A accesibilidade cognitiva como dereito

 Vilariño García; Vaquero Cadenas

Coñecidas as limitacións diarias ás que están sometidas as persoas con mobilidade reducida, entendemos a importancia da accesibilidade física para estas, non obstante existen outros tipos de alternativas máis relacionadas cos sentido e non meramente con aspectos tanxibles. É o caso da accesibilidade cognitiva, relativa ao coñecemento, entendemento e comprensión de determinadas situacións e conceptos.

 Actualmente en España existe un baleiro legal no que a regulacións se refire. O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI)  define este concepto como carente de normativa polo que a lexislación non protexe adecuadamente os dereitos e a inclusión das persoas que precisan de determinados códigos para comprender e interpretar o entorno.

Para coñecer plenamente as limitacións da discapacidade intelectual e as barreiras que se presentan para os afectados, reunímonos cos membros da asociación FADEMGA Plena Inclusión. Neste encontro, expuxeron que o seu cometido é contribuír dende o compromiso ético á inclusión social e asegurar así unha calidade de vida digna.

DSC_0104
Manuel Carballo Benito, afectado de discapacidade – Fonte: Elaboración propia

Manuel Carballo Benito membro de FADEMGA e afectado de discapacidade intelectual, explícanos brevemente o concepto así como as melloras necesarias para conseguir unha vida digna. “As disfuncións cognitivas teñen que ver coas limitacións da memoria, a capacidade de atención e o procesamento dos coñecementos. A posta en marcha da accesibilidade cognitiva permítenos acceder a calquera lugar sen dificultade, a comprender as sinais e os carteis”  

Non obstante, segundo vén recollido na Convención sobre os Dereitos das persoas con discapacidade do Boletín Oficial do Estado, a integración destas na sociedade require dunha toma de conciencia por parte da mesma.  A inclusión ten directamente que ver coa colaboración, a participación e a concienciación. Como cidadáns debemos coñecer a situación destes individuos e aprender a respetar os seus dereitos e a súa dignidade.

 Por outra banda, Moisés Laminguieiro Romeo, especialista en accesibilidade, expón unha crítica á sociedade no relativo á concienciación e ao excesivo sentimento de culpa, alegando que non debemos facer dunha minusvalía un ser incapacitado en todos os sentidos, impedido socialmente.

blog
Infografía sobre a diferenciación entre integración e inclusión- Fonte: goolge imaxes

Deste xeito ten lugar unha total exclusión dun individuo en función das súas capacidades. É por isto que se debe facer unha diferenciación entre inclusión e integración. Por integración entendemos o feito de que unha persoa forme parte dun grupo maior de individuos, pero ao mesmo tempo que a súa opinión e decisións non sexan tidas en conta. Non partícipe das decisións de grupo. No obstante no caso da inclusión o individuo si participaría nas decisións colectivas de grupo.

Aínda que actualmente vivimos un progreso no que a inclusión social e a accesibilidade cognitiva se refire. A pesar disto Moisés L. R. asegura que “estes cambios son moi puntuais e a súa repercusión na mellora da situación é moi lenta e difícil de alcanzar”. Engade tamén que unha das grandes problemáticas da cidadanía é a capacidade de transmitir a información e pensamentos “debemos saber dicir as cousas con tacto. Reivindicar a posición propia sen necesidade de ferir a terceiros”.

En FADEMGA Plena Inclusión están moi implicados con esta metodoloxía e a axuda a persoas incapacitadas xudicialmente mediante procesos de reintegración da discapacidade. Para facer isto posible a asociación deu un paso adiante adaptando a Guía Xurídica á lectura fácil. Deste xeito procúrase a orientación en temas xudiciais para as familias con discapacidade intelectual.

Unha das ferramentas máis directas para favorecer á accesibilidade cognitiva é a adaptación de textos e documentos á lectura fácil. Este é un método que ten como finalidade a maior comprensión dos  textos, eliminando así as barreiras para a aprendizaxe e a participación social. Trátase dunha tecnoloxía de apoio que ao favorecer á accesibilidade, apoia tamén á democracia.

Un claro exemplo de medio de comunicación que leva a cabo estas medidas é “Reporteros en Red”. Un proxecto que pretende dar a oportunidade a persoas con discapacidade intelectual de afondar na sociedade. Trátase dun novo soporte que nos acercará á actualidade vista dende a óptica única dos usuarios, ao tempo que lles permite desenvolver as habilidades adquiridas no transcurso.

A través de persoal técnico fórmase a usuarios en habilidades persoais e sociais de carácter xornalístico, linguaxe e comunicación ademais do emprego de novas tecnoloxías, material audiovisual e o deseño dunha páxina web específica. Favorece así á inclusión social e laboral das persoas con dificultades cognitivas.

Chegamos así á conclusión de que se requiren recursos humanos e metodoloxías de traballo ademais de conciencia que permitan a inclusión e integración social dos individuos con este tipo de dificultades tanto cognitivas como físicas. Comezando este proceso de solidarización a través dunha maior comunicación e interpretación da linguaxe. Eliminando os excesos de culpa e os prexuízos.

No seguinte vídeo quixemos representar as dificultades que suporía para unha persoa con discapacidade intelectual, unha información mal transmitida. Posteriormente tratamos de mostrar a maneira axeitada de expresar a información e, como consecuencia, a integración da persoa na sociedade así como a compresión de todos os estímulos que se presentan ao seu redor.
Ademais, cunha serie de preguntas e respostas realizadas ao azar, comprobamos que  existe un descoñecemento casi xeneralizado do que significa o termo “accesibilidade cognitiva”.

 

 

 

SaveSave

9 comentarios en “A accesibilidade cognitiva como dereito

  1. O texto debe saber que documentos e fontes seleccionar. A pluralidade de voces non comporta finalmente facer unha análise ( o que no significa facer informes), si unha información, pero non unha análise (porque non está orientado a exercer como tal, neste texto). Mágoa. É un texto divulgativo e mesmo as persoas que aparecen están descontextualizadas: son do Círculo, non o son? Hai que referenciar. E avanzar desde os medios, que din os medios, e que din estas persoas do que din e non din os medios sobre este tema… hai que insistir máis veces sobre esto?
    Grazas.

    Gústame

  2. Cristóbal Lauda Durán – Movilidade.

    Na nosa opinión, a pesar de que existe xa certa inclusión das persoas con discapacidade na sociedade, aínda queda moito que facer para acadar unha integración completa. Débese insistir na educación dos rapaces e rapazas en idade escolar, xa que cando somos pequenos podemos ser propensos a ser persoas con prexuízos http://www.codigonoverbal.com/por-que-los-ninos-son-crueles-con-otros-ninos-y-como-detectarlo/ e nas familias non sempre se presta a este tema a atención que precisa. Estimamos que non existen suficientes programas ou campañas de sensibilización e dende os colexios, non o tratan coma un tema primordial, o que leva a súa invisibilidade. Ademais, as asociacións que poñen en marcha actividades con nenos son moi poucas, cando realmente son eles o futuro da sociedade.

    Un paso que creemos que foi importante é a reserva de prazas de emprego público na Xunta de Galicia (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/12/01/opositores-tendran-ano-prepararse-competir-2405-plazas/0003_201712G1P2995.htm) para persoas con discapacidade, tanto física como intelectual. Pensamos que a integración en postos públicos pode demostrar que o desempeño dun traballo eficaz tamén está ao alcance das persoas con discapacidade.

    Referido á cuestión da lectura fácil, consideramos que é unha ferramenta moi útil, sobre todo se estivera implantada totalmente na vida cotiá, xa que moitas tarefas que nós realizamos sen problema, para outros é algo máis complicado e non sempre pensamos niso.

    Gústame

    1. Como comentáis, es cierto que en la educación de los más jóvenes reside la clave para que empecemos a tener en cuenta a las personas con discapacidad y para que colaboremos en la inclusión social de todas ellas. Sin embargo, también es verdad que podemos mejorar la educación para el resto de población ya sea con campañas de apoyo o asociaciones como alguna con la que hemos podido contactar. FADEMGA Plena Inclusión ofrece información muy útil en su página web para dar a conocer la importancia de la lectura fácil tanto para las personas con discapacidad intelectual como para el resto de la población. http://fademga.plenainclusiongalicia.org/gl/

      En cuanto a los progresos que se presentan en el tema de la accesibilidad cognitiva y la inclusión laboral, podemos decir que es reconfortante y que ayuda a seguir luchando por dicha inclusión. No obstante, la opinión de algunos miembros de asociaciones como ACEM, nos aseguran que queda mucho camino por recorrer y que para ello hace falta mucho empeño y colaboración por parte de toda la sociedad.

      Gústame

      1. ACEM está no certo, segue existindo moita ignorancia e aínda queda moito que facer para a plena inserción da discapacidade na sociedade. A pesar de que existe una lei bastante completa de dereitos e inclusión social ( http://www.boe.es/boe/dias/2013/12/03/pdfs/BOE-A-2013-12632.pdf ), consideramos que non se está a realizar todo o posible para unha completa visibilización, nin por parte de medios de comunicación nin das empresas privadas. Os discapacitados seguen crendo que existe unha gran discriminación, sobre todo á hora de atopar un traballo estable. De feito, cabe resaltar que apenas un 28,3% do colectivo ten un emprego ( http://www.elperiodicodearagon.com/noticias/sociedad/discapacitados-sienten-discriminacion-indirecta_537180.html ).
        Outro punto interesante a comentar é a dificultade de persoas con discapacidade para integrarse na vida adulta, sufrindo as mesmas trabas que o resto da xuventude e incluso, nalgúns casos, agravadas por ser educados de maneira distinta en moitas ocasións. En España non existe un recoñecemento desta transición como algo específico, porén Andalucía desenvolveu un programa para facilitar esta etapa e proporcionar os coñecementos necesarios para a vida adulta ( http://www.europapress.es/andalucia/educacion-00651/noticia-junta-destaca-programa-transicion-vida-adulta-laboral-adquirir-conocimientos-20170612143946.html ).
        A educación non só debería estar presente nas aulas, senón tamén fora delas. Por desgraza, moita xente segue usando termos erróneos coma “minusválido” ou “inválido” dada a pouca información que hai sobre este tema. En 2017 un estudo sobre as persoas con discapacidade na Unión Europea revelou que a pouca preocupación e a accesibilidade son os principais problemas de España en materia de discapacidade ( https://www.cermi.es/sites/default/files/docs/colecciones/documento%20espanol_impresion.pdf ).

        Gústame

        1. Coincido totalmente con lo que dices, Cristóbal. La sociedad necesita de un cambio de mentalidad, pero para ello hace falta una previa educación, conocimiento y concienciación sobre el tema. Como indicas, la discriminación en es un problema que urge una solución. Sin embargo, es cierto que herramientas como las nuevas tecnologías, han favorecido a la integración de las personas con discapacidad y han contribuido positivamente a que estas puedan participar de forma activa en la sociedad (tanto a nivel laboral como personal). http://www.diariosur.es/economia/tecnologia-accesibilidad-centran-20180223055531-nt.html

          Respecto a la noticia de Europapress que adjuntas en tu comentario, quería señalar que me parece una gran aportación y un refuerzo positivo para el futuro de las personas con discapacidad. Sin embargo, a pesar del avance que ha experimentado este tema a nivel social, queda mucho por hacer y mucha gente por concienciar. Considero así, que las campañas de sensibilización social son muy útiles para que todos conozcamos las necesidades de los discapacitados y participemos de manera activa en su inclusión en la sociedad. http://www.plenainclusion.org/informate/campañas

          A cerca del mal uso de vocabulario referido a los discapacitados, coincido en que es un problema muy grave. Cierto es que la labor de los medios de comunicación de expresar la información correctamente es muy importante, de manera que todos conozcamos los términos adecuados y no hiramos con nuestras palabras. Nuestra es la tarea de dar más visibilidad al tema de la accesibilidad (tanto física como cognitiva) y de alcanzar la total inclusión social de las personas con discapacidad.

          Gústame

  3. Un dos primeiros aspectos que me gustaría tocar é o da inclusión social. Comentades que é preciso unha inclusión na sociedade e non unha integración, polo significado que isto trae consigo. Como di Moisés L.R. si hai cambios, pero puntuais. Pero eu quero que vexades este tema https://www.divulgaciondinamica.es/blog/la-integracion-social-la-educacion-inclusiva/ a educación inclusiva dende que somos cativos. Hai sempre unha clara diferencia entre os que gozan de boa saúde e os que sofren, neste caso, unha discapacidade como esta. Pois moitas veces sepáranse aos rapaces con discapacidade para outras aulas, apartados do resto do alumnado. Se queremos cambiar a mentalidade da sociedade, deberíase facer dende temparana idade. Creo que esto é un punto importante a tratar.

    Outro dos aspectos que me gustaría comentar é o tema dos medios de comunicación e os textos de lectura fácil. A parte de “Reporteros en Red”, non sei se sabiades da existencia de “La nuestra”, http://revistalanuestra.com/index.html unha revista de lectura fácil para persoas con esta discapacidade. Pero o que vos quero preguntar é se esto é unha boa maneira de inclusión na sociedade ou se debería existir un xornalismo igual para todos. É dicir, que os xornais actuais que coñecemos se adapten para que a súa información sexa comprendida por todos ou sacando duplicados con textos adaptados ás súas discapacidades.
    E non só iso, senón tamén a maneira de tratalos por parte dos xornalistas, que moitas veces non é a adecuada http://www.autismogalicia.org/index.php?option=com_content&view=article&id=236%3Adecalogo-para-o-tratamento-da-discapacidade-intelectual-nos-medios&catid=52%3Acatnovas&Itemid=74&lang=es

    Gústame

    1. Es cierto que necesitamos de una buena educación para la inclusión y esta comienza en los colegios, teniendo en cuenta a todos los niños por igual. Sin embargo, considero que también es muy importante visibilizar los progresos que existen con relación a la inclusión y la mejora de accesibilidad como podemos ver en este ejemplo: http://www.noticiasdel6.com/la-modalidad-de-educacion-especial-cuenta-con-61-escuelas-en-toda-la-provincia/
      Por otro lado, y en relación con lo que apuntas sobre separar a alumnos discapacitados de los que no lo son, quiero destacar lo siguiente: veo importante darle las mismas oportunidades a todo estudiante, y si para ello el que es discapacitado necesita ayuda individual y ajena a los demás alumnos, debería ser así. En España contamos con un buen programa de inclusión http://sid.usal.es/noticias/discapacidad/58266/1-1/la-inclusion-educativa-de-alumnos-con-discapacidad-un-exito-pero-estancado.aspx , pero esto no quiere decir que no necesitemos una gran mejoría respecto a este tema.

      Agradezco que comentes la existencia de la revista “La Nuestra”, pues es muy interesante y útil para dar un paso adelante en la inclusión de las personas con discapacidad cognitiva.
      También es muy acertada la reflexión sobre si los periódicos deberían tener adaptaciones a lectura fácil. Pues bien, es un punto interesante para que estos puedan llegar a más lectores, y alguno de ellos como un diario de Aragón ya apuestan por esta alternativa. http://www.plenainclusion.org/informate/actualidad/noticias/2017/el-periodico-de-aragon-lanza-la-primera-seccion-semanal-en-espana
      Si que es cierto que en muchas ocasiones los periodistas utilizan un vocabulario que puede resultar hiriente para personas afectadas por discapacidades de cualquier tipo, y es importante corregir y subsanar cuanto antes este error de los medios. Este es uno de los temas de los que también hablamos en otro de nuestros post: “O tratamento das persoas con discapacidade nos medios”. https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2018/03/12/o-tratamento-das-persoas-con-discapacidade-nos-medios/

      Gústame

      1. Está claro que ainda quedan moitas melloras á hora de falar da inclusión dos rapaces con discapacidade cognitiva nas escolas. Pero é verdade que hai que resaltar os aspectos positivos que atopamos neste tema, pois como ben sinalas na noticia hai unha gran cantidade de escolas adaptadas no país. Pero esto leva a que se necesite xente especializada. Por iso quería mostrar esta noticia https://www.eltelegrafo.com.ec/noticias/sociedad/6/capacitacion-educacioninclusiva-docentes-mineduc na que vemos que máis de 11.000 docentes se están preparando para especializarse na educación cognitiva, necesarios para que poidan ter unha boa atención.

        Agora ben, non podemos falar so dunha boa educación, da inclusión nas escolas,. Debemos falar tamén do seu futuro. Non so deben ter unha boa educación, tamén deben formarse para ter un bo futuro, para poder ter un traballo http://cadenaser.com/emisora/2018/03/21/radio_jaen/1521634912_617273.html Día a día deben loitar por unha maior inclusión no traballo. Todavía existen empresas que non contratan persoas con discapacidade, aínda que estén igual de formadas. Pero esto está cambiando ou seguirán existindo este tipo de discriminacións nun futuro próximo.

        Por último, quería engadir que, como a existencia do xornal adaptado en Aragón como mostras no enlace, en Extremadura tamén existe unha oficina pública que abre as súas portas a persoas con discapacidade cognitiva https://www.regiondigital.com/noticias/extremadura/292020-extremadura-se-ha-convertido-en-referente-nacional-en-accesibilidad-cognitiva-con-oacex.html Nela adaptan textos a lectura fácil para a súa integración, levaron a cabo accións para saber como elaborar documentos de fácil comprensión… entre outros. No último ano foron contratadas 7 persoas con discapacidade intelectual. Por iso volvo plantexar a mesma pregunta que no parágrafo anterior.

        Gústame

        1. Comparto tu opinión a cerca de los aspectos positivos que se presentan actualmente en el tema de la inclusión de niños con discapacidad cognitiva. Sin embargo, en la noticia de El Telégrafo que mencionas, se refiere a los avances en la docencia en el país de Ecuador, no en España. A pesar de ello sí tienes razón en que en el sistema educativo de nuestro país se están aplicando medidas de mejora. Esta publicación demuestra que en España, y en este caso en Extremadura, existe una concienciación sobre la importancia de ofrecer una buena educación a todos los alumnos, sin distinciones. http://www.europapress.es/extremadura/noticia-vara-aboga-espana-cuente-gran-pacto-educacion-no-cambie-cada-cuatro-anos-20180413135413.html Si estas medidas de las que se habla en el artículo se aplicaran, se favorecería a la inclusión total en las escuelas. Si que es verdad que es muy necesaria una buena preparación de los docentes para asegurar así, la educación y el futuro de niños con discapacidad cognitiva.

          En cuanto a la inclusión en el trabajo, también nos queda un largo camino por recorrer. Las personas con algún tipo de discapacidad (y sobre todo si es cognitiva), deben cumplir una serie de requisitos (en muchas ocasiones demasiado estrictos), para acceder a cualquier puesto de trabajo. Este post expresa más detalladamente los requerimientos a una persona con discapacidad para su inserción laboral: https://www.divulgaciondinamica.es/blog/insercion-laboral-personas-discapacidad/

          Dicho esto, podemos concluir que muchas son las mejoras de inclusión social (tanto laborales como educativas) que nos quedan por adoptar. Aún así, es reconfortante saber que poco a poco estos temas son más y mejor tratados por toda la sociedad. Teniendo más en cuenta a las personas afectadas y participando de este progreso, favoreceremos a la plena inclusión social de toda persona y podremos ofrecer una educación y un futuro digno para todos.

          Gústame

Deixa unha resposta a soymvaquero Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s