Tratar aos animais con respecto: o obxectivo que non cumpren todos os medios

Torrado Silvente e Pérez Permuy

É frecuente pensar que un can encherá un buraco das nosas vidas cunha amizade incondicional e unha cantidade de amor desmesurada. Quizais ese é o motivo polo cal a xente decide adoptar a un destes animais, pero é necesario saber moitas cousas antes de facerse cun deles que non sempre se consideran: o tipo de can, a actividade que require, como se vai coidar e canto tempo se dispón para realizar as rutinas que corresponden co coidado da mascota.

Esta ignorancia xeral vén dada pola falta dunha política educativa que aporte coñecementos a nenos, mozos e adultos que tampouco poñen da súa parte para aprender. Os medios tampouco se móstran partidarios de formar e informar sobre esta cuestión, xa que sempre deberemos acceder á páxinas e blogs específicos, facendo das informacións non sensacionalistas de animais unha simple anécdota. De feito, a maioría dos medios dedicaron unha soa noticia aos resultados da información reflexada no informe da Fundación Affinity, que xa comentaramos no anterior post sobre o tema, e non realizaron ningúnha análise das causas nin alertaron a poboación á hora de adoptar  e abandonar animais. Simplemente reflexaron e plasmaron os datos sobre o papel.

Na nosa primeira reunión co círculo de persoas que colaboran connosco, esta falta de formación e demais temas relacionados foron o centro da nosa conversación. O motivo esencial para acoller unha mascota é o amor que os animais van regalar a cambio de que o dono os coide e lles dea cariño, coma un membro máis da familia que supoñen. «Os animais vante amar igual sexas rico ou pobre, guapo ou feo ou listo ou tonto», relataba a veterinaria Carme Seoane. E non dista da realidade que a maioría da poboación que ten mascota coñece. O certo é que o ser humano endexamais tería domesticado certas especies se non lle aportaran algo a cambio fóra do meramente material. É neste intre onde nacen as relacións dos humanos cos animais, que nacen por unha necesidade dunha ferramenta que axude a realizar un traballo e, despois diso, rematan por ser amigos e incluso membros da unidade social familiar. «Ás veces, tiven persoas que choraron máis na miña clínica ante a perda dun animal que ante a perda dun familiar» declaraba Carme. E é algo totalmente normal,  xa que o vínculo que se chega a establecer entre algunhas persoas e as súas mascotas pode chegar a ser máis forte que unha relación entre familiares ou amigos.

DSC_0048
Reunión cos diferentes membros do círculo. Fonte: elaboración propia

Pero isto non sempre é como queremos. No caso dos cans, por exemplo, os considerados os mellores amigos do ser humano, o abandono é altamente frecuente; e ademáis, os malos coidados son o pan de cada día. Un abandono pode vir dado por unha mala conducta do can, que ao mesmo tempo vén dada por malos coidados. Moito disto podería terse evitado se dende un principio se elixe ben que tipo de can se adapta á disposición a coidalo do seu futuro dono. Carme coméntanos que existe moita ignorancia respecto a este tema, e sobre todo mitos moi estendidos que ninguén se ocupa en desmentir.  O noso círculo, formado por persoas con amplos coñecementos sobre animais, conta que os cans pequenos tenden a ser máis enérxicos e activos, e polo tanto, é mellor que se desenvolvan nun ámbito aberto, como unha finca. Isto rompe totalmente coa crenza de que, cando máis grande o can, máis grande debe de ser a súa casa.  «A xente se pensa que os cans grandes van a estar brincando por toda a finca, e realmente non é así. Van a estar tirados todo o día no chan, tomando o sol» relataba Óscar Moure, adestrador do centro canino A Cova do Lobo. Os grandes, por outro lado, son máis calmados e precisan exercitarse pouco para lograr unha satisfacción física e psicolóxica.

Agora ben, para este coidado é preciso tempo do que non todos os donos dispoñen. Para Óscar non todo o mundo serve para ter animais na súa vida: «Ás veces non se pode ter can. Isto é algo que á xente lle costa entender». Unha afirmación que aprobou todo o círculo, pero, entón, que medidas deben tomar as protectoras e refuxios municipais? Un test psicolóxico que asegure un bo trato futuro cara a mascota adoptada? Quen debe fixar estes parámetros? A problemática destes mitos e bulos referentes aos animais, especialmente no caso das adopcións e dos abandonos, deben ser desmentidos (ou comprobados) polos medios, non se pode xirar a mirada nestes casos. O sensacionalismo e o morbo son clave á hora de tratar os animais, sobre todo se existe a violencia de por medio. Se visitamos a sección de El País coa etiqueta “animais”, o resultado é certamente desconcertante. Entre vídeos e imaxes virais de animais facendo monerías, tamén triunfan as noticias onde suceden barbaridades tales como asasinatos crueis de animais, abandonos cunha violencia desmesurada e mesmo malos tratos… Tamén se trátan noticias que teñen un pouco máis de respecto cara aos animais protagonistas das mesmas, pero non deixan de ser noticias moi eventuais e anecdóticas, que non tratan a problemática real e do día a día do lector.

O certo é que tamén se está intentando cambiar pouco a pouco esta teima. Hai que recoñecer cando os medios traballan ben, e é o caso de eldiario.es. É dos poucos medios que teñen unha sección dedicada enteiramente aos animais dende un prisma de denuncia e respecto (destaca o seu blog “El Caballo de Nietzsche”, que celebrou o seu 4º aniversario fai uns días). Aínda que ás veces trata temas con ese enfoque sensacionalista que pouco pode servir aos seus lectores, o certo é que tratan a problemática animal dende unha perspectiva máis cercana e, polo tanto, útil para o lector. Cos novos movementos sociais, coma o animalismo, (mediáticamente impulsado pola aparición de PACMA), e o activismo que adoita supoñer o primeiro, a sociedade comeza a concienciarse de realidades que, ata non hai moito, eran asumidas como algo que existía e que non tiña outra forma de ser visto. Sen embargo, os nosos membros do círculo móstranse un tanto escépticos cara a este movemento e a súa radicalización. Na seguinte reunión abordaremos a fondo este tema. Esperámosvos.

 

19 comentarios en “Tratar aos animais con respecto: o obxectivo que non cumpren todos os medios

  1. A corrixir:
    – Pé de foto en castelán
    – 2º parágrafo:
    substituír “xoves” por unha forma máis recomendada coma “mozos”
    “os medios tampouco se mostran” (pronome proclítico)
    “que xa comentaramos” (a 4ª persoa de pluscuamperfecto é grave)
    “ningunha análise” (substantivo feminino)
    – 3º parágrafo:
    “vante amar igual sexas rico ou pobre” (empregar a forma correcta do verbo ser)
    “vínculo que se chega a establecer entre algunhas persoas” (preferíbel entre antes que en)
    – 4º parágrafo
    ” o noso círculo […] conta que os cans pequenos) (concordancia co suxeito en singular)
    – 5º parágrafo
    “o sensacionalismo e o morbo son clave” (concordancia co suxeito en plural)
    “tamén se tratan noticias” (pronome proclítico)
    “cara aos animais” (construción cara a + complemento)
    “pero non deixan de ser” (gralla de redacción)
    – 6º parágrafo
    “escépticos cara a este movemento” (construción cara a + complemento)

    Gústame

  2. O signo & para separar autores debera ser sustituido por “e”.
    O sentido posesivo do “nós” no texto en relación coas mascotas vertebran de partida unha relación de propiedade non sei se comeniente para falar, precisamente, desta relación, inclusive desde un punto de vista afectivo. Revisen por favor. Poden aplicar a Análise Crítica do Discurso da que xa falamos nas aulas, cando interpreten a información recabada
    Grazas.

    Gústame

  3. Tras considerar o feito de que realmente a prensa opta por un gran amarillismo do relacionado cos animais, unha pequena busca bastou para comprobar que así é, o que non favorece a situación á hora de loitar contra o abandono animal. Sendo deste xeito que fixo falta profundizar un pouco máis na busca para poder encontrar algo referente ao que temos que ter en conta á hora de ter unha mascota, aínda así, paréceme unha información moi escasa, por non dicir que é un medio que, a pesar de ser dixital, está dirixido a unha zona reducida.
    http://www.laopiniondemalaga.es/malaga/2017/07/10/objetivo-evitar-abandono-animales/943002.html

    Gústame

    1. O certo que a crítica céntrase sobre todo que nos medios xeneralistas de maior mediatización non existe esta “necesidade ética” de formar ao lector. É certo o que comentas, en medios pequenos xeneralistas pódese encontrar información moi, moi básica que non axuda a revelar datos novos ao autor. Para encontrar información un pouco máis especializada xa temos que esquecernos dos medios tradicionais e teremos que bucear un pouco en diferentes blogs. Como xa dice o post, cremos que é unha boa solución é enlazar estes post aos propios medios, como fai eldiario.es con El Caballo de Niezstche. Creo que os medios españois deberían de ofrecer aos lectores máis información sobre estes temas, para non ter que recurrir a webs ou blogs de escasa veracidade. Un exemplo a seguir sería un consultorio que ten o veterinario Pete Wedderburn no The Telegraph, onde responde ás dúbidas dos lectores. Aquí tes unha das últimas consultas publicadas: https://www.telegraph.co.uk/pets/news-features/pet-subjects-telegraph-vet-pete-wedderburn-answers-questions38/

      Gústame

      1. Tamén en medios españois como El País podemos atopar suplementos ou blogs referidos a informacións sobre animais. Aínda que como ben se critica no post, soen ser informacións amarillistas, pero se pasamos por alto este número interminable de artigos que non aportan nada novo, atopamos ademáis algunhas informacións valiosas que veñen da man de expertos como a seguinte publicación: https://elpais.com/elpais/2016/12/08/animalesycia/1481217977_279303.html

        Gústame

        1. A partir do que ti dis, hei de recoñecer que me sorprende o feito de que esas plantas do artigo sexan perigosas para os nosos gatos. Tamén, do mesmo xeito, sempre se dixo que o chocolate é letal para os cans e de feito, aínda en cantidades pequenas, séntalles realmente mal. Outros alimentos son o allo, uvas, o corazón das mazás, café ou ovos crus.

          O certo é que debería haber unha formación básica en veterinaria nas escolas para tentar non cometer erros coas nosas mascotas. Ao respecto:

          https://ecoinventos.com/10-alimentos-prohibidos-para-los-perros/

          http://www.consumer.es/web/es/mascotas/perros/alimentacion/2013/02/12/215808.php

          Gústame

  4. Na liña do que comentades acerca da gran cantidade de abandonos que se están a producir, este artigo de 20 minutos é moi interesante:
    https://blogs.20minutos.es/animalesenadopcion/2018/03/15/diez-anos-la-venta-animales-compania-tiendas-ha-pasado-del-25-al-15/
    Se esta tendencia de compra de mascotas prosigue o único que se fomenta é un aumento dos abandonos de animais. Este problema podería ter unha sinxela solución se os medios axudasen a concienciar á poboación sobre a importancia de adoptar mascotas en vez de compralas.

    Por outra banda o que comentades dun test de aptitude psicolóxica podería ser un bo requisito para ter mascotas, principalmente pola saúde e seguridade do animal pero tamén para protexer no caso de que fose necesario, a seguridade de persoas externas.
    Algo que se fixo bastane popular foi o feito de ter animais perigosos, sobre todo cans, que remataban atacando a persoas. Estos feitos foron sucesos illados pero si que é certo que polo menos deberían esixirse algúns requisitos, así como obter axuda de profesionais para educar a este tipo de animais. Neste artigo de El País algúns expertos comentan o que se ten que facer cando temos este tipo de mascotas:
    https://www.elpais.com.uy/domingo/cuidado-perro.html

    Resposta de: Pedro Maceiras.

    Gústame

    1. Hai que ter en conta que a problemática da compra/venta de animais reside realmente na obxetificación de seres vivos. A lexislación española da voltas ás veces con estes temas, xa que en 2011 prohibiu a exhibición de animais en escaparates, e mesmo en 2016 tentou prohibir a presencia física dos animais nas tendas, tendo que recurrir a un catálogo, como explícase nesta noticia de EFE: https://www.efe.com/efe/espana/sociedad/la-nueva-ley-de-proteccion-condiciona-venta-perros-y-gatos-en-las-tiendas/10004-2985398#
      Sen embargo, creo que fas una afirmación un tanto arriesgada ao dicir que se a compra de animais en tenda baixa, aumentarán os abandonos. Creo que si a tendencia de compra baixa, baixará tamén a tendencia de cría, polo que creo que este mercado (desgraciadamente é un mercado) estabilizaráse e mesmo pode aumentar o número de animais adoptados (ante a poca oferta de razas e a elevación dos prezos, quen quera un perro optará pola adopción).
      No caso do test psicolóxico e dos cans”peligrosos”, volvemos (sen querelo) a obxetificación dos animais. Carme Seoane, veterinaria do noso círculo, comentaba que o perfil de dono de can peligroso sempre era o mesmo: xoven dun 17-20 anos, que busca no can un complemento a súa figura ou imaxe de persoa peligrosa ou desafiante. Así que neste tema estamos completamente de acordo, é necesaria unha proba á hora de adoptar animais (xa existe, pero de forma máis profunda) e sobre todo á hora de comprar animais. Non son una viseira ou un reloxo.

      Gústame

      1. A Ley que me mostras é moi interesante, pois paréceme moi necesaria para as mascotas e os animais domésticos, que como xa dixestes son os principais afectados na problemática do abandono, aínda que non son os únicos; de feito os animais salvaxes que se encontran en zoolóxicos deberían ter unha serie de dereitos, como os que aparecen reflexados nesta lei.
        Un caso moi claro de cosificación que debería terse extinto xa, é o da utilización de estes animais como mascotas para diferentes tipos de institucións. https://www.animalpolitico.com/blogueros-una-vida-examinada-reflexiones-bioeticas/2018/03/21/miztli-y-la-cosificacion-de-los-animales/
        O caso máis rechamante é o que sucede en Estados Unidos, onde moitas universidades ou institutos teñen como mascota un animal salvaxe que utilizan para desfiles ou no momento previo a eventos deportivos. Este tipo de actos que non deixan de ser torturas, soamente consiguen que a xente se pregunte, quen son realmente os animais?

        Gústame

        1. Interesante aporte que fas, Pedro. O certo é que a utilización de animais máis alá de traballadores é moi cuestionable. É dicir, cando os vemos como cans guía ou animais terapéuticos, existe esa función a realizar por parte dos animais, pero… cando son simplemente mascotas, o certo que a concepción do animal como un simple obxecto decorativo vése un pouco máis vixente. Aquí deixo un elance a unha noticia de 20minutos que trata o cambio de concepción cosificada dos animais cara a unha consideración máis ética, como seres vivos https://www.20minutos.es/noticia/3209147/0/parlamentarios-animalistas-animan-apoyar-manana-congreso-ley-pp-para-descosificar-mascotas/
          Unha medida que para algúns, quédase moi curta á hora de protexer aos animais, inclusive facendo un chamamento á creación dun banco nacional de datos de animais domésticos, petición que tamén apoiaban os membros do noso círculo.

          Gústame

  5. Paula Perales Martínez

    Nesta sociedade o principal problema cos chamados “animais de compañía” ou mascotas é que son simplemente tratados como obxectos ou mercadorías que se pode comprar e vender. Semellan un coche ou unha casa de bonecas e como tal, cando xa non serven, a sociedade desfaise deles a modo de xoguete roto. Este é o problema, se visemos aos animais como seres vivos con sentimentos e non os cosificaramos a realidade sería moi diferente. É máis, ata hai escasos meses os “animais de compañía” eran considerados como obxectos no código civil. Un golpe de realidade pensar que ata decembro de 2017, co avanzados que cremos estar, non se considerou a un animal un ser vivo. https://www.eldiario.es/sociedad/embarguen-custodia- separacion-implica-animais_0_717778899.html

    En canto á adopción de cans comentar que si se fan test e un exame exhaustivo para poder adoptalos na maioría de casos, para ver se o adoptante ten as capacidades e aptitudes. https://blogues.20minutos.es/ animalesenadopcion/2017/09/07/cuestionario- preadopcion-tantas-preguntas-cando-se-quere-adoptar-animal/

    A diferenza está cando son comprados xa que aí o interese non é o benestar do animal se non o beneficio que se obten deste. As canceiras e protectoras están cada vez máis desbordadas e mentres tanto séguense comprando cans polo capricho de ter un animal de raza. Consecuencia da cosificación que comentaba ao principio.

    Por último destacar que no post en todo momento faise referencia aos animais de compañía, sobre todo aos cans, e se se vai a falar de respecto aos animais e de medios de comunicación sería moi interesante visibilizar ao resto de especies que non entra na categorización de mascotas. Xa que se o tratamento aos cans e gatos nos medios é escaso e mal enfocado ao resto de especies é moitísimo peor.

    Gústame

    1. Non se pode negar que cremos estar moi adiantados, mais o certo é que de lonxe o estamos cando unha mascota no código civil era unha cousa, coma quen di unha moto ou unhas xoias. Neste aspecto, xa había anos que existían moitas peticións na plataforma Change que demandaban un novo tratamento das mascotas como seres vivos.
      A destacar que o test que ti mostras é para adoptar animais de protectoras e refuxios, pero calquera pode ter un can se ten un amigo cunha camada ao que lle aliviar o traballo de regalalos para adoptalos. Nese caso, calquera pode ser dono dun can. Tamén hai xente que se adica a roubar mascotas polo rural, e isto si que endexamais se comenta nos medios. Aínda así, o teu apunte ten moito de certo, que é preciso asegurarse de que o dono cando adopte cumpre unhas condicións e se compromete no seu coidado.
      Como xa dixen no comentario anterior, no caso de cans e gatos os medios teñen bastante silenciado o abandono, cousa que non ocorre coas serpes, por exemplo. Aquí deixo unhas cantas noticias ao respecto:
      https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/02/14/buscan-dos-criaderos-clandestinos-serpientes-piton-lugo/0003_201802G14P26995.htm
      https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2017/09/09/ferrolano-da-limpiaparabrisas-aparece-serpiente/00031504968276634784522.htm
      https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2017/06/22/busca-vigo-dueno-serpiente-maiz/00031498122046032256256.htm
      https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2017/11/13/desagradable-sorpresa-basura-dos-metros-largo/0003_201711B13C4995.htm

      Grazas polo teu comentario!

      Gústame

      1. Paula Perales Martínez

        Como ben dis, nos medios non se fala debidamente do abandono dos animais domésticos e moito menos, chámame a atención, do que acontece no rural. As campañas institucionais que se fan para evitar o abandono son frecuentes, pero de pouca calidade e dánse só en épocas puntuais, por exemplo no Nadal. Para ilustrar estas campañas esporádicas as que me refiro válgome da seguinte noticia de La Sexta: http://www.lasexta.com/noticias/sociedad/animal-juguete-campana-concienciacion-adopcion-responsable-navidad_201712095a2bb1d70cf2b410eaa340bc.html Os animais están connosco día a día e non son obxectos de consumo para lémbrase deles só como se dun agasallo de Nadal se trataran.

        En canto ao maltrato, hoxe mesmo atopo por exemplo esta noticia en El País: . https://www.srperro.com/blog_perro/companeros-de-vida-hoope-lush
        O maltrato que sofren as dúas eguas é tratado como un asunto alarmante, pero con certa normalidade e isto, non debería ser así. Os medios non se preocupan por concienciar das consecuencias que supón ter animais, nin se contamos coas capacidades adecuadas para coidalos como o que son, a fin de contas, seres vivos igual ca nós. Moitas veces non respectamos aos seres que viven ao noso carón, seres que deberían obter o mesmo nivel de respecto que nós cremos merecer.

        Gústame

        1. En canto ao que dis da adopción responsable, en moitos casos a adopción remata noutro abandono, paradóxicamente. Pénsase que ao mercar un can ou recollelo dunha camada se fomenta o abandono, pero tamén existe a visión bastante acertada de que se se merca non se contribúe tanto ao abandono pero sí aos malos tratos ao animal (xa que non se abandona porque custou cartos). É triste que á xente lle importen máis os cartos ca a súa mascota, pero así é. (Información extraída dunha reunión co círculo)

          En canto ao das eguas, si que é frecuente achar noticias nos xornais de équidos que están atados dunha mala maneira para que non fuxan das fincas. Estas técnicas rudimentarias seguen a ser empregadas tamén no rural noutro ámbito: as trampas e os lazos para cazar animais. No rural, dende a miña experiencia, é frecuente achar as trampas entre os prados e os cultivos, para cazar animais como raposos, xabaríns, corzos… que rematan por facerlle dano a persoas e a animais domésticos.

          Tamén cabe destacar, os cabalos que morren durante as festividades en diferentes partes do país, sobre todo en Andalucía, onde, por exemplo, morren moitos cabalos durante a Feira de Abril por cansazo, mal coidado, malos tratos e falta de alimentación e hidratación.

          Ao respecto:
          http://www.lavanguardia.com/local/lleida/20160318/40534426052/trampas-animales-perfil-furtivos.html

          https://elpais.com/elpais/2018/04/17/mundo_animal/1523965457_895737.html

          http://www.elnortedecastilla.es/sociedad/muere-caballo-feria-abril-20180416143023-ntrc.html

          Gústame

  6. Cabo Vázquez

    Despois de ler con detemento o post, chámame especialmente a atención a opción de crear un test psicolóxico que asegure que a persoa que pretende adoptar estea o suficientemente capacitada para ter unha mascota. De feito, xa existe unha especie de exame, chamado “Test para donos de cans potencialmente perigosos”, moi semellante á estrutura dos test que fas para obter o carné de conducir ou a licenza de armas. Isto existe, porque, como ben sinalades no post, unha mala conduta nace por un mal coidado.

    http://www.abc.es/sociedad/abci-raza-no-determina-si-perro-peligroso-o-no-entorno-social-y-educacion-si-201704051042_noticia.html

    O problema aquí é o esquecemento que existe arredor cans que non son potencialmente perigosos, os cales tamén necesitan un dono que dispoña do tempo e das capacidades adecuadas para realizar un bo coidado.

    Con todo, penso que a implantación dun test deste estilo melloraría a situación no referente ao abandono animal. Ademais, non farían falta subvencións tan potentes para loitar contra este feito, como a recibida nestes días por unha asociación en Melilla. A educación dada, ao final, sempre é o máis importante.

    http://www.melillahoy.es/noticia/102021/economia/luz-verde-a-una-subvencion-de-50.000-euros-contra-el-abandono-animal.html

    Gústame

    1. No caso que ti comentas, unha das nosas fontes do círculo sinalou que o test para licenza de armas era únicamente asinar uns cantos papeis. No caso do test para conducir consta da parte psicotécnica, teórica e práctica, o que vexo máis lóxico para aplicar neste sentido. Porque con asinar papeis, dende o noso punto de vista non gañamos nada contra o abandono e os malos coidados.

      No caso dos cans perigosos, chegamos a un claro acordo de que calquera can pode chegar a ser perigoso, ou canto menos, agresivo por uns malos coidados. As razas que se adoitan chamar perigosas, só necesitan máis coidados e unha educación máis exhaustiva, porque poden chegar a facer moito dano ás persoas de estaren mal coidados.

      O certo é que cada tipo de can precisa uns coidados diferentes, obviamente non é o mesmo coidar un San Bernardo que coidar un Rottweiler, e por iso tamén precisamos ver as disposicións e carácter da persoa que os vai adoptar. Moitas veces, os que precisamos a educación somos os humanos, no canto dos cans.

      Deixoche aquí bibliografía ao respecto:
      https://misanimales.com/los-perros-son-como-los-humanos-los-hacemos/
      http://www.eltiempo.com/archivo/documento/CMS-13099336

      Gústame

      1. Cabo Vázquez

        Ben é certo que firmando uns simples papeis non se arranxa nada, pero no caso do test para donos con cans potencialmente perigosos hai que pasar un exame psicolóxico, o cal determinará se a persoa solicitante está capacitada para coidar a un can deste estilo. En definitiva, que non é só “firmar uns papeis”, senón unha boa medida. E repito, o erro aquí está en esquecer aos cans que non teñen a etiqueta de “potencialmente perigosos”, como ben dis. Debería implantarse un exame para todos os donos, xa que, ao fin e ao cabo, estanse responsabilizando dun ser vivo. Deixo un enlace da Voz de Galicia onde podes ler en que consiste o test.

        https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/08/06/multas-450000-euros-duenos-perros-potencialmente-peligrosos/0003_201708G6P30998.htm

        http://www.atlantico.net/articulo/vigo/numero-perros-peligrosos-dispara-son-5-total/20180314233309636868.html

        Por outro lado, atopei un feito curioso. Holanda implantou, a parte de dito test, un curso para persoas que queiran facerse cargo de cans perigosos, non sería para nada unha mala idea de implantalo en máis países. Deixo link. Un saúdo!

        http://www.abc.es/sociedad/abci-holanda-impone-carne-y-cursos-para-duenos-perros-peligrosos-201708030934_noticia.html

        Gústame

        1. Non diría que é só firmar uns papeis. O que digo é que o test psicolóxico hai que pasalo, pero dependendo do profesional que o realice e a disposición que teña de facelo pode ser que se faga un test e coma quen di, que se lle regalen os papeis. Isto de ir ao rápido é moi típico no noso país, e ao mesmo se incrementan os abandonos por esa deixadez xeral da sociedade.

          E ao igual que se debería ter un test superado para ter un can, deberiamos telo tamén para o resto de animais. Dígase gando ou mascotas. Recentemente, en Sevilla, durante a Feira de Abril, morreron cabalos na celebración, e é ben sabido que morre alomenos un cada ano que se fai esa celebración.

          Ao respecto:
          http://www.diariosur.es/sociedad/muere-caballo-feria-abril-20180416143023-ntrc.html
          https://www.meneame.net/m/ACTUALIDAD/otra-cara-feria-sevilla-caballos-muertos-agotamiento/related
          https://www.eldiario.es/andalucia/huelva/Rocio-mantiene-media-caballos-muertos_0_651285578.html

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s