De que falan os medios cando falan de acoso laboral?

ARAÚJO MARTÍNEZ

A capacidade de concienciación dos cidadáns respecto ao acoso laboral reside, en gran medida, na actividade dos medios de comunicación. O liberado sindical Luis Muñiz declarou, o xoves 8 de marzo, nun círculo de lectura crítica que “nas súas mans está a responsabilidade de informar e formar sobre todo tipo de realidades, e esta que nos atañe non ten gran cabida nos voceiros”. O Presidente da Comisión de Análise de Conflitos da USC, Luis Miguez Macho, en sintonía con esta reflexión, aclarou que “o que non figura nos medios non existe para os políticos, e eles son os responsables de facer que a cousa cambie” (Círculo de lectura crítica, número 1. Declaración de Luis Miguez, 2018. Centro sociocultural de Fontiñas, 8 de marzo de 2018).

POST ANTIA FOTO CABECERA
Cárdenas, R. (2015). Una víctima de violencia sentada sobre las escaleras de la UCM.

Un medio de comunicación é un sistema que serve para informar a unha comunidade, polo tanto cubre a tarefa de mostrar a realidade do día a día, os aspectos máis relevantes do cotián. Segundo o teórico da comunicación Jesús Martín-Barbero (2000),  o éxito de cada medio depende das posibilidades que brinda a articulación das raíces culturais de cada grupo ou colectividade na vida diaria.

A antiga presidenta de Agacamt (Asociación Gallega Contra el Maltrato en el Trabajo), Eva Ventín, aporta a súa visión sobre a situación do mobbing no diario 20 minutos  e afirma que a xente non adoita denunciar. Segundo ela, cando alguén decide denunciar non se ten en conta como un caso de acoso laboral por non estar tipificado. “En Galicia non existen institucións implicadas na loita contra a violencia laboral e se carece de información necesaria para levar tal reto a cabo”sentencia Ventín sobre a actuación dos medios en materia de acoso laboral.

O último estudo sobre o acoso laboral publicado na prensa galega data de xuño de 2016 e atópase no xornal La Región (25/05/2016).   Os datos que se inclúen nesta nova sobre o acoso laboral en España son do ano 2010, algo que incide directamente na sociedade, xa que a cidadanía non conta cos recursos precisos para evaluar a gravedade do mobbing. Por outra banda, segundo a socióloga Gaye Tuchman, a información, para ser obxectiva, debe presentar os dous lados da disputa e dar voz ás partes en conflito ou desacordo (G. Tuchman, 1983) ; incluír frases que corroboren os argumentos dos que loitan por establecer a <<verdade>>; utilizar citas para amosar que a fonte é quen relata o feito, a situación ou o problema e organizar historias ou relatos que presenten dunha forma clara e coherente o asunto. Tamén afirma que a obxectividade non se encontra nos feitos, senón nas accións de quen cobre os acontecementos ou consulta determinadas fontes.

Contrastación da información e pluralidade de fontes

Os medios empregan as comiñas para citar aquilo que di unha fonte, así como para corroborar que esta é quen realiza tales declaracións. Outra razón pola que se procuran fontes e se citan as súas palabras é cubrir mellor os sucesos e protexer aos xornalistas das posibles demandas. Na maior parte das noticias estudadas, tan só fala unha das partes e non especifican se contactaron con mais, e só dúas novas de El País (13/02/2018) e de La Voz de Galicia (13/01/2017) indican ao lector que foron en busca doutra fonte, pero que esta non quixo falar.

O feito de que non haxa declaracións de ambas as dúas partes na maior parte das novas que analizamos, dificulta o traballo dos xornalistas á hora de realizar pezas de calidade e verdadeira obxectividade. Moitas veces, aínda que esta visión neutral se cumpra, os medios parecen empregar información irrelevante para suplir estas carencias, por exemplo, introducindo demasiados datos sobre a vida dos implicados como fai  El País nesta nova.

Outro caso chamativo é esta nova de El Correo Gallego (07/08/2008), na que a expresidenta de Agacamt figura como única fonte consultada. Dase un caso, polo tanto, no que Ventín Lorenzo fala abertamente de temas xudiciais, e incluso médicos, sen que exista unha contrastación real da información por parte dos xornalistas, posto que non se inclúe a ningún experto na materia que corrobore o que está a afirmar a especialista en mobbing. Nesta nova tamén se empregan metáforas como “la oficina se convierte en su prisión: con el jefe como carcelero y los compañeros ejerciendo de secuaces”“celdas laborales” e “cotos de caza”. Trátase dunha linguaxe literaria coa que se pretende captar a atención do lector.

En definitiva, tras facer un repaso de varias noticias publicadas en distintos medios de comunicación, poderíamos dicir que, a pesar de atopar un gran número de novas, estas parecen non chegar ao fondo do asunto, senón que quedan na superficie. Ademais, na nosa procura non logramos ningunha nova sobre como actuar en caso de acoso laboral, polo menos no ámbito da prensa galega. Dar a coñecer as causas, as consecuencias e as actuacións en caso de ver ou padecer mobbing é unha tarefa pendente dos medios de comunicación.

Citas e bibliografía:

  • (Círculo de lectura crítica número 1. Declaración de Luis Miguel Muñiz: 2018), Araújo Martínez, A., S1AMobbing. Centro Sociocultural das Fontiñas. 8 de marzo de 2018. Santiago de Compostela: Observatorio Cidadán de Comunicación.
  • Martín-Barbero, J. (2000). De los medios a las mediaciones: comunicación, cultura y hegemonía. Rubí (Barcelona): Anthropos Editorial.
  • Tuchman, G. (1983). La producción de la noticia. Estudios sobre la construcción de la realidad, México: Gustavo Gili.

6 comentarios en “De que falan os medios cando falan de acoso laboral?

  1. Por aquí vai o tono das análises do Observatorio, quizabes non tan reiterado e si mellor argumentado, mellor referenciado e mudando cada vez de aspecto. Velaí o sentido da busca. Grazas.

    Liked by 1 person

  2. De entrada, a afirmación de Eva Ventín citada no post sobre o feito de que o acoso laboral non se trate xudicialmente como tal é verdadeiramente preocupante, posto que axuda a invisibilizar un problema que como podemos ver afecta a un gran número de persoas. Investigando un pouco sobre o tema dei con este artigo publicado por Capital Humano, que fala sobre como actuar fronte ao mobbing; así mesmo, fala sobre o tema citado: o tratamento xudicial deste acoso. Neste artigo exponse da Sentencia da Sala do Civil do Tribunal Supremo do 20 de novembro de 2014, que comeza a regular a validez de probas de forma que as grabacións magnetofónicas e as conversacións de WhatsApp xa non vulneran o dereito ao secreto das comunicacións en caso de ser tan só utilizadas polo traballador para defenderse nun proceso xudicial.

    http://capitalhumano.wolterskluwer.es/Content/Documento.aspx?params=H4sIAAAAAAAEAFXOvQrCMBQF4Kdp5ptQU5c7iFUcxCm75OdWLraJNGmhb290EFwOZzh8nGJdRmg6L4X1ZbFjnzx-O69krEMQHALeTgAg1V5r2ImV5swpogLZQau0iCmQ6Y-4xEADRwqfCQ9btcz2IhzsmEmQS-n5J91_Qqk3rpwLXmocHuc0T41q3_P9r6edAAAAWKE

    Liked by 1 person

    1. É moi interesante a información que atopaches na que a especialista en Dereito Laboral de ABA Abogadas, Tania Pose fala sobre como actuar xuridicamente ante o acoso laboral ou mobbing. A avogada di que para demostrar tal acoso, teñen que producirse feitos que ocorran ao menos una vez por semana durante un tempo prolongado de polo menos seis meses.

      O principal problema ao que se enfronta a vítima de acoso laboral, é o de acreditar probas que o demostren. Un dos trazos máis característicos do mobbing, é que se leva a cabo coa aparencia de absoluta normalidade e sen deixar case rastro por escrito como ben di a avogada. Un exemplo disto, é o caso de Nélida Pisco, unha condutora de autobús (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/2017/01/12/acusan-autobuses-calo-nuevas-irregularidades-trabajadora/0003_201701S12C6991.htm) que sufriu acoso laboral desde o ano 2009. En casos coma este, resulta imposible presentar gravacións magnetofónicas e conversacións de WhatsApp que demostren o acoso laboral.

      É unha mágoa que información sobre como actuar en caso de acoso laboral de forma xudicial, tan só se atopen nesta nova da páxina Capital Humano 360 e de Marie Claire (https://www.marie-claire.es/planeta-mujer/denuncia/articulo/como-detectar-el-acoso-laboral-391493308298), ademais ambalas dúas empregan a mesma fonte. Periódicos como 20 minutos (https://www.20minutos.es/noticia/2858494/0/acoso-laboral-como-actuar-caso/) tratan a forma de actuar máis por enriba, cando neste caso, a vítima necesita unha maior profundidade no tema, pero é algo que como comentabamos no post, non acontece. Ademais, non hai ningún medio galego que trate as actuacións e repercusións do acoso laboral.

      Liked by 1 person

      1. Cando falamos de informacións sobre acoso laboral en medios, concluimos que, en España, non existe unha cobertura clara destes casos, que tenden cara ao sensacionalismo (dependendo do tipo de figura á que afecta este mobbing, se é un persoaxe público ou non).

        Quizáis debería a prensa española seguir o exemplo de algúns medios latinoamericanos no que a este tema se refire, xa que parecen ter máis animo de informar sobre os casos e de concienciar á poboación sobre este tipo de acoso; como nestes exemplos de netnoticias.mx e El Comercio:

        México: http://m.netnoticias.mx/2018-03-07-a2652ca7/buscan-concientizar-sobre-el-acoso-laboral/

        Ecuador: http://www.elcomercio.com/actualidad/denuncias-acoso-laboral-ecuador-codigodeltrabajo.html

        Gústame

        1. Chamoume a atención a nova que presentaches de El Comercio, xa que aparece o Ministro de Traballo de Ecuador instando á xente a denunciar e aos lexisladores a “impulsar os dereitos dos traballadores para que perdan o medo a denunciar”. Por outro lado, tamén fala das dificultades de demostrar os comportamentos de acoso laboral nun xuízo. Os medios deberían publicar novas que tranquilizasen á xente e desen consellos á hora de denunciar, como por exemplo, que tipo de probas poden presentarse nun xuízo coma este. O que si fai a noticia, é indicarlles ás vítimas de acoso laboral como denunciar os feitos.

          Busquei más novas neste diario, e tes razón. Polo menos El Comercio fala mellor sobre o acoso laboral que os medios españois, algún exemplos son:
          http://www.elcomercio.com/actualidad/ecuador-senales-identificar-acoso-laboral.html
          http://www.elcomercio.com/actualidad/acoso-laboral-sanciona-despido.html

          Sen embargo, estas novas tamén teñen as súas deficiencias. A primeira, paréceme interesante xa que nos trae 45 sinais para identificar o acoso laboral, o que pode axudar á xente a darse conta se está nunha situación coma esta. O problema é que non explica como resolvelo, ao contrario que a segunda nova. Esta fala sobre o verdadeiro significado de acoso laboral que moitas veces se confunde con falso mobbing. Hai persoas que creen que padecen acoso, cando en realidade son conductas normais que temos todos baixo situacións de estrés ou presión.

          Como ben dis, os medios españois son sensacionalistas neste tema. O Presidente da Comisión de Análise de Conflitos da USC, Luís Míguez Macho asegurou que unha nova sacada de La Voz de Galicia, que a USC publico na súa páxina (http://firgoa.usc.es/drupal/node/31797), é sensacionalista vendo tan só o titular. “Comezar cunha porcentaxe, é mostrar un dato morboso”, dixo Luís Míguez (Círculo de lectura crítica, número 2. Declaración de Luís Míguez, 2018. Facultade de dereito, 20 de marzo de 2018). Sen embargo, esta nova de El Comercio (http://www.elcomercio.com/actualidad/victimas-acosolaboral-ecuador-testimonios-denuncias.html) tamén o é. Mostra testemuñas de vítimas de diferentes tipos de acoso laboral, pero non contrasta esta información en ningún momento.

          Todas estas novas coinciden en que a vítima ten medo a denunciar, e isto é o que os medios teñen que tratar de evitar, ademais do sensacionalismo. Deben publicar novas como por exemplo, a segunda que mencionei de El Comercio, para que a xente se anime a levar a denuncia adiante e acabar coa súa situación.

          Gústame

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.