Os medios sometidos ao poder, e onde queda a liberdade?

Pérez Pérez

Resulta paradóxico que, sendo os medios de comunicación quen deberan denunciar os desequilibrios sociais, a sociedade de información estea máis ben, respecto ao asunto que será tratado, desinformada. A desigualdade entre homes e mulleres é unha realidade que se contempla no noso país, tanto no que se refire na remuneración salarial coma o xa coñecido e non superado “teito de cristal”. A imaxe que os medios mostran da muller non é a máis adecuada para superar esta cuestión. Imos, pois, a facer unha profunda análise sobre como os medios de comunicación responden a este tema.

Durante estes días, procurando artigos na prensa era pouca a información que se podía atopar na cal se analice a situación laboral da muller, que tanta visibilidade merece e tan pouca se lle concede. A presión exercida polo poder nos medios de comunicación é algo máis que sabido, pero en moitas ocasións difícil de apreciar. Aínda así, hai un artigo cuxa información chama moito a atención. Trátase dunha noticia publicada pola Voz de Galicia na cal se presentaba a entrevista que o xornalista de Onda Cero, Carlos Alsina lle fixo ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, fai un par de días.

Carlos-Alsina-Mariano-Rajoy-Cero_ECDIMA20170126_0020_21
 

Fonte: http://www.elconfidencialdigital.com

 

Na entrevista, como era de esperar, xurdiu o tema da equiparación salarial por parte das empresas, que por lei deberían esixir a igualdade nos salarios entre homes e mulleres. Rajoy contestaba o seguinte tras as cuestións do xornalista: No nos metamos en eso”. Aínda que a noticia estaba escrita seguindo estas liñas, o desenvolvemento da mesma non se corresponde co que realmente se adoita atopar no propio texto publicado pola Voz de Galicia fai escasos días.

Con problemáticas sociais como a que supón a desigualdade salarial, os medios deberían actuar de forma reivindicativa e aproveitarse de debilidades políticas como esta para defender os seus dereitos xa que, antes ou despois, tamén lles afectará directamente a elas, mulleres xornalistas e profesionais da comunicación. Pola contra non é e esa a reacción adoitada polos medios de comunicación. O poder controla os medios, feito totalmente arbitrario pero certo debido a que é o poder quen decide as imaxes que se van mostrar, ou as novas que se van publicar para beneficiase da resposta da sociedade. Para Noam Chomsky, filólogo estadounidense, xa non supón somentes unha manipulación informativa senón de se queremos vivir nunha sociedade libre ou baixo o que define como unha “forma de totalitarismo autoimposto”.

Nas últimas liñas do artigo, trátase de distraer a atención do público cara outro tema de relevancia na sociedade como é a violencia machista e o acoso sexual. O presidente do goberno desvía totalmente o asunto que se estaba a tratar e alude aos avances que se están a dar co movemento #metoo, que conta agora co apoio do goberno. Conclúe a noticia cunhas palabras de Rajoy nas que declara non haber nada peor que aproveitarse da xente empregando a forza, o que dende o noso punto de vista fai o goberno coa sociedade a través dos medios de comunicación.

Por outra banda, e deixando xa o tema do poder nos medios, é certo que nos últimos días son moitas as publicacións feitas sobre a muller en xeral, o problema é que a maior parte están motivadas pola folga convocada polo Día da Muller Traballadora, o 8M. A simple vista estase a notar un cambio, un pequeno avance, pero… Isto persistirá pasada a folga feminista, ou tratarase máis ben dun mero acto publicitario que se ven obrigados a ofrecer pola demanda social que ten nas redes sociais?

Non só nas redes sociais podemos atopar reivindicacións por parte das profesionais da comunicación. Este pasado fin de semana levouse a cabo na cidade de Pontevedra un encontro no que participaron un total de 14 mulleres, todas elas xornalistas e profesionais da comunicación. Entre elas, coñecidas comunicadoras como Fernanda Tabarés, Elisa Beni, ou Ana Pardo de Vera, que buscaban voz fóra da censura á que están sometidas nos medios.

charlaponte
 

Fonte: elaboración propia

 

O obxectivo da xuntanza era dar a coñecer as razóns polas que as mulleres non ocupan as direccións nos medios, aínda que tamén abordaron cuestións como a sexualidade, o feminismo dende o punto de vista xudicial, ou as actitudes machistas que se están a notar entre os máis mozos xerando unha forte preocupación. Un dos datos máis atractivos da conferencia, e sobre o que quixeron centrar o foco, foi o feito de que só un 11% dos directivos de medios son mulleres. Isto sinalaba tamén o diario online Europa Press nunha noticia na que se analizaba o pleno deste pasado fin de semana.

Este tipo de xuntanzas son axeitadas para as novas xeracións que chegan aos medios de comunicación, ou a calquera posto de traballo, e se atopan cunha realidade que descoñecían, e á que non deben acostumarse. É algo polo que deben loitar para cambiar, quebrando o teito de cristal e todo tipo de prexuízos habidos así como devolvéndolles a voz a todas aquelas mulleres que non a teñen.

 

SaveSave

15 comentarios en “Os medios sometidos ao poder, e onde queda a liberdade?

  1. A situación das mulleres nos medios de comunicación é alarmante. Datos da FAPE mostran que a presenza de mulleres nos cargos directivos é escasa, que conforman o 64% dos xornalistas en paro e que o seu trato como expertos é mínimo.

    Porén, no tocante ao incremento de temas relacionados con mulleres nos medios só pola proximidade do 8M, é importante valorar tamén os efectos que isto supón á hora de acadar a igualdade. A ONU afondou estes días na situación das mulleres nos medios de comunicación, tal e como recolle “Público”. Abordouse non só o debido tratamento da súa figura nos medios, senón tamén a necesidade de incrementar o seu número nas redaccións e en cargos de responsabilidade. O feito de que as reivindicacións pola igualdade teñan visibilidade na maioría dos sectores e os medios se fagan eco, supón unha axuda importante na loita pola mesma.

    Tamén sería conveniente considerar se realmente é o goberno quen exerce presión sobre os medios para publicar informacións que lles favorezan ou se é a propia liña editorial a maior imposición no tratamento informativo. O que si está claro é que a nivel político a igualdade está lonxe de ser alcanzada pois, tal e como se recolle el “El Confidencial”, o número de mulleres ocupando cargos públicos queda moi distante do dos homes na mesma situación. O ámbito político debería ser un exemplo de cara á cidadanía, porén, non respectan a Lei de Igualdade, sendo isto unha mostra do longo camiño que queda por percorrer nesta loita.

    Bibliografía:
    Escudero, Jesús e Hernández, Antonio. Ni los políticos cumplen la Ley de Igualdad: 25.000 mujeres en 70.000 cargos públicos. (7 de marzo de 2018). El Confidencial. Recuperado de: https://www.elconfidencial.com/espana/2018-03-07/ley-igualdad-mujeres-hombres-cargos-politicos_1529799/
    VV.AA. La ONU debate sobre la igualdad de las mujeres en los medios de comunicación. (12 de marzo de 2018). Público. Recuperado de: http://www.publico.es/sociedad/igualdad-mujeres-medios-onu-csw.html
    VV.AA. La FAPE denuncia la ausencia de mujeres al frente de los medios de comunicación. (7 de marzo de 2018). Diario Crítico. Recuperado de: https://www.diariocritico.com/nacional/fape-denuncia-ausencia-mujeres-liderazgo-medios-de-comunicacion-huelga-8-m

    Gústame

    1. Como ben dis, a presenza das mulleres en cargos directivos é escasa. Podes visitar o noso seguinte post, onde afondamos máis neste tema: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2018/03/13/a-educacion-en-feminino/ . Tamén che recomendo que lle votes un vistazo ao informe da CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais). Así pois, nel se presentan datos que revelan a porcentaxe de mulleres nos distintos cargos outorgados en función do sexo.
      O ámbito político somentes fai incumprir as normas. Aquí un enlace que revela cantas mulleres respecto do total ocupan cargos públicos: https://www.elconfidencial.com/espana/2018-03-07/ley-igualdad-mujeres-hombres-cargos-politicos_1529799/

      Gústame

      1. No ámbito audiovisual, como facedes referencia, a figura da muller está nunha situación de inferioridade. Relaciónase co chamado “cine de mulleres”. Esta concepción, como se presenta nun artigo de “El País” estriba en dúas situacións: por unha parte, están as mulleres que se centran neste tipo de cine, que se atopan coa problemática de que ten unha menor consideración que as producións mainstream; por outra, mulleres que se afastan desa temática, pero coa principal traba do financiamento, pois as grandes produtoras teñen un trato de preferencia co cine feito por homes. De novo, outro “poder”, neste caso o do audiovisual, dificulta o traballo feminino.
        Polo tanto, obsérvase que as oportunidades para as mulleres foron e son moito menores, o que deriva nunha espiral de desigualdade que por agora non atopou fin. O feito de que anos atrás as producións a cargo de mulleres fosen ínfimas, provocou que as xeracións actuais tampouco teñan referentes femininos no audiovisual. Porén, as mulleres supoñen unha porcentaxe maioritaria nas matrículas universitarias neste ámbito, pero como efecto do anterior, deciden dirixirse a postos lonxe da dirección en busca de máis saídas profesionais, algo que moitas veces tampouco conseguen.
        Sen dúbida o factor de maior influencia neste ámbito é a educación. Dende sempre, son asumidos socialmente uns determinados roles para homes e mulleres, e romper eses esquemas quizais sexa o método para acadar a igualdade ou, cando menos, aproximarse a ela. O primeiro dos “poderes” dos que estriba esta problemática e quizais o de máis complexa, pero urxente transformación é a educación.

        Bibliografía:
        Koch, Tommaso (15 de marzo de 2018). Más mujeres en el cine, sí, pero ¿cómo?. El País. Recuperado de: https://elpais.com/cultura/2018/03/08/actualidad/1520517249_369285.html

        Gústame

        1. Coincido contigo en que a educación que a sociedade está a recibir precisa dunha transformación que, ademais de urxente, supón unha loita sempre inacabada. Precisamente pola educación recibida se fala de “cousas de mulleres” e “cousas de homes”. O mesmo sucede co “cine de mulleres” que mencionas.
          Se ben entendemos por este concepto o cine de corte intimista, amoroso ou sentimentalista, e se ben defendemos a existencia de “cousas para mulleres” e “cousas para homes”; por qué filmes como Moulin Rouge, Bajo la Misma Estrella, Ciudades de Papel, Titanic ou The Notebook, tratando temas de corte intimista e podendo enmarcarse dentro deste considerado “cine de mulleres”, son dirixidos por homes? De feito, 3 deses filmes mencionados derivan dunha obra literaria tamén escritas por un home. Este tipo de clasificacións sexistas son, en maior medida, debidas á educación. Víctima disto somos a sociedade en conxunto, homes e mulleres. Por un lado, están as mulleres afectadas no sentido en que se lles atribúen determinadas características personais; por outro, están os homes que -no seu dereito e liberdade- consomen este producto e sofren o rexeitamento dunha fracción da sociedade debido ao normalizado que están os roles impostos á personalidade.
          BIBLIOGRAFÍA
          – Bajo la misma estrella (película). (2014). Es.wikipedia.org. [Consultado el 7 de abril del 2018] Recuperado de: https://es.wikipedia.org/wiki/Bajo_la_misma_estrella_(pel%C3%ADcula)
          – Ciudades de papel (película). (2015). Es.wikipedia.org. [Consultado el 7 de abril del 2018] Recuperado de: https://es.wikipedia.org/wiki/Ciudades_de_papel_(pel%C3%ADcula)
          – Moulin Rouge!. (2001). Es.wikipedia.org. [Consultado el 7 abril del 2018] Recuperado de: https://es.wikipedia.org/wiki/Moulin_Rouge!
          – The Notebook (película). (2004). Es.wikipedia.org. [Consultado el 7 de abril del 2018] Recuperado de: https://es.wikipedia.org/wiki/The_Notebook_(pel%C3%ADcula)
          -Titanic (1997). Es.wikipedia.org. [Consultado el 7 abril del 2018] Recuperado de: https://es.wikipedia.org/wiki/Titanic_(pel%C3%ADcula_de_1997)

          Gústame

          1. Efectivamente, moitas películas de corte intimista son dirixidas por homes, pero a cuestión está en que se fosen realizadas por mulleres non atoparían tantas facilidades para a súa execución. Xa non é unha cuestión do xénero no que queiran traballar, senón de que van recibir menos apoio soamente polo feito de ser mulleres. Claro exemplo son os datos que aporta unha nova de “El País”, informando de que tan só un 4% das películas con máis éxito da última década foron dirixidas por mulleres. Así, son elas mesmas as que se ven obrigadas a levar a cabo diferentes iniciativas para conseguir lanzar os seus proxectos.
            Un dos exemplos máis recentes é o da primeira edición do Festival de Cine por Mulleres, celebrado os últimos días en Madrid, tal e como se menciona nun artigo de “El Mundo”. Alí recolléronse pezas de audiovisual levadas a cabo por mulleres, para darlles voz, e intentar conseguir que, tal e como di Patricia Ferreira (unha das directoras de CIMA), cantas máis mulleres se atopen detrás das cámaras, máis haxa diante; que se estableza, pois, unha cooperación para acadar os seus obxectivos. Así, lograríase romper con pensamentos como os de aqueles que poidan pensar que onde hai un festival de cine por homes, cando todos o son, infravalorando continuamente a figura da muller no audiovisual.
            A entidade “Women Make Movies” é outro claro exemplo, levando a cabo unha labor de distribución de filmes de mulleres de todo o mundo en canais comerciais e outros menos convencionais. Axudan tamén a recadar fondos para os proxectos, pois a industria dálles as costas. E aínda con todos eses esforzos, as cifras continúan sendo negativas, cun longo camiño por percorrer e sen o respaldo necesario, nunha industria eminentemente masculina. É tan grande a desigualdade existente e a discriminación feminina que, incluso con este imparable traballo para conseguir recoñecemento, non se acada unha situación similar e nin sequera próxima á dos homes. A responsabilidade non recae nelas unicamente, a situación ten que variar cun cambio na mentalidade colectiva e unha loita conxunta de mulleres e homes, que realmente, na meirande parte dos casos, son os que coartan as súas oportunidades laborais.

            BIBLIOGRAFÍA:
            Koch, Tommaso (7 de abril de 2018). Un gran foco para sacar de la sombra a las directoras. El País. Recuperado de: https://elpais.com/cultura/2018/04/06/actualidad/1523003808_074091.html
            Rebolledo, Matías G. (4 de abril de 2018). El cine femenino toma Madrid. El Mundo. Recuperado de: http://www.elmundo.es/cultura/cine/2018/04/04/5ac4fc0546163f1d4e8b4647.html

            Gústame

            1. Piñeiro Maneiro
              O artigo do País que mencionas no cal se afirma que tan só o 4% dos filmes exitosos da última década foron dirixidos por mulleres resulta interesa porque xera unha pregunta a resolver: como equiparar estes resultados? Se a cuestión é que as mulleres non acceden a cargos como a dirección, poderíanse plantexar como posible razón que explique o seu non acceso que a educación asumida polas persoas que determinan quen ocupa dito cargo non esté baseado nos ideais feministas pendentes de normalizar.
              Emporiso, a desigualdade xurdida tras de sí precisa dunha enorme loita consistente en eventos e iniciativas como as que mencionas, porque as reivindicacións feitas tarde ou cedo contribúen á extensión das mesmas polo conxunto da cidadanía.Tamén sería interesante fortalecer a Ley Orgánica 3/2007, del 22 de marzo, para la igualdad efectiva de hombres y mujeres que, se ben “garantiza el principio de igualdad de trato y oportunidades entre mujeres y hombres, en el acceso al empleo”, na realidade as cousas son totalmente distintas. O seguinte paso sería reivindicacións legais que establezan diferentes criterios de selección e determinación de cargos así como de en quen reside a potestade de retribuír os mesmos. Certo é que, se ben o texto legal aínda afirmándoo non se cumpre -porque existe un marco político que o permite-, a procura dunha solución efectiva estaría aínda sen rematar.
              BIBLIOGRAFÍA
              – España. “Ley Orgánica 3/2007, del 22 de marzo, para la igualdad efectiva de hombres y mujeres” (2007). Boletín Oficial del Estado, 22 de marzo del 2007. [Consultado el 9 de abril del 2018] Recuperado de: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2007-6115

              Gústame

  2. SOUTELO CHARLE
    Todo el mundo oferta alternativas y soluciones pero esto nunca ha cambiado. Bien es cierto que desde los últimos años un cambio de perspectiva ha permitido que las mujeres ganen terreno en el mundo periodístico, aun así su presencia sigue siendo muy escasa. Este documento presente en el Libro de Actas del I Congreso Internacional de Comunicación y Género que tuvo lugar en Sevilla relata los principales “problemas” por los que existe este obstáculo invisible que impide el progreso en la carrera de las mujeres dedicadas a la información https://docs.google.com/viewerng/viewer?url=idus.us.es/xmlui/bitstream/handle/11441/38273/Pages+from+LIBRO+ACTAS+I+CONGRESO+COMUNICACI%C3%93N+Y+G%C3%89NERO.pdf?sequence%3D1&isAllowed=y. Hay que concienciarse y luchar, pero no solo es una cuestión feminista, hay que eliminar el machismo. Os adjunto este vídeo muy interesante para mostrar este problema en la actualidad informativa https://www.youtube.com/watch?v=rX5Pj_Q8XyM.

    Gústame

    1. Como ben explica o vídeo que adxuntas, temos que establecer unhas pautas ou regras que eliminen o machismo. Isto é fácil de dicir, pero non de aplicar. Nun artigo publicado polo Diario.es acercan 7 claves para erradicar a violencia machista e polo tanto as actitudes machistas da sociedade. O máis importante así como o máis difícil de conseguir, dende o meu punto de vista, é a concienciación social, que as campañas sexan quen de chegar á xente e cambiar a súa forma de ver as cousas.
      Pero todas estas pautas non están a falar do machismo no noso sector. Para este tema en concreto atopei un estudo que analiza a publicidade sexista e trata de loitar contra o mal uso da mesma. Analiza, pois, os estereotipos que soporta unha muller para formar parte dunha campaña publicitaria, idade, atractivo físico, sexual… Pareceume moi interesante e completo e permite coñecer datos diferenciais entre homes e mulleres en campañas publicitarias, así como o proceso selectivo dos mesmos.
      BIBLIOGRAFÍA
      – Ministerio de Igualdad. (2018). Guía de intervención ante la publicidad sexista. Madrid, España. [Consultado el 17 de abril del 2018] Recuperado de: http://www.inmujer.gob.es/observatorios/observIgualdad/estudiosInformes/docs/012-guia.pdf
      – Requena, Ana. (2015, 13 de agosto). La violencia machista no es inevitable: 7 medidas que pueden ponerse en marcha. [online] eldiario.es. [Consultado el 17 de abril del 2018] Recuperado de: https://www.eldiario.es/sociedad/violencia-machista-inevitable-medidas-tomarse_0_419608401.html

      Gústame

    2. SOUTELO CHARLE
      Todo o mundo oferta alternativas e solucións pero esto nunca cambiou. Ben é certo que dende os últimos anos un cambio de perspectiva permitiu que as mulleres gañen terreno no mundo periodístico, aínda así a súa presenza segue seendo moi escasa. Este documento presente no Libro de Actas do I Congreso Internacional de Comunicación e Xénero que tivo lugar en Sevilla relata os principais “problemas” polos que existe este obstáculo invisible que impide o progreso na carreira das mulleres dedicadas á información https://docs.google.com/viewerng/viewer?url=idus.us.es/xmlui/bitstream/handle/11441/38273/Pages+from+LIBRO+ACTAS+I+CONGRESO+COMUNICACI%C3%93N+Y+G%C3%89NERO.pdf?sequence%3D1&isAllowed=y. Hai que concienciarse e loitar, pero non só é unha cuestión feminista, hai que eliminar o machismo. Adxúntovos este vídeo moi interesante para amosar este problema na actualidade informativa https://www.youtube.com/watch?v=rX5Pj_Q8XyM.

      Gústame

  3. SOUTELO CHARLE
    A APM (Asociación da Prensa de Madrid) afirma no seu Informe Anual da Profesión Periodística a diferenza salarial entre homes e mulleres. Tamén as cifras do paro son moi desiguais na profesión. Ademáis, a pesar de que a presenza das mulleres nas redaccións e facultades de comunicación españolas é notable, a maioría dos postos directivos continúannos ocupando homes. Segundo este informe as mulleres ocupan só o 10,9% dos cargos de dirección en medios impresos de España, o 7,8% en radio e televisión, e apenas o 3,9% en medios dixitais. Esto nótase máis ao sinalar que o 51,8% dos periodistas do noso país son mulleres e todavía é máis grave ao constatar que o 60% do alumnado das carreiras ligadas á Comunicación é feminino.
    O Informe Mundial sobre a Condición da Muller nos Medios de Información (Global Report on the Status of Women in the News Media) recolle datos de máis de 500 medios de comunicación en 60 países distintos do mundo. Este estudo revelou na súa última edición que, mundialmente, as mulleres só ocupan o 27% dos cargos directivos en medios. Polo tanto, a pesar de que son máis as mulleres que estudan carreiras vinculadas ao Periodismo, son máis as que se adican a esta profesión e menos as que logran facerse oco nos postos máis importantes dos medios de comunicación, algo inexplicable e que intentan ocultar todos eles.

    Bibliografía
    Pompeu Fabra, Universitat de Barcelona. (2017, 27 de febrero). El papel de las mujeres en el periodismo y medios de comunicación. Recuperado de: http://www.barcelonaschoolofmanagement.upf.edu/es/noticias/mujeres-periodismo-medios-comunicacion
    Sanz Ezquerro, David. (2017, 14 de diciembre). Periodismo: una profesión con mujeres discriminadas. El Mundo. Recuperado de: http://www.elmundo.es/television/2017/12/14/5a32e08b22601d4b468b4626.html
    Universia.net (2017, 15 septiembre) Mujeres en el periodismo: ¿existe un techo de cristal? Universia. Recuperado de: http://noticias.universia.es/cultura/noticia/2017/09/15/1155744/mujeres-periodismo-existe-techo-cristal.html

    Gústame

  4. SOUTELO CHARLE
    A APM (Asociación da Prensa de Madrid) afirma no seu Informe Anual da Profesión Periodística a diferenza salarial entre homes e mulleres. Tamén as cifras do paro son moi desiguais na profesión. Ademáis, a pesar de que a presenza das mulleres nas redaccións e facultades de comunicación españolas é notable, a maioría dos postos directivos continúannos ocupando homes. Segundo este informe as mulleres ocupan só o 10,9% dos cargos de dirección en medios impresos de España, o 7,8% en radio e televisión, e apenas o 3,9% en medios dixitais. Esto nótase máis ao sinalar que o 51,8% dos periodistas do noso país son mulleres e todavía é máis grave ao constatar que o 60% do alumnado das carreiras ligadas á Comunicación é feminino.
    O Informe Mundial sobre a Condición da Muller nos Medios de Información (Global Report on the Status of Women in the News Media) recolle datos de máis de 500 medios de comunicación en 60 países distintos do mundo. Este estudo revelou na súa última edición que, mundialmente, as mulleres só ocupan o 27% dos cargos directivos en medios. Polo tanto, a pesar de que son máis as mulleres que estudan carreiras vinculadas ao Periodismo, son máis as que se adican a esta profesión e menos as que logran facerse oco nos postos máis importantes dos medios de comunicación, algo inexplicable e que intentan ocultar todos eles.
    Bibliografía
    Pompeu Fabra, Universitat de Barcelona. (2017, 27 de febrero). El papel de las mujeres en el periodismo y medios de comunicación. Recuperado de: http://www.barcelonaschoolofmanagement.upf.edu/es/noticias/mujeres-periodismo-medios-comunicacion
    Sanz Ezquerro, David. (2017, 14 de diciembre). Periodismo: una profesión con mujeres discriminadas. El Mundo. Recuperado de: http://www.elmundo.es/television/2017/12/14/5a32e08b22601d4b468b4626.html
    Universia.net (2017, 15 septiembre) Mujeres en el periodismo: ¿existe un techo de cristal? Universia. Recuperado de: http://noticias.universia.es/cultura/noticia/2017/09/15/1155744/mujeres-periodismo-existe-techo-cristal.html

    Gústame

    1. Pérez Pérez
      A persistencia dun teito de cristal no mundo da comunicación é algo xa máis que evidente. Xa non se trata dun estudo coma o que estás a presentar, senón que son moitas as asociacións que analizan a situación laboral da muller en comparación coa do home, cuxos resultados son alarmantes.
      Romper o teito de cristal é unha obriga social, pero como podemos logralo? Nun artigo publicado polo The New York Times, o xornalista Luis Alberto Moreno oferta unha serie de solucións alternativas para loitar contra esta problemática. Hai que apuntar que o xornalista está a analizar a situación laboral latinoamericana, onde o machismo ten maior presenza en comparación co no noso país. Unha posible solución que oferta son os currículos anónimos para evitar así a desigualdade en procesos de selección dos postos de traballo. Por outra banda, presenta tamén a idea de estipular paneis para entrevistas laborais cun equilibrio de xénero total.
      Como xa dixen, o teito non quebrará por si só, senón que é preciso o compromiso social e o nacemento de iniciativas coma estas, pois, a longo prazo poden dar lugar ao comezo do cambio.
      BIBLIOGRAFÍA
      Moreno, L. A. (2017, 7 de marzo). Cómo romper el techo de cristal en las empresas. [online] The New York Times. Recuperado de: https://www.nytimes.com/es/2017/03/07/como-romper-el-techo-de-cristal-en-las-empresas/

      Gústame

      1. SOUTELO CHARLE
        Todo o mundo oferta alternativas e solucións pero esto nunca cambiou. Ben é certo que dende os últimos anos un cambio de perspectiva permitiu que as mulleres gañen terreno no mundo periodístico, aínda así a súa presenza segue seendo moi escasa. Este documento presente no Libro de Actas do I Congreso Internacional de Comunicación e Xénero que tivo lugar en Sevilla relata os principais “problemas” polos que existe este obstáculo invisible que impide o progreso na carreira das mulleres dedicadas á información https://docs.google.com/viewerng/viewer?url=idus.us.es/xmlui/bitstream/handle/11441/38273/Pages+from+LIBRO+ACTAS+I+CONGRESO+COMUNICACI%C3%93N+Y+G%C3%89NERO.pdf?sequence%3D1&isAllowed=y. Hai que concienciarse e loitar, pero non só é unha cuestión feminista, hai que eliminar o machismo. Adxúntovos este vídeo moi interesante para amosar este problema na actualidade informativa https://www.youtube.com/watch?v=rX5Pj_Q8XyM.

        Gústame

        1. Pérez Pérez
          Como ben explica o vídeo que adxuntas, temos que establecer unhas pautas ou regras que eliminen o machismo. Isto é fácil de dicir, pero non de aplicar. Nun artigo publicado polo Diario.es acercan 7 claves para erradicar a violencia machista e polo tanto as actitudes machistas da sociedade. O máis importante así como o máis difícil de conseguir, dende o meu punto de vista, é a concienciación social, que as campañas sexan quen de chegar á xente e cambiar a súa forma de ver as cousas.
          Pero todas estas pautas non están a falar do machismo no noso sector. Para este tema en concreto atopei un estudo que analiza a publicidade sexista e trata de loitar contra o mal uso da mesma. Analiza, pois, os estereotipos que soporta unha muller para formar parte dunha campaña publicitaria, idade, atractivo físico, sexual… Pareceume moi interesante e completo e permite coñecer datos diferenciais entre homes e mulleres en campañas publicitarias, así como o proceso selectivo dos mesmos.
          BIBLIOGRAFÍA
          – Ministerio de Igualdad. (2018). Guía de intervención ante la publicidad sexista. Madrid, España. [Consultado el 17 de abril del 2018] Recuperado de: http://www.inmujer.gob.es/observatorios/observIgualdad/estudiosInformes/docs/012-guia.pdf
          – Requena, Ana. (2015, 13 de agosto). La violencia machista no es inevitable: 7 medidas que pueden ponerse en marcha. [online] eldiario.es. [Consultado el 17 de abril del 2018] Recuperado de: https://www.eldiario.es/sociedad/violencia-machista-inevitable-medidas-tomarse_0_419608401.html

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s