. Dende a miña perspectiva, non soamente en Santiago de Compostela senón na maioría das cidades. Quizais faga falta unha maior concienciación sobre o uso do transporte urbano; e, sobre todo, unha mellora destes transportes, que adoitan ter moitas desvantaxes (por exemplo, a limitación dos seus horarios).

    Por outra banda, paréceme interesante comentar a importancia das zonas peonís. Santiago de Compostela, como ben dicides, é unha cidade cun centro histórico moi preservado. Pero, quizais exista pouca adaptación peonil en certos tramos da cidade. Déixovos aquí un enlace dunha noticia de La Voz de Galicia, que trata a incomunicación de Milladorio con Santiago de Compostela a pé. Paréceme moi interesante para a vosa análise: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/12/31/milladoiro-barrio-santiago-pueden-estar-incomunicados-pie-bici/0003_201712S31C2994.htm

    En canto á importancia que lle dan os medios a esta temática, penso que non adoitan aparecer moitas noticias sobre estas cuestións. Por exemplo, ninguén sabía como ían avanzando as obras das rúas de Santiago de Compostela, as cales tanto tempo levaron e tanto dificultaron a mobilidade pola cidade. Non obstante, paréceme un asunto moi relevante, que debería estar á orde do día nos xornais.

    Gústame

    1. Ben. Xa tendes un primeiro comentario e de interese. Lembrade que para que os comentarios sexan efectivos precisamos respostalos, recibir resposta de novo e volver comentar, para que sexan tidos en conta. Ou sexa completar dúas quendas de interlocución mínimo e máximo, a cada quen que vos faiga un comentario, un total de seis quendas (E>R>E>R>E>R>E>R>E>R>E>R). Grazas.

      Liked by 1 person

    2. Mellorar a frecuencia dos autobuses urbanos en Santiago semella un pouco complicado, posto que as liñas teñen uns horarios bastante ben repartidos. Aínda así, é certo que se botan en falla algúns horarios a maiores en certas rutas.
      Pola contra, o tema da periferia da cidade resulta especialmente relevante. É certo que a accesibilidade a pé en certas zonas (coma neste caso Milladoiro) vese moi limitada e non se atopa nas mellores condicións, o que debería ser modificado de inmediato. Por outra banda, as comunicacións de transporte público con zonas de Ames como Milladoiro ou Bertamiráns ( https://www.bertamiransvirtual.com/autobuses.html ), conforman outra das grandes queixas da cidadanía compostelana. Trátanse de autobuses con moita escaseza en canto aos seus horarios, moi pouco modernizados e con limitacións á hora de ofrecer os seus servizos.
      Tamén é certo que as obras en Santiago conforman un tema apenas tratado polos medios de comunicación. Isto xera un problema de desinformación en canto ao estado da nosa cidade.

      Gústame

      1. Tes razón en que mellorar os horarios quizais sexa unha tarefa algo complicada, mais penso que para algunha rutas é moi necesario. Por exemplo, para os autobuses que van ao Campus Norte. Coñezo moitos compañeiros que viven por esa zona e teñen que coller os domingos un tren máis cedo para poder chegar a Santiago de Compostela e poder subir en bus a súa vivenda. En relación con isto, dende a miña opinión o que falta é mostrar nos xornais as demandas directas da poboación, o que os habitantes de Santiago necesitamos; xa que iso é o que verdadeiramente importa.

        Do mesmo modo, nesta noticia de La Voz de Galicia (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/04/16/ignacio-maestro-podemos-tener-buses-dando-vueltas-concesion-1945/0003_201704G16P9991.htm) se fala da posible realización dunha suposta estación intermodal e un cambio nas rutas dos autobuses. Penso que estas reformas son moi relevantes e serían moi útiles para a poboación pero que non lle dan a prioridade que merecen. A estación intermodal facilitaría moito o problema que presentei antes: a conexión da estación de tren co Campus Norte. Do mesmo modo, como ben dixeches, a mellora da comunicación entre Santiago e a periferia é tamén un tema pendente que penso que hai que solucionar canto antes.

        Gústame

        1. Estamos dacordo en que un dos principais problemas das decisións que toma o Concello xira en torno ás prioridades. Como é normal, existen algúns proxectos máis relevantes ca outros. O caso da estación intermodal é fundamental e sería necesario darlle prioridade. Ademais, a pesar de estar comprometidos (https://www.20minutos.es/noticia/3235354/0/adif-reitera-compromiso-concluir-ave-galicia-finales-2019-tras-temor-que-expreso-xunta/) semella que a Alta Velocidade tarda moito tempo en alcanzar Galicia.

          Gústame

  3. Creo que se puede contestar la pregunta del titular. La movilidad en Santiago de Compostela es un problema. No solo para los habitantes de la propia ciudad, si no que llega a ampliarse a los turistas, que al final son la base de la actividad económica de la capital. El turista acaba desencantado por la lentitud del transporte.
    Para mí, más que un problema, es un deber de las instituciones. Promover el aumento de zonas peatonales y fortalecer el uso del transporte público. Precisamente, el transporte público provocará reducir que el coche sea muy utilizado y que la contaminación no aumente.

    Las propuestas comentadas como los vehículos eléctricos o el tranvía que se utiliza en Vila Nova de Gaia me parecen muy adecuadas. Por ejemplo, se podría fomentar la utilización de “carsharing” (coches compartidos) en ciudades grandes e incluso hay marcas que están empezando a fabricar coches destinados a esto:
    https://movilidadelectrica.com/smart-presentara-vehiculo-electrico-autonomo-la-ciudad/

    Sobre las obras, parece que va a empezar un círculo que solo generará más quejas. Para mí, la existencia de obras (problemas con el flujo de peatones y vehículos) y después, que no lleguen a finalizar (quedan en palabrería) sólo provoca más y más problemas. ¿La estación intermodal va a ser positiva? Sin duda. ¿Vamos a verla alguna vez? Igual en 2030…

    Gústame

    1. Ollo con arrogarse a voz dos turistas, neste caso, sen aportación que argumente tal feito. Débese evitar tamén as preguntas retóricas, que tampouco aportan máis que o que resulta, de partida, unha obviedade sen unha probable resposta axeitada que centre a interlocución.

      Gústame

    2. Por suposto que a mellora da mobilidade en Santiago é un deber das institucións. De tódolos xeitos, se estas institucións non resolven os problemas por si mesmas é probable que a poboación teña que actuar ao respecto. Documentos como o presentado que fai referencia ao carsharing resultan moi interesantes, mais é moi complicado concienciar a toda unha cidade dun sistema tan innovador, ademais de aspectos como a mala coordinación á hora de xestionarse, que tamén inflúen.
      En canto ao tema das obras, algunhas delas (como a do Campus Sur, citada no post) son moi necesarias e reclamadas pola cidadanía. Aínda así, é certo que se podería establecer un mellor control no que a isto se refire. A aglomeración deste tipo de proxectos nunha urbe podería non resultar de todo positiva, favorecendo o mal fluxo de tráfico tanto peonil como automobilístico.
      Outro factor contra o que temos que loitar estes días está relacionado co ámbito meteorolóxico e os problemas de mobilidade que isto ocasiona http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/trombas-agua-viento-granizo-provocan-problemas-trafico/idEdicion-2018-04-03/idNoticia-1108166/

      Gústame

      1. Es obvio que no se puede plantear una aglomeración de obras en torno a la ciudad. Si la movilidad es de por sí complicada, con varias obras puede ser peor. Aun así, es obligatoria la toma de decisiones para la mejora de la movilidad. Sobre todo en torno a la reducción de vehículos. Santiago de Comopostela tiene 1 vehículos para cada 2 habitantes (Instituto Galego de Estadística) siendo junto Lugo y Ourense las que más en el territorio galego. Aquí lo compara con las otras ciudades importantes:

        https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/pontevedra-la-urbe-con-menos-coches-por-habitante-en-galicia-junto-con-coruna/20170528000000328868.html

        Por otro lado, me parece muy interesante lo que comentas sobre el “carsharing”, pero pienso diferente. Pienso que la concienciación no tiene que ser algo impuesto. Basta con poder conocer las ventajas de los nuevos modelos. En ciudades como Madrid ha triunfado y parece que va a seguir ampliándose. Se demuestra en el siguiente artículo, por ejemplo, donde se realiza un informe bastante completo sobre la “fiebre” de este tipo de innovación:

        http://www.lavanguardia.com/local/madrid/20180111/434202788767/fiebre-carsharing-guerra-precios-madrid.html

        Gústame

        1. En definitiva, o correcto sería optar por algunha das alternativas do estilo das nomeadas no post, como vehículos públicos compartidos ou a incorporación de sistemas de peonización que impidan dalgún xeito o aumento automobilístico no centro da urbe.

          O caso do carsharing si que sería moi positivo, sempre e cando resultase doado de levar a cabo. Tamén existe a posibilidade do transporte público eléctrico, como o descrito na seguinte ligazón https://movilidadelectrica.com/el-transporte-publico-electrico-como-solucion-a-la-alta-contaminacion-de-las-ciudades/

          Gústame

    3. Al final estamos viviendo en una situación respecto a la movilidad en las ciudades en la cual la importancia de conseguir mejoras es concienciando a la población. Por ejemplo, en lo que comentabas sobre el “carsharing”, pero también se amplía a la presión hacia las instituciones. Por ejemplo, en iniciativas con vehículos que fomentan las energías limpias, demostrar que pueden ser potenciales mercados y que reducirán su malestar dentro del transporte en la ciudad. En el siguiente artículo de La Vanguardia comentan lo que empresas como Repsol van a realizar.
      http://www.lavanguardia.com/economia/20180219/44906452167/car-sharing.html
      Por otro lado, hay que remarcar más la importancia de la reducción de automóviles. En este artículo de Europa Press mencionan la movilidad sostenible como el futuro a seguir.
      http://www.europapress.es/sociedad/medio-ambiente-00647/noticia-movilidad-sostenible-puede-reducir-impacto-coche-ciudad-20170215150242.html

      Gústame

      1. Estamos dacordo no aspecto de concienciar ás institucións. De tódolos xeitos, a nivel particular non podemos negar que algúns servizos en concreto si que resultan moi interesantes e poderían ser unha boa opción. Por desgraza, as empresas deste estilo non atopan en moitas cidades as condicións necesarias para instalarse nelas https://www.elespanol.com/economia/empresas/20180322/emov-no-encuentra-espanolas-condiciones-necesarias-expandirse/293721410_0.html

        Gústame

  4. Claro está que Santiago de Compostela, pola súa condición de Patrimonio da Humanidade, é unha cidade con mobilidade limitada. Porén, ata que punto se pode mellorar? Como se menciona no texto, o Plan de Mobilidade que impulsa o Concello recolle a iniciativa de limitar o emprego do automóbil particular, procurando diminuír os niveis de embotellamento. Nesta liña é preciso facer mención a que numerosos medios proclaman unha liberación do tráfico nos últimos tempos motivada polo incremento de zonas peonís e emprego da bicicleta trala aplicación das medidas impulsadas polo Concello: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/lugo/2014/10/13/peaton-gana-espacio-ciudades/0003_201410G13P6993.htm , http://www.europapress.es/galicia/noticia-santiago-refuerza-limite-velocidad-10-20-kilometros-hora-25-calles-20080714172707.html. Estas amosan o problema da mobilidade como un obstáculo superado.

    Por outra banda no que se refire ao proxecto da estación intermodal, considero que se está a atender a necesidades secundarias. Existe un claro problema de mobilidade na comunidade galega, pois a rede de transporte que percorre Galicia é unha rede insuficiente que precisa dunha rápida rehabilitación. Creo que o problema non radica na dificultade de conexións na cidade de Santiago, pois ao menos existe unha mínima comunicación entre as diferentes zonas. Non é o caso, por exemplo, de capitais de provincia como Lugo, Vigo ou Ourense. Polo tanto déixovos algúns enlaces que, dende o meu punto de vista, inflúen nos límites de mobilidade galega: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/08/20/transporte-publico-campus-penaliza-estudiantes-lugo-ferrol/0003_201608G20P6991.htm , https://www.izquierdadiario.es/Brutal-recorte-en-el-transporte-por-carretera-Vigo-y-Lugo-se-quedan-sin-conexion-directa-diaria. Nesta liña cómpre destacar o incremento no uso do blablacar, que fai fronte ás carencias no sector dos autobuses interurbanos e os trens de cercanías.

    No relativo ao argumento a prol do tranvía, que podería considerarse unha alternativa ao vehículo particular, na miña opinión non sería a opción máis efectiva. En cidades como A Coruña o uso deste transporte estancouse, ben pola obsolescencia das vías, ben por estar unicamente destinado ao ámbito turístico. Certo é que quizais o tranvía sería un “pro” engadido á actividade turística da capital, non obstante, sería realmente eficiente no día a día?

    Liked by 1 person

    1. Día a día podemos observar que realmente este obstáculo non se atopa superado. Atascos (sobre todo polas mañás) ou exceso de tráfico son algunhas cousas que nos levan a velo.

      O feito non é a incorporación do tranvía en si, senón a súa boa e estratéxica planificación e aplicación de sistemas modernos que axuden á mellora da mobilidade na cidade. A continuación, un artigo onde se nos describen as características do tranvía moderno fronte a outros modelos de transporte https://ecomovilidad.net/madrid/metro-ligero-tranvia-moderno-tren-tram/

      Por outra parte, é certo que o tren é un problema conxunto para toda Galicia e non só para Santiago de Compostela, posto que o AVE aínda se atopa intentando loitar por entrar na comunidade.

      Gústame

      1. Gustaríame destacar en primeiro lugar, un punto mencionado no enlace ao que aludes. Exponse que a diferenza fundamental entre o tranvía moderno (vantaxes que defendedes) e o antigo é que o primeiro xa non comparte plataforma co resto do tráfico, senón que usa unha segregada como a do Metro Lixeiro nos seus tramos de superficie. Ademais, faise alusión aos custes co exemplo de Parla, explicando que sen necesidade de incurrir en soterramentos que encarecen o coste como os do metro, o sistema consegue unha transformación radical do urbanismo por menos da metade do custe deste. Baixo o meu punto de vista, Santiago de Compostela, polo seu título de Patrimonio da Humanidade e as dificultades que isto contrae en canto a mobilidade, non podería adaptarse a unha plataforma exclusiva para o tranvía. Así mesmo, se falamos de custes debemos ter en conta as dimensións da cidade, na que non poderiamos establecer unha comparación cos custes nos que incurriría a construción dunha liña de metro, por exemplo. Quizais outras alternativas como as que mencionabades (vehículos eléctricos e bicicletas, entre outros), serían opcións máis viables para unha cidade tan pequena.

        Por outra banda, gustaríame afondar no tema do AVE, pois, repítome, existe un enorme problema de mobilidade na comunidade galega. Porén, podemos observar o positivismo dalgúns medios con respecto a isto:

        – “Galicia ha venido siendo en todos y cada uno de los presupuestos bajo gobierno del Partido Popular la joya de la corona. En los seis presupuestos generales aprobados bajo gobierno del PP, la Línea de Alta Velocidad a Galicia se ha llevado entre el 21,14% y el 27,66% del total de la inversión estatal en ferrocarriles.”
        – “Solo los 611,17 millones de euros que asume la línea entre Olmedo (Zamora) y Orense ya son 7 veces el total de lo que planifica el Gobierno para todas las infraestructuras en territorio almeriense: 88 millones de euros.”
        – “El Gobierno pretende inaugurar esta nueva línea antes de que acabe el año próximo. Con ella, las cinco principales ciudades gallegas tendrían, de golpe, conexiones AVE con Madrid: Vigo, Pontevedra, A Coruña, Santiago de Compostela y Orense. Todas ellas están, a día de hoy, ya conectadas entre sí mediante un AVE interno en ancho nacional que cambiaría a internacional con gran facilidad -las traviesas así lo permiten-.”
        (http://www.ideal.es/almeria/almeria/linea-galicia-lleva-20180405001803-ntvo.html)

        – “Galicia tendrá el mayor despliegue de las vías que permiten velocidades más altas.”“Habrá 130 kilómetros de raíles sobre placa, un sistema más seguro, pero muy caro inicialmente, en lugar de balasto” (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/04/07/galicia-tendra-mayor-despliegue-vias-permiten-velocidades-altas/0003_201804G7P9991.htm)
        Cantos anos pasarán desta volta?

        Gústame

        1. Os custes deste servizo serían moi elevados, mais poderían traer consigo moitos beneficios para a cidade. Con todo, si que estaría ben contar nun primeiro paso con medios alternativos, posto que non nos atopamos nunha boa etapa para comezar este proceso tan custoso. O proxecto Emov, fundado en Madrid, resulta moi interesante https://emov.es/

          En canto ao AVE, levamos demasiado tempo á espera e na nosa opinión todavía quedan outros tantos anos máis. Esperemos que a espera pague a pena e que, unido ao proxecto da estación que se pensa levantar ( http://www.eas.es/portfolio/estacion-intermodal-en-santiago-de-compostela/ ) consigamos unha mellora considerable da mobilidade en Santiago de Compostela e mesmo en toda Galicia. De tódolos xeitos, é certo que na maior parte dos casos o tratamento deste tema nos medios de comunicación realízase facendo uso dunha visión demasiado positiva para os escasos resultados que se nos están demostrando.

          Gústame

  5. Martínez Gómez

    Concordo co doutor Rubén Camilo Lois en que o uso de vehículos privados nas cidades galegas, e en concreto en Compostela, é excesivo. Así o recollen os datos do Ministerio de Fomento e o INE, dos que se fai eco esta nova: https://www.eldiario.es/galicia/vehiculos-entran-dia-ciudades-gallegas_0_730377695.html

    Tal e como dicides no texto, os aparcamentos disuasorios ou o fomento do transporte público son algunhas das solucións máis evidentes a este problema. Pero, isto non se está a facer xa? O pasado ano, por exemplo, renovouse o Plan de Transporte Metropolitano na área de Santiago, que une a capital con concellos da súa zona de influencia: http://www.europapress.es/galicia/noticia-renovado-plan-transporte-metropolitano-santiago-2018-20170429143826.html. Credes que este tipo de servizos non está a funcionar todo o ben que se espera ou que debera?

    En canto ás outras alternativas, paréceme curiosa a idea do tranvía. Se no caso da bicicleta, o uso vese dificultado pola orografía da cidade, non sucedería o mesmo con este transporte? Ademais, temos exemplos moi próximos, coma o de A Coruña, onde o servizo estivo implantado ata o 2011 e quedou en desuso polos altos custes de mantemento. Actualmente, só se estuda a súa recuperación con fins turísticos e sempre asumindo que non será rendible: http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2017/11/30/tranvia-divide-corporacion/1240571.html

    Paréceme moi interesante, tamén, que mencionedes o modelo de cidade de Pontevedra. Sen dúbida, é o espello no que moitas urbes se queren mirar. Pero o certo é que é moi máis compacta ca Compostela. Non sei se coñecedes o Metrominuto, o mapa de distancias que elaboraron na cidade do Lérez para fomentar os desprazamentos a pé e que incluso ten unha aplicación móbil: http://metrominuto.pontevedra.gal/es/#features. Sería interesante coñecer as distancias que resultarían se o trasladásemos a Compostela.

    Gústame

    1. Este sistema de aparcamentos disuasorios non está sendo eficiente, principalmente debido ás liñas de autobuses con sistemas moi arcaicos, pouca periodicidade e proxectos sen rematar que producen que a estratexia non se estea a realizar exactamente como se propuxo nun primeiro momento.

      Tamén é certo que o caso de Pontevedra é moi interesante, e pensamos que aínda nos queda moito por aprender de modelos coma este. Máis que a incorporación do tranvía, o importante é modernizar o sistema e crear unha boa estratexia de planificación mediante a aplicación dun tranvía moderno (https://ecomovilidad.net/madrid/metro-ligero-tranvia-moderno-tren-tram/) que contribúa positivamente á mobilidade na urbe.

      Gústame

      1. En canto ó que comentas dos aparcadoiros disuasorios, é certo que de pouco serve a súa existencia se non se completa cun servizo de autobuses eficiente. Nesta liña, saíu hai uns días unha nova en La Voz de Galicia na que se recolle que o Concello de Santiago vai reducir o número de liñas de autobús ó tempo que aumenta as frecuencias de paso: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/03/23/raxoi-reduce-lneas-bus-duplica-frecuencias-tres-principales/0003_201803S23C1995.htm. Sabedes se isto vai afectar ás rutas que conectan os estacionamentos co centro da cidade? E, de non ser así, van mellorar realmente algún outro aspecto da mobilidade?

        No caso do tranvía, coido que a orografía e o deseño urbanístico de Compostela son importantes obstáculos para a súa implantación, tamén no caso dun tranvía moderno. Na información que me compartes falan da necesidade de instalar unha plataforma segregada como superficie para este transporte, que non sei se ten moitas posibilidades nunha cidade cun nivel de protección urbanístico coma a capital. Así mesmo, exemplifícase o éxito do sistema co caso de Parla (Madrid), cando se sabe que a instalación do tranvía neste municipio trouxo consigo un importante sobrecuste económico: https://elpais.com/ccaa/2017/09/26/madrid/1506446790_973063.html. Ademais, segundo o Tribunal de Contas, o proxecto concedeuse sen realizar estudios previos que permitisen comparalo con outros medios de transporte alternativos, polo que non se pode afirmar que esta fora a mellor opción. Coñecedes se o doutor Rubén Camilo Lois, ou algún experto na materia, estudou a viabilidade real deste medio transporte en Santiago?

        Gústame

        1. A reestruturación das liñas de autobuses pode resultar algo máis eficiente, mais cremos que non vai ser todo o produtiva como se espera. As liñas periféricas, onde moitos destes aparcadoiros contan coas súas respectivas paradas de autobús, seguirán a estar moi pouco cubertas.

          É certo que o caso do tranvía é complicado. Aínda así, segundo Rubén Camilo Lois este medio de transporte podería ser implantado en zonas clave, como é o caso da Rúa do Hórreo, por exemplo. O custe económico sería importante, pero na súa opinión sería un proxecto moi beneficioso. De todos os xeitos, non podemos deixar de contemplar outros modelos de cidade no que isto non funcionou. É o caso de A Coruña ( https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2017/09/10/seis-anos-railes-tranvia/0003_201709H10C1995.htm ).

          Gústame

          1. Esperemos, logo, que esa pequena mellora sexa un primeiro paso para que a capital teña un servizo de autobuses realmente eficiente, tanto para os composteláns como para todos aqueles que chegan dende os concellos limítrofes. Como dixen nos comentarios anteriores, estes últimos son moi numerosos e, na maioría das ocasións, veñen nos seus vehículos privados, empeorando así os problemas de aparcadoiros e evidenciando o mal deseño do transporte urbano. Neste sentido, non sei se coñecedes o novo modelo de transporte urbano proposto pola Xunta de Galicia, que se elaborará contando coa opinión dos propios usuarios: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/02/17/amplio-trabajo-campo-definira-prioridades-nuevo-modelo-movilidad-autobus/0003_201802G17P9991.htm. Credes que as enquisas a bordo son fundamentais para mellorar a mobilidade? Sería positivo un traballo de campo coma este en Compostela?

            No que respecta ó tranvía, creo que, no caso de Santiago, as vantaxes son moito menores que as desvantaxes. A mellora progresiva das liñas de autobús e a implantación dun modelo similar ó da cidade de Pontevedra, que outorgue prioridade a peóns e ciclistas, sería máis sostible. E, polo visto, algúns xa están falando do tema: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/09/20/bng-propone-implantar-compostela-exitosas-medidas-movilidad-pontevedra/0003_201709S20C2993.htm

            Gústame

            1. Por suposto que resultará positivo. Este tipo de traballo permitirá dotar á cidade dunha ampla modernización no ámbito da mobilidade e isto podería arranxar algún dos problemas que se atopan presentes en Santiago de Compostela. Ademais, ao contar coa opinión da cidadanía evitaranse as posibles modificacións das rutas por intereses comerciais e establecerase un sistema baseado principalmente na demanda. De feito, tampouco podemos descartar outros orixinais medios de transporte relacionados coa demanda do usuario ( https://ecomovilidad.net/global/el-transporte-la-demanda-una-nueva-forma-de-transporte/ )

              O emprego da bicicleta é interesante, mais precisamos unha moi boa planificación para poder desenvolvernos con normalidade debido á maneira na que a cidade se atopa levantada.

              Gústame

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.