O casco histórico, un bo lugar para vivir?

Ingelmo Estévez 

Cando pensas na cidade de Santiago é inevitable que non te veña á mente o seu casco histórico. A Praza do Obradoiro, a Catedral, a Praza de Praterías ou o Parador dos Reis Católicos son un pequeno grupo de lugares icónicos que se poden atopar neste emprazamento cheo de historia que, ademais, foi declarado Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO en 1985. Zonas moi concorridas por santiagueses, estudantes e turistas. Polo tanto, podemos dicir que o casco histórico é o principal motor da cidadeSeguir lendo “O casco histórico, un bo lugar para vivir?”

As dificultades de financiamento para os medios alternativos e comunitarios en Galicia

PÉREZ LOJO; VÁZQUEZ MARTÍNEZ Os medios alternativos, debido a súa construción e concepción, xeran un espazo de libre participación social, cumprindo un papel importante para o exercicio pleno da democracia comunicacional. As dificultades económicas que levan consigo o autofinanciamento ou a dependencia financeira por contidos ou por subscricións, súmanse á morea de restricións que se adoitan impor a nivel estatal sobre este tema. O último … Seguir lendo As dificultades de financiamento para os medios alternativos e comunitarios en Galicia

O falso feminismo dos medios de comunicación

Santomé Seijas, Pérez Pérez

Fai escasos días que o feminismo vivía unha das súas maiores vitorias. As manifestacións do oito de marzo foron históricas, desbordaron os límites ata agora coñecidos e fixeron ver o poderío dun feminismo insurxente e reivindicativo. Esta folga feminista difundíase nos medios de comunicación convencionais e nas redes sociais, como unha oportunidade de visibilidade para as mulleres na que se viu implicada  gran parte da poboación española (sobre 6 millóns) para acadar unha igualdade que, polo de  Seguir lendo “O falso feminismo dos medios de comunicación”

O uso sensacionalista do colectivo LGTB nos medios

GÓMEZ MARIÑAS MARTÍNEZ FERNÁNDEZ A situación actual da prensa é cada vez máis precaria, polo que nos medios de comunicación está aumentando a tendencia de recorrer a noticias e sobre todo titulares sensacionalistas na busca de beneficios, sen importar a ética e que a profesionalidade diminúa ou incluso se abandonen mediante un tratamento informativo morboso. Este sensacionalismo dáse en moitos temas, e o colectivo LGTB … Seguir lendo O uso sensacionalista do colectivo LGTB nos medios

O proceso de mediatización do mobbing

FERNÁNDEZ ROLDÁN   O mobbing segue a ser un termo pouco coñecido a día de hoxe. “Os medios de comunicación non levan a cabo o labor de visibilización e sensibilización necesariao para que o problema mingüe”, así o afirmou a presidenta da Asociación en Galicia Contra o Acoso Moral (Agacamt), Mª Manuela Zas, no círculo de lectura crítico do 8 de marzo. <<A única visibilización … Seguir lendo O proceso de mediatización do mobbing

O tratamento das enfermidades mentais na prensa: o caso Nikolas Cruz

Dorado Lago

Nikolas Cruz é un mozo de 19 anos que supostamente estaba recibindo tratamento por problemas mentais e que o pasado 14 de Febreiro disparou e matou a 17 persoas na súa antiga escola, a MarjoryStoneman Douglas High School de Parkland, en Florida. Esta é a caricatura que nos pintan de Nikolas Cruz. Pero a realidade completa é que Cruz é un mozo que levaba anos mostrando actitudes, costumes e respostas que debían ser tratadas ou atendidas baixo outra perspectiva, e ás que só se respondeu coa expulsión do seu centro de estudos, facendo borrón e conta nova.

Seguir lendo “O tratamento das enfermidades mentais na prensa: o caso Nikolas Cruz”

Jonatan Barral Otero: “A miña cadela é unha compañeira de traballo”

Torrado Silvente

Na nosa primeira reunión co círculo do observatorio falamos de moitas cousas ademais do tratamento dos medios. Interesábanos saber como vían os membros do noso círculo a figura dos animais que teñen cerca. Chamounos especialmente a atención a opinión que tiña cara aos animais Jonatan Barral Otero, membro do círculo. Jonatan, xornalista e técnico audiovisual, é un mozo invidente que ten unha cadela guía, Suri, e a súa idea sobre relación humano/animal pode chegar a ser chocante e mesmo parecer insensible. Seguir lendo “Jonatan Barral Otero: “A miña cadela é unha compañeira de traballo””

Dan os medios unha visión política da contaminación?

Fernández Soto Perales Martínez Segundo unha entrevista realizada por La Voz de Galicia a María José Servía, licenciada en Bioloxía pola USC e autora dunha tese sobre o estado ambiental do río Sar, a contaminación “é un problema global e un problema de todos. O paciente ten que acostumarse a non tirar os medicamentos; é verdade que os restos que van na urina son inevitables, pero … Seguir lendo Dan os medios unha visión política da contaminación?