A noticia dos luns: O que non revela a estatística sobre seguridade viaria

Martínez Gómez

Palacios Ferreira

Nos primeiros dous meses do ano, e segundo cifras facilitadas pola Policía Local a La Voz de Galicia, o número de atropelos en Santiago de Compostela ascendeu a seis. No que vai de marzo, os medios xa se fixeron eco de, polo menos, outros dous casos. En total, son oito vítimas en menos de tres meses, o que supón un atropelo cada nove días.

 

foto cuarto postt
 

Jeanne Picard. Fonte: Elaboración Propia

 

Os medios de comunicación, as organizacións de vítimas e tamén unha parte da cidadanía levan tempo denunciando estes datos e, en moitos casos, reclamando máis accións para que os responsables tomen as medidas oportunas contra esta problemática. Pero, serven estas cifras para acabar coa inseguridade viaria ou incluso para tomar medidas concretas para previla? Jeanne Picard, delegada de Stop Accidentes en Galicia, é contundente: “No caso dos sinistros de tráfico e da violencia viaria é necesario explicar qué está pasando e o porqué. Comunicar é tamén educar e formar”.

 

As informacións que se ofrecen dende os organismos oficiais, como a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), tampouco tiran moita luz sobre o asunto. Os últimos datos publicados son os recollidos no Balance de Seguridad Vial 2017, que cifra en 1.200 as mortes en accidentes de tráfico. Pero este informe tan só ten en conta aqueles sinistros mortais que tiveron lugar en vías interurbanas e ás vítimas que faleceron dentro das primeiras 24 horas. Polo tanto, a cifra que se dá está “incompleta”, e segundo afirma Picard: “Os datos que se dan son de estradas, pero faltan todas as cidades, que é onde se producen o 50% dos sinistros”. Esta falla corríxese no informe anual, pero este segue sen contabilizar as persoas falecidas nos 30 días posteriores ó accidente.

 

Datos sen historia

Con todo, a principal eiva non está unicamente nos datos, senón na forma de recompilar e presentar estas estatísticas e que utilidade poden ter á hora de extraer conclusións que favorezan a prevención e a concienciación social. Segundo datos da DXT, sabemos que no ano 2016 se produciron 102.362 accidentes con vítimas, que provocaron un total de 1.810 falecidos. Sabemos que a maioría destes eran homes, que o 61% eran condutores, cantos faleceron en cada Comunidade Autónoma e en cada municipio (aínda que os últimos datos oficiais son do 2015). Tamén o número de vítimas por rango de idade, por medio de transporte empregado e incluso en que día da semana se produciu o sinistro. O problema destes datos é que non teñen ningunha relación entre si e que non están relacionados coas vítimas. Son cifras totais que non contan unha historia da que se poida extraer unha aprendizaxe, máis alá de comparar o número de accidentes dun período de tempo con outro.

 

FOTO POST 44
 

Jesús Vilariño. Fonte: Elaboración Propia

 

Segundo Jesús Vilariño, director da Autoescola Santa Eulalia, este esforzo débeno asumir os medios de comunicación: “Son o factor máis importante para conseguir cambios. Teñen moito poder e moita influencia”. Jeanne Picard recoñece que isto ocorre só de maneira excepcional: “Mellorouse moito, porque as noticias sobre a seguridade viaria eran unha columniña que anunciaba: “15 mortos esta semana, 20 feridos”, punto e adeus. E, en parte, aínda seguimos sendo a noticia do luns”. Un breve escrutinio das informacións publicadas nos últimos días confirman esta tendencia. As novas de 20 Minutos -recollida de Europa Press-, La Opinión de A Coruña ou La Voz de Galicia son algúns dos moitos exemplos que se poden atopar. Nelas ofrécese un relato moi sucinto e superficial dos acontecementos, que non profundiza nas causas nin nas consecuencias e que tampouco obedece a un traballo de investigación por parte do xornalista. Por outra banda, cabe resaltar a dificultade que supón recabar información sobre a seguridad viaria que proveña directamente de fontes oficiais. Estes datos deberían estar ao alcance da cidadanía, mais á hora da verdade non resulta así.

 

O papel dos medios

Dende Stop Accidentes levan 10 anos intentando que o tratamento xornalístico da seguridade viaria forme parte da solución. A través do seu Código Deontolóxico recomendan, entre outras cousas, facer un seguimento das noticias, contextualizar os datos ou evitar o uso de certos termos e expresións. Os máis evidentes: “accidente”, en lugar de “sinistro”, e os referidos á “redución” do número de vítimas. “As mortes dun ano súmanse ás do seguinte, nunca descenden”, puntualiza Jeanne Picard en referencia a titulares coma este de La Opinión de A Coruña. Este documento é a única referencia que teñen os profesionais da comunicación para informar a este respecto.

 

codigos

Fonte: Elaboracion Propia

Non obstante, dende a organización recoñecen o labor divulgativo que se realiza dende as cadeas de televisión públicas, con matices. Os programas Seguridad Vital, de Televisión Española, e Luz Verde, da Televisión de Galicia, achegaban ó cidadán a cultura da seguridade viaria, pero os resultados de audiencia non acompañaron e ambos foron cancelados. “É normal. En Televisión Española emitíano os sábados ás 10 da mañá e Luz Verde era ás dúas da madrugada. Que público van ter a esa hora?”, sinala Picard. E Jesús Vilariño, de Santa Eulalia, apunta: “Aínda que pareza mentira, hai xente interesada nese tipo de contidos. Incluso se evitarían moitas sancións por falta de coñecemento”.

En definitiva, é necesario que os medios de comunicación reflexionen sobre o xeito en que se transmite a información viaria. Neste caso, o como é tan importante coma o que. Semella fundamental comezar a concienciar a través da linguaxe e de maneira transversal, adoptando enfoques que resulten atractivos para o lector. Esa é, sen dúbida, a tarefa pendente do xornalismo como actor indispensable para que se produza un cambio social.

 

BIBLIOGRAFÍA:

AUTOESCUELA SANTA EULALIA. (2016). Blog.  Autoescuela Santa Eulalia. Recuperado de https://www.aesantaeulalia.com/blog/

CRTVG. (2017, 12 de Agosto). Condutores profesionais. Televisión de Galicia. Recuperado de http://www.crtvg.es/tvg/programas/luz-verde-1

DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO. (2018, 3 de Xaneiro). Balance de Seguridad Vial 2017. Nota de prensa. Ministerio do Interior. DXT. Recuperado de http://www.dgt.es/Galerias/prensa/2018/01/NP-Balance-DGT-siniestralidad-vial-2017.pdf

DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO. Las principales cifras de la Siniestralidad Vial. España 2016. Ministerio do Interior. DXT. Recuperado de http://www.dgt.es/Galerias/seguridad-vial/estadisticas-e-indicadores/publicaciones/principales-cifras-siniestralidad/2017-1969_Las_principales_cifras_de_la_Siniestralidad_Vial._Espanaa_2016.PDF

EP. (2018, 5 de Marzo). Heridas dos mujeres en sendos atropellos en Santiago. El Correo Gallego. Recuperado de http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/heridas-dos-mujeres-sendos-atropellos-santiago/idEdicion-2018-03-05/idNoticia-1103142/

EUROPA PRESS. (2018, 12 de Marzo). El 061 atendió a 54 personas debido a 45 accidentes de tráfico el fin de semana en Galicia, de las que dos murieron. 20 minutos. Recuperado de https://www.20minutos.es/noticia/3285488/0/061-atendio-54-personas-debido-45-accidentes-trafico-fin-semana-galicia-que-dos-murieron/

LA OPINIÓN A CORUÑA. (2018, 21 de Febreiro). Una fallecida y un herido en un accidente de tráfico en Guntín. La Opinión A Coruña. Recuperado de http://www.laopinioncoruna.es/sucesos/2018/02/21/fallecida-herido-accidente-trafico-guntin/1265426.html

LA VOZ DE GALICIA. (2018, 5 de Febreiro). Muere una conductora de 70 años en un choque frontal entre dos coches en Ames. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/02/05/muere-conductora-70-anos-choque-frontal-dos-coches-ames/0003_201802G5P6991.htm

MELCHOR, X. (2018, 5 de Marzo). Los atropellos bajan a la tercera parte en el arranque del año. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/03/01/atropellos-bajan-tercera-parte-arranque-ano/0003_201803S1C1992.htm

PRIETO, R. (2017, 10 de Octubre). Galicia lidera el descenso de fallecidos en accidentes de tráfico en lo que va de año. La Opinión A Coruña. Recuperado de http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2017/10/10/galicia-lidera-descenso-fallecidos-accidentes/1224771.html

RTVE. (2018, 25 de Febreiro). Seguridad Vital. RTVE. Recuperado de http://www.rtve.es/television/seguridad-vital/

STOP ACCIDENTES. (2008, 3 de junio). Código deontológico para los Medios de Comunicación. STOP Accidentes. Recuperado de https://stopaccidentes.org/uploads/REIVINDICACIONES/codigo_deontologico.pdf

STOP ACCIDENTES. Asociación de Ayuda y Orientación a los Afectados por Accidentes de Tráfico. STOP Accidentes. Recuperado de https://stopaccidentes.org/

10 comentarios en “A noticia dos luns: O que non revela a estatística sobre seguridade viaria

  1. Hugo Figueroa Rodríguez

    Os medios cada vez teñen máis en conta a seguridade vial, sobre todo os medios que traballan na televisión, xa que inciden máis en facer campañas sobre seguridade e a darlles voz ás diferentes asociacións. Pero, ao meu parecer, os medios de comunicación non se centran tanto nos atropelos ou nos accidentes na cidade; o enfoque dos medios é máis cara os sinistros ou accidentes en carreteras secundarias ou autopistas. Cando ocorre un atropelo e os medios céntranse nese incidente é porque, desgraciadamente, hai vítimas mortáis:
    http://www.elperiodicoextremadura.com/noticias/caceres/declaran-culpables-asesinato-acusados-atropello-robledillo-gata_1078234.html
    Os medios deberían de concienciar e educar á xente, xa que teñen unha gran repercusión na sociedade, pero ben é certo que todos temos que colaborar, desde o cidadán ata a DXT, facendo estudos máis precisos para así evitar calquer tipo de accidente e empatizando coas vítimas e posibles vítimas.

    Gústame

    1. Hugo, coincido contigo en que os medios de comunicación se centran máis en dar información respecto aos sinistros en estradas secundarias ou autopistas que nos das propias cidades. Isto considero que se trata dun erro, xa que nas cidades, case a diario, aparecen problemas de accidentes, atropelos, etc. Non deberíamos darlles tamén a importancia que se merecen?
      Porén, aínda así, os datos e a información que se dan en ambos casos son mínimos, reducíndose a maior parte deles a cifras, sen dar explicacións nin motivos, e tampouco buscando solucións. Un exemplo disto podes velo nesta nova de fai uns días: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2018/03/17/fallece-motorista-tras-choque-vehiculo-temple/00031521294461998501928.htm. Cando nos xornais nos paramos a ler este tipo de informacións, decatámonos de que sempre se centran en datos básicos, sen profundizar nos motivos, causas, etc., o cal non axuda a erradicar este problema, nin a concienciar á cidadanía.
      Finalmente, por suposto que todos temos que colaborar. Unha educación axeitada sobre a seguridade viaria é moi importante e básica para que se produza este cambio, pero dende os medios temos máis poder do que ten unha persoa anónima para comezar a dar unha transformación en canto á seguridade viaria, e así axudar aos afectados.

      Gústame

  2. Ben, ¿pode ser tamén, como se indica veladamente no texto, que a información non chegue se os medios persisten en determinadas rutinas respecto de temas de real “Interese público” ou se -neste caso se fala dun medio público (máis grave ainda)-, estes contidos de servizo non acceden ás horas nobles da programación?¿Entendemos logo que as empresas informativas privilexian aqueles contidos que poden asegurar o seu recoñecemento e soster nada máis que os beneficios?
    Está claro que si. Todo apunta a un determinado modelo de produción encamiñado non a informar, menos a comunicar, senon a que a mercancía, e aqueles elementos que a fan posible dentro dun proceso de consumo, sexa rendible.

    Gústame

    1. Hugo Figueroa Rodríguez

      Pode ser que teñamos parte de culpa en no darlle a importancia suficiente a estes accidentes nas cidades, pero creo que iso ven dado porque nos xornais non se ven reflexados, é dicir; non lle damos esa importancia porque os xornais tampouco lla dan. Tal vez os concellos, xa que os medios non o tratan con especial interese, poderían facer campañas a favor da seguridade vial e así conseguir maior apoio da cidadanía neste campo. O caso do Concello de Valladolid, onde buscan a seguridade dos peóns nas cidades, pode ser un paso a seguir por os demais concellos:

      https://www.valladolid.es/es/ciudad/seguridad-prevencion/noticias/ayuntamiento-pone-marcha-mesa-seguridad-vial-participacion

      O que vexo realmente mal é que traten a cada vítima coma un número, unha cifra, e non se afonde nos diferentes casos, habería que profundar máis o matiz sensibilizador para evitar que os accidentes se repitan. O que si está claro é que os medios non axudan moito en erradicar este tipo de incidentes, xa que soamente informan do suceso e non conciencian a cidadanía dos posibles perigos.

      Para rematar, gustaríame destacar esta proposta da RACE acerca de si nas escolas deberían incluír a materia de “Seguridade Vial” para comezar a formar aos nenos de cara a un futuro con menos accidentes nas estradas: https://www.race.es/seguridadvial/educacion-vial/seguridad-vial-asignatura-ninos

      Gústame

      1. Considero que a proposta que fas de que os concellos se impliquen máis a base de campañas de concienciación, como fixeron en Valladolid, é unha idea que pode servir de axuda á hora de mellorar a educación viaria da poboación. Porén, sigo pensando que os medios son os que teñen un maior poder para concienciar, pero si é certo que precisan de apoio para isto, ademais de ser conscientes dos erros que se cometen á hora de publicar noticias sobre accidentes, e intentar cambiar isto, por exemplo, seguindo as normas do Código Deontólixco realizado por Stop Accidentes, que xa mencionamos no post: https://stopaccidentes.org/uploads/REIVINDICACIONES/codigo_deontologico.pdf.
        Engadirías ou modificarías algo deste Código?
        Por outra banda, a idea que compartiches sobre introducir unha materia de seguridade viaria nas escolas paréceme bastante necesaria. En países como Suecia, a educación viaria que hai é maior que a que temos aquí. Nos colexios fanse consellos para falar sobre este tema, reunindo a pais, alumnos, profesores e incluso representantes das administracións locais. Respecto ao tema de implantar unha materia sobre seguridade viaria, este mesmo ano xa se fixo en Galicia, para os primeiros cursos da ESO. A asignatura en cuestión chámase Mobilidade escolar sostible e segura: http://www.dgt.es/es/seguridad-vial/educacion-vial/tablon-de-anuncios/movilidad-escolar-sostenible-y-segura.shtml. Cres que este proxecto funcionará para promover e mellorar a educación viaria?

        Gústame

  3. A corrixir:
    – 2º parágrafo
    “pero, serven estas cifras” (a coma anticipa e enfatiza a pregunta)
    “é necesario explicar qué está pasando” (admítese a acentuación do pronome interrogativo pola posíbel confusión coa conxunción)
    – 3º parágrafo
    Revisar a introdución da cita
    – 5º parágrafo
    “sobre a seguridade viaria” (gralla da redacción)
    Apostar por “da cidadanía” fronte a “de todos os cidadáns”

    Gústame

  4. Rodríguez Pereira Christian

    Los MASS MEDIA han dejado bastante de lado la seguridad vial últimamente, a mí parecer. Apenas aparecen ya spots de la campaña Ponle Freno de Antena 3 y no recuerdo un programa realmente implicado en el tema desde que esta misma cadena dedicó un programa especial al carné por puntos (2006).
    Sí es cierto que los accidentes en zonas urbanas suelen ser cubierto únicamente por medios locales y de manera muy superficial:
    https://www.infobierzo.com/una-mujer-de-50-anos-ha-sido-trasladada-al-hospital-el-bierzo-a-consecuencia-de-un-atropello-en-ponferrada/365843/
    Los accidentes deben ser visibilizados en los medios de comunicación. Considero que analizar las causas y profundizar en ellas es el primer paso para ubicar el debate en la opinión pública. El periodismo tiene el deber de concienciar a la ciudadanía sobre este tema y en sus manos está la posibilidad de dar a conocer los factores que ponen en riesgo la seguridad de todos.

    Gústame

    1. Christian, tes razón en canto á implicación practicamente mínima das canles de televisión sobre este tema. Ben é certo que a campaña Ponle Freno segue existindo a través da súa páxina web, dando información sobre diferentes noticias relacionadas co tema e incluso realizando encontros, como podemos ver aquí: http://compromiso.atresmedia.com/ponlefreno/noticias/barcelona-acoge-encuentro-planeta-vial_201804035ac393480cf2bc677fc395be.html. Quizais unha das solucións sexa crear programas que combinen a información sobre seguridade viaria co entretemento, ademais de emitilos nun horario axeitado, que poida chegar a bastante audiencia. Ves viable que as cadeas de televisión se interesen por un programa deste estilo?
      Por outra banda, si que é certo o que dis de que os sinistros se cobren de xeito moi superficial, tal e como se ve na noticia que compartiches, reducíndose sobre todo esta información a meras cifras. Por iso mesmo consideramos importante a difusión do Código Deontolóxico que mencionamos previamente neste mesmo post: https://stopaccidentes.org/uploads/REIVINDICACIONES/codigo_deontologico.pdf, creado pola Asociación Stop Accidentes. Cres que a aplicación das normas deste código serían efectivas para mellorar a información que se dá sobre a seguridade viaria?

      Gústame

      1. Elaborar contenidos que combinen el entretenimiento con la seguridad vial lo veo bastante complicado, y para que las televisiones se interesasen en producirlo, éstos tendrían que contar con unos guionistas muy buenos que fueran capaces de dar con una fórmula que concienciara de verdad a la audiencia. Me parece que de momento, el tema será únicamente visible, dentro de un horario adecuado, en alguna pieza de informativos dedicadas a las campañas oficiales de la DGT o información de corte corporativo de Ponle Freno u otras iniciativas del mismo tipo.

        La aplicación del Código Deontológico al que aludes es primordial para lograr informar de manera eficaz sobre los accidentes de tráfico. Pienso que para muchos lectores y espectadores puede parecer impactante hablar de conductores criminales o asesinos, pero es necesario que los periodistas adopten estas normas para crear conciencia sobre una lacra que, aunque en los últimos años las cifras hayan dado una pequeña tregua, es una de las mayores que sigue arrastrando nuestro país.

        Como ejemplo, creo que es un paso adelante que en el titular de esta noticia de los últimos días se resalte que la conductora iba drogada (infracción claramente inaceptable), y se trate a este sujeto de ‘presunta homicida’: https://www.elespanol.com/deportes/ciclismo/20180406/detenida-nuevamente-conductora-drogada-atropello-ciclistas/297721231_0.html

        Gústame

        1. Christian, é certo que crear ese tipo de contidos e que teñan éxito de audiencia sería moi complicado e, polo tanto, ás cadeas privadas non lles interesaría. Porén, quizais unha cadea pública podería probar a crear un programa deste tipo e emitilo nun horario axeitado, para ter máis difusión. Ao mellor os resultados non son os mellores, pero pode que si o sexan: sería cuestión de arriscar, a pesares de ser unha idea complexa de levar a cabo.
          Respecto ao tema do Código Deontolóxico, tes razón en que de primeiras algún dos termos, como “criminal”, poidan sonar fortes ou excesivos, pero como ben dis, considero que é necesario facer uso deles para concienciar. Precisamente, tras ler a noticia do xornal El Español que nos compartiches, si que impacta o emprego dos termos que xa comentaches antes. Nesta noticia fálase de atropelos a ciclistas, outro tema moi preocupante dentro de todo o que implica a seguridade viaria.
          Ás veces, os ciclistas tamén cometen erros, ou polo menos así se reflexa nalgunhas ocasións. Nesta noticia https://www.heraldo.es/noticias/nacional/2018/04/06/condenan-ciclista-indemnnizar-con-692-euros-peaton-que-atropello-carril-bici-1233637-305.html publicada o pasado seis de abril fálase dun caso no que foi o ciclista quen atropelou a un peón que camiñaba polo carril bici. O ciclista debe indemnizar ao peón con máis de 7.500 euros, porque se considerou que este tipo de vías non conceden aos ciclistas prioridade sobre os peóns. Estás de acordo coa sentencia? Que solución se podería levar a cabo para evitar este tipo de situacións?

          Gústame

Deixa unha resposta a Christian Rodríguez Pereira Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s