Novas visións dos medios alternativos de Compostela

TATO ARJONA

Santiago de Compostela, quizais polo seu ambiente universitario, sempre foi unha cidade na que os movementos sociais emerxentes estiveron presentes. Hoxe, como non podía ser doutro xeito, as iniciativas alternativas seguen aparecendo e sucedéndose unhas a outras, pero nós poremos o foco sobre os medios de comunicación alternativos, a vangarda do xornalismo. A través do coloquio que presentamos a continuación, os medios alternativos composteláns expoñen a súa razón de ser e os motivos polos que se diferencian dos medios tradicionais. Nesta xuntanza prodúcese un intercambio de ideas dos respectivos proxectos, no que cada participante expón o seu.

Debemos ter en conta que cada un destes medios atópase ligado a unha comunidade alternativa específica. Así o argumenta Frances J. Berrigan, a que fora investigadora do Instituto de Tecnoloxía da Educación da Open University do Reino Unido, no seu estudo A comunicación comunitaria: Cometido dos medios de comunicación comunitaria no desenvolvemento. Segundo Berrigan, os medios comunitarios son “medios de comunicación aos que teñen acceso os membros desa comunidade, con fins de información, educación ou diversión”.

A primeira en tomar a palabra é Jessyca Ocampo Rodríguez, a creadora do Mapa do Medo. Está é unha iniciativa centrada en situar os puntos concretos nos que se realizaron situacións de acoso machista a mulleres nun mapa, o Google Maps, que serve como plataforma do proxecto. Aínda que a creadora recoñece que na súa orixe era un traballo para a clase, asume que o proxecto é cada día máis solvente e que incluso xa superou as fronteiras galegas, expandíndose polo resto do Estado. A viralización en redes sociais fixo do Mapa do Medo un fenómeno imparable que se deu a coñecer moi rápidamente.

IMG_3691
 

Durante o coloquio

 

A iniciativa de Ocampo, segundo ela mesma di, está servindo a moitas rapazas para saber os puntos conflitivos e que xa posúen un perigoso historial de terror. Por iso, podemos entender que a comunidade á que vai referida esta forma emerxente de comunicación é a das mulleres e, máis concretamente, a das rapazas que se atopan soas na rúa, normalmente de noite. Do mesmo xeito, conta con varias colaboradoras que axudan a Ocampo na recollida e posterior difusión de información. O ciclo péchase, pois son estas mulleres as que tamén serían o público potencial do Mapa do Medo

Charo López Sánchez, a seguinte en falar, expón o traballo do seu medio: Novas da Galiza, un xornal mensual e xeneralista. Ata o de agora todo podería parecer do máis tradicional, pero Novas da Galiza é un medio autoxestionado, que non se beneficia de subvencións. Un traballo militante e profesional, como ela di, ademais de ético e comprometido cos movementos sociais reivindicativos. Centrado en traballos máis profundos que os medios xeralistas diarios, Novas da Galiza é un instrumento contextualizador para a sociedade galega. Este medio, comenta López, escribe en galego reintegrado porque o consideran a forma máis aceptable. Outro aspecto innvador do medio e que a súa estrutura é totalmente horizontal, sen xefes, con departamentos autónomos que se complementan.

A fórmula anteriormente aplicada ao Mapa do Medo cúmplese tamén para Novas da Galiza, pero con algunhas diferencias. Este xornal é unha empresa e, polo tanto, para traballar para ela é necesario ser un profesional da comunicación. De tódolos xeitos, a súa liña editorial non permite a todos os profesionais colaborar con Novas da Galiza, de xeito que aínda que se trata dun medio xeralista a súa repercusión non pasa de determinados perfís da sociedade. Cando se cumplen eses dous requisitos (ideoloxía e profesionalidade) é cando tamén se produce esa retroalimentación.

A revista Lume, por medio de Diego Horschovski, vese representada tamén no noso coloquio expositivo. Esta publicación busca a divulgación da filosofía, tal e como se explica na páxina da revista, aplicándoa a temas da vida cotidiana para achegala á xente da rúa. Deste xeito, Lume analiza a realidade dende o punto de vista do filósofo para conseguir así unha visión máis profunda do noso día a día e da actualidade. A principal diferencia cunha revista convencional é a súa liña ética e política, altamente crítica cos medios de comunicación convencional e co tratamento que estes fan dos datos para crear as noticias. A partir da revista Lume aparece Filosofía a pé de rúa, un movemento no que a filosofía está presente para facer debates con outras disciplinas humanas co fin de analizar asuntos pertencentes a estas últimas.  

 

BIBLIOGRAFÍA

Berrigan, F. J. (1981). La comunicación comunitaria Cometido de los medios de comunicación comunitaria en el desarrollo [archivo PDF]. París, Francia. Editorial da Unesco. Recuperado de http://unesdoc.unesco.org/images/0013/001343/134355so.pdf

Horschovski, D. (2017, 9 de junio). Presentación. LUME. Recuperado de http://lume.gal/historia-da-filosofia/artigos/presentacion-1/

Montero, T. (2018, 4 de marzo). El mayo que fue en marzo: la Universidade de Santiago se rebela. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/03/04/mayo-marzo-universidade-santiago-rebelo/0003_201803G4P2991.htm

SaveSave

8 comentarios en “Novas visións dos medios alternativos de Compostela

  1. Este artigo foi publicado após da hora de peche de edición. Respecten os horarios de publicación. Doutra parte, o texto é unha presentación de actores que non responde tampouco á exixencia dunha análise ben estruturada e de interese para este Observatorio. Ten que revisarse e mudar, co concurso da coordinadora de Edición.

    Gústame

  2. Persoalmente, como opinión xeral do proxecto, considero que esta é unha moi boa iniciativa para dar a coñecer os medios cos que contamos e que a míudo descoñecemos. Xa tiña conta do mapa do medo pero non tiña nin idea da repercusión estatal que tivo. O que por un lado, paréceme marabilloso porque por fin as mulleres temos algo co que protexernos dunha maneira proactiva, vendo a pasividade da xustiza ante os múltiples casos de acoso, violacións e demáis (porque se os estudantes sabemos que campus Sur de noite non é seguro, eles o teñen que saber dabondo); evitando os “non chegaron a tempo…” Por outro, como unha crítica á sociedade na que vivimos, paréceme aterrador que tiveramos que chegar a cousas coma estas para poder camiñar tranquilas polas rúas; e considero que non é mais que o resultado da inseguridade que sufrimos; o que dí moito de vós, e do mundo machista no que aínda seguimos a vivir.
    Por último dicir que é unha pena que teña que ser por motivos coma éste, pero que é impresionante ver a mulleres xuntándose para coidarse!

    Gústame

  3. El Mapa del Miedo es una de las iniciativas más importantes que se han presentado en los últimos años para la lucha contra el acoso al que, en ocasiones, tienen que hacer frente las mujeres, por ejemplo, durante una noche de fiesta. Y, al igual que este último caso, todos los medios que se pueden ver en esta publicación son completamente innovadores dentro de su ámbito. Precisamente por esto considero que deberían ser mucho más apoyados por la sociedad, para que realmente se comprendiese la valentía y, sobre todo, la importancia de que estos valores que presentan estén inculcados en la sociedad en la que vivimos.
    Precisamente el Mapa del Miedo, que ha conseguido traspasar las fronteras gallegas, es una muestra de que, con la visibilización de estos proyectos, puede ayudarse a muchas personas. La cadena de televisión Antena 3 ha sido uno de los muchos medios que se han hecho eco del proyecto de Ocampo, hasta el punto de mencionarlo en los informativos, con una entrevista a la mujer que ha hecho posible que esta iniciativa sea, a día de hoy, posible: http://www.antena3.com/noticias/sociedad/joven-gallega-disena-mapa-miedo-mostrar-lugares-que-han-producido-agresiones-sexuales_201802035a7603fa0cf20e2c8b51e160.html
    En este sentido, también el diario ABC se hizo eco de la noticia, dando cabida a los comentarios de varias mujeres que habían sufrido algún tipo de acoso, y que lo habían contado en el e – mail que Jessyca proporcionó y que hace tomar una mayor conciencia del problema que actualmente se está viviendo, y no solo en Santiago de Compostela.
    Por su parte, en España puede considerarse a este proyecto como pionero, al menos por la difusión que está teniendo. Sin embargo, es algo que ya se ha extendido fuera de nuestro país a lo largo de todo el pasado 2017. En Argentina, por ejemplo, se ha llevado a cabo la difusión de este mapa, desde la agrupación Mapas de lo Efímero, en el que miles de mujeres han proporcionado, siempre desde el anonimato, el testimonio de lo que les ocurrió, especificando el tipo de acoso y, lo que es más importante, la posición exacta del suceso. Además, en México también se ha dado visibilidad a estos lugares de los que se habla, bajo el nombre “Los lugares del Miedo”, en el que las mujeres podrán denunciar cualquier tipo de acoso al que hayan sido sometidas. Unas iniciativas que, a día de hoy, por desgracia, son una de las cosas más necesarias para nuestra sociedad.

    BIBLIOGRAFÍA
    Rial, Z (2018). Cartografía del acoso. ABC. Recuperado de: http://www.abc.es/espana/galicia/abci-cartografia-acoso-mujeres-201802250830_noticia.html
    (2017). Arman un mapa virtual que registra acosos y abusos

    Gústame

    1. PÉREZ LOJO
      A visibilidade que acadou a iniciativa de O Mapa Do Medo é aínda que destacable, illada. A maioría dos medios alternativos que se estenden por todo o territorio español contan cunha comunidade de subscritores moi reducida e polo tanto cunha visibilidade limitada. Ademais cómpre destacar que moitos deles levan a cabo un xornalismo que loita contra o poder hexemónico dos medios con máis recoñecemento, creando información independente ao discurso oficial. Os exemplos de Antena 3 e ABC son alianzas que a iniciativa de Jessyca Do Campo tivo, mais non son representativa para o resto da comunidade de medios.
      Esta situación plántea ata que punto é necesaria a colaboración coas grandes empresas de información para obter unha visibilidade notable. Máis aló da vital importancia que ten que as mulleres se asocien e loiten xuntas contra o sistema que as oprimen, foron os medios hexemónicos os que se encargaron de difundir e publicitar o seu proxecto.
      https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/02/20/mapa-do-medo-retrato-acoso-galicia/00031519122832445827710.htm
      http://www.nuevatribuna.es/articulo/america-latina/democracia-fake-news-medios-independientes/20180319202553149956.html

      Gústame

      1. Estoy totalmente de acuerdo con la última afirmación: hasta ahora, para alcanzar un mínimo éxito en la difusión de una práctica como el Mapa del Miedo, normalmente ha hecho falta la ayuda de medios de renombre y grandes empresas. Esto se debe a que la aparición de los medios alternativos es relativamente reciente, por lo que no cuentan con el gran número de lectores que caracteriza a los medios hegemónicos.

        Sin embargo, quizás estemos ante un cambio de tendencia. Si que es cierto que los medios de renombre alcanzan a más audiencia, pero los alternativos cuentan con la fidelidad de los lectores. Los medios hegemónicos llevan en crisis ya unos cuantos años, acusados de dejarse llevar por el sensacionalismo y abusar del click fácil. Los periodistas también asumen esta situación: según una encuesta figurante del Informe Anual de la Profesión Periodística del 2016, el 48,3% reconoce que la imagen negativa de los periodistas se debe a hacer un espectáculo de la profesión. Otros, un 40,8%, apuntan que el principal problema es la falta de calidad de la información al no estar contrastada y el 39,9% lo achaca a los intereses económicos o políticos del medio. Es entonces, cuando incluso a los propios periodistas no les queda otra que reconocer sus errores, el momento en el que el lector, desconfiado, se decanta por otro tipo de publicaciones que no están adscritas a empresas de poder. Y aquí es donde los medios alternativos se encuentran con la oportunidad de cubrir con éxito cada vez más novedades como la tratada en este post.

        BIBLIOGRAFÍA

        Redacción PR Noticias (5 de enero, 2017). La autocrítica de los periodistas: el amarillismo es el principal problema del sector. PR Noticias. Recuperado de: https://prnoticias.com/periodismo/periodismo-pr/20159376-periodismo-autocritica-amarillismo

        Gústame

        1. PÉREZ LOJO
          Debo discrepar xa que non é certo que os medios alternativos sexan de recente aparición, máis este tipo de medios son outra derivación da xa coñecida resistencia ou oposición ao poder. http://pacarinadelsur.com/home/editorial/457-resistencias-y-movimientos-sociales O problema real é que a difusión ou alcance que estes medios poidan en internet, vese eclipsada pola autoridade dos grandes medios. É precisamente a fidelidade dos lectores a que garante a supervivencia destes medios (como no de Novas da Galiza).

          Por outra banda, reside unha grande responsabilidade nos medios alternativos de garantir unha información de calidade afastada da tendencia que se leva dando dende a migración dos medios a internet. É de vital importancia polo tanto que os medios alternativos loiten e cren presión en contra da hexemonía das fake news e o clickbite. https://www.eldiario.es/tribunaabierta/Fake-news-responsabilidad_6_760883915.html

          Liked by 1 person

Deixa unha resposta a Andrea Regueiro García Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s