A educación en feminino

Santomé Seijas

Os actuais modelos de consumo fomentan conductas que empeoran de xeito significativo a situación das mulleres, complicando a consecución das tan necesarias reivindicacións feministas, en concreto no ámbito audiovisual. Por iso, a mellor arma para acabar coa submisión das mulleres no sistema patriarcal é a educación en clave feminista, amosando e explicando o problema co fin de erradicalo da hexemonía cultural.

En moitas ocasións, fannos crer que existen igualdades para ambos sexos, onde as mulleres poden escoller libremente o que queiran, mais logo son lanzadas a un mundo no que iso non é verdade. O feminismo é necesario, e canto antes se comece a educar mellor, no entorno máis inmediato, no familiar e nas aulas. As mulleres son as que máis titulacións acadan e as que contan con mellores cualificacións, pero logo desaparecen nos postos decisivos e isto dá que pensar.

No informe de 2016 de CIMA, a Asociación de Mulleres Cineastas e Medios Audiovisuais, revélanse as disparidades por cargos de responsabilidade. Vemos que as mulleres só superan aos homes en postos de maquillaxe, peiteado e vestiario, mentres que eles son maioría en todos os demais cargos. As grandes desigualdades aparecen en dirección de fotografía, onde as mulleres só representan o 2%. Tamén en efectos especiais (3%); son (7%); composición musical (8%); dirección (16%); e guión (17%).

informe cima

Como puidemos comprobar nun estudo de AISGE (Artistas Intérpretes, Sociedad de Gestión) existen grandes diferenzas por sexos. Se observamos os datos, existe un protagonista feminino por cada tres homes, e moitas ocasións incluso sendo elas as propias produtoras. Isto pódenos levar a pensar que son as propias vítimas, en parte, as culpables da discriminación, mais non é así. Daquela, onde radica o problema?

Na procura de responsabilidades

O guionista Dani Domínguez, afirmou que isto se dá polos arquetipos culturais que dependen, fundamentalmente, da resposta do público. E é que segundo Tamara Canosa,

CÍRCULO

En primeiro plano, Tamara Canosa. Fonte: elaboración propia.

 

actriz e Presidenta da Academia Galega do Audiovisual, está claro que se pode ser muller e non feminista, mais asegura que se poñemos todas as responsabilidades últimas nunha xerarquía “a meirande parte das veces non é exactamente a produtora quen decide o tipo de produtos que se acaban facendo, pois en Galicia exceptuando o cine, todos os demais ámbitos viven dun cliente único que é a TVG”.

 

 

 

Só nos basta con observar a listaxe de premiados dos Mestre Mateo. A película máis galardoada foi Dhogs, un filme de corte masculino, a pesar das diferentes reivindicacións que alí tiveron lugar en prol da visibilidade feminina no audiovisual. Pola contra, películas como 30 lumes, con directora, produtora e protagonistas mulleres, foron ignoradas pola crítica. Isto deixa entrever que a realidade é outra ben distinta.

Pola súa banda, a prometedora Lucía Estévez, directora da curta Sendeiros, tamén quixo reivindicar que o principal motivo da escasa visibilidade feminina reside no desinterese existente ao confiar nelas como profesionais.  “Depende tamén dos altos cargos, é a idea de apostar, se non se aposta… Hai posibilidades de perder pero tamén de gañar”, afirma. Segundo Lucía, por desgraza o panorama actual resúmese en que o cine para mulleres, é iso, cine para mulleres.

Estes problemas instaurados na sociedade, veñen medrando dende a infancia e teñen que ver cos arquetipos femininos ligados á suposta debilidade das mulleres e á inseguridade que xa dende cativas se tende a inculcar entre as mesmas. Aos nenos poténciaselles a mente con xogos que fomentan a súa creatividade, invención e imaxinación. Ás nenas, pola contra, xogos de princesas, bonecas, cociña, beleza e coidados, o que as encerra na vulnerabilidade e submisión.

Esta situación desencadea unha división de traballo que se aprecia con maior intensidade cando chegan a idade de traballar. Ángel Suanzes, xornalista da TVG, comentaba que ás mulleres non lles permiten intentalo con películas de aventuras nin thrillers, debido aos roles descritos anteriormente. Así, vense limitadas a dirixir películas intimistas e pequenas, a contar historias de familia; e os homes todo o contrario nunha situación de privilexio.

Ariana Castro, membro de Acción Universitaria, asegura que “a culpa é do sistema patriarcal e da  liberdade que cremos ter as mulleres dentro del, que quere que ti sexas un obxecto e ata que punto iso che fai libre e non es un obxecto máis”. Polo tanto, a educación é o compromiso persoal básico, cada un dende a súa posición, aínda que finalmente os cargos estean en contra e sexan manexados por homes principalmente.

En definitiva, concluímos que todos nos atopamos dentro de relacións de consumo e que se trata dunha cuestión de mercado que, ao fin e ao cabo, xoga totalmente en contra da igualdade de oportunidades para as mulleres. A pesar dos esforzos individuais por avanzar e destruír esa xerarquía de poder, é certo que cada un é libre de consumir o que considere, e iso custará moito mudalo porque a gran masa aínda non se atopa concienciada.

Como afirmou Mercedes Castro, actriz e presidenta de Escena Galega,

CIRCULO

Fonte: elaboración propia.

 

“agora só necesitamos os medios e que o consumo se comece a habituar, aínda que nos leve anos e anos”. Educar en feminino é clave, tanto a mulleres como a homes, porque non é algo externo a eles. Como viñemos observando nos últimos anos e, con maior intensidade nas pasadas manifestacións do 8 de marzo, o feminismo está presente e hai que avanzar. Porén, esta nova ola que está a ser máis visible ca nunca debe marcar un antes e un despois e non finar como un feito puntual.

 

BIBLIOGRAFÍA:

  • CUENCA, Sara. (2016). La representatividad de las mujeres en el sector cinematográfico español. CIMA. Recuperado de: http://cimamentoring.com/informe-anual-2016/
  • GIMÉNEZ MERCHANTE, Francisco. (2016). Estudio de la presencia de la mujer en las producciones españolas de ficción difundidas en televisión y salas de cine de España durante el periodo 2014 –2016. Análisis de igualdad del mercado audiovisual español. Recuperado de: http://www.aisge.es/media/multimedia/ficheros/788.pdf

 

16 comentarios en “A educación en feminino

  1. Post de muito interese e valente, agás nalgunhas expresións que non estan argumentadas. Non pode ser así. Ver os dous primeiros parágrafos, que precisan dunha referencia. Xaóra que alguén dirixira o dedo ao compoñente ideolóxico da ficción (o da non-ficción xa está claro dabondo) na CRTVG e o vieiro estreito que impón ao imaxinario galego e, por suposto, á representación que fai das persoas nese eterno entretimento de cartón da máis vellla telebasura. Saúde.

    Gústame

  2. As diferenzas de postos de traballo en función do sexo non só é existente no ámbito cinematográfico e audiovisual. As mulleres ocupan o 10 % dos cargos de alta dirección nas empresas, según datos da Fundación de Estudios de Economía Aplicada (FEDEA). A esto habería que sumarlle a distinta tasa de desempleo no noso país o pasado ano, un 20% frente ao 17% masculino, según cifras do INE.

    Non obstante, os representantes da nosa comunidade parece que comezan a darlle as mesmas oportunidades ás mulleres que aos homes. Esto mostra a nova renovación do Parlamento de Galicia. Déixovos o enlace á nova de La Voz de Galicia que pode ser de interese na vosa análise: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/02/17/ultimos-cambios-escano-elevan-64-renovacion-parlamento/0003_201702G17P4991.htm

    Gústame

    1. Por suposto que non é unha problemática só existente no sector da comunicación. Nunha noticia de El Mundo, podes atopar unha radiografía con datos sobre a brecha salarial e tamén laboral. Asemade, o posto que ocupa España a nivel mundial no que concirne á brecha salarial.
      No que comentas sobre a noticia de La Voz de Galicia, efectivamente a renovación do Parlamento determinou unha maior presencia de mulleres pero… o propio partido político do presidente do Goberno é quen incorpora menos da metade para completar o total de deputados. Acaso non sería isto implicación externa pero non interna?

      Gústame

      1. Totalmente dacordo co plantexamento co que pechas a resposta.
        A problemática existente da que estamos a falar percíbese antes de adentrarnos no mundo laboral. O sexo parece ser un condicionante á hora de escoller carreira universitaria. Datos como os que aporta esta nova de La Voz de Galicia, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2018/02/17/mujeres-30-alumnado-carreras-cientificas-campus/0003_201802O17C3993.htm ,

        Gústame

      2. ( Continuación da anterior resposta enviada)
        Esos datos ofrecidos pola noticia do medio galego ensinana pouca presenza das mulleres nas ciencias puras, tecnoloxías ou inxeñerías. É soamente a sociedade na que vivimos a responsable ou existen outros factores máis alá da educación?

        Gústame

      3. É interesante que apuntes ao sexo como condicionante á hora de escoller carreira universitaria. Non só porque é certo, senón porque iso significa que a diferenza entre homes e mulleres vén determinada polo sexo e non polo xénero. De tódolos xeitos compártoche a diferenza entre xénero e sexo que consideramos máis correcta: http://www.mujeresenred.net/spip.php?article1994
        De tódolos xeitos, a noticia que compartes céntrase na zona do Campus de Ourense. Dado que é un campus que non conta cun gran número de estudantes, penso que sería interesante observar os datos a nivel estatal que presenta Cadena Ser nesta noticia: http://cadenaser.com/ser/2017/09/11/sociedad/1505151803_148116.html .
        BIBLIOGRAFÍA
        VÁZQUEZ, Marta (2016). El campus ha perdido el 40 % de su alumnado desde el año 2000. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2016/02/10/campus-perdido-40-alumnado-ano-2000/0003_201602O10C1995.htm

        Gústame

  3. PÉREZ LOJO
    A cultura segue fomentando o sistema patriarcal, e isto ponse en vista de todos coa celebración de premios cinematográficos que reflexan as desigualdades contra as que se enfrontan as mulleres. Isto non só se viu nos Mestre Mateo con Dhogs, mais non se trata dun caso illado, senón que é algo estendido en toda a nosa sociedade, e a Gala dos Goya tamén foi un exemplo diso. A academia pretendeu defender un discurso de igualdade demandando a presenza de máis mulleres no cine, discurso que non foi de todo acertado debido á inexistencia de mulleres na dirección da Gala. Tal e como o denunciaron Leticia Dolera ou Cristina Caamaño, a Gala dos Goya defendía un discurso que nin a propia academia era capaz de asumir.
    Para que o sistema patriarcal quede eclipsado pola educación feminista, é preciso que a igualdade de xénero estea presente en todos os ámbitos da cultura e as mulleres tomen voz. Pero como se pode conseguir isto se as mulleres se atopan constantemente con trabas que lles impiden poder acceder aos mesmos postos que os homes? O teito de cristal impide que as mulleres lideren unha nova toma de conciencia no ámbito cinematográfico e, polo tanto, se a cultura continúa fomentando o sistema patriarcal, o propio sistema seguirá en pé.

    Bibliografía
    Periférica TV. (2018, 14 de febreiro). Leticia Dolera: “Un campo de nabos feminista precioso” para explicar el mansplaining | Goya 2018. [Arquivo de video] recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=4gxaVPcxOKg

    RTVE. (2018, 3 de febreiro). Monólogo de Cristina Castaño en los Goya | #Goya2018 [Àrquivo de video]. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=nrl672zdFYA

    Bernal, A. (2017, 29 de marzo) El techo de cristal de las mujeres en el cine español. Público. Recuperado de: http://www.publico.es/culturas/techo-cristal-mujeres-cine-espanol.html

    Gústame

    1. Siso Zapata
      A gala dos Goya é, sen dúbida, un tema escabroso digno de tratamento. Como ti ben dis: como pode defender a Academia un discurso tal que nin eles mesmos poden asumir e facer propio? Inevitablemente lembramos a actuación de Dani Rovira na edición de 2017, na que saíu con tacóns a presentar, coa suposta intención de visibilizar ao colectivo feminino. Isto causoulle máis críticas que aplausos e, desde entón, os actores e actrices andan con pés de plomo no tocante a este tema. En eldiario.es xa falaron deste tema. Con respecto á diferencia que comentas, no noso estudo contamos con profesionais do mundo cinematográfico, que nos confirmaron taxantemente que existe unha gran distinción, por exemplo, nos presupostos de películas segundo sexan dirixidas por un home ou por unha muller. As diferenzas chegan a ser abismais. non se pode permitir algo así se se quere acadar a igualdade. O feminismo ten que introducirse en tódolos estratos da sociedade: desde o máis marxinal ata os postos de responsabilidade de empresas, incluíndo, claro está, as cinematográficas.

      BIBLIOGRAFÍA.
      Acusan de machista a Dani Rovira por usar unos tacones para reivindicar más protagonismo femenino. (2017). eldiario.es. Recuperado de: https://www.eldiario.es/rastreador/Dani-Rovira-protagonismo-mujeres-Twitter_6_609349072.html

      Gústame

      1. PÉREZ LOJO
        A polémica que derivou da gala dos Goya non se debe a un feito illado, senón que é un caso que se estende a todos os ámbitos, tanto na cinematografía como na sociedade en xeral. Poderíamos remarcar casos similares como por exemplo na gala dos premios Oscar ou na dos Mestre Mateo:
        https://www.zonared.com/cine/test-bechdel-oscar-garantia-feminismo/
        Este tipo de comportamentos semellan un engano para os espectadores de ditas galas, pretendendo que se protexe o traballo artístico e intelectual das mulleres no cine. Cara a un público cada vez con máis conciencia feminista, “queda ben” falar de igualdade real, mais estes discursos non se levan á práctica. Polo tanto, coincido totalmente no feito de que a responsabilidade e cargos se deberían estender tamén ás mulleres. Non é que isto sexa máis importante, senón que é extremadamente necesario.
        http://www.lavanguardia.com/politica/20180312/441482770910/de-hollywood-al-campo-la-onu-quiere-que-el-feminismo-llegue-a-las-aldeas.html

        Gústame

        1. Este ano estivo moi marcado polo avance do feminismo coas polémicas que se xeraron, non só en EEUU co caso de Harvey Weinstein, senón tamén no noso país, onde saíron á luz moitos casos de violencia machista que derivaron en reaccións e campañas de loita polo feminismo. O problema que estou a percibir é que, nas propias galas de premios cinematográficos como das que estamos a falar -os Goya ou os Óscar-, non teñen a capacidade de impulsar o feminismo de xeito axeitado, ao contrario, en múltiples ocasións o que orixinaron foi unha nova polémica polo mal enfoque do tema. Ata agora, máis que o coñecemento dos que serán os gañadores do certame, estamos á espera dun novo altercado nas redes. Fai uns anos, por exemplo, nomearon ás desigualdades, xa non só machistas, senón tamén racistas de Hollywood, co movemento “Oscars so white”, que incendiou as redes sociais e obrigou á academia a tomar medidas drásticas. Serán quen de promover, nos vindeiros anos, unha campaña que verdadeiramente intensifique a loita feminista?

          BIBLIOGRAFÍA:
          Reuters. (2015, 16 de enero). Polémica en los oscars 2015: ¿Racistas y machistas?. Europapress. (Consultado el 17 de abril de 2018). Recuperado de:
          http://www.notimerica.com/cultura/noticia-polemica-oscars-2015-racistas-machistas-20150116162909.html

          Gústame

  4. As reflexións sobre por qué as mulleres dedícanse no ámbito cultural a temas máis intimistas mentres que os homes ocupan temáticas máis diversas e nas que tamén poden verse refrexadas as mulleres por ser máis universais (fronte a idea de que un traballo feito por mulleres é para mulleres) paréceme moi interesante á vez que certa. Todos os comportamentos sociais marcados por roles de xénero non son naturais, senón que culturais e artificiais, xa que como dicía Simone de Beauvoir: “Non se nace muller, se chega a selo”. (http://nuriavarela.com/simone-de-beauvoir-no-se-nace-mujer-se-llega-a-serlo/).

    Polo tanto, estamos de acordo que a chave para rematar co patriarcado (que é o causante do machismo) está na educación. Na miña opinión, estes cambios só terán lugar a moi longo prazo, polo que polo de agora as medidas de discriminación positiva son moi necesarias, xa que loitan pola visibilidade das mulleres; medida que no cine en España leva en vigor desde o 2009 (https://elpais.com/cultura/2009/09/22/actualidad/1253570405_850215.html). Sen embargo, a utilidade da discriminación positiva continúa a ser un debate case 10 anos despois (https://elpais.com/elpais/2017/06/12/buenavida/1497287468_342105.html). Gustaríame saber que opinades ao respecto, e que medidas propondriades vós para solucionar esta opresión.

    Gústame

    1. Tal como dis, e como tratábamos de expoñer coa nosa publicación, a educación é a raíz deste problema. Gústame moito a frase que escolles, porque reflicte á perfección cal é o problema que non se chega a normalizar na sociedade: o feito de relacionar á muller cunha serie de características ou estereotipos estéticos por cuestións xenéticas.
      Sen afondar moito máis neste asunto, gustaríame aclarar dende o meu punto de vista que non estou a favor da discriminación positiva. A nosa loita é unha loita pola igualdade: buscamos recoñecemento en todos aqueles terreos nos que non se nos valora do mesmo xeito. Emporiso, a discriminación positiva, malia ter como obxectivo a visibilidade do sector feminino, non me parece a forma máis correcta. A escritora Gemma Lienas aporta neste artigo ( http://www.mujeresenred.net/spip.php?article1810 ) todos os motivos aos que se debe a discriminación da muller no mundo audiovisual, e afirma que son necesarias medidas como a que mencionas (a lei do cine), para reequilibrar a balanza, pero tamén manifesta o seu desacordo co que se coñece por discriminación positiva.

      Gústame

      1. Tras ler o artigo que recomendas sobre a opinión de Gemma Lienas sobre a discriminación positiva, posiciónome aínda máis en favor dela. A pesar de que a autora do texto comprende a desigualdade existente entre os dous xéneros, semella que compara os privilexios que os homes tiveron durante séculos á discriminación positiva que comeza a implantarse agora. Na miña opinión, a discriminación positiva é moi distinta desta realidade, e non comprendo como, aínda que recoñece que, por exemplo a Lei do Cine, como outras medidas, son “mecanismos correctores que pretenden que unha muller capacitada e competente, a pesar de ser muller, poida acadar o mesmo nivel que un varón” ela estea en contra desta “discriminación”.

        Opino que isto se debe a unha mala interpretación do termo “discriminación positiva”, xa que como a define Intermón Oxfam, esta é “un trato preferencial no acceso a certos recursos, servicios ou proteccións, coa finalidade de que se mellore a calidade de vida” de grupos sociales, étnicos ou minoritarios discriminados. (https://blog.oxfamintermon.org/la-discriminacion-positiva-ejemplos-y-ventajas/)

        Para explicar a súa utilidade póñote un exemplo:
        Se comparamos os retos da vida con unha carreira de obstáculos, podemos presupoñer que todos os participantes comezan nunha liña de saída que está a mesma altura para todos, este sería o momento do nacemento de calquera persoa. Pero a partires de aquí, supoñamos que atopamos que dentro da rúa de cada corredor existen un número de obstáculos distinto, e tamén de distinta dificultade. Esta situación de inxustiza é un símil de como os grupos privilexiados (polo xeral homes brancos, cis, heteros e con boa posición económica), non atopan case obstáculos dentro da súa carreira; mentres que os grupos discriminados teñen máis dificultades para chegar á meta, ao non facelo nas mesmas condicións.
        Neste caso, o que busca a discriminación positiva é aliviar estas diferenzas reducindo os obstáculos aos que se enfrentan os grupos discriminados.

        Polo tanto, a solución a corto prazo de problemas como a baixa representatividade das mulleres no mundo laboral, que como ben dicides solucionarase cambiando a educación, reside nas medidas de discriminación positiva. Cambiar a mentalidade dunha sociedade leva anos, mesmo décadas, e non podemos quedarnos de brazos cruzados esperando os resultados.

        Gústame

        1. Non estou a negar a necesidade dun cambio de mentalidade na sociedade. A cuestión é que creo que o termo discriminación positiva non é o correcto. Resulta moi contraditorio loitar contra unha desigualdade favorecendo outra e, na miña opinión o uso deste termo podería derivar nun caso de hembrismo. Acaso a muller está a buscar vinganza por tantos anos de represión? Isto é o que pensan todas a mulleres que se atopan en contra desta medida, e esta é a razón pola que pode resultar moi polémica no conxunto da poboación.

          O mesmo sucede co propio termo “feminismo”, que moitos critican argumentando a súa contrariedade. Por que non igualitarismo? Por que falamos de feminismo para referirnos á igualdade de xéneros? O problema neste caso é o seguinte: o igualitarismo ten como fin a equiparación, o seu obxectivo é que, dous obxectos que antes eran diferentes, agora compartan unhas mesmas características, e polo tanto sexan iguais. Aí é onde reside o problema. Non somos iguais. As nosas características biolóxicas son diferentes, e non podemos cambialas, polo que non é posible falar de igualitarismo. Dito isto, dámonos de conta de que o verdadeiro sinónimo para o feminismo non é igualitarismo, se non equidade, xa que podemos definila como a cualidade de dar a cada un o que se merece en función dos seus méritos e condicións.
          BIBLIOGRAFÍA
          CABRÉ, Mª Ángeles. (2014, 31 de marzo). La tan polémica discriminación positiva. [online] EL PAÍS. [Consultado el 12 de abril de 2018] Recuperado de: https://elpais.com/elpais/2014/03/31/mujeres/1396259850_139625.html
          ¿Por qué se llama FEMInismo y no Igualitarismo?. (2018). Locas del Coño. [Consultado el 12 de abril de 2018] Recuperado de: http://www.locarconio.com/2017/01/por-que-se-llama-feminismo-y-no-igualitarismo/

          Gústame

          1. Podo comprender a polémica no uso do termo ‘discriminación positiva’ pola forte carga negativa que se atopa na palabra discriminación. Non obstante, na miña opinión, ao engadirlle positiva esa carga contrarréstase; polo que, xunto cunha análise dos roles dos grupos oprimidos na sociedade, non son capaz de ver por qué alguén non apoia este tipo de medidas. A discriminación positiva non é un impulso dunha desigualdade en loita contra outra, senón que é unha medida desgraciadamente necesaria para solventar a desigualdade real que sufrimos, por exemplo, as mulleres.

            Por outra parte gustaríame puntualizar que o hembrismo ao que fas referencia non existe, como ven reflexiona Josune Madinabeitia en Locas del Coño (www.locarconio.com/2016/11/hembrismo-el-fantasma-del-que-tanto-hablan-y-ven/), de feito, é un termo utilizado para desacreditar ao feminismo e que nada ten que ver cunha vinganza das mulleres, como indica Barbijaputa para eldiario.es (https://www.eldiario.es/zonacritica/barbijaputa-hembrismo_6_506809337.html).

            Respecto ao uso do termo feminismo, en lugar de igualitarismo, gustaríame destacar esta cita do artigo que enlazas de Locas del Coño: “É curioso que nos digan que a palabra “feminismo” exclúe aos homes porque non lles nomea cando toda a vida a historia da humanidade foi a historia “do home” e cando nos queixamos dinnos que somos unhas esaxeradas…”. Personalmente únome a esta incomprensión sobre porque os homes non aceptan ser aliados da loita feminista, cuxo obxectivo é a liberación da muller, coa consecuencia da igualdade, e póñense no lugar das vítimas, lugar que nunca ocuparon polo seu xénero. Tamén gustaríame salientar esta outra cita do mesmo artigo : “O feminismo non se chama humanismo nin igualitarismo porque feminismo, humanismo, e igualitarismo son tres teorías distintas. Houbo algo antes que o feminismo que promovera e esixira igualdade de dereitos para todas as persoas independientemente do seu sexo? Pois non, non lo houbo”. Paréceme unha reflexión moi acertada e que verdadeiramente responde a calquera dúbida sobre o uso do termo feminismo.

            Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s