O tratamento das persoas con discapacidade nos medios

Rodríguez Pereira

Os medios de comunicación conforman un nexo indisoluble entre os colectivos sociais e a opinión pública. Segundo como se presente unha realidade ante os cidadáns, estes terán nas súas mans unha información de usar e tirar ou a primeira oportunidade para tomar conciencia das problemáticas e das demandas dos colectivos cos que conviven. Unha sociedade que aspire a mellorar debe contar cos mellores medios de transmisión e difusión de contidos.

Cando preguntamos aos membros do noso Círculo de Accesibilidade sobre o tratemento das persoas con discapacidade nos medios, estes opinan que en xeral só teñen relevancia acontecementos moi puntuais ou moi impactantes. Entre os priemeiros encóntranse os asuntos de obrigado informe como é o caso do incumprimento da Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade ou a concesión recente do seu dereito a formar parte dun xurado popular. Nos segundos caben noticias de asasinatos ou abusos sexuais nos que a discapacidade da víctima ata pode converterse nun reclamo morboso para o lector.

Á hora de elaborar unha noticia é esencial contar cunhas fontes precisas e ríxidas. Para esta noticia de La Voz de Galicia, o redactor ponse en contacto con Anxo Queiruga, vicepresidente de CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade) co fin de contrastar informacións. Se os contidos fixesen referencia a un colectivo concreto, acudir a unha asociación que defende os seus intereses é un recurso acertado, pero non debe ser a única voz presente. O desenvolvemento desta noticia basease nun copia e pega das declaracións de Queiruga, entre as que destacan frases feitas que deixan de ter efecto algún nos lectores. Por exemplo: “É evidente que quedan moitas cousas por facer”, “temos trazada unha liña estratéxica ou  ‘‘máis accións reivindicativas’’.

A seguinte peza a analizar ven recollida tamén no diario La Voz. É unha especie de noticia reportaxeada, na que se expoñen os testemuños persoais de tres manifestantes contra as barreiras arquitectónicas, hoxe ilegais. As reivindicacións do colectivo son o centro da información e a inclusión das fontes de primeira man é, canto menos, positiva.  O problema reside en que se mostra en exceso o sentimento de culpa dos afectados. Titulares como “Sé que somos un incordio, pero la gente tendría que ser más paciente” o “La sensación que da no poder ir solo a los sitios es malísima ensombrecen a súa loita e marcan o texto de certo paternalismo.

As dúas noticias comentadas no conseguen abordar a fondo no asunto. Ambas presentan ás persoas con discapacidade nunha posición rogativa, pero ningunha repara nas consecuencias que pode ter non cumprir coa lei que regula a accesibilidade universal, non exclusivas do ámbito físico, senón cruciais tamén a nivel de comunicación e integración. Os xornalistas, unha vez a causa é visible, debemos tomala en serio. Substituír a sobreprotección dos protagonistas por poder.

A visión contraria encontrámola nesta noticia recuperada por El Correo Gallego. O texto trata o concepto de igualdade de oportunidades, ao falar dunha senadora con discapacidade que foi increpada por cometer unha falta grave: mandar a votar por ela a un dos seus asistentes. O vicepresidente do Senado, Pedro Sanz, sinala nas súas declaracións que “non é una decisión con respecto a unha senadora discapacitada senón sobre una senadora normalizada” e que coñece perfectamente os ritmos e o reglamento da Cámara.

imaxe post
A senadora Virginia Felipe. Fuente: clm24.es

Outro caso interesante é esta entrevista a Fran Carreira en La Voz de Galicia. Nesta situación a fonte que fala de barreiras é un arquitecto que ten mobilidade reducida. No primeiro parágrafo xa se entrevé a idea de “a cidade ten que adaptarse a min’’. Ao longo do texto aparecen prazas de aparcamento, pasos de cebra e negocios que non cumpren coa lei e deixan conta de algúns abusos absurdos cos que se encontran as persoas con discapacidade. O redactor debería incluír algunha imaxe de sitios que se mencionan para contrastar e chamar a atención do lector, como por exemplo o aparcamento en pendente do centro de saúde Novo Mesoiro.

En conclusión, as dúas últimas noticias favorecen máis ao colectivo de persoas con discapacidade, pois son textos moito máis directos que dotan de dignidade ás causas do colectivo. Ás veces parece que é un capricho. Queremos estar na rúa e facer a vida más independentemente posible. Hai que crear conciencia”, expón Carreira. Ese é o deber dos medios, abrir conciencia para cambiar a sociedade.

 

15 comentarios en “O tratamento das persoas con discapacidade nos medios

  1. García Vilariño

    Unha cidade tan concorrida debe tener as necesidades básicas de mobilización cubertas, para que todos os seus cidadáns poidan disfrutar dela de xeito igualitario. Suficientes adaptacións teñen que facer na súa vida cotiá (modificacións nos vehículos, nas súas casas, na súa medicación diaria, etc.), como para saír á rúa e que non poidan moverse mas lonxe da súa mazá.
    Dito isto, gustaríame destacar unha noticia que lin días atrás na Voz de Galicia, sobre un veciño de Milladoiro que denuncia as incontables barreiras arquitectónicas no seu barrio:
    https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/03/06/milladoiro-bravo-oeste-cuestiones-accesibilidad/0003_201803S6C7991.htm

    Finalmente, gustaríame destacar como os medios tratan esta información, polo xeral sensacionalista e empregando declaracións de vítimas para sensibilizar a poboación, a cal non ten poder á hora de mellorar a actual situación. As persoas que sofren as barreiras arquitectónicas non queren axuda de terceiros nin un trato favorecedor, se non poder valerse por sí mesmas coma calquera outro individuo. En lugar de levar a cabo ditas accións , deberían utilizar o seu poder para solicitar melloras inmediatas, e facer da cidade de Santiago un lugar accesible para todas as persoas.

    Gústame

    1. É certo, a libre mobilidade é un dereito que teñen todas as persoas e as barreiras arquitectónicas non só limitan as persoas con discapacidade, senón tamén as persoas maiores -un grupo poboacional que segue en aumento- e a todos aqueles que ao longo da súa vida podan padecer mobilidade reducida, aínda que sexa temporal. Por todo iso ha de cumprirse a Lei de Accesibilidade, para solventar tódolos problemas que uns e outros, tanto persoas con discapacidade como non, poden atoparse na súa vida diaria. Recoméndoche esta nova de El País que fala de isto:
      https://elpais.com/economia/2017/11/10/actualidad/1510324841_846587.html

      O empoderamiento é esencial para estas persoas. Para non caer na estigmatización ou tratalos como vítimas, se cremos que precisan de axuda nunha situación, é tan fácil como preguntarlles antes de actuar.

      Gústame

      1. Concordo plenamente co que dis, Christian. Sen ningunha dúbida a poboación está a sufrir un profundo envellecemento, e máis en Galicia. Ademais, tamén lin a noticia de El País que me recomendaches, e non me imaxinaba datos tan demoledores: que o 77% das vivendas españolas sigan tendo barreiras arquitectónicas significa algo moi grave, aínda que xustificable se temos en conta os tan encarecidos prezos aos que fai falla facer fronte para erradicar ditas barreiras.

        En canto ao tratamento dos afectados por estes obstáculos nos medios de comunicación, é certo que adoitan ser tratadas como vítimas, en vez de pretender realizar un enaltecemento adecuado, para que os seus problemas poidan ser tomados coa seriedade e rigor necesarios, pois as barreiras arquitectónicas son un problema de todos, xa que máis tarde ou máis cedo todos nós seremos propios afectados.

        Por iso o compromiso social é fundamental. De feito, recoméndoche que leas esta noticia de El País sobre Insuit, unha ferramenta dunha empresa valenciana que facilita as persoas que sofren diferentes discapacidades a accesibilidade a Internet, co que poden realizar tarefas que antes convertíanse nun imposible:https://elpais.com/ccaa/2017/07/27/valencia/1501150012_347861.html

        Gústame

        1. Moitas veces a oposición entre leis, nese caso a Lei de Propiedade Horizontal e a Lei Xeral dos Dereitos das Persoas con Discapacidade e da súa Inclusión Social, e a falla de partidas presupuestarias e subvencións supoñen verdadeiros lastres á hora de cumprir coa accesibilidade universal. Aínda que a Lei contempla concesións e alternativas para aqueles casos nos que as medidas que impón non podan realizarse, por descoñecemento ou por indeferenza a meirande parte dos entes seguen sen resolver esta cuestión.

          En canto a noticia sobre tecnoloxía que me remites, paréceme unha iniciativa brillante e un claro exemplo de inclusión. Nunha reunión no noso Círculo, Moisés Lamingueiro comentaba que hoxe en día existen as ferramentas necesarias, como é a web semántica, para facer todos eses servizos (consultas, xestións, etc) accesibles as persoas con discapacidade. Outro servizo esencial é o acceso á información; xa existen medios de comunicación online como ‘’Noticias Fácil’’ que se adican a elaborar noticias en lectura fácil: http://www.noticiasfacil.es/ES/Paginas/index.aspx

          Gústame

          1. Como ti comentas, un servizo esencial é o acceso á información, xa que os medios xogan un papel moi importante na sociedade. Pero ademais de pensar en diferentes ferramentas que permitan ás persoas discapacitadas manterse ao tanto das novas, tamén hai que ter en conta como se utilizan ditos medios para ubicar a estas persoas na sociedade. Non sempre se produce un bo uso destes medios, algo que non só ocorre en España. Neste artigo amósannos como funcionan diferentes canles ante as problemáticas mencionadas, desprestixiando e infravalorando a figura dun discapacitado, provocando un maior incremento das barreiras arquitectónicas, en vez de anulalas: http://www.incluyeme.com/los-medios-de-comunicacion-y-la-discapacidad/
            Para finalizar, gustaríame incidir outra vez no exemplo de Arxentina en canto a barreiras arquitectónicas nos medios se refire, onde parece que a preocupación por este colectivo é bastante notoria. Neste artigo publicado por Traductores Universales de Argentina amosan diferentes claves para non facer das canles de información outra barreira arquitectónica que fomente a desigualdade social. Aquí che deixo o link para que te informes mellor sobre isto: http://tavargentina.com/2015/05/accesibilidad/

            Gústame

            1. Atopo moi interesante o artigo de Inclúyeme. Está claro que aínda hoxe a información sobre determinados colectivos que consumimos é pouca e mala. Sobre este tema xa hai ensaios escritos que deixan en evidencia que os xornalistas carecen de preparación para informar acerca destes temas. É por iso que, en vez de contribuir á normalización das persoas con discapacidade, elaboran información sesgada e sensacionalista: https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/2542950.pdf

              Arxentina, e outros países como Suecia, onde inventouse a lectura fácil, lévannos moita vantaxe no que respecta á adaptación dos contidos informativos para facelos accesibles. Tal vez un primeiro paso sería colgar unha versión en lectura fácil das novas máis importantes ou trascendentes, para logo seguir con aquelas que descreben acontecementos complexos, e por tanto, son máis difíciles de entender para unha persoa con discapacidade intelectual.

              Gústame

  2. Concha Caneiro Losada. Mobilidade (S1C).
    Está claro que os medios xogan un papel moi importante na concienciación da sociedade. O peso e a responsabilidade que recae sobre os medios de comunicación é moi importante, pois o tratamento de temas delicados como é, neste caso, a discapacidade das persoas, debe ser rigoroso e basearse en fontes contrastadas. Moitas veces, como dicían anteriormente os nosos compañeiros e compañeiras, non se leva a cabo unha confrontación e enxálzase máis unha ou outra figura.
    Ben, a forma máis eficaz que existe para cambiar a concepción acerca das persoas discapacitadas e as súas dificultades de accesibilidade debido; moitas veces as barreiras arquitectónicas, é a través dos medios de comunicación, dun enaltecemento desta figura e dun tratamento correcto do tema.
    Nunha noticia de fai xa medio ano da Axencia Europa Press, (http://www.europapress.es/epsocial/responsables/noticia-santiago-compostela-fundacion-once-facilitaran-integracion-laboral-personas-discapacidad-20170901154550.html), informase da iniciativa que emprenderon o Concello de Santiago e a Fundación ONCE, é dicir, impulsar a integración laboral das persoas con discapacidade. Nesta noticia podemos atopar frases como “poner en marcha iniciativas de sensibilización” ou “disponer de autonomía, incrementar su autoestima, sentirse respetado, una persona digna y que contribuye con su trabajo a la sociedad”. Desta maneira podemos apreciar a proposta por parte das institucións de tratar a xente con discapacidade por igual no entorno laboral, mais no fondo a nova intenta comunicarnos que, pese a existir propostas para que as persoas discapacitadas se poidan incorporar en igualdades de condicións, non teñen todas as facilidades das que dispón a xente sen discapacidade, e non estamos a falar de facilidades materiais, senón relacionadas ca forma de pensar do noso entorno. ¿É correcto este tratamento?
    En definitiva, as noticias son escasas e o grado de interese que se lles inverte é mínimo. Dende os medios deberían resaltar a labor de colectivos que se adican a erradicar este problema de pensamento e concienciación da sociedade para así, crear entre toda a poboación, unha igualdade xusta e real.

    Gústame

    1. Tes razón, Concha. O enaltecemento deste colectivo e a visibilización das súas demandas, con rigor e seriedad, é unha tarefa pendente dos medios de comunicación. Deste xeito a sociedade os ten en conta e fará súas as suas denuncias, e así algún día poderemos evitar situación como esta, por exemplo: https://www.elperiodico.com/es/sociedad/20180404/pizzeria-valencia-niega-entrada-grupo-silla-de-ruedas-6734473
      As necesidades materiais e cognitivas están interrelacionadas. No noso círculo, Javier Nieto comentara que no mesmo Concello de Ames, a entrada non é accesible. Se non empezamos por mudar as cousas nos espazos públicos máis cercanos á cidadanía, a casa de todos os veciños, ¿como imos facelo no resto de ámbitos? O que queiro decir con isto é que a discriminación empieza nunha entrada diferente para as persoas con discapacidade, o ter que pedir a chave do baño habilitado para eles na outra punta do edificio ou calquera situación deste tipo. As barreiras arquitectónicas son físicas, é certo, pero tamén impiden aos afectados ser partícipes da sociedade, desempeñar o seu rol en la comunidad, o que configura a verdadeira barreira. Por iso, para acadar a igualdade e a inclusión e desterrar a discriminación, precisamos de entornos accesibles.

      Gústame

      1. Concha Caneiro Losada. Mobilidade (S1C).
        É difícil entender como en pleno século XXI pode haber xente que exclúa a persoas en cadeira de rodas, como pódese apreciar no caso da noticia publicada por El Periódico. Como ben dis Christian, precisamos de zonas accesibles para acadar a igualdade e a inclusión, pero tamén se necesita que, persoas como os donos da pizzería da nova anterior, cambien a súa forma de pensar.
        Sen ir máis lonxe no tocante a accesibilidade, nunha reunión co noso círculo debatemos sobre o grao de mobilidade en Santiago, debido aos obstáculos existentes. Por exemplo, moitas beirarrúas son demasiado estreitas, os boiardos ocupan espazo en ditas beirarrúas, os aparcamentos para minusválidos escasean, a calzada da zona vella está defectuosa… Estes son tan só uns dos poucos inconvenientes que xorden á hora de afrontar o día a día na cidade e increméntanse moito máis cando estamos a falar de persoas discapacitadas.
        Esta noticia (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/02/17/obras-accesibilidad-entorno-xelmirez-i-esperanza/0003_201802S17C2995.htm ) de La Voz de Galicia, mostra como as institucións públicas toman conciencia do problema que supón a falta de accesibilidade para a sociedade. Estaremos avanzando neste sentido?

        Gústame

        1. No noso Círculo tamén falamos desas problemáticas. Dous dos membros, que teñen mobilidade reducida, comentaran que a meirande parte das plazas de aparcadoiro de Santiago non cumpren ca normativa de Accesibilidade, un factor determinante que impide a moitas persoas achegarse e moverse pola cidade. Supoño que andar por Santiago convértese ás veces nunha odisea.

          Ao fío da nova que remites, xa era hora de tener un campus máis accesible! Parece que si estamos avanzando un pouco. Recentemente, o alcalde do Concello, Martiño Noriega, dixo que a accesibilidade é un dos grandes retos da cidade: http://www.europapress.es/galicia/noticia-alcalde-santiago-abordara-retos-sociales-obra-publica-primer-debate-estado-ciudad-20180220195020.html

          Gústame

          1. Concha Caneiro Losada. Mobilidade (S1C).
            Non é só que as prazas de aparcadoiro de Santiago non cumpran coa normativa de accesibilidade, senón que tamén hai moitas persoas sen discapacidade que fan uso desas prazas, con tarxetas de familiares ou mesmo coas de persoas falecidas. Isto aparece nunha noticia de febreiro que publicaba o Concello de Santiago (http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=17022&lg=cas). É algo contraditorio que o Concello non respecte a normativa no relacionado coa accesibilidade, pero que pida, xunto coa Policía Local, que os cidadáns respecten a normativa imposta para estas prazas de aparcadoiro. Algo non está a funcionar ben.
            En relación coa noticia que compartes Christian, é unha boa nova que o Concello tome parte na problemática que existe respecto a accesibilidade, mobilidade e barreiras arquitectónicas. Unha vez máis, os medios sacan a relucir os puntos positivos das institucións. Ao igual que dende os medios se fomenta o bo traballo das institucións, tamén se debería mostrar o negativo, para así estar informados e poder modificar todos os puntos débiles.

            Gústame

  3. Gloria Pérez Cacharrón. Turismo (S2C).

    A falta de noticias nos medios de comunicación sobre o día a día das persoas con dicapacidade é innegable, pero tendo en conta que a maioría dos medios publican noticias en función da súa demanda, coido que tamén é problema, quizais, da poboación, que non está tan interesada nos porblemas que outras persoas poidan sufrir, senón nos seus propios. A falta de civismo e de preocupación por problemas que non nos afectan directamente é un dos motivos polos que, na miña opinión, as novas que vemos sobre as persoas con discapacidade nos medios son, como se dixo no círculo, de acontecementos moi puntuais ou moi impactantes.

    Ó non darlle tanta importancia a asuntos que non nos afectan de maneira directa, restámoslle relevancia, e non somos conscientes de cando nesas noticias que lemos enfocan o problema de maneira equivocada. Por exemplo, ao facer unha reportaxe sobre deportes, o normal é que o xornalista estea especializado, que coñeza en profundidade o tema e obteña información de diversas fontes. Ao realizar noticias como as analizadas neste círculo, vemos que as fontes son escasas, os xornalistas non parecen que teñan un gran coñecemento do que están a contar e cáese en tópicos e, na miña opinión, un exceso de victimismo que non penso que os verdadeiros protagonistas da noticia teñan. As mobilizacións e loitas por melloras son continuas (http://www.catalunyapress.es/texto-diario/mostrar/1030476/movilizacion-barcelona-accesibilidad, http://www.lavanguardia.com/vida/20180227/441126292349/reivindican-derecho-a-libre-maternidad-y-relaciones-de-mujeres-discapacitadas.html), pero os grandes medios de comunicación non lle dan a importancia que merecen.

    Gústame

    1. Podemos falar dun círculo vicioso: o que non aparece nos medios non existe, nos esquecemos dos colectivos marxinados polos medios, non amosamos interese por eles, e seguen sen saír nos medios. A labor do Observatorio é interesante en tanto que como xornalistas nos acercamos a estas realidades, para saber como deberían elaborarse estas noticias correctamente, especializándonos nun colectivo, de algunha maneira, como ti comentabas.
      Un tratamento exhaustivo, o coñecemento das súas problemáticas e a profundización nos temas que lles afectan son en efecto as chaves para unhas información e enfoques adecuados. Só así centraremonos no importante e trascendente para a sociedade, e tal vez ese día as noticias sensacionalistas, como esta, sexan anécdotas relegadas ás últimas páxinas da sección de sucesos: https://elpais.com/ccaa/2018/02/16/madrid/1518775791_100691.html

      Gústame

      1. Estou completamente de acordo, o tratamento por parte dos medios de comunicación das minorías é un círculo vicioso, e coido que a labor do Observatorio é, non só importante, senón necesaria. Coa especialización en temas pouco tratados nos grandes medios achégase ao público información trasecendente, xa que a sociedade formámola todos.
        Con pequenas accións ou detalles, como a creación deste observatorio, a proposta da Concejalía de Política Social y Dependencia de Villanueva de la Serena, en Extremadura, que creará uns bonos-taxi para persoas con mobilidade reducida no municipio (http://www.elperiodicoextremadura.com/noticias/vegasaltas/consistorio-facilitara-bono-taxis-personas-movilidad-reducida_1081788.html) ou mesmo a inclusión de persoas con mobilidade reducida en eventos relixiosos como esta Semana Santa en Valladolid (https://www.noticiascyl.com/valladolid/provincia-valladolid/2018/03/29/rioseco-facilitara-el-viernes-santo-a-las-personas-con-movilidad-reducida/) axúdase a que deixen de ser meras anécdotas nas seccións de sucesos, que como ben dicides, é ao que quedas relegados en moitas ocasións.

        Gústame

        1. Son iniciativas dignas de mención, sen duda. Recoméndoche que botes un vistazo a esta nova. Plena Inclusión Madrid (federado con FADEMGA, da que contamos con algúns dos seus integrantes no noso Círculo) está a formar a persoas con discapacidade como portavoces da asociación: http://ecodiario.eleconomista.es/sociedad/noticias/9044021/04/18/Discapacidad-plena-inclusion-forma-a-166-personas-con-discapacidad-intelectual-para-ser-representantes-del-colectivo.html#

          Pode que en un futuro sexan os mesmos afectados os que atendan aos medios de comunicación como representantes do colectivo. O traballo dos xornalistas con estas fontes de primeira man, quen de reflectir a súa realidade e os seus problemas, acercaránnos a esas informacións trascendentes e de calidade que buscamos.

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s