Dan os medios unha visión política da contaminación?

Fernández Soto

Perales Martínez

Segundo unha entrevista realizada por La Voz de Galicia a María José Servía, licenciada en Bioloxía pola USC e autora dunha tese sobre o estado ambiental do río Sar, a contaminación “é un problema global e un problema de todos. O paciente ten que acostumarse a non tirar os medicamentos; é verdade que os restos que van na urina son inevitables, pero se tratamos de non tirar substancias contaminantes polo váter, algo estamos axudando.”

A problemática da contaminación dos ríos de Santiago de Compostela provén da falta de implicación do ser humano. E, para poder conseguir unha mellora da situación, debemos coñecer as circunstancias nas que se atopan, partindo dunha información veraz e adecuada. Se existe unha desinformación, a poboación non vai actuar nin vai estar concienciada.  

A importancia da Comunicación Comunitaria

Unha ferramenta fundamental para lograr acercar á poboación a esta problemática son os medios de comunicación pola gran repercusión que posúen. Non obstante, cabe sinalar os fortes intereses que teñen en dirixir a atención dos grupos sociais segundo pretende o poder. Na maioría de noticias sobre os problemas da contaminación dos ríos de Santiago, soamente se tratan disputas políticas en relación coa problemática da depuradora. Por exemplo, como se pode ver nesta noticia de La Voz de Galicia, trátase o tema como se o problema fose a perda dos fondos europeos: “Hernández urxe ao alcalde a que se pronuncie sobre o futuro da planta depuradora, posto que ao seu xuízo cada día que pasa é un menos na solución definitiva de cara ao aproveitamento dos fondos europeos.” Sen ter en conta o verdadeiro impacto medioambiental.

Ante dita situación, a poboación debe darse conta das formas de poder que nutren os medios e debe xerar medios novos dende a comunidade, que atendan as súas necesidades. Nisto se centra a Comunicación Comunitaria, entendendo como Comunicación Comunitaria o campo para “outra comunicación posible” fóra da comunicación de masa convencional e que puidera ser nova expresión, dalgún xeito, daquela proposta histórica exposta no Informe McBride (Unesco, 1980).

Politización dos medios

Dende o Observatorio Cidadán de Comunicación intentamos darlle voz as persoas afectadas. Por iso, o pasado mércores 28 de febreiro reunímonos cun círculo de lectura conformado por representantes de diversas plataformas que se atopan moi preto desta problemática: Luís Matos Espiño, representante da Plataforma pola recuperación do río Sar; Manuel González García, como representante do Club Vía Láctea; e, Juan Marcos Pérez Gullín director da Fundación Galicia Sustentable.

A Plataforma pola recuperación do río Sar é unha das asociacións que leva a cabo unha maior labor de defensa dos intereses dos veciños de Santiago de Compostela ante a situación dos ríos. Luís Matos Espiño, representante desta plataforma, asegurounos que os problemas das disputas derivados da posible situación da nova EDAR proveñen dos intereses dos grupos políticos. “Na Silvouta hai xente que vota, no Souto non.”  Non obstante, este tipo de temáticas son as que máis se adoitan visualizar nos medios de comunicación.

Un exemplo sería esta noticia de La Voz de Galicia, onde se tratan os avances das expropiacións de terreos na zona de O Souto para poder levar a cabo as obras da próxima depuradora neste lugar. Como denuncia a Plataforma pola defensa do río Sar, trasladar a depuradora a O Souto tería un enorme impacto económico, patrimonial e ecolóxico.

Esta rapidez en querer construír a nova EDAR nese terreo tería dous motivos principais: evitar a perda dos fondos europeos e  “os intereses políticos de certos partidos políticos”, como asegura Luís Matos. En relación con isto, nunha noticia recente de El Correo Gallego Feijóo pide que se aprobe o convenio da nova estación depuradora de augas residuais de O Souto “porque do contrario estaría incorrendo nunha irresponsabilidade medioambiental que pode derivar en sancións.”  Da mesma maneira, nesta outra noticia de El Correo Gallego, o PP denuncia a falta dunha depuradora en Santiago de Compostela conforme á normativa europea, o cal pode acarrear unha sanción económica. Fronte a isto, Luís Matos, asegura que o que pretende este partido é construír unha depuradora con custes económicos e medioambientais. “Agustín mete présa por facelo xa que senón caeremos nunha multa. Pero, iso ocorreu por deixalo pasar ano tras ano”.

Captura
Fonte: elCorreoGallego.es

 

Captura 2
Fonte: elCorreoGallego.es

 

Aínda que este tratamento da información en función dos intereses políticos foi máis tratado por Luís Matos, do mesmo xeito outros representantes do noso círculo defenden unha falta de información nos medios.  Manuel González García, representante do Club Vía Láctea, asegurou que “cando baleiran as piscinas do multiusos do Sar, a Xunta recolle os peces mortos para tapar as desfeitas e que non saian en prensa 2.000 millóns de troitas mortas”.

sar
 

Fonte: La Voz de Galicia

 

A pesar da forte politización dos medios, tamén cabe destacar a gran fonte de información na que se converte o blog da Plataforma do Sar para moitos medios locais e territoriais. Desde modo, podemos observar que existen noticias baseadas en informacións que proveñen dos medios políticos e hexemónicos, ou desta plataforma, que está comezando a ter eco. Pero, sempre, dende un tratamento político das situacións. “O problema vén cando a prensa esconde á poboación a historia real, contan as historias interesadas” sentencia Juan Marcos Pérez Gullín, director da Fundación Galicia Sustentable.

 

Nos últimos meses os xornais están a publicar cada vez máis noticias sobre a situación da depuradora, ao acercarse cada vez máis o límite dos prazos para utilizar as axudas da Unión Europea. Na actualidade, existen unha maior cobertura da situación; pero, se facemos un recorrido, podemos observar que ata que non se aproximou tanto o fin destas axudas, nin os medios nin os políticos trataron a situación que tanta importancia tivo dende fai anos. Do mesmo xeito, estas noticias seguen sen dar voz ás persoas afectadas e sen analizar as consecuencias de toda esta situación sobre a poboación, obxectivo primordial para conseguir unha información veraz e plural.

 

2 comentarios en “Dan os medios unha visión política da contaminación?

  1. A corrixir:
    – 2º parágrafo
    “provén da falta de” (gralla de acentuación)
    – 3º parágrafo
    “gran repercusión que posúen” (empregar a forma correcta do verbo posuír)
    “cabe sinalar os fortes intereses” (non partir a estrutura coa coma)
    “como se o problema fose” (empregar a forma correcta de pret. imperfecto de subxuntivo do verbo ser)
    – 4º parágrafo
    “e [a comunidade] debe xerar medios” (concordancia co suxeito en singular)
    – 5º parágrafo
    “dende o OCC intentamos” (non partir a frase coa coma)
    “e Juan Marcos Pérez Gullín” (non partir a fin da enumeración coa coma)
    – 6º parágrafo
    “é unha das asociacións que leva [a asociación] a cabo” (concordancia co suxeito en singular)
    “grupos políticos. ‘Na Silvouta…’” (gralla de puntuación)
    “máis se adoitan visualizar” (segundo verbo nunha forma non conxugada)
    – 7º parágrafo
    “de La Voz de Galicia” (gralla de redacción)
    O uso de “a pesar de que” na segunda oración provoca unha sensación de que esta está incompleta. Mudar o punto anterior a esa expresión por unha coma ou mudar a expresión en si.
    – 8º parágrafo
    “‘partidos políticos’, como asegura” (a coma delimita a aclaración)
    “á normativa europea, o cal pode” (a coma separa a oración subordinada da principal)
    “mete présa por facelo” (gralla de acentuación, acento diacrítico)
    – 10º parágrafo
    “o problema vén cando” (gralla de acentuación, acento diacrítico)
    – 11º parágrafo
    “sen dar voz ás persoas” (gralla de acentuación, acento que marca a contración de a+artigo)

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s