Panorama turístico en Santiago de Compostela

Muñoz Fernández, Pérez Cacharrón

Santiago de Compostela recibiu 2,6 millóns de viaxeiros no 2017. A capital é un dos núcleos turísticos máis importantes grazas ao Camiño de Santiago e a Catedral, que xeran un fluxo que segue aumentando ano tras ano. A análise da actividade turística é complicada, pois non hai gran cantidade de información para o seu contraste.

Por isto, reunímonos con tres persoas coas que imos a analizar e introducir o turismo da capital. Contamos con Carlos Piñón, xerente da páxina independente de Santiagoturismo.es e responsable comercial do Palacio de Congresos e Exposicións de GaliciaMinia del Río, membro da Asociación para a Defensa do Patrimonio Galego (Apatrigal) e que ademais xestiona Galicia é máis; e con Olga María Cárcamo, membro de Acción Universitaria.

círulos 3

De esquerda a dereita: Carlos Piñón -Santiagoturismo.es-, Olga María Cárcamo -Acción Universitaria- e Minia del Río -Apatrigal e Galicia é máis. Fonte: elaboración propia

 

O turismo nos medios de comunicación

Os medios de comunicación son o primeiro punto a tratar para a análise do panorama turístico, pois son de onde podemos obter a información. Minia del Río móstrase moi crítica con eles. Afirma que “hai desinformación sobre o turismo. Todo o mundo sabe opinar e acábase xerando información errónea”.

Por outro lado, Carlos Piñón, na mesma liña, apunta que “a información turística que dá calquera medio é proveniente dun operador turístico que aporta unha ficha informativa. E cando hai algunha actividade non van ao lugar dos feitos, realízano por teléfono”.

A masificación 

En canto aos problemas da actividade turística, as miradas apuntan á masificación. Este inconveniente tamén ven potenciado polos medios, en palabras de Carlos Piñón. Comenta que “os medios só se centran en dar un número: 300.000 peregrinos, por exemplo. Pero que acontecerá cando sexan 500.000? É dicir, é bo ou non? Non se comenta iso, non se profundiza. Realmente están potenciando a masificación, pois parece que o número é un éxito. A información acaba centrada no número, sen estudar proxección ou consecuencias”.

Minia del Río, por outra banda, móstrase taxante ante o problema da masificación e a súa relación cos medios. Cre que fomentan a saturación e que se veu demostrado en lugares como o Castro CandazO que comezou sendo unha moda, acabou cun auténtico desastre, sendo os principais afectados as persoas do propio sitio.

Institucións

Un dos temas que tivemos que tratar foi a situación das institucións no marco do turismo. Foi polémico, pois Carlos Piñón comentou que “a Cidade da Cultura realizou competencia desleal. Hai eventos como o Mundial do Axedrez que ían a realizarse no Palacio de Congresos, pero recibiron unha chamada e cambiaron de localización. Aínda que non sexa estritamente turismo, é unha cantidade de xente que vén á cidade e que se destina a un lugar ou outro dependendo do que queiran ‘os de arriba'”.

Tasas turísticas

A posible inserción dunha taxa turística na capital galega é unha das cuestións que analizaremos en profundidade máis adiante e que non deixou indiferente a ninguén neste círculo. Tanto Carlos Piñón como Minia del Río coincidiron en que hai que ter en conta a relación calidade-prezo que ofrece a cidade. En palabras do señor Piñón, “Santiago non é Barcelona”, aludindo á taxa turística que se paga na cidade condal. Habería que analizar a que serían destinados os beneficios obtidos, e se realmente ao turista lle compensa vir a Santiago e ter que pagar un extra. Piñón, que ten experiencia en diferentes empresas privadas, considera que o gasto das taxas acabaríano asumindo as empresas, non os turistas, e que a curto prazo é unha opción inviable.

Turismo actual e alternativas

Minia del Río comenta que o turismo atópase dentro dun circuíto pechado que dá lugar á masificación. Para evitar o turismo de masas, promóvese a creación e a recuperación de rutas alternativas, como a Ruta Rosaliana ou a posta en marcha dun plan para evitar a masificación do turismo na Catedral. A aparición de novas rutas favorece a difusión dun lado menos coñecido de Santiago, diversificando a actividade turística na cidade e ofrecendo a posibilidade de coñecer máis sobre Galicia e a súa cultura. Con isto preténdese non só que a cidade compostelá non morra de éxito, senón tamén garantir un turismo sostible e que beneficie a todos. A responsabilidade da saúde turística da cidade correspóndelle á Administración tanto como ás empresas privadas, polo que deben traballar da man para conseguir os seus obxectivos.

Hai que analizar tamén que clase de turismo se lle ofrece aos visitantes, xa que a educación é algo que se debe facer respectar. Acción Universitaria comezou un plan para evitar as visitas asiduas de turistas á Facultade de Historia, máis en concreto á súa biblioteca. Segundo conta Olga María Cárcamo, “a mala educación é algo xeneralizado no turista”; antes da prohibición das visitas fóra de horario á biblioteca da facultade, os turistas entraban nela sen discreción algunha, facendo incluso fotos con flash sen ter en conta a distración que lle supoñían aos estudantes. Unha vez incluso, dixo a portavoz da plataforma estudantil, un grupo de tres turistas activou accidentalmente a alarma ao abrir unha porta que era saída de emerxencia e marchou do lugar coma se non tivera nada que ver co sucedido. Acción universitaria móstrase satisfeita coas medidas tomadas ao respecto.

Bibliografía:

Borjas, F. (2018, 16 de Enero). “Récord de 2,6 millones de viajeros en Santiago de Compostela en 2017”. Vive Camino. Recuperado de: https://vivecamino.com/record-de-26-millones-de-viajeros-en-santiago-de-compostela-en-2017_no_477/

Rodil, A. (2018, 24 de Enero). “Los turistas hacen cola en el Castro Candaz”. El Progreso. Recuperado de: https://www.elprogreso.es/articulo/noticias/los-turistas-hacen-cola-en-castro-candaz/20170124000000395514.html

Canalis, X. (2012, 23 de febreiro). “”La mejor tasa turística de Europa será la catalana”. Hosteltur. Recuperado de: https://www.hosteltur.com/167170_mejor-tasa-turistica-europa-sera-catalana.html

Ruta Rosaliana. Vive la Ciudad. Recuperado de: http://santiagodecompostela.vivelaciudad.es/2007/04/13-ruta-rosaliana

 

9 comentarios en “Panorama turístico en Santiago de Compostela

  1. Equilibrar mellor a intervención das fontes. Non se trata tanto de xerar polémicas encadeadas senon de facer unha lectura de análise. As declaracións teñen que ser, logo, contextualizadas. Paga a pena centrase ao mellor nun tema e non en varios, sen chegar a profundizar e deterse nalgunhas cuestións. Por favor, tende un particular coidado co engarce das situacións e aspectos a tratar no texto. Grazas.

    Gústame

  2. A corrixir:
    – 1º parágrafo:
    “grazas ao Camiño de Santiago e á Catedral, que xeran…” (coma para separar a subordinada da principal)
    “non hai gran cantidade” (gran: forma reducida de grande para substantivos singulares que comezan por consoante)
    -6º parágrafo:
    ” e que se veu demostrando” (pronome proclítico e forma correcta do verbo vir)
    -8º parágrafo:
    “asumindo as empresas, non os turistas, e que…” (comas para aclaración)
    -9º parágrafo
    Revisar a primeira oración, pois non ten sentido e dá a sensación de estar incompleta

    Gústame

  3. Son moitos os interrogantes que xorden logo deste post, ¿realmente compensa a taxa turística?, ¿a quen beneficia?, ¿conta Santiago cun fluxo turístico tan elevado como para implantar este extra?

    É ben sabido que ditas cidades non son equiparables, tanto a nivel turístico como ao falar de habitantes. Feito xa tratado no Observatorio con anterioridade. Polo tanto, establecer unha taxa en Santiago de Compostela é, canto menos, excesiva polo de agora. O mesmo ocorre co risco de masificación. Deste xeito xorde a dúbida de si realmente se quere implantar este arancel co fin de frear unha posible intensificación da demanda turística ou se o obxectivo é, realmente, restaurar zonas precarias. No obstante o maior interrogante é, tras establecer este imposto, ¿seguirá aumentando o fluxo de viaxantes á capital galega ou, pola contra, esta taxa provocará unha fuxida colectiva a novos destinos?

    Así mesmo, gustaríame aportar unha nova idea á hora de concentrar os beneficios e, quizais, a tratar en futuras publicacións. En lugar de enviar os ingresos obtidos a grandes multinacionais para o posterior mantemento da cidade, unha solución sería destinar estes fluxos monetarios á construción ou adaptación das zonas máis problemáticas para aquelas persoas con mobilidade reducida. Fomentando así todo tipo de turismo e non encadeándose en perfís de grupos xoves. Deste xeito e, ao igual que a Ruta Rosaliana, construír unha alternativa á actual e favorecer, ao mesmo tempo, a todos os públicos.

    En relación con esta posible iniciativa, o proxecto europeo SABER Universal aporta unha oferta de turismo accesible ao Camiño de Santiago. Céntrase en dúas rutas de peregrinación, o Camiño francés de Santiago en España, e o de Sano Benedito en Italia. Tal e como se explica no seguinte enlace, esa iniciativa busca converter a comunidade nun referente a nivel internacional no que a turismo inclusivo se refire
    http://www.diariodelemos.es/galicia-estrena-experiencias-para-turismo-senior-y-personas-con-discapacidad-en-el-camino-frances

    Gústame

    1. O tema das taxas, sen dúbida, deixa moitas preguntas sen responder, polo que será un tema que se tratará máis en profundidade nos próximos círculos. É un tema complexo, tanto pola falta de información como pola incerteza do que pasaría no caso de convertirse en realidade.
      A proposta de destinar os posibles beneficios da taxa turística á adaptación de zonas problemáticas para persoas con mobilidade reducida é moi acertada. Entre o extenso grupo turístico que chega á capital, hai un gran número de persoas con problemas de mobilidade, e adaptar espazos sería, na nosa opinión, unha boa saída para eses beneficios. O turismo debería contribuír á mellora das infraestruturas da cidade, tanto para os turistas como para os locais.

      Grazas polo aporte do proxecto SABER Universal, mentres agardamos que cheguen esas melloras á cidade, o Concello impulsa unha app que se adapta ás necesidades dos seus usuarios, entre os que se encontran as persoas con problemas de mobilidade, e que promove distintos percorridos culturais, volvendo outra vez á diversificación do turismo na cidade (http://www.santiagoturismo.com/novas/santiago-de-compostela-estrena-una-app-accesible-impulsada-por-fundacion-orange-y-gvam)

      Gústame

      1. Falando de accesibilidade e, tal e como ti mencionas, débense ter tamén en conta as vivendas dedicadas ao refuxio dos turistas ou dos habitantes locais en xeral. A existencia da aplicación impulsada polo Concello logra facilitar a vida da sociedade e de aquelas persoas con determinadas dificultades de mobilidade. Non obstante, gustaríame aportar un novo enfoque, non só a accesibilidade dende o punto de vista do traxecto ou desprazamento, senón tamén á hora de atopar un lugar onde refuxiarse, onde pasar unha noite. Destaca neste ámbito o seguinte sitio web onde buscar os hoteis accesibles existentes en Santiago de Compostela https://es.hoteles.com/de1634640-am1048576/habitaciones-accesibles-hoteles-santiago-de-compostela-espana/
        Existen ademais disto, unha serie de paradores por toda España que favorecen a este tipo de situacións, mais, no caso de Galicia estes son escasos. Destaca unicamente o Parador de Cambados cun prezo de 71€/noite. Deste xeito gustaríame sinalar isto como un posible punto a tratar nos ámbitos tanto do turismo, como da accesibilidade ou mobilidade. E, en lugar de establecer taxas turísticas, prestar máis atención as debilidades e problemáticas da cidade, como un dos motivos polos que o turismo non chega a ser tan masivo.

        Gústame

        1. O aloxamento é un factor tremendamente importante no mercado turístico, a páxina que mencionas é de moita axuda para o segmento de turistas que chegan á cidade, aínda que sería interesante que se aplicara non só a hoteis, senón tamén a albergues a aloxamentos economicamente máis accesibles. Para iso non só ten que existir un motor de busca, senón que ese tipo de edificios accesibles debe existir na cidade, o cal é máis complicado, xa que a meirande parte do sector é privado. Unha boa proposición sería, por parte do Concello ou da Xunta, impulsar proxector de construción de aloxamentos turísticos accesibles. Unha páxina que trata a accesibilidade turística en varios lugares é Barrera Cero, que propón unha ruta accesible (http://www.barrera-cero.com/santiago-de-compostela-accesible/), e que deriva ao usuario a http://www.ciudadespatrimonio.org/accesibilidad/info.php?id=85 para encontrar rutas accesibles na Catedral. A accesibilidade é unha das tarefas pendentes da cidade e do turismo en Compostela.

          Gústame

Deixa unha resposta a Gloria Pérez Cacharrón Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s