A promoción da capital galega

González Fungueiriño, Muñoz Fernández

Un factor importante a ter en conta á hora de falar da actividade turística nas cidades é a promoción das mesmas. Ademais disto, como se venden ao exterior e que se potencia ou incentiva para fomentar a propia cidade son elementos clave para promover o turismo e a súa sostibilidade.

A sostibilidade no turismo defínese como aquilo que “ten plenamente en conta as repercusións actuais e futuras, ecónomicas, sociais e medioambientais para satisfacer as necesidades dos visitantes, da industria, do entorno e das comunidades anfitrioas” (Organización Mundial do Turismo, OMT).

No caso de Santiago de Compostela, podemos contrapoñer dous tipos de promocións. Por un lado, a vertente oficial que chega dende o concello e por outro, proxectos menos coñecidos e que non son tratados polos medios de comunicación.

Polo lado oficial, Compostela Aberta impulsou diferentes programas para desenvolver a promoción. A empresa municipal INCOLSA encárgase de desenvolver as actividades. Un dos departamentos que promocionan de forma diferente é Santiago de Compostela Film Comission. Encárganse de dar a coñecer a cidade a través da búsqueda de rodaxes audiovisuais.

ss1

Dimas González Bennett, xerente de Santiago de Compostela Film Comission. Fonte: elaboración propia.

 

Falamos co seu xerente, Dimas González Bennett, que nos atendeu no seu despacho. Enfocamos este encontro co obxectivo de atopar promocións da cidade diferentes ás tradicionais e que puidésemos seguir analizando como se están tratando.

Comentounos que o cometido principal da Film Commision vai máis alá de buscar rodaxes. Afirmou que “ademais do beneficio económico, conseguido ao encher hoteis e restaurantes, hai que sumar un efecto carambola, xa que conseguen promoción audiovisual a nivel mundial e resulta máis eficaz”. Esta eficacia arguméntase no valor engadido da mirada internacional. O diario británico The Guardian publicou na súa web unha información sobre un reality show que se rodou en Santiago e que contou coa intermediación de Film Commision.

O outro tema importante sobre a mesa é a masificación da capital. Dimas González comentounos que “dende a Film Commision tamén se pretende axudar a desmasificar. Podemos sacalos dos sitios de sempre e buscar outros. Intentamos levalos a sitios atractivos, pero que descoñezan”.

En relación a esta desmasificación, quixemos coñecer se era posible a creación de rutas turísticas cinematográficas, xerando así unha alternativa a todo o convencional. Sobre todo, tratábase de intentar buscar algún modelo parecido ao que ocorre en cidades como Barcelona. A isto, Diman comentou que “aínda non é posible. Para a creación de rutas cinematográficas necesítanse películas moi coñecidas ou producións moi importantes”.

Afondando na análise dos medios, atopámonos con que os modelos ou rutas turísticas alternativas que dende o observatorio tentamos abordar, non teñen cabida nos medios tradicionais. Está claro que, como ben apuntaba Dimas na súa entrevista, O Camiño promocionase practicamente só. Coñecido por todo o mundo, quen peregrina cara a capital galega sabe o que vai atopar. Pero parece que o principal foco da prensa, así como do plan turístico promovido polo concello, é aumentar o fluxo de turistas que cada ano peregrina cara a capital e que masifica o casco urbano. Outros modelos coma o turismo de congresos, que na nosa cidade podería ter un gran potencial, son tratados case anecdoticamente.

Cada ano, tanto o Palacio de Congresos coma o Gaiás, acollen milleiros de visitantes durante o desenvolvemento de xornadas profesionais, como nos informaba Carlos Piñon, propietario do dominio santiagoturismo.es e responsable comercial do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Ós congresos na cidade, ademais de programárense visitas guiadas para os participantes, a xente soe acudir acompañada. Sería interesante a proposta de novos modelos como rutas gastronómicas ou culturais que puidesen atraer a estes visitantes que, por norma xeral, pernoctan na cidade. Deste modo, espallaríanse así os núcleos turísticos e liberaríase un pouco a zona vella.

A única información referente a isto pode atoparse na páxina web da SCCB. Así mesmo, queremos falar doutra vertente moi interesante, que descubrimos a través de Minia del Río, membro de Apatrigal, da que apenas se fixo eco nos medios. Só atopamos dúas novas ó respecto pertencentes a El Correo Gallego. Toda a información referente á ruta, promocionada por Galiciaesmas e que pretende amosar á xente unha nova perspectiva da vida da poetisa galega, recoñecida habitualmente polo seu carácter melancólico, percorrendo os lugares máis singulares da vida na escritora, pode atoparse na páxina de turismo do concello.

Bibliografía:

22 beneficios del Turismo Sostenible. Biosphere Tourism. Recuperado de: https://www.biospheretourism.com/es/blog/22-beneficios-del-turismo-sostenible/94

Cinema. Barcelona Movie Walks. Recuperado de: http://www.barcelonamovie.com/rutes.aspx

S.C. Padrón, Ames y Brión presentan en Fitur “As pegadas de Rosalía” Una Ruta Rosaliana. Recuperado de: http://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/padron-ames-brion-presentan-fitur-as-pegadas-rosalia-ruta-rosaliana/idEdicion-2018-01-15/idNoticia-1094238/

Que es el SCCB. Recuperado de: www.santiagoturismo.com/que-sccb

Sherwood, H. (2018, 14 de Marzo). Faith, friendship and curses as seven celebrity pilgrims trek to Santiago. The Guardian. Recuperado de: https://www.theguardian.com/tv-and-radio/2018/mar/14/modern-pilgrimage-road-to-santiago-journey-self-discovery

La Ruta Rosaliana. Recuperado de: http://www.santiagoturismo.com/blog-mcs/ruta-rosaliana

Ruta Rosaliana: “As Pegadas de Rosalía”. Recuperado de: http://www.galiciaesmas.com/ruta-rosaliana-as-pegadas-rosalia/

Santiago. EP. Padrón, Ames y Brión convierten los escenarios vitales de Rosalía en una Ruta. Recuperado de: http://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/padron-ames-brion-convierten-escenarios-vitales-rosalia-ruta/idEdicion-2018-01-19/idNoticia-1095081/

16 comentarios en “A promoción da capital galega

  1. É controvertida a opinión do filmcommissioner de que non se poden facer roteiros de cine sen unha produción de sona na cidade. Outras parécenme as causas como por exemplo, a falta dun presuposto por parte de INCOLSA e do desinterese político. Pode ser de interese explorar máis esta posibilidade de articular turismos diferenciais neste e noutros sectores, por exemplo, tirando da gastronomía ou da natureza.

    Gústame

  2. Comparto a vosa idea de que a imaxe que se proxecta de Santiago de Compostela mantén uns patróns clásicos, con escasas excepcións. Entre as que mencionades, chámame especialmente a atención a Film Comission, xa que é unha forma de promoción que pode chegar a un público masivo a través dunha canle moi atractiva como é o audiovisual. Pero, realmente os esforzos neste ámbito teñen retorno no turismo máis alá da propia rodaxe? É dicir, como miden dende a xerencia desta plataforma ese “efecto carambola” do que falan?

    No que si non concordo é na imposibilidade que observa o xerente da Film Comission á hora de establecer rutas cinematográficas na capital. É certo que a produción compostelá non acada aínda os niveis de urbes coma Barcelona, pero precisamente iso sería unha oportunidade para dar a coñecer os filmes ó mesmo tempo que a propia cidade. Segundo recollen na súa web (http://www.santiagoturismo.com/peliculas-rodadas-en-santiago/page:1/#contenido), películas como O lapis do carpinteiro, 13 badaladas ou mesmo La piel que habito, de Almodóvar, tiveron Compostela como escenario, e con repercusión na prensa nacional: https://elpais.com/diario/2010/08/24/galicia/1282645103_850215.html. Por que pecharse esa porta?

    En canto a outras formas de turismo sostibles, paréceme unha proposta interesante os freetour, que en cidades como París xa deixaron de ser unha alternativa e que en Santiago xa están comezando a gañar peso: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/08/27/nuevo-catalogo-turistico-santiago/0003_201708S27C3999.htm. Tamén as visitas guiadas teatralizadas a esas zonas menos masificadas nas que falades no post. En A Coruña xa levan anos traballando neste eido: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2017/12/24/san-amaro-camposanto-mundial/0003_201712H24C4991.htm. Quizais sexan formas máis tradicionais, pero cunha nova cara moito máis atractiva. Que posibilidades lle vedes a estas novas propostas na capital galega?

    Gústame

    1. Hai varias fórmulas pàra medir a derrama económica que tras de si pode deixar unha rodaxe. A máis habitual, non exenta de crítica, é a de multiplicar os gastos de produción da rodaxe por 6, que é o que habitualmente fan as comisións fílmicas no mundo. Outras completan a derrama económica coa derrama comunicativa, é dicir co impacto nos medios da promoción e a “publicity” (información gratuita) tanto en medios locais como especializados polo número potencial de lectores. Concordo con vostede en que Compostela ten que ter os seus roteiros audiovisuais. De feito os ten, desenvolvidos xa nesta facultade (como no seu momento desenvolveu a própria film commission). O problema é un problema de presupostos e de precarización actual da film commission, algo que Dimas non quere comentar en público. Non obstante penso que esto non é un problema, pois non é nada caro, hoxe en día (promoción x redes sociais+voluntariado+operadores turísticos), promover este tipo de turismo en Compostela. De seguro que é, ademais, rendible. Neso estamos. Se está interesada no tema, póñase en contacto comigo. Grazas.

      Gústame

    2. En mi opinión, el retorno que tiene la actividad de la Film Commission sobre el Turismo en la capital es el efecto desmasificador comentado. Es decir, poder potenciar otros espacios diferentes a los clásicos que cualquier viajero conoce en la ciudad. El “efecto carambola” se refiere más a los beneficios de la propia ciudad, como son llenar hoteles, consumiciones en restaurantes… y los que logra las empresas relacionadas con lo audiovisual.

      Por otro lado, estoy de acuerdo con que no se debe cerrar la puerta de las rutas cinematográficas. Aunque si es cierto que para crear una ruta cinematográfica que pueda competir con el modelo turístico clásico, debería estar formada por algo muy conocido.
      Por ejemplo, estos lugares de Barcelona ( http://blog.ticketea.com/10-escenarios-de-peliculas-en-barcelona/ ) acogieron películas de gran renombre y más taquilleras que las celebradas en Santiago. (Una de las más famosas en la capital catalana es “Vicky Cristina Barcelona” (Woody Allen) y alcanzó los 96 millones de dólares de recaudación). Es decir, debe ser un producto más potente para poder competir de tú a tú con los lugares turísticos masificados.

      Sobre el turismo sostenible pienso que se debe realizar en primer lugar una concienciación. Ante esto, la OMT (Organización Mundial del Turismo) ha realizado incluso campañas. Un ejemplo es esta: https://www.hosteltur.com/123691_omt-lanza-campana-crear-conciencia-turismo-sostenible.html

      En conclusión, las alternativas son positivas siempre que ayuden a desmasificar. Por ejemplo, en nuestro círculo conocemos como funciona la Ruta Rosaliana. http://www.areasantiago.es/blog-mcs/ruta-rosaliana

      Gústame

      1. Como dis, as películas rodadas en Santiago de Compostela non teñen, en xeral, tanta transcendencia en comparación coas que me amosas de Barcelona. E, polo tanto, tampouco teñen o mesmo poder para “desmasificar” o centro da cidade. Con todo, paréceme curioso que o encargado dun organismo como a Film Commission afirme con tanta rotundidade que aínda non é posible realizar este tipo de rutas na capital galega. Si que é posible, pois fixéronse rodaxes, aínda que polo momento non se erixan como unha alternativa ó modelo turístico clásico.

        Para isto, é necesario que dende a propia Film Commission sexan quen de atraer producións audiovisuais máis interesantes para o público. Comentouvos Dimas cales son as estratexias a seguir para facelo? Segundo esta noticia de Europa Press (http://www.europapress.es/galicia/noticia-pelicula-isabel-coixet-primer-matrimonio-mujeres-rodara-dumbria-pontevedra-santiago-coruna-20180305184653.html), en maio Isabel Coixet rodará parte da súa nova película nas rúas compostelás, sabedes se hai algún outro proxecto pechado para este ano?

        En canto á “desmasificación” e ó turismo sostible, concordo contigo en que o primeiro paso é concienciar. Pero creo que en Santiago iso non se está a facer. Simplemente botándolle un ollo á web turística da cidade, as recomendacións para visitar a zona céntranse case exclusivamente no centro histórico. Incluso, nunha das seccións, hai unha proposta para pasar 1, 2 ou 3 días en Compostela e só no terceiro se recomenda visitar outras zonas: http://www.santiagoturismo.com/santiago-en-1-2-e-3-dias. Credes que se está a facer todo o posible neste sentido, que se está a explotar todo o potencial da cidade e arredores?

        Con todo, a Ruta Rosaliana non me parece a mellor alternativa de todas. Si que é certo que a escritora galega ten presenza en Compostela, pero a súa figura está moito máis ligada a Padrón que a ningún outro lugar. Alí está a súa Casa Museo (http://rosalia.gal/a-casa-museo/) e alí deberían dirixirse os turistas no caso de querer coñecer máis sobre a súa vida, e non á capital.

        Gústame

        1. El gerente de Film Commission nos comentó que no podía desvelar la mayoría de sus proyectos para este año (casi todos son grabados en Verano) porque eran pre-acuerdos con productoras y no estaban confirmados en su totalidad. Sobre todo esto se da porque pueden existir problemas con algunas que decidan cancelar el proyecto. Pero aun así, nos encontramos con una producción británica que comenzó y que como comentamos en el artículo se han hecho eco varios medios:

          http://www.bbc.co.uk/programmes/b09w7lc0

          En cuanto a la potenciación de lugares fuera del casco histórico pensamos que no se está realizando. Por ello, una de nuestras labores es buscar alternativas e intentar saber que consecuencias tendrían.
          Esto se puede demostrar buscando noticias en torno al futuro. Ese futuro de la capital parece fijarse en 2021 y el año Xacobeo. Por ejemplo aquí se demuestra que los esfuerzos van enfocados hacia el casco histórico.

          http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/maria-carmen-martinez-insua-2021-no-habra-andamios-catedral-santiago/idEdicion-2018-01-07/idNoticia-1092948/

          Gústame

          1. O que di a Directora Xeral do Patrimonio Cultural nesta entrevista paréceme, por un lado, natural. Está claro que a Catedral de Santiago vai ser sempre o referente para os proxectos turístico e culturais que se desenvolvan na capital, e moito máis tratándose do Xacobeo. Pero, tal e como dis, exemplifica perfectamente a desidia das institucións no que respecta á “desmasificación” e potenciación doutras zonas da cidade.

            En canto á Film Commission, un apunte: as rutas cinematográficas en Santiago non serán unha alternativa ó turismo de masas ata que, como comentabamos anteriormente, non se roden producións “máis comerciais”, pero isto tampouco será suficiente se estas rodaxes se localizan nos puntos máis visitados. Na páxina web da plataforma (http://www.santiagoturismo.com/localizaciones) podemos ver anunciados, sobre todo, lugares da Compostela “intramuros”, aínda que tamén se recolle a zona do Ensanche ou os barrios. Pero o certo é que a maior parte dos filmes que elixen Santiago como escenario fano para retratar o casco histórico. Almodóvar, por exemplo, escolleu a rúa do Vilar para “La piel que habito”: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2010/08/23/pedro-almodovar-banderas-ruedan-hoy-13-horas-dos-puntos-santiago-apoyo-policial/0003_8684493.htm. Tamén o director Dani de la Torre, un dos últimos en pasar pola cidade, rodou na rúa de Cervantes, no Preguntoiro e en Casas Reais: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2017/08/02/gangsters-toman-casco-historico/00031501672954802234520.htm. Incluso TVE localizou a rodaxe de Masterchef entre a praza do Obradoiro e o Mercado de Abastos: http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/rodaje-masterchef-5-revoluciona-santiago/idEdicion-2017-03-29/idNoticia-1048307/.

            Con isto quero dicir que nunha cidade coma Santiago de Compostela debería existir un modelo turístico no que todos os actores implicados remaran nunha mesma dirección, algo que, como demostrades co voso traballo, non está a suceder.

            Gústame

            1. Concuerdo totalmente. El modelo turístico que domina Santiago de Compostela es el núcleo central de los problemas existentes con el fenómeno de la masificación y el desarrollo de actividades de promoción de la ciudad alrededor de siempre la misma zona, “catedral y casco histórico”. Para mí, el problema reside en no conocer alternativas a ello. Es decir, no nos llegan (desde los medios de comunicación) diferentes formas de promocionar la ciudad. Estos medios centran su actividad en dar cifras y a partir de ahí, realizar sus noticias. Pero no recibimos nuevas iniciativas o alternativas para generar un modelo sostenible. Aquí un ejemplo de una noticia “promedio” de un medio sobre turismo:

              https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/03/29/semana-santa-compensa-peor-mes-marzo-ultimos-anos-compostela/0003_201803S29C3991.htm

              Aquí da un balance sobre la Semana Santa en 2018 y a partir de la declaración oficial afirma que es una decepción. No entra ni en las consecuencias, ni en el futuro.

              Gústame

  3. A corrixir:
    – 9º parágrafo
    “rutas turísticas alternativas” (concordancia do adxectivo co último elemento)
    “cara á capital galega” (estrutura cara a + artigo)
    – 10º parágrafo
    “que puidesen atraer” (forma correcta do imperfecto de subxuntivo do verbo poder)

    Gústame

  4. Interesante proposta de novos formatos ou tipos de turismo menos convencionais para a cidade de Santiago. Pero creo que hai un problema de non doada solución. A meirande parte do turismo que chega a Santiago é con motivo do Camiño de Santiago. Peregrinaxe. Por regra xeral, este tipo de turistas non veñen a Santiago con ánimo de gastar demasiados cartos como se faría nos tipos de turismo propostos no post.

    Nas rutas gastronómicas ou nas rutas cinematográficas estás obrigado a realizar certo desembolso económico cun público obxectivo distinto, máis preto ao turismo convencional. Penso que a mellor forma de facer funcionar este tipo de turismos sería combinalo co maior atractivo da cidade, como é o Camiño. Existen precedentes deste tipo mesturas de formatos, mesmo co propio camiño e o cine, mais curiosamente fóra de Galiza. Adxunto enlace sobre a noticia que trata este fenómeno
    http://www.santiagoturismo.com/novas/turismo-de-santiago-colabora-co-primeiro-camino-de-santiago-film-festival-que-se-celebrara-en-boston

    Gústame

    1. Estoy de acuerdo con lo que comentas en primer lugar. El problema de centralizar la actividad turística de Santiago en la catedral no tiene solución fácil. En mi opinión, no se ha alcanzado una concienciación para conseguir llevar los flujos de turistas fuera de la zona histórica. Esta concienciación es una solución que tienen que alcanzar todos, más allá de esos “turistas” que mencionas.
      Por ejemplo, esta noticia del Correo Gallego ya empieza a comentar si no hay algo más que la catedral. Aunque hay que tener en cuenta que el Correo tiene problemas con el alcalde de la ciudad.
      http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/semana-santa-promocion-programa-no-cuida-turismo/idEdicion-2018-04-03/idNoticia-1108108/
      Por otro lado, la afirmación que comentas sobre que se deberían combinar las nuevas actividades con el Camino no me parece algo estricto. Por ejemplo, llegan visitantes desde diferentes puntos del mundo y pueden realizar la Ruta de las Camelias sin necesidad de depender del Camino. Aquí enlace a esta alternativa:
      http://www.turismo.gal/que-facer/ruta-da-camelia?langId=es_ES

      Gústame

      1. Está claro que o maior encanto turístico de Santiago é a Catedral e o casco histórico, mentres que o resto de atractivos quedan atrás con bastante diferenza. O obxectivo é igualar a balanza, pero semella bastante difícil, e adoitan observarse certos problemas que imposibilitan esta equiparación de forzas.

        Existe un factor determinante no desenvolvemento do turismo en Santiago, que á súa vez, está ao marxe de calquera medida loxística. Este factor é a disonancia entre as diferentes administracións políticas causa problemas á hora de encarar un maior desenvolvemento do turismo da cidade. Entre o Concello e a Xunta andan en continua disputa no tocante a certas medidas que afectan directamente ao turismo, e especialmente, á peregrinación (o tipo de maior importancia).

        Nesta noticia recóllese un exemplo bastante claro https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/02/13/santiago-sigue-adelante-plan-cobrar-turistas-pernocten/0003_201802G13P9991.htm

        Este conflito de intereses entre as dúas administracións resulta ridículo pois as dúas deberían asumir responsabilidades co fin de garantir un desenvolvemento sostible do sector turístico en Santiago, pero prefiren manter contendas puramente políticas baseadas na defensa a capa e espada dos seus puntos de vista.

        Gústame

        1. No estoy de acuerdo con tu primera afirmación. El objetivo no es equilibrar la balanza de visitantes en los diversos lugares. Lo que se pretende es descongestionar la zona del casco histórico promocionando diversidad de actividades y enclaves. No es llevar todo el flujo a un lugar, es ir diversificando. Si pretendemos redirigir hacia un lugar puede pasar como ocurrió en el Castro Candaz, que se puso de moda y comenzó a ser muy problemático:

          https://www.elprogreso.es/articulo/noticias/los-turistas-hacen-cola-en-castro-candaz/20170124000000395514.html

          Por otro lado, estoy de acuerdo con lo que afirmas sobre el conflicto administrativo. En el caso de las tasas es algo que está levantando polémicas. Nuestro grupo realizó un post con ese tema y en los círculos lo sometimos a debate. De ello, es destacable la nula actuación de los medios, que se encargaron a plasmar los comunicados oficiales, sin estudiar proyección o posibles consecuencias. Aquí enlazo nuestro post en el que lo comentábamos:

          https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2018/03/06/a-taxa-turistica-en-santiago-de-compostela/

          Gústame

          1. Sobre o caso do Castro Candaz, considero un pouco inxusta a comparación xa que se debe a un fenómeno espontáneo. A miña proposta respecto ás novas formas de turismo en Santiago non se refería a estes casos inesperados. Obviamente, tería que levarse a cabo un proceso de preparación e posta a punto.

            Respecto ao que dis sobre o tratamento dos medios sobre as novas formas de turismo, estou de acordo no que dis. Necesítase unha maior implicación dos medios para que a sociedade sexa consciente de o maior desenvolvemento do turismo santiagués conduciría a un maior desenvolvemento da cidade e a un aumento da súa calidade de vida. Pero neste momento no se amosa moito compromiso por parte de certos sectores da sociedade.

            Aconsello a lectura do seguinte artigo, xa que é dos poucos que trata o tema cun pouco máis de perspectiva tendo en conta factores pouco habituais http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/nava-castro-desea-fomentar-un-turismo-sostenible-camino-santiago/idEdicion-2017-05-06/idNoticia-1054022/

            Gústame

            1. La sociedad, de momento, no quiere demandar esos cambios para conducirse al turismo sostenible porque no lo cree necesario. Sobre todo, la parte que cree a ciegas lo que le dicen los medios de comunicación. Estos están llevando de momento una política de dar números con vistas a 2021, y demostrar así que la ciudad va a acoger una gran masa de turistas. Esto lo hacen, tras interpretar los mensajes oficiales que por ejemplo, en Fitur, ya dan números para el Xacobeo. Aquí la noticia:
              http://www.farodevigo.es/galicia/2018/01/17/xunta-aspira-xacobeo-2021-sea/1821356.html
              La noticia que pasas creo que tiene mucha relación con ello, ya que habla de masificación, pero no busca una alternativa que pueda ser efectiva. Lo que hace es apostar por seguir mejorando aspectos del Camino. El Camino que se promociona solo, no es algo que necesite más impacto en medios.

              Gústame

Deixa unha resposta a avarelagestoso Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s