Que papel xogan as redes sociais para os medios alternativos?

PRADA NUÑEZ; VÁZQUEZ MARTÍNEZ

Dende a aparición das redes sociais, o mundo da comunicación non é o mesmo, xa non só facendo alusión á caída da prensa en papel con respecto á súa irmá na rede, tamén e sobre todo aludindo ás novas formas de difusión. O público variou moito ao longo dos anos: xa non para a comprar o xornal nin a botarlle unha ollada na barra dalgún bar, hoxe simplemente revisa o seu Facebook ou o seu Twitter e recibe as últimas noticias no momento e no lugar que lles apetece.

A gran vantaxe para os medios alternativos é que as redes sociais e internet son mundos nos que pode ter presencia todo o mundo. O único truco consiste en gañar seguidores entre o público obxectivo (esa comunidade alternativa) e deste xeito poder continuar avanzando na liña editorial que lles interese a estes medios, pois os receptores da información veránse representados nas características do medio. Deste xeito, por exemplo, Novas da Galiza consigue darse a coñecer e así conseguir os subscriptores dos que vive.

Mapa do Medo, pola súa parte, xa non é que precise das redes sociais para gañar ingresos, e que sen estas plataformas da internet non existiría. O proxecto activouse a través de Instagram e hoxe segue a estar presente e crecendo grazas ás redes sociais, nas que non deixa de ser compartido. Isto nada ten que ver cun medio de comunicación tradicional e hexemónico, pois estes últimos xa existían antes da internet e poderían seguir sobrevivindo a través das súas edicións impresas.

As diferezas destes medios con hexemónicos ou tradicionais están tamén no tratamento que fan dos datos e das publicacións. A través das redes sociais son capaces de chegar a un público máis especializado e non tan xeralista como o dos grandes medios. É por iso que tanto Novas da Galiza como Lume poden realizar publicacións cunha liña moi diferente con respecto dos grandes medios e aínda así chegar a un público realmente interesado no que dicen.

Os medios alternativos, nas súas orixes, non tiñan esta facilidade para chegar á xente pois non existían nin interntet nin as redes. Ao ser simplemente radios, revistas ou xornais necesitaban unha gran infraestructura para poder levarse a cabo: rotativas, estudios de radio, máquinas de escribir… Deste xeito era complicado para os xornalistas que non seguían a liña mediática establecida o feito de facer un traballo alternativo.

Hoxe, pola contra, estes acontecementos xa non ocorren e parece que quedan moi atrás no tempo. Grazas ás redes sociais produciuse unha democratización do espazo informador, pois agora todos poden dar datos a través das redes e de internet. Simplemente cun ordenador ou un teléfono móbil que teñan conexión internet, todos os cidadáns poden dar a súa opinión e expresarse libremente nas redes, que ademais lles ofrecen as facilidades para que outros usuarios poidan chegar a eles.

Un feito importante a destacar é que foron os medios alternativos os pioneiros no uso das redes. A partir dese momento, os medios de comunicación de masas tamén se quixeron meter na aventura, pois observaron que era unha boa forma de chegar ao público. Polo tanto, os medios alternativos tamén serven para plantar as bases ríxidas e fortes do que será o futuro da profesión xornalística.

 

Bibliografía

Nebra, O. e Martínez, A. (2018, 30 de enero). ‘O mapa do medo’, el mapa del acoso en Galicia. Cadena SER. Recuperado de http://cadenaser.com/programa/2018/01/30/la_ventana/1517337908_607600.html

Radio Kalimera. (2007, marzo). Historia A Kalimera. Santiago de Compostela: akalimera.org. Recuperado de http://akalimera.org/

Raigon, J. (2017, 18 de maio). Estudio Anual de Medios de Comunicación 2017 IAB. Elogia. Recuperado de https://blog.elogia.net/estudio-anual-de-medios-de-comunicaci%C3%B3n-2017-iab

Llopis, E. (2016, 4 de decembro). Medios “alternativos” y redes sociales: entre el peligro y las oportunidades. Insurgencia Magisterial. Recuperado de http://insurgenciamagisterial.com/medios-alternativos-y-redes-sociales-entre-el-peligro-y-las-oportunidades/

19 comentarios en “Que papel xogan as redes sociais para os medios alternativos?

  1. A corrixir
    – 1º parágrafo
    “á caída da prensa” (gralla de acentuación)
    O final da primeira oración semella incompleto
    “moito ao longo dos anos: xa non para” (dous puntos para exemplificar)
    “e no lugar que lle apetece” (concordancia co suxeito en singular)
    – 2º parágrafo
    “a estes medios” (demostrativo diferente ao castelán)
    – 3º parágrafo
    “as diferenzas […] están tamén” (concordancia co suxeito en plural)

    Gústame

  2. Este texto parte dun discurso de poder sen referencias que o argumenten. Establecer unha relación entre as redes sociais virtuais e as realidades e colectivos alternativos e comunitarios pódenos levar a unha relación equívoca e sen base real. Aconsello aos seus autores ler os apuntamentos sobre redes sociais humanas, neste mesmo blog, e explorar e contrastar con rigorosidade, sen facer pontificacións que nada sosteñen. Insisto que é necesaria unha análise, que vai máis alá do que poidan dicir un ou outro interlocutor, se é que algún está dacordo co que vostedes venden. Non o creo. Grazas.

    Gústame

  3. Ver tamén apuntamentos sobre Comunicación Comunitaria, onde se describe tamén á comunicación alternativa e a comunicación popular. Nestes textos teñen referencias para afrontar de novo o texto. Saúde.

    Gústame

  4. A certeza de que a influencia das RRSS no xornalismo (así como na vida diaria) é ampla non debe levarnos á conclusión precipitada de que o impacto destas é necesariemente positivo. De seguro que, no que a interaccións persoais atinxe, Twitter e Facebook resultan útiles para o usuario: porén, no campo do xornalismo a situación é, canto menos, difusa.

    O principal dos logros vencellados ás RRSS é o seu compoñente “democrático”. Como ben se indica no post, é sinxelo acceder a elas: porén, cómpre cuestionarnos ata que punto esta facilidade non desvencella ós seus usuarios da responsabilidade do que publican. Cada vez que un novo tema aparece na axenda mediática xorden, con el, innumerables bulos que atopan nas RRSS un soporte perfecto para o seu contaxio: case ninguén contrasta que o que comparte sexa certo. Por iso, as mesmas plataformas levan tempo tentando establecer filtros contra as noticias falsas, mais sen demasiado éxito.

    Por outra banda, é evidente que as RRSS, como toda a rede, contan cunha velocidade de difusión coa que os xornais en papel non poden competir. Porén, é posible desenvolver un retrato da realidade en 140 caracteres? Ou incluír diversos puntos de vista acerca da información ofrecida? Aínda que o límite se cifre xa nos 280, quizais sexa o momento de reflexionar se se pode facer bo xornalismo nun formato tan reducido. Polo de agora Twitter é, na súa maioría, territorio de afirmacións descontextualizadas, onde gabinetes de prensa de políticos de talla nacional se esforzan por respostar un “zasca” que os convirta en trending topic.

    Para ben ou para mal, o certo é que as RRSS son empregadas, cada vez máis, para consultar noticias. Segundo o Digital News Report de Reuter, publicado en 2017, un 47% dos españois abre Facebook para se informar. O que non di é cantos deles só abren Facebook.

    Bibliografía:

    VVAA. (2017). Reuters Institute Digital News Report. 6. 92-93. Recuperado de: https://reutersinstitute.politics.ox.ac.uk/sites/default/files/Digital%20News%20Report%202017%20web_0.pdf

    Gústame

    1. PRADA NUÑEZ
      Con respecto ao comentado sobre as noticias falsas, é certo que estas están tomando un protagonismo especial nas redes sociais. Aínda así, non podemos xeralizar e temos que ter en conta que os medios non son os únicos responsables, senón que tamén ten un papel importante a concepción da sociedade sobre o uso das redes sociais. É así que é moi necesario que nos informemos en máis dun medio para non caer na manipulación, algo que non se está tendo moi en conta xa que actualmente a maioría dos lectores non contrasta a información. Cabe destacar tamén a importancia que están cobrando diferentes plataformas que nacen para combater este tipo de prácticas. Un claro exemplo destas plataformas é MalditoBulo.

      Bibliografía
      Maldito Bulo. Recuperado de: https://maldita.es/malditobulo/

      Catanzaro, M. (2017, 11 de febrero). Así explica la ciencia la difusión de noticias falsas en los medios de comunicación. El Periódico. Recuperado de https://www.elperiodico.com/es/internacional/20170211/anatomia-de-los-bulos-5800799

      Gústame

      1. Como ben vides de indicar, a principal responsabilidade da difusión das chamadas “fake news” non recae nos grandes medios de masas, senón nos usuarios comúns de RRSS. É certo que hai casos de grandes medios que, por non contrastar (síntoma inequívoco da brutal competencia da rede) publican noticias falsas. Porén, o verdadeiro axente que permite a difusión destas non é outro que os internautas das Redes Sociais.
        Non hai que olvidar que os nomeados usuarios non son profesionais do xornalismo, razón polo que poucos teñen o hábito de contrastar unha noticia antes de difundila. Esta mala práctica leva, por suposto, ó contaxio de noticias falsas, pero non só iso: é habitual tamén a difusión de noticias completamente descontextualizadas que poden cobrar un significado novo nas mans dos internautas. Recentemente, unha noticia de La Opinión que relataba a desaparición dun rapaz en A Coruña tornouse viral, coincidindo temporalmente co mediático “Caso Gabriel”. O que non viralizou foi que a noticia databa de novembro de 2016 e o rapaz foi atopado ás poucas horas. O exemplo é representativo da práctica nociva nomeada: esta abarca incluso a publicación de noticias satíricas nun contexto de veracidade. Ante este panorama, os xornalistas vense obligados a transformar o seu papel de administradores da información, desmentindo bulos nos seus propios xornais.
        O debate segue: a democratización da información por mor das RRSS coincidiu co salto do termo “desinformación” á axenda mediática diaria. Unha paradoxa que incita á reflexión.

        Referencias:

        Redacción. (21 de novembro de 2016). Un niño de once año desaparece en Juan Florez. La Opinión. [En liña]. Consultado o 11 de abril de 2018. Dispoñible en: http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2016/11/20/nino-once-anos-desaparece-zona/1127228.html

        Gústame

        1. É unha realidade que os medios de masas manipulan e publican noticias falsas. Unha ferramenta que naceu nestes meses para combatir este tipo de noticias falsas foi unha extensión para os navegadores web. Esta extensión foi creada por MalditoBulo, unha web coñecida por desmentir informacións que se publican nos medios. Esta ferramenta engádese ao teu navegador e cando entras nunha web automáticamente salta cantos bulos foron desmentidos por MalditoBulo. https://www.elperiodico.com/es/extra/20180115/maldito-bulo-comision-euopea-fake-news-6552732
          Por outra banda, si que é verdade que moitas persoas en Twitter xogan a ser xornalistas, sobre todo cando pasa algo importante, como un atentado. Moitas veces os “twitteros” non filtran as imaxes que suben, como por exemplo caras de vítimas ou de menores. Os medios utilizan fotos e vídeos que suben as persoas que usan estas redes sociais e iso non está regulado: https://www.elperiodico.com/es/extra/20180115/maldito-bulo-comision-euopea-fake-news-6552732. Os internautas xogan a ser xornalistas e os medios dánlle pé porque lles interesa non pagar a un fotógrafo profesional.

          -(2018, 15 de xaneiro). Maldito Bulo ‘ficha’ por la Comisión Europea para combatir las ‘fake news’. ElPeriódico. Recuperado de https://www.elperiodico.com/es/extra/20180115/maldito-bulo-comision-euopea-fake-news-6552732
          -Llanos Martínez, H. (2016, 16 de xullo). ¿Quién regula las imágenes de víctimas de atentados en la era de las redes sociales?. Verne. Recuperado de https://www.elperiodico.com/es/extra/20180115/maldito-bulo-comision-euopea-fake-news-6552732

          Gústame

  5. É unha evidencia que os novos camiños que atopan tanto os medios como o xornalismo van sempre da man das redes sociais. Hoxe en día resulta impensable falar de innovación ou de medios alternativos sen relacionar estes conceptos coa mediatización e difusión propios destas plataformas.

    Unha boa mostra disto son os datos publicados no II estudo Janssen Observer 2.0. sobre o uso das redes sociais polos xornalistas. O 70% asegura empregar as redes para realizar a súa labor profesional. O 62% dos entrevistados declararon que no seu medio non existe especialización á hora de distinguir entre redactores dixitais, para radio ou para televisión. A plataforma preferida para difundir información é Twitter, a raíña da brevedade e simplicidade.

    É necesario plantexarse de que falamos cando falamos de xornalistas, de xornalismo ou de medios. Parece precipitado aventurar que os medios alternativos, que se atopan aínda en desenvolvemento, vaian instalar as bases ríxidas e sólidas do que será a profesión xornalística. Precisamos ser conscientes do intrusismo que atopamos, cada vez máis, na nosa profesión.

    EuropaPress.es (2017). El 70% de los periodistas usa las redes sociales como herramienta de trabajo y un 65% las ve más como canal de opinión. [online] Recuperado de: http://www.europapress.es/sociedad/noticia-70-periodistas-usa-redes-sociales-herramienta-trabajo-65-ve-mas-canal-opinion-20171123135754.html

    Gústame

    1. PÉREZ LOJO
      Que existan medios alternativos que se dediquen a difundir informacións falsas e que non están de todo contrastadas non xustifica que non haxa outros medios que pretendan defender unha cultura diferente aos dos medios hexemónicos. O que queren perpetuar as nosas fontes é iso concretamente, que pese a tratarse de medios moi reducidos a intención xornalística é a mesma. Defenden o seu dereito a poder acceder a un feito noticiable e non ser discriminados por contar cunha comunidade máis reducida.

      Bibliografía
      Honrubia Hurtado, P.A. (2014, 10 de xaneiro). Discursos hegemónicos y medios crítico-alternativos. Diagonal. Recuperado de https://www.diagonalperiodico.net/la-plaza/21219-discursos-hegemonicos-y-medios-critico-alternativos.html

      Gústame

      1. Os ámbitos dos medios hexemónicos e dos alternativos non teñen por que pisarse terreo necesariamente. Precisamente porque a súa é unha comunidade alternativa, máis reducida e máis especializada, as súas posibles vías de crecemento son potencialmente moi distintas ás do xornalismo. Emporiso, penso que debemos ter especial coidado cos termos que empregamos e co significado que asociamos á palabra xornalismo: non todo é o simple acceso a un feito noticiable.

        Ochoa, A. (2013, 13 de xaneiro). Lo que no sustituye el periodismo ciudadano. BBC [online]. Recuperado de: http://www.bbc.com/mundo/blogs/2013/08/130813_blog_editores_periodismo_ciudadano

        Gústame

        1. PÉREZ LOJO
          O certo e que os medios hexemónicos e os alternativos non teñen porque ter as mesmas intencións ou inquedanzas, máis os casos que nos afectan (vexase o noso círculo) pretenden crear un tipo de xornalismo independente aos dos medios que controlan todo o panorama informativo. Cremos que non deberíamos diferenciar aos medios alternativos pola súa audiencia, senón pola intención xornalista que defenden. Loitar contra a cultura dominante tamén se pode facer dende un ámbito semellante máis sempre con ferramentas diferenciadoras. http://unesdoc.unesco.org/images/0013/001348/134843so.pdf

          Gústame

          1. Estou de acordo con que a diferenciación non debe ser polo público senón pola intención; ademáis, será a intención a que acabe determinando ao público. Sen embargo, é preciso determinar e perfilar o uso das ferramentas que proporcionan internet e, sobre todo, as redes sociais. A difusión é positiva, pero en exceso pode levar á mediatización. Penso que este é un dos maiores perigos que poderían surxir nun futuro: que a necesidade de crecemento termine por difuminar as fronteiras entre alternativo e hexemónico.

            http://www.tercerainformacion.es/opinion/opinion/2017/06/21/medios-de-comunicacion-alternativos-retos-objetivos-y-perspectivas-de-futuro

            Gústame

  6. A difusión dos medios alternativos vese favorecida en moitos casos pola actividade continua que se leva acabo nas redes sociais. Concretamente a posta en marcha e o posterior éxito do Mapa do Medo é debido a difusión que se lle deu a esta iniciativa nas redes sociais. A gran maioría de xente nova que conta con perfil en Instagram ou Facebook coñeceu o proxecto de Jessyca Ocampo antes da súa publicación en medios convencionais debido a actividade incesante que se produce nestas plataformas virtuais. Isto presenta unha realidade que reflexa que moitas persoas empregan as redes sociais para informarse do panorama actual antes de recurrir, por exemplo, a versión online dun xornal convencional. Aínda que este novo método de recibir información, por outra parte, amosa unha problematica entorno a calidade dos contidos que consumimos, en casos como a creación de medios alternativos como o Mapa do Medo as redes presentan un papel moi importante. A viralización é tal que a recente iniciativa desta galega cada día conta con novas historias tanto en Galicia como en diferentes comunidades autónomas chegando incluso ao Reino Unido.

    Por outra parte este tipo de creacións como o proxecto de Jessyca da lugar a novas ideas coñecidas case únicamente nas plataformas sociais. É o caso dunha iniciativa promovida por rapazas da comunidade universitaria de Santiago de Compostela que recibe o nome de Campus do Medo, en colaboración coa autora do Mapa do Medo. Neste caso o obxectivo e promover actividades que garanticen a seguirade das mulleres nos campus universitarios, mellorando a escasa iluminación dos mesmos ou establecendo un horario nocturno no transporte urbano, entre outras propostas.

    Pero voltando ao que comentaba anteriormente considero firmemente que a difusión que se produce nas redes sociais é clave para dar a coñecer novas comunidades alternativas. E aínda que pode que no caso da revista Lume ou de Novas da Galiza prevaleza máis o entorno social no que se moven debido a que van dirixidas a un público menos heteroxéneo, é evidente que nunca está de máis que se dean a coñecer mediante a difusión online. É unha realidade que a través das redes sociais se pode chegar a moita xente e que grazas a elas iniciativas tan tristemente necesarias como o Mapa do Medo poden axudar e dar voz a moitos colectivos, neste caso as mulleres, que ata agora non a tiñan.

    Región, L. (2018). “O Mapa do Medo”: el testimonio del miedo femenino en Ourense. La Región. Recuperado de http://www.laregion.es/articulo/ourense/mapa-do-medo-continua-crec/20180306190217776065.html

    Nostelevisión.gal (2018). Non queremos ser valentes, queremos ser libres: O campus tamén nos pertenece. Nós Televisión. Recuperado de http://nostelevision.gal/non-queremos-ser-valentes-queremos-ser-libres/

    Gústame

    1. Se definimos ou non como “alternativas” ás comunidades de interese que teñen coma canle de expresión a internet está por ver. Tales atributos entran a considerarse neste post que, de partida, non diferencia entre sostibilidade e financiamento. O espazo de diversidade presunta que ofrece o virtual, ainda sendo un espazo creativo, atende a un marco tecno-económico lonxano da construción comunaria, máis ben responde ás facilidades dun sistema que marxinaliza e acouta, restrinxe, a ise espazo e a isas comunidades de interese a uns marcos determinados e, non esquezamos, pechados comunmente ao seu “interese” ao seu próprio entorno, como se un produto de consumo se tratara. Por tanto, a presunta difusión estensa dilúese na pertenza e desvaese na permanencia dos seus posibles seguidores. É dicir, a súa alternatividade é efémera, de adscrición, non chega a fundamentar comunidades, senon vangardas de diverxentes na procura de poder intervir en mercados ideolóxicos diferentes ao mainstream, aproveitando aquiles operativos que o marco permite dentro do seu menú, para nada nas súas mans (ver Esteva, nos apuntamentos, cando fala de comunalidade). Grazas.

      Gústame

    2. É certo que as redes sociais xogan un papel moi importante na difusión. A ´Encuesta de Impacto del Periodismo de la Asociación de la Prensa de Madrid (APM)` reflicte que aínda que a televisión segue a ser a principal fonte de información, as redes sociais están cobrando cada vez máis importancia. Concretamente cun 75% para a televisión e un 48% para as redes sociais. Xeralmente son os xóvenes os que prefiren informarse a través destas plataformas dixitais.
      É certo que se poden ver afectados os contidos que nos chegan polas redes sociais, pero tamén e verdade que hai que saber escoller o que queremos ver. Hai que facer unha selección dos contidos e ser críticos.
      Cando facemos esa escolla de contidos, chegan a nós cousas como por exemplo a iniciativa de Jessyca ou a que mencionas do Campus do Medo que realmente valen a pena. Con iso é co que nos temos que quedar, xa que a importancia das redes sociais no mundo é unha realidade e temos que aprender a vivir con ela.

      – (2017, 16 de marzo). Las redes sociales, principal fuente de información para los jóvenes. Nobbot. Recuperado de https://www.nobbot.com/otros-medios/redes-sociales-informacion/
      – Oliveira, J. (2017, 19 de abril). Más de 19 millones de españoles utilizan a diario las redes sociales. El País. Recuperdo de https://elpais.com/tecnologia/2017/04/19/actualidad/1492597113_014149.html

      Gústame

      1. Ulloa Peteiro
        Se ben é certo que a televisión continúa a ser a principal fonte de información, isto non querer dicir que a información que difunde non sexa sesgada. É dicir, é evidente que aínda nos grandes medios de masas existe unha certa manipulación. Sen ir máis lonxe, El Consejo de Informativos de TVE (CdI) publicou entre os seus traballadores un informe de malas prácticas no que se detallan 50 casos dos meses de octubro, novembro e decembro de 2017 nos que os informativos da cadena pública manipularon información e censuraron noticias comprometidas co Goberno.
        http://www.publico.es/politica/reforma-rtve-consejo-informativos-tve-denuncia-50-nuevos-casos-manipulacion-censura.html

        En canto á problemática entorno a calidade dos contidos que mencionaba no anterior comentario é certo que hai que saber escoller, pero non todo o mundo ten ese punto de vista crítico do que falas. Refírome a que en plataformas como Twitter, a gran maioría dos usuarios consomen titulares e un titular non sempre resume o contido real que se desenvolve na noticia. A isto hai que engadirlle que nas redes sociais teñen cabida moitos medios que ofrecen información escasamente contrastada. E tamén hai que ter en conta que nestas plataformas todo o mundo pode “xogar” a ser xornalista, o que moitas veces perxudica a profesión. Este aspecto vese reflexado nunha noticia de eldiario.es onde o estudo “El periodista enredado” da Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE), presentado o pasado ano en Madrid, amosaba que o 65% dos 107 xornalistas entrevistados consideraba que as redes son máis unha canle de opinión que unha fonte de información. https://www.eldiario.es/cultura/Periodistas-redes-sociales-opinion-informacion_0_711129470.html

        A pesar disto, é evidente que as redes sociais son unha realidade no panorama informativo actual, e por iso se debería fomentar un aspecto crítico: para que os novos consumidores poidan escoller ben os contidos. Tamén sería interesante que as propias redes establecesen filtros que seleccionaran as noticias en función da veracidade do seu contido.

        Gústame

    3. Por suposto que é importante a difusión deste tipo de iniciativas nas redes sociais. Nembargantes, esta difusión non sempre é tan efectiva como pode parecer nun principio. O antaño boca a boca evolucionou cara ao que hoxe en día chamamos o márketing viral. A difusión en redes non ten por que ser máis veloz e efectiva necesariamente, e isto é o que demostra un estudo realizado pola Universidade Carlos III de Madrid, que divide aos usuarios de redes sociais en dos perfís: os usuarios rápidos, aos que si chega toda esta información dun xeito veloz pola súa presencia continua nas redes, e os usuarios lentos, que non teñen tanta presenza nas redes e que fan que certas informacións ou procesos se ralenticen.
      Por último, cabe destacar que hai un factor moi grande da población que sigue sen recorrer ás redes sociais para obter información, por non telas, ou por consideralas non cribles pola constante presenza de bulos e difamacións polo escaso contraste de fontes.

      UNIVERSIA. (2009, 11 de septiembre). La difusión de la información en las redes sociales, más lenta de lo que parece. En Universia Noticias. Recuperado de http://noticias.universia.es/ciencia-nn-tt/noticia/2009/09/11/658967/difusion-informacion-redes-sociales-mas-lenta-parece.html

      Gústame

      1. Ulloa Peteiro
        En 2009, ano no que foi publicado o estudo ao que te refires, é posible que a difusión en redes non fose o suficientemente efectiva. Sen embargo, o panorama tecnolóxico evoluciona constantemente polo que o uso das redes sociais non ten nada que ver con fai nove anos. Según este artigo https://www.iebschool.com/blog/medios-sociales-mas-utilizadas-redes-sociales/ soamente no período comprendido entre 2016 e 2017 o uso das RRSS en España aumentou un 20%, situándose nun total de 25 millóns de internautas que as empregan para informarse.

        E se ben é certo que continúa a existir un factor da poboación que non fai uso das redes sociais, discrepo en consideralo moi grande, posto que en 2018 o número de usuarios de internet no mundo supera ao 50% da poboación.
        https://marketing4ecommerce.net/usuarios-internet-mundo-2017/

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s